search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

A PÁXINA DE TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
HISTORIA E PERSONAXES DE VILAXOÁN

 

Hoxe abrimos un novo apartado na web "A Páxina de Teo Cardalda". Para nós é un motivo de ledicia poder expoñer o gran traballo de investigación e recopilación de Teo sobre o seu pobo.
Un pobo con moita historia, unha interesante historia que o autor nos irá debullando a través dos seus escritos. Os avatares que xurdiron a través dos anos,  sobre todo antes e na fusión dos tres Concellos en 1913, son dignos de mención e coñecemento. Vilaxoán ten a día de hoxe moitos dos monumentos mais importantes da Bisbarra de Arousa. O Pazo Rial, O Pazo Pardiñas, a Igrexa Románica de San Martín de Sobrán, un expoñente case único, ou o Pazo de Sobrán. En definitiva Vilaxoán ten unha apaixoante historia e uns rasgos inequívocos de identidade propia.
  Hoxe queremos mostrarlle a Teo Cardalda o noso mais sincero agradecemento por esta valiosa achega.

 
Vign_Pagina_teo_

 

 

VILAXOÁN DE AROUSA

RETALLOS HISTÓRICOS

Por Teo Cardalda

 
Os estaleiros de Vilaxoán antes da anexión do pobo ao Concello de Vilagarcía
rss feed
Antes de anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía en 1913 existían dous estaleiros en Vilaxoán, o máis importante en número de traballadores e carpinteiros de ribeira era o “Estaleiro Arosa”, eran os seus donos os señores Martínez e Goicoechea, atopábase na praia das Saiñas ao carón do Esteiro. Os xornais daquela época xa escribían del o seguinte: “este astillero puede considerarse como un gran éxito para la industria naval de Galicia”. O barco que reproducimos na fotografía no mesmo estaleiro a piques de ser botado ao mar, onde se observa unha morea de xente que veu á botadura. Outra foto onde xa está flotando no mar. O buque era un Pailebot matriculado VILLAJUAN- I - e tiña as seguintes características: Eslora, 31,50 metros; puntal, 3,30; capacidade de carga 300 tn.. Arbora de pailebot de tres paus. O barco vai provisto dun motor auxiliar de aceites pesados de 60 cabalos, tipo C.O semi-diesel da casa Fairbanks de Morse de EEUU. O motor principal non se puido instalar por dificultades de transporte e permisos de exportación e atópase nos peiraos de New York, o barco botouse ao mar sen o motor, aínda que xa estaba preparado para colocalo en canto chegara do porto americano. Porén, no estaleiro xa estaban colocando a quilla para un buque dunhas 1000 Tn. De carga, sendo as súa características: Eslora, 51 metros; manga, 9,50; puntal, 5,80 e arborará de bergantín.goleta de tres paus. Tamén estaban a construír un vapor pesqueiro de 16 metros de quilla e outras embarcacións menores. Como observamos a carga de traballo era im...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
Vilaxoán, notas históricas da Vila

Vilaxoán, notas históricas. Achados arqueolóxicos na Vila. O Concello e a súa anexión ao Concello de Vilagarcía.

23/02/2018 11:41:38
Vilaxoán de Arousa atópase na marxe su da ría de Arousa. Este núcleo e o máis importante tanto en  poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobran. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcía de Arousa.

Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulida e cobre pertencentes a razas aborixes, podese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior a neolítica, e polo tanto, prehistórica, ainda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.

Na nave da Igrexa de San Martiño de Sobran do século XII e mais no cemiterio, apareceron "sartegos " antropoides e moedas dos reis visigodos Egica e Witiza, achados que deberon ser descubertos cando se acometeu unhas obras, tanto no cemiterio como no adro no ano 1874 estando de crego Vicente María Tettamanzi, rematando estas obras no ano 1880. Nestas obras do cemiterio tívose que replantar a parte que está diante da fachada principal da Igrexa, construindo unha fermosa escaleira de perpiaño que da entrada ao adro do camposanto. A obra tiña unha razón de ser, xa que por estas datas o camposanto atopábase ao descuberto e os nenos que pasaban para a escola sempre estaban a xogar dentro do mesmo e algunhas persoas pasaban por él para atallar camiño. Tamén fixo construir unha parede que separaba o adro da rúa e outro que deslindaba o camposanto co adro necesitouse outra parede pola parte do nacente pechando completamente o cemiterio. Todas estas paredes deron lugar a outros departamentos e locais separados, un deles quedara como adro principal embelecido con arbores e outro atópase ao carón do absida da Igrexa. A desigualdade do terreo deu  lugar é necesidade de erguer a terra pola entrada, asi como desmontar rebaixando todo o terreo da parte superior. Este traballo non foi moi doado, ao mesmo tempo moi custoso naquelas épocas, sacándose unha morea de carros de terra e rochas que se racharon para da lo fondo indispensable e poder abrir sepulturas. Ademais das devanditas obras, construironse paredes exteriores para pechar unha pequena praza que se atopaba por diante dunha escola de nenos. Como anteriormente dixen, coido que os devanditos achados tiveron lugar nestas obras por mor de que o Crego Tettamanzi era unha persoa dun alto nivel cultural e dunha perspectiva social progresista. Esta remodelación que fixera este crego ainda perdura hoxe, con algún que outro troco no percorrer dos anos, a fasquia é a mesma. O xornal “El Porvenir “ de Santiago de Compostela no ano 1876 expón o contido destes achados “ No adro cemiterio da igrexa parroquial, a mais de dous metros de profundidade descubriuse casualmente ao abri-los cimentos para construir unha capela unida ao hastial do norte, un antigo cemiterio.

Sete foron polo menos as sepulturas descubertas só na profunda gabia aberta para a devandita obra que existiron primitivamente naquel chan. Na súa maior parte compúñanse de grandes lastras de mais de tres metros de alto que formaban a maneira dunha caixa máis ancha na cabeceira ca nos pes e cun fondo que estaba revestido de grandes ladrillos e algunhas tamén de baldosas. Había algunhas que tiñan as paredes laterais formadas de ladrillos. Unha delas atopábase excavada na roca ata a terceira parte da súa altura.

Varios foron os ladrillos enteiros que, uns de barro e outros de cal, se sacaron, e todos eran notables polas suas dimensións. Habíaos cadrados de máis dun pé de lado e rectangulares de dúas e media cuartas de longo e unha de largo e tres polgadas de groso. Nalgunhas das sepulturas foron depositados varios cadáveres. Débese nota-lo tamaño dos osos extraídos, así como o groso dos cranios, que nalgúns chegaba a catro liñas.

No nivel dos sepulcros tamén se descubriu un pequeno arco de sillería curvado por un lado e cuberto no seu interior de terra negra, que parecía cinza descomposta, unha capa de muíño de man atopouse a pouca distancia “. As necrópoles galegas onde máis se asentaron foron nas provincias de A Coruña e Pontevedra. Nestas necrópoles, o uso dos sartegos remontase aos primeiros tempos do cristianismo, uns tiñan forma de cuba rectangular (Iría Flavia, Santiago, Santo Tirso de Oseiro etc), outros adaptábanse a forma humana, con formas antropomórficas en parte con ondulacións en forma circular ou case de ferradura na cabeceira.

Non parece seguro que tódolos sistemas de enterramento estivesen recubertos de pranchas espesas, senón por sistemas de cuberta do máis elemental, eran pedras de dimensións variábeis de formas máis ou menos regular. Desta clase de sartegos temos dabondo exemplos que apareceron en moitas maneiras: Tallados na rocha (Portomouro, Vedra, Sarandon, Fornelos etc), ou ben a ras da terra (Iria, Santiago, A Lanzada, San Vicente do Grove, Caldas de Reis, Ouviña-Cambados e San Martiño de Sobrán-Vilaxoán).

Tamén apareceron achados de olería romana e moedas dos emperadores Constancio Cloro e Constantino, isto danos a entender que os romanos tiveron contacto coa Vila. Os topónimos que atopamos en toda a freguesía danos pé para dicir que os Iberos, Fenicios Gregos, Celtas e Romanos de primeiro e os Godos, Suevos, Normandos e Árabes despois estiveron poboando este porto de Sobran.

Nos escritos de Manuel Murguía da colección “Galicia, sus monumentos y artes-su naturaleza e historia de 1888” , comenta que, ao saír de Vilagarcía na dirección de Cambados e a curto treito do convento das agustinas (Concello de Vilaxoán naquelas datas), atopouse nun terreo de enxurrada un moi grande depósito de cunchas entre as cales ollábanse mesturados ósos de animais, compoñendo o todo dun verdadeiro kjoekkenmoedding ou refugallos de cociña. Cubertos con unha capa de terra de seixos, cando os obreiros comezaron a escava-la fendedura e reenche-la estrada, aparecen o depósito, no cal predominaban as cunchas de ostras, berberecho e mexillón. A cada intre aparecían ósos que polas súas dimensións puideron ser de grandes paquidermos extintos e tamén de restroballos de cerámica e mosaicos romanos.

Explorou moi lixeiro este depósito, sempre que lle permitían as circunstancias, D. Ramón del Valle Bermúdez pai do gran literario Ramón del Valle-Inclán. D. Ramón del Valle laiouse de non poder salvar dunha completa destrución por mor con que axiña os traballos da construción do novo peirao de Vilagarcía (alertara desta destrución no seu xornal “La Voz de Arosa”), xa que buscando terra para o recheo acometeuse o desmonte do terreo onde se atopaban estes restos das nosas primitivas antigüidades, non lle deron tempo máis que de achar algúns ósos e un cranio humano, onde asegurou que os ósos estaban uns con ocos fendidos como para sacarlle a medula, outros presentaban raias lonxitudinais e señais de raspaduras como se foran feitos con útiles de pedra. O Sr. Valle tratou de conserva-lo cranio para o estudio das xeracións vindeiras, gardouno nun caixón, pero foi vítima dos xogos infantís dos seus fillos desaparecendo, cousa moi doada cando, o cranio era de feble consistencia pola súa antigüidade e pola gran humidade do terreo no que se atopou

CONCELLO DE VILAXOAN, 1836—1913
Sen ningunha dúbida os Concellos, da forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812 onde nos seus artigos referentes a este tema dicia: Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el jefe político donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos si hubiere dos”. “ Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil alma y también se les señalará término correspondiente".

A primeiros do século XIX concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia, tentando instaura-los "concellos institucionais”. Daquela creábase o concello de Sobran polo nome da antiga xurisdición. Entón as circunstancias políticas daquelas datas non favoreceron o desenrolo constitucional que supoñían una nova andaina dos gobernos locais, ainda que axiña se comezou a poñer en marcha a nova organización, unha vez constituidas as primeiras deputacións provinciais, encomendadas polo artigo 335, terceiro, da Constitución de: “Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el artículo 310”.

Pero os novos concellos constitucionais que se foron definindo, como o de Sobran, case non tiveron tempo de instalarse como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII, e a súa proclamación como Rei absoluto, tivo as súas consecuencias negativas para España, onde se abortou un comezo de modernidade, xa que o regreso do Rei, supuxo unha volta ao antigo réxime cos seus cotos, xurisdicións, privilexios dos nobres e as vasalaxes. Un Real Decreto de 4 de maio de 1814 , anula e sen ningún valor a Constitución de 1812 e tódalas leis e decretos que dela naceron.

En 1820, a Constitución de Cádiz volveu a ser posta outra vez en vigor polo mesmo Rei que a rexeitara, por mor do alzamento De Riego, ainda que o seu desexo era non cumprir o réxime constitucional. Así aconteceu en 1823, e coa axuda dos Cen mil fillos de San Lois, deixou de camiñar polo vieiro constitucional, restablecendo outra vez o poder absolutista.

Nembargante, os concellos que xurdiron deses anos liberais ( entre eles o de Sobran ): 1812- 1814 e 1820-1823, deixaron a súa pegada na xente dos concellos que estiveron rexendo. En base a esta experiencia serviron para demandar concello propio cando polo decreto de 23 de xullo de 1835, se abriu un novo prazo para o arranxo provisorio dos concellos, que despois case se converteu en definitivo ata os nosos días. Un Real Decreto de 24 de xullo de 1835, vai dar pé a nova organización territorial do país que abre de novo as canles da instalación duns novos concellos.

No BOPP do día 3 de decembro de 1836 aparece publicada a nova división municipal do partido de Cambados, e nela figuran nove concellos, onde Vilaxoán aparece como unha parroquia máis do concello de Vilagarcía. Nese mesmo día de 3 de decembro, o procurador  xeral do concello de Vilaxoán Bonosio Tapias, dirixe unha instancia ao Xefe Político da provincia, na que expón que: “ al estenderse en aquella comarca la noticia, confirmada en el Boletín de ese día, de que hacía a dicha villa dependiente con todo el Coto de Sobran , del Ayuntamiento de Villagarcia, causó un profundo sentimiento en sus naturales, que unánimemente resolvieron se acercase a V.S. el exponente, como su representante, para manifestarle los justos títulos con que cuenta Villajuan para considerarse capaz de formar por si sola un Ayuntamiento”.

En realidade, o Sr. Procurador xeral , daballe cumprimento ao acordó do seu concello do primeiro de decembro, onde se fai constar o acordo que o procurador Sr. Tapias pase a Pontevedra, e en representación da freguesía de Sobran faga presente a Deputación os prexuízos que poidan derivarse dese acordo de poñer a Vilaxoán como freguesía anexionada a Vilagarcía, sen esquecerse de comunicar a S. E. que na freguesÍa de Sobran, en tódalas épocas constitucionais hoxe Concello de seu, por ter un número de máis de 500 veciños, e finalmente facer todas as xestións que sexan precisas para acadar o que se desexa.

Na instancia que se presenta na Deputación fai constar que Vilaxoán goza de titulo de Vila e ademais: “ ...desde remotos siglos; que tiene comercio, fábricas, agricultura y un puerto cómodo que le facilita la extracción de sus producciones y la introducción de los artículos necesarios para toda la Provincia; que lla formó ayuntamiento en las épocas constitucionales; que su situación topográfica le ofrece a las aldeas de su dependencia fácil acceso. Y que, además de razones de justicia y de comenencia pública, hay otra que en política no debe despreciarse, y es que con la medida, cuya revocación se desea, se humilla el amor propio de los de Villajuan, privándoles de un derecho cuya posesión han gustado, y alimentado la vanidad de sus rivales los de Villagarcía, que ufanos se jactan de la Victoria, excitando con esto resentimientos y motivos de discordia, cuyas consecuencias son siempre funestas”.

A Deputación dirixe un escrito ao Xefe Político, na que lle da conta: “La villa de Villajuan por medio de su procurador general ofrece varias razones que persuaden a esta Comisión que la formación del Ayuntamiento de Villagarcía no está conforme a los principios de conveniencia de los pueblos que lo componen. Deseando evitar todo motivo de perjuicio en las plantas de las municipalidades que V.S. tiene dispuesto publicar en  el Boletín de mañana, mientras que la Corporación reunida no delibere acerca de una esposición, la Comisión de Diputación y la junta de Armamento espera que V.S. se sirva mandar suspender  la publicación hasta el Boletín próximo de la división municipal del Partido de Cambados”.

A instancia de Vilaxoán pasa a informe dos membros da Comisión de revisión dos concellos, os señores Gayoso e Reino, os cales consignan ao marxe do pedimento, onde asinan o seguinte dictame: “Cuando la Comisión nombrada para los Sres. de la Diputación Provincial reconoció la división de los Ayuntamientos del partido de Cambados hecha por la anterior Diputación no dejó de advertir que convendría un Ayuntamiento en la villa de Villajuan por ser una población que gozó siempre de igual privilegio cabeza de jurisdicción y habitada por gentes de comercio y de fortuna; pero no hallando la Comisión en el expediente ninguna instancia hecha por los vecinos de Viillajuan con objeto de mantener la municipalidad como lo verificaron los de Villanueva de Arosa, creyó que hallándose Villajuan tan inmediato a Villagarcía se conformaban sus vecinos entenderse con este ultimo Ayuntamiento, cediendo el derecho que podían tener a conservar el suyo. Juzga la Comisión sin perjuicio del mejor dictamen de S.E. que es admisible su solicitad por las razones que expone y van indicadas, constituyéndose  el Ayuntamiento de la Parroquia de San Martín de Sobran, la de Sobradelo y aún de la de San Lorenzo de András, agregada antes a la de Villanueva de Arosa”.

Non deixa de parecer un pouco sospeitoso, que despois de preto de un ano de estudios e tiras e afrouxas a DeputaciÓn intentara xa naquelas datas de constitución dos concellos, engadir a San MartiÑo de Sobran (Vilaxoán) no concello de Vilagarcía.

A Deputación e Xunta de Armamento de Pontevedra, o día 5 de decembro de 1836, lle comunica ao Procurador Xeral D. Bonosio Tapias o acordo da rectificación aprobando a constitución do Concello de Vilaxoán, sendo o primeiro Alcalde D. Xosé Torrado, rexedor máis antigo Pascual Besada, procurador síndico Xosé Búa e secretario Manuel Rubianes. A partir desta data entran a formar parte do Concello de Vilaxoán as freguesías de Sobran con 1967 veciños, Sobradelo con 292 e San Lourenzo de András con 191.

No ano 1842, os veciños de András solicitan a Diputación a segregación para anexionarse ao Concello de Vilanova, este expediente de anexión comezou a tramitarse o 21 de maio de 1842, este movemento segregacionista estaba encabezado por Antonio Piñeiro que era mordomo pedáneo de András, sendo comisionado para esta tarefa Xoán Ramón Patiño deputado provincial do partido de Cambados. O 17 de decembro dese mesmo ano a Corporación da Deputación manifestaba a incorporación de András ao Concello de Vilano va de Arousa coa efectividade desde o primeiro de xaneiro de 1843. Así foi como desde esa data o Concello de Vilaxoán comezaba a deixar de ter veciños e territorio.

A partir deste ano a andaina do Concello de Vilaxoán seguiu o seu curso normal, non sen ter algunha que outra reclamación de Vilagarcía para que se unira, onde se vai notando aló polos anos 1880 con conspiracións e opinións xornalísticas fomentando a unión en contra da opinión dos veciños de Vilaxoán.
Sobre esta unión comezouse a falar no ano 1909, esta iniciativa saiu do que fora Deputado a Cortes e Ministro o Sr. Augusto González Besada de Pontevedra. En setembro dese mesmo ano na finca que tiña en Poio o devandito Sr. Deputado, xuntáxonse os alcaldes dos tres concellos: Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. Nesta xuntanza o Sr. Besada lle comentaba aos alcaldes o seguinte: “...que no es posible pedir ni obtener cosa de valía para estes ayuntamientos, entretanto por su unión no constituyesen una entidad grande; que recomendaba por ello y porque deseaba se le facultase el poder demostrar a estos pueblos un interés por ellos, el que se fuese cuanto antes a la anexión  de los ayuntamientos de Carril. Villajuan y Villagarcía…”

El 4 de outubro de 1911, o alcalde de Vilagarcía Valeriano Deza García convoca unha xuntanza no Concello para falar da anexión, onde comparecen o alcalde de Vilaxoán Serafín Ameijeiras e Ramón de la Fuente, alcalde de Carril. Nesta sesión tamén estiveron os vecinos Eugenio Salgado López, Eduardo Fernández e Francisco Padín Piñeiro por Vilagarcía; Juan Oubiña Iglesias de Vilaxoán.

Nesta primeira Xuntanza acordaron intentar facer unha realidade a anexión das tres vilas, para iso crean unha comisión permanente cos tres secretarios dos devanditos concellos e que este proxecto vaia tomando forma, reflectindo na acta de este día o seguinte: “ ..... ..Siguiendo precedentes de lo practicado en casos análogos, la conformidad de la mayoría de los vecinos con el proyecto de anexión, se manifestará por medio de edictos anunciándolo en los tres pueblos y que también habrán de insertarse en el Boletín Oficial de la provincia dando un plazo de diez días durante el que los vecinos que no estén conformes, lo manifiesten por escrito en las respectivas alcaldías....". Tamén acordaron que na vindeira xuntanza se presentaran un estudio moi detallado do estado económico dos tres concellos.

Dous meses despois, concretamente o 2 de decembro, nunha sesión plenaria do concello de Vilaxoán tómase o acordo legal de solicitar a anexión deste concello ao de Vilagarcía, acta que foi recibida en Vilagarcía o 18 de decembro polo seu alcalde Valeriano Deza, este convoca para o día seguinte a todolos concelleiros para un pleno extraordinario.

Nesta sesión do día 19, toman a palabra varios concelleiros , destacó pola súa importancia as palabras do Sr. Padín, onde expuxo con claridade e precisión o estado económico dos tres concellos de Vilaxoán e Carril, as súas palabras textuais foron: “...El Ayuntamiento de Villajuan es satisfactorio, porque si bien cubre su presupuesto ordinario de gastos con un repartimiento de unas siete mil pts., tiene hoy caja sobre ocho mil pts. Lo que demuestra que van en progresión y afianzándose los ingresos. No puede decirse lo mismo del de Carril, que según nota de créditos facilitado por su Secretario parece que debe hasta unas cien mil pts.....”.

O Secretario do concello de Vilaxoán Jesús Pajares, certifica o 17 de febreiro de 1912 de que non se formulara ningunha reclamación dos veciños sobre a anexión no prazo que estaba estipulado de 30 días hábiles. Ante isto a Corporación toma o acordo de elevar o expediente a Deputación Provincial pregandolle a aprobación da anexión acordada do término municipal de Vilaxoán ao de Vilagarcía.

Nembargante, neste proceso de anexión houbo unha morea de problemas como foron o roubo dos libros de actas das sesións, entre outras cousas, tamén parece ser que houbo un cambio de actitude por parte daquela corporación do concello da Vila, pero o certo é que o 31 de marzo de 1913 péchase unha etapa da historia de Vilaxoán axuntandose este concello ao de Vilagarcía. A derradeira corporación estaba formada polas persoas seguintes. Alcalde: Serafín Ameijeiras. Concelleiros: José Manuel Paz, Zoilo Trigo, José Rodríguez Fernández, Celestino Maquieira, Manuel Raimundez, Jesús Jueguen, José Ferro, Manuel Soto e Manuel Martínez. Secretario : Jesús Pajares.

A Casa Consistorial atopábase na rúa do Preguntoiro ao carón dunha fábrica de salgadura propiedade de Zoilo Trigo, na actualidade atópase un edificio de recente construción. Nesta anexión parece que todo foi un camino de rosas segundo certas actas e documentos oficiais, pero ollando con moito detemento e con "lupa” estes papeis, estudando o contexto político daquela época e os protagonistas, dálle a un a impresión que se actuou dunha maneira un tanto caciquil e por certos intereses dos potentados de Vilagarcía e Vilaxoán ao marxe do pobo. Pero esta é outra historia que alguén a escribirá no seu día para contar o que realmente aconteceu.
 
Escrito por Revista Avante •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
Centenario (2017) da fermosa talla escultórica da Virxe do Carme de Vilaxoán
rss feed
Cada ano, o 16 de xullo celébrase en Vilaxoán a festa da Virxe do Carme. Estas festas sempre tiveron unha forte raizame que ven dende moi lonxe nos tempos, onde a primeiros do século pasado os mariñeiros desta vila tiñan moitos problemas de natureza social e económica, malia destes atrancos xamais se esqueceron de festexar este evento relixioso e social; sendo como dato máis que curioso que tamén é festexada polos non crentes. Esta fermosa talla escultórica da imaxe da Virxe do Carme que neste ano de 2017 cumpre cen anos. No ano 1917 foi encargada a súa construción a un escultor de Santiago de Compostela; a iniciativa nace dos mariñeiros Xoaquín Bouzas e Xosé Serantes que eran os encargados de face-las festas o devandito ano. A imaxe pagouse por subscrición popular contribuíndo tódolos mariñeiros con cantidades de 10 céntimos ata un anónimo que dou 75 pts.. O custo desta obra chegou a 1600 pts incluíndo os vestidos que foron deseñados polos monxas do asilo de oblatas do Santísimo Redentor de Santiago. A obra foi encargada ao obradoiro do artista Xosé Rivas Rodríguez que se atopaba na Rúa do Villar. Deste obradoiro saíron uns bos tallistas e escultores como: Manuel Miranda, Manuel César Conde, Xosé Puente Otero. Pintores como: Xosé Otero Gorrita, Xosé Pasín Romero que tamén era tallista e o alumno pintor Anxo Rodríguez....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - 1898 - Fotos inglesas
 
Sensaciones y recuerdos de mi niñez en Vilaxoán
rss feed
La playa de las Sinas, el Chocolate, el Bar Serío, el horizonte, el protagonismo del mar, siempre el mar, la luz, las sombras y la insoportable humedad de los atardeceres, siempre llevaderos gracias a la grata compañía de mi Padre, Teodomiro Cardalda Santos, todo un personaje en la comarca.... estos y algunos otros, que no se pueden contar, son el gran caudal de recuerdos y de sensaciones que llevan encerradas dentro de mí una gran parte de mi vida y que, curiosamente, se instalaron en mi alma hace ya unos cuantos años, siempre sin darme cuenta. Sensaciones soterradas y que cuando menos lo esperas afloran y te dan algunas claves y respuestas que, tú sin saberlo, hacía ya tiempo buscabas. Es imposible no sentir un vuelco en las tripas cuando navegas por la Ría de Arousa, cuando profundizas en sus gentes o cuando caminas de noche cerca del puerto, es imposible no sentir la presencia de un gigante siempre detrás de ti, que te vigila, te mima o te maltrata según le dé...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Exportacións de sardiña desde Vilaxoán nos séculos XVIII e XIX
rss feed
Recollendo unha morea de notas de Antonio Meijide Pardo, historiador da salgadura en Galicia e contrastando con outros documentos do Arquivo Xeral de Simancas, e Arquivo Provincial de Pontevedra, imos coñecer un pouquiño máis do que era a vila de Vilaxoán fai máis de trescentos anos. Partindo destas informacións, imos a comentar a importancia que tiña Vilaxoán nas exportacións de sardiña salgada e outros productos da salgadura a mediados do século XVIII e primeiros do XIX. Durante os anos de 1.795 a 1.814 as fábricas arousáns de salgadura foi época de maior productividade e de exportación pola vía marítima para o mercado nacional, sendo os anos de maior lucro daqueles negociantes, fomentadores cataláns. Nestes anos, o 90 por cento dos cargamentos de sardiña eran embarcados en Vilaxoán. Os rexistros aduaneiros deste período nos fan ver ata que punto foi Vilaxoán (con moito) a principal base exportadora de toda a Ría de Arousa. Xustifícase esta destacada primacía de Vilaxoán por unha parte, por atoparse nesta vila a maior concentración de fábricas, e por outra, o vir case toda a mercancía das veciñas poboacións tamén con fábrica de salgadura, coma Vilanova, Vilagarcía e a Illa de Arousa, cuxos donos abonaban os dereitos de embarque na alfándega de Vilaxoán, onde case medio cento de cataláns aparecían cunha re...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
1891. Un ano un pouco revolto nos Concellos de Vilaxoán e Vilagarcía
rss feed
O 21 de xaneiro de 1891, fondean ao carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou, non sen sorpresa, un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía. A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, fronte a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descoi...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN.
rss feed
Neste Capítulos quero plasmar unha biografía dun persoeiro do século XVIII de Vilaxoán: D. Francisco del Valle-Inclán Santos, tío bisavó do grande e universal literato D. Ramón del Valle-Inclán. Porén, comezo cos antepasados e principalmente cos que están vencellados a Freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán), onde por estas datas pertencía á Xurisdición de Sobrán incluída a Freguesía de San Lorenzo de András. Por iso para entender ben a biografía de D. Francisco, tiven que facer en capítulos o traballo para ter unha visión máis completa da historia. A pescuda levoume aos arquivos de Mondoñedo, Santiago de Compostela, Universidade da citada cidade, e visitando os lugares da familia Valle e Inclán: Bares (Coruña) e Castrogalbón (León). Foi feita a pescuda paseniño entre o traballo e o tempo de vagar, facendo quilómetros a moreas e preto de tres anos, sen esquecer a axuda dos bibliotecarios de distintos arquivos que simplificaron moito o traballo en tempo e material. Tamén quero darlle as grazas a Juan Carlos Porto por ter a amabilidade de recoller este traballo para a súa páxina Web de Patrimonio Vilagarcía. De cando en vez percorro as corredoiras que levan dende a Rúanova, o lugar onde naceu Dº Francisco, até Vilaxo&a...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. Francisco del Valle-Inclán Santos - CASA PAZO DE RUANOVA - Capítulo II
rss feed
A casa pazo da Ruanova fica na corredoira que, dende a igrexa de San Martiño de Sobran, leva a Faxilde e a Renza; dende este lugar vaise polo antigo Camiño Real até Aralde; ao carón desta aldea fica o lugar da Ruanova. Ao camiñar por estes lugares, síntese o pracer do vento norteiro da Ría de Arousa que vén mesturado co recendo dos piñeiros e carballos dos montes de Eiviño e Renza. Percorrendo o Camiño Real, como escribiu Rosalía de castro, contémplase “un mar de ondulante verdura”, un manto de parras enchidas de uva albariña. Ao chegar ao pazo, atoparemos un fermoso cruceiro con escadas onde antigamente as vendedoras de hortalizas pousaban a mercadoría para descansar e logo segui-lo camiño ate o mercado de Vilaxoán que estaba diante do Pazo de Pardiñas. Ao carón da Capela, dúas placas pétreas fixaban as lindes entre a freguesía de San Martiño de Sobrán e a de San Lourenzo de András, cando Vilaxoán era xurisdición. Unha reza así: “Jurisdicción de Villajuán, feligresía de Sobrán”. Na outra placa: “Villanueva, feligresía de András”. A Ruanova ten unha fachad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO III
rss feed
Nacemento na Freguesía de San Martiño de Sobrán ( Vilaxoán )
Francisco Antonio del Valle-Inclán Santos naceu na casa da Ruanova o 29 de febreiro de 1736, e foi bautizado o mesmo día na igrexa de San Martiño de Sobrán. En 1747, con doce anos comezou a súa vida académica en Santiago, quizais influído polos cregos da freguesía, Gaspar de Señoráns e de Francisco Padín. En Santiago estudou dous anos de Artes na escola escotista, e logo Cánones e Leis en 1750, trasladándose a Ávila para recibir o título de Bacharel en Cánones o 29 de xullo de 1753. Regresa a Santiago para graduarse como Bacharel en Leis e axiña sae para Madrid onde reside entre 1753 e 1757, exercendo como pasante no estudo do Fiscal do Consello de Facenda, D. Diego Ibar Navarro, que tamén era Presidente do Colexio Imperial de Pasantes de Avogados de Madrid e do Consello da S. M. A existencia de dúas certificacións, unha de Diego Ibar Navarro, facendo constar que Valle asistiu ao estudio e Pasantía e outra outorgada polo Presidente e o Secretario da insigne Xunta de Pasantes e Avogados do Colexio Imperial da Real Villa e Corte de Madrid con diversas informacións sobre D. Francisco. Foi recibido e aprobado para avogado o 3 de agosto de 1757, coa facultad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO IV
rss feed
A explicación da expulsión de D. Francisco e mais dos seus irmáns requiere que comezemos no momento en que o Secretario de Capelas e Presbítero de San Clemente, Benito Bernardo de Porto, que era a persoa encargada das constitucións que rexian o colexio, fixo o escrito sobre a farra e a troula acontecida no cuarto do colexio que nesas datas compartían os irmáns Miguel e José del Valle-Inclán e o sobriño Francisco Rubianes. O día 19 de novembro de 1774, D. Benito xura ante o Reitor Pertierra que veu como entraba unha muller despois do toque de oracións no cuarto de D. Miguel sen que puidera recoñocela. Un día bateu con ela na Porta da Adega e preguntoulle qué facía alí e, porén ela non soltaba prenda ao principio, acabou recoñecendo que agardaba a D. Miguel del Valle, confesando tamén que era natural do porto de Vilaxoán. Para sorpresa de D. Benito comentou tamén que estaba preñada de D. Miguel, que durmira con él unha morea de noites no Colexio e que o seu amante lle prometera contraer matrimonio con ela unha vez abandoada a carreira de clérigo e o Colexio. Segue declarando D. Benito ante o Reitor Pertierra que tamén veu no cuarto a soldados bebendo, fumando e trouleando con D. Miguel como se estivesen nun cuartel. Unha noite chamounos á orde sen recoñecer aos devanditos soldados, pero oíu como a un deles chamábanlle polo apelido Ferrín. Todos estaban na compaña de prostitutas, cantando e bailando dentro do dormitorio. Na noite seg...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A INDIGNACIÓN DE RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN MÉXICO,1921
rss feed
Teño lido hai tempo, en diferentes autores, sobre a andaina de don Ramón por México e a miña inquedanza era ter as copias dos xornais e así dispor de información de primeira man. Un amigo vivía na cidade de Puebla. Un home especial, culto, amigo dos amigos e moi boa persoa: estou a falar do vilaxoanés Rogelio Díz, que finou a primeiros de 2011. Rogelio brindouse a remexer na Hemeroteca de México D. F. Así foi, mandoume fotocopiado todo o referente á estancia de Valle en 1921. Este traballo vai dedicado “in memoriam” con moito agarimo a este amigo e camarada que tanto loitou como comentarista e escritor contra as inxustizas. Teño a ousadía e o atrevemento de realizar un xuízo de valor e afirmar que D. Ramón del Valle-Inclán sería hoxe un “indignado” do 15 M, malia os insultos e descualificacións no seu día de moitos políticos que hoxe nos gobernan.
O escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín ten escrito: “Valle-Inclán foi un xenio individual e único, polo seu estilo de vida absolutamente libre e independente, o seu xenio rebelde e talante crítico sen concesións acomodadizas”... “Don Ramón foi ese home tan eximio escritor como extravagante cidadán”. Sempre independente, á marxe dos favores oficiais, porque criticaba as inxustizas dos poderes do seu tempo....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
Monumentos desaparecidos na Freguesía de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán
rss feed
CAPELA DE SANTA MARIÑA Esta capela estaba ao carón do lugar nomeado Riolois ao pé do monte coñecido como Monte de Pedra Corbal, á beira de Lobeira, nun aberto, arrodeada de piñeiros e construída en pedra de perpiaño. Capela pertecente á freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán) As obras comezaron no ano 1654 baixo o mando de D.Alonso primeiro Conde de Maceda. Continuouna seu fillo primoxénito, D. Bernardino de Lanzós Novoa e Andrade, Cabaleiro da Orde de Santiago e segundo conde de Maceda, nado en Madrid o 23 de outubro de 1636, e entre as súas posesións estaban os pazos de Sobrán e de Trabanca. Casara na freguesía de San Bartolomé de Pontevedra con Dona Baltasara Montenegro, filla de Paio Sorrez de Montenegro, e de Dona María de Soutomaior, herdeira do pazo de Sobrán. A construción da capela rematou no ano 1683. O escudo nobiliario estaba na fachada, sobre a porta principal, representando as armas correspondentes dos apelidos dos segundos condes de Maceda, D. Bernardino e súa dona Baltasara. O historiador Fermín Bouza-Brey fixo unha visita ao lugar o 23 de setembro de 1924, deixando este comentario: ”... é unha capela gra...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA
 
Voume espallar un anaco e afondar na historia dunha institución moi antiga de Vilaxoán como é o Pósito Pescador que foi o embrión da actual Confraría. O domingo 28 de setembro de 1919, foi a data da fundación do Pósito Pescador de Vilaxoán por uns homes emprendedores desta vila. Homes que naquelas datas de penuria tiñan unhas inquedanzas e gañas de organizarse para acada-lo mellor para Vilaxoán, sendo tempos non moi doados para enfrontamentos co poder polo caciquismo que estaba imperando na nosa sociedade galega.Pero o desexo de loita deste homes foi que decontado Vilaxoán tivera unha representación dos mariñeiros con carácter oficial, sendo este Pósito o que facía o número 15 en toda a xeografía española, cando neste devandito día se constituíu xa tiñan 160 socios mariñeiros. Foron estes homes fundadores as seguintes persoas: Presidente, Xesús Somoza Villaronga; Secretario-Contador, Francisco Santos Crespo; Vicepresidente, Xoaquín Bouzas Názara; Vice-secretario, Antonio Vázquez Jueguen; Tesoureiro, Xoán Fernández Patiño; Vocais, Xoaquín Valle Torres; Xoaquín Chaves Alejandre; Manuel Vidal Orozco e Antonio Soto Brocos. Xa coa mesma , solicitaron o 18 de novembro de 1919 ao deputado D. Pedro Seoane, a construción dun peirao, solicitude que cito literalmente: “....El vecino puerto de Villajuan que por su importancia como centro...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Castelao en Vilaxoán no ano 1933
rss feed
Por estes anos, andábase a preparar o Estatuto de Autonomía de Galicia e o Partido Galeguista celebrou en Vilagarcía o 11 de xaneiro de 1933 unha Xunta Xeral na que saíu elexida por unanimidade a directiva composta por Germán Quintela, presidente. Vicepresidente, Dámaso Carrasco. Secretario xeral, Jesús Garrido. Secretario de actas, Francisco Fernández. Tesoreiro, Leopoldo Sampedro e como vocais, Antonio Oubiña, Xoaquín M. Posse e Xoán Parada. A primeira iniciativa da directiva foi tratar de impulsar con grande actividade a propaganda galeguista con especial fincapé no espallamento do Estatuto de Galicia en toda a bisbarra organizando conferencias en tódalas freguesías do concello e do distrito. A primeira conferencia foi en Bamio o día 15 de xaneiro á que asistiron Xosé Giráldez, Quintela Novoa, Oubiña, Núñez Búa e Francisco Fernández del Riego A sociedade Agraria “La Honradez” de Vilaxoán, convocou o día 22 de xaneiro deste mesmo ano de 1933, unha conferencia sobre a Autonomía e a Cooperación Agraria pronunciada por Xosé Núñez Búa. Explicou o Sr. Búa o fundamento das cooperativas labregas nunha futura Galicia autónoma, que foi claramente exposto con dados e estatísticas tomadas dos organismos oficiais. A conferencia foi seguida por moreas de labregos que deron de aprobación. O sábado día 4 de febreiro, celebrase no “Villajuán Cinema” o agardado mitin de Alfonso Daniel Rodr&iac...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
A ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915
rss feed
Ao anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcia en 1913, non había unha representación real na vila que ollara polos intereses dos labregos e mariñeiros, e catro anos antes da fundación do Pósito de Pescadores nacera esta asociación concretamente o 5 de xaneiro de 1915 e o 7 do mesmo mes elixen a Xunta Directiva coas seguintes persoas: Presidente Honorario, (*) Manuel Fernández Álvarez; Presidente, Bernardino Riveiro; Vicepresidente, Xosé María González; Secretario, Salvador Vidal; Vicesecretario, Braulio López; Contador, Silverio Bouzas; Tesoureiro, Emilio Dasilva; Vocais, Antonio Díaz, Xosé María Rey, Antonio Díz, Santiago Manuel Otero, Francisco Navazas e MarcelinoUrcera. Estes eran uns homes emprendedores de Vilaxoán que trataron de facer o posible acadando melloras sociais para o pobo. Como dixen anteriormente, naceu esta asociación por mor da falla do Concello de Vilaxoán e aínda non chegara a lei dos pósitos en España. Nesa primeira xuntanza comentaban que, a representación por Vilaxoán que neses intres tiñan no Concello de Vilagarcia non era do máis axeitado para os intereses dos labregos e mariñeiros, sendo o representante nese intre o derradeiro Alcalde de Vilaxoán Sr. Ameijeiras, concelleiro pola vila no Concello de Vilagarcia. Aprimeiros do mes de febreiro de 1915, esta asociación “La Honradez” fixo un xesto moi humanitario ao mandar u...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS MORADORES
 
O Pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa Torre dos Pardiñas Villardefrancos, é de finais do século XVI. Este pazo serviu de morada, non como outras construcións pacegas que eran de morada e agropecuarios, e fica ao carón do mar e no mesmo centro da vila. Está moi ben conservado, ten unha erguida torre, ousadas as súas gárgolas e grandeiros os balcóns. Hai anos tiven a oportunidade de percorrer o seu interior e tiven a sensación de me atopar no século XVIII, entre as súas paredes mantense viva a historia. O pazo seica foi construído por Xoán da Val e a súa dona María Pérez Leiro Romero, ambos vencellados a esta construción desde o ano 1591. Ademais, fundaron tamén o convento de San Francisco de Cambados. O vencello do pazo coa familia Pardiñas comezou un século despois, ao casar Francisca Romero de Lis Bermúdez con Ignacio Pardiñas Villardefrancos. Dona Francisca herdara tódolos bens e dereitos dos seus pais, Plácido Romero de Lis e Xoana Bermúdez, descendentes do devandito Xoán Da Val. Un fillo de Ignacio e Francisca, Francisco Antonio Pardiñas Ayala Villardefrancos, nado en Vilaxoán, fora reitor do Colexio de Fonseca a mediados do século XVIII. Dos Pardiñas vencellados a Vilaxoán, temos a Ramón Pardiñas Ayala e Feixóo sobri...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalada •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A FOLGA XERAL DE VILAGARCÍA EN AGOSTO DE 1920
rss feed
Esta folga xeral comezara o 11 de agosto de 1920 por desavinzas entre a Sociedade Huevera que era rexentada por Agustín Pereira e os empaquetadores de ovos. Estas desavinzas consistían na admisión de uns obreiros despedidos uns días antes. Ante estes acontecementos interven a “Federación Obrera” esixindo a admisión destes obreiros. A empresa non atendeu a reivindicación da “Federación Obrera” despois de celebradas varias xuntanzas co xerente da sociedade. Nese intre a Federación plantexa a folga xeral, comunicándolle este acordo por medio dun oficio ao Alcalde Sr. Viqueira. O Alcalde plantexa unha xuntanza entre a “Federación Obrera” o xerente da Sociedade Huevera Sr. Pereira, o presidente da Asociación Comercial Sr. Pérez e o Capitán da garda Civil Sr. Malo. Nesta xuntanza presentáronse unha morea de fórmulas para arranxar o problema, pero ninguna delas foi aceptada pola Federación que non pasaban pola non admisión dos despedidos. Dende o Concello saíron os obreiros dispostos a plantexar a Folga Xeral en Vilagarcia. Dende as primeiras horas do día 12 os folguistas distribuíronse por tódalas rúas para falar coa xente, coas mulleres que viñan das aldeas coas mercadurías para o mercado de abastos. Algunhas mulleres que non facían caso ao requerimentos dos folguistas, lles facian tirar as cestas dos ovos, das legumbres e frutas, este mesmo día non traballaron...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O Concello de Vilaxoán. 1836-1913
rss feed
Os Concellos, na forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812, e un dos seus artigos dicía: “Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el Jefe político, donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos, si hubiere dos”. Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil almas, y también se les señalará termino correspondiente”. A primeiros do século XIX, concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia para impulsar os “concellos institucionais”. Paralelamente, creábase o concello de Sobran tomando o nome da antiga xurisdicción. As circunstancias políticas non favoreceron o desenvolvemento constitucional que ía supor unha nova andaina para os gobernos locais, aínda que axiña comezouse a por en marcha a nova organización, unha vez constituídas as primeiras deputacións provinciais ao Aveiro do artigo 335, punto tres, da Constitución, que di:“Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el articulo 310”. Pero os novos concellos case non tiveron tempo de funcionar como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII e a súa proclamación como Rei absoluto tiveron consecuencias negativas para España e, de feito, supuxo o retorno aos usos e costumes do antigo réxime nos que xogaban un papel estelar os nobres, abortando desde o comezo unha etapa de modernidade constitucional que se consagra cun Real Decreto de 4 de maio de 181...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Notas históricas de Vilaxoán
rss feed

Notas históricas de Vilaxoán

04/11/2013 19:46:56
REFERENCIA: algúns artigos do libro “Á beira do mar de Arousa. VILAXOÁN” e outros inéditos recollidos de documentos históricos de distintas fontes e arquivos.Publicado en decembro de 2010 na revista “AVANTE”, da Asocación de Veciños de Vilaxoán

Vilaxoán de Arousa atópase na marxe sur da ría de Arousa na posición de latitude 42° 35` 4N. e lonxitude 08° 47´ 3W. Esta vilae porto, é núcleo de mais importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 km² con 83 hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004. Foi concello de seu desde 1836 ata 1913, e desde esta data pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa. Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar que a vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxetos de pedra pulida e cobre, pertencentes a razas aborixes, pódese dicir, sen dúbida, que a vila debeus estar habitada nunha época, cando menos, anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia. Na nave da igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e mais no cemiterio, apareceron “sartegos” antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que deberon ser descubertos cando se...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Dª Avelina Nogueira Martiñán
rss feed
Naceu Avelina Nogueira Martiñan en Vilaxoán de Arousa no ano 1900. Dende que era nena, traballou como pescantina na Praza de Abastos de Vilagarcía. Cando tiña vinte anos comenzou a exercer de comadroa, práctica que aprendeu da súa nai cando ía de pequena con ela para atender os partos. A Sra. Avelina exerceu esta profesión sen pedir nada a cambio, con bastante frecuencia cando cadraba e podía , atendía económicamente á familia que asistía no parto naqueles anos da guerra civil e na posguerra, anos de carencias e necesidades. Exerceu ata o ano 1980 esta profesión de comadroa moi dignamente e dedicación altruísta. Case tódolos vilaxoaneses que hoxe teñen más de 30 anos, coido que nun 80%, foron as mans da señora Avelina quen os recolleu do seo das súas nais. A señora Avelina merece unha especial e agarimosa lembranza por aquela labor completamente desinteresada a un pobo que traballou case toda a súa vida. Era unha muller con carácter e de bo corazón. Non só atendía aos partos, senón que, nos días posteriores encargábase de controlar ao recén nacido e artender á nai. Moitas veces era ela a encargada de levar ao neno cando era bautizado, e por mor deste detalle chamábaselle “ a Madriña”. Esta gran muller foi un exemplo de entrega para cos demais, exemplo de humildade e humanidade. Toda a labor extraordinaria da “comadroa de Vilaxoán”, veuse reconpensada por unha homenaxe popular que se lle fixo ao longo dos meses de maio e xuño de 1985, homenaxe que aínda se recorda en Vilaxoán polo importante da súa programación: conferencias, recitais, exposicións de pintura, concertos, teatro, etc. Alí estiveron, entre moitos, Manuel Portas, catedrático; Xoán García, doctor en Historia; artí...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - IMAXES
 
 
 
A PÁXINA DE TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
 
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
BIOGRAFÍA
PUBLICACIÓN : GALEGOS
Vign_teo
 

VENTORACHADO 2

O BLOG DE TEO CARDALDA

Vign_ventorachado_teo
 
Vign_Dibujo

GALICIA DIXITAL
Acceso directo artigos
de Teo Cardalda

 
Vign_ESCUDO_DE_VILAXOAN_BOA
 
Vign_Dibujo
 

1891. UN ANO UN POUCO REVOLTO NOS CONCELLOS DE VILAXOÁN E VILAGARCIA

 
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. 
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.
A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, frente a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descuido” ou ben xa lles caera meses antes. Como ben sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades 
 
Tamén en novembro estivo fondeada a escuadra española. O día 16 naufragou un bote do acoirazado Pelayo, perecendo afogados un maquinista, dous fogoneiros, un cabo de mar e un mariñeiro, todos eles procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra. O naufraxio aconteceu contra as 12 da noite cando volvían do porto de Vilagarcia tras levar ao Comandante de Mariña desta cidade, Hipólito Piedras, e ao fillo do cónsul inglés. Seica o afundimento do bote foi a consecuencia da explosión da caldeira.
Houbo tamén outros sucesos. Meses antes, o 18 de agosto, durante as festas de San Roque, celebráronse corridas de touros e viñeran forasteiros a moreas desde Pontevedra, Marín e Vigo. Os touros eran da gandeiría de Patilla, de Colmenar Viejo e a cuadrilla estaba formada por “El Arnilla”, “Paco Frescuelo”, “El Sobresaliente”, “Grané”, e o “Morenito. A carne foi vendida a un real a libra galega, e seica houbo liortas para mercala.
Tamén subliñar que no mes de outubro fai unha aportación de 431,60 pts. o concello de Vilaxoán para as víctimas das grandes inundacións que houbera en Consuegra e Almería.
 
 
Vign_ferron
MARTÍN SANTOS FERRÓN
   
   
Martín Santos Ferrón, naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán) na rúa Marqués de Pardiñas o 9 do III de 1899.      Martín deu as súas primeiras patadas, non precisamente  a un balón de coiro,senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos por dentro. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a despuntar coma un gran xogador,como xogaban no peirao de Vilaxoán, moitas veces ao
darlle o balón caían ao mar .  
 Naquelas datas en Galicia había catro equipos de fútbol moi bos: Real Club Alfonso XIII de Vilagarcia, Real Vigo, Atlético de Pontevedra e o Real Coruña,dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo.  M. Santos de xogar no peirao de Vilaxoán, con 17 anos fichaba polo Alfonso XIII, tendo por compañeiros a grandes xogadores coma: Xoán de Hoz, Leona, Pepe Rei e outros.     
Naquel ano de 1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro Seoane, onde ese mesmo ano concretamente o 6 de marzo o Rei Alfonso XIII concedíalle ao club o título de Real.     Debutaba Santos o Domingo 26 de maio de 1918 con un encontro co Vilagarcia S.C. onde gañou o Alfonso XIII por dous a cero, a prensa comentaba o destacado que foi Santos recoñecendo como un gran defensa esquerdo.Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os seguintes: Silva de porteiro, Ramos,  Pedrido,González, Blanco, Rei, García, Bravo, Da-Silva e Rubianes.   
M. Santos tanto na súa vida privada como no terreo de xogo, era digno de eloxio,como exemplo, os mesmos xornais comentaban o comportamento que tiña escribindo  desta maneira: “Siempre elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la Elegancia”. 
O 19 de agosto de 1919 o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium de Oviedo empatando a un gol, cos xogadores seguintes: Bernardo Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía, Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente Carregal e Roque Rei. No tempo en que estivo neste equipo, tería de compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de Haz.    
    Despois de xogar uns anos no Alfonso XIII, M. Santos tivo que coller o uniforme militar obrigatorio e face-lo servizo militar en África, e cando volveu coa licenza na man a Vilaxoán, comezaban os clubs a disputalo para podelo fichar, pero naqueles intres daba a casualidade que chegou unha comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, faláronlle de Martín, e  amosaron interese en facerlle unha proba, ao rematar, deseguido o quixeron contratar, así foi, o contrato era de viaxes pagados ida e volta a Cuba e 160 dólares ao mes.     
    Xa en Cuba, decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón de grandes xogadores coma: Cosme, Gonzalito, Conrado e outros; o pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo Nacional Cubano.   Nunha crónica no xornal “El Heraldo” comentaba de M.Santos sobre un partido disputado contra o Fortuna Sport Club deste xeito: “El as entre los ases del balompié, M.Santos es un verdadero maestro del fútbol, una estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico, un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir, ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad, tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan prestigio al fútbol”


 
Vign_vilaxoan_foto_web_3
 
Vign_Copia_4_de_escanear0009
Vilagarcía, Patrimonio e historia