Primeiro alzamento contra os franceses durante a Guerra Peninsular
ANTECEDENTES
Trascendencia do alzamento da vida política de Vilagarcia – Vilagarcía a principios do século XIX – Capitalidades marítima a municipal – O Porto – Industrias e mercados.
A invasión de Galicia polas tropas napoleónicas foi considerado un revulsivo que fixo tomar impulso ao concepto da nosa personalidade como pobo diferenciado, xa que os eruditos galegos do século XVIII se encargaban de acentuar, posto que, abandonado o pobo galego ás súas propias forzas polo poder central, tivo que valerse polos seus propios medios para organizar a súa defensa, destruíndo en pouco tempo un exército de veteranos ás ordes de primeiro militar do século.
Se tan claro influxo atribúese ao movemento patriótico desenvolvido na nosa terra o ano 1809 sobre o pensamento político rexional, e notoria a trascendencia do episodio inicial desde movemento, e a honra deste episodio correspondente a Vilagarcía.
É certo que para todo o que teña un pouco de amor a este pobo, ha de ofrecer interese o coñecer co detalle que permite a escaseza de noticias, canto a guerra chamada “da independencia” refírese e por iso damos luz as notas presentes que obran no noso arquivo, inéditas e descoñecidas moitas delas por atoparse no noso poder os documentos de que son extraídas.
Vilagarcía de Arousa, pertencente á provincia de Santiago, era nos primeiros anos do século XIX un pequeño burgo, que formaba o Señorío e Marquesado do seu título, vinculado ata a extinción dos señoríos xurisdiccionais nos Mendoza Sotomayor, familia que, enlazada por entón con outras casas alleas a Galicia, tiña bastante abandonado o seu palacio e as súas propiedades nela, ata o extremo de estar case inhabitable o solar dos seue maiores, tanto como séculos antes, atenderá ao progreso e benestar do pobo fundando escolas, instituíndo asistencia médica e contribuíndo con fundacións de certa importancia social, como a dotación de doncelas pobres para tomar estado de casadas.
Contaba a vila cuns 264 veciños que achegaban uns 1.500 habitantes, dedicándose os homes á pesca e á navegación, e as mulleres a fiar e á salgadura de sardiña.
No eclesiástico, Vilagarcía constituía a parroquia de Santa Baia de Arealonga, de presentación do Señorío. A súa Igrexa fora construída había poucos anos e sostiña catro fundacións a da capela de San Miguel, con dous capeláns e misa de doce diaria; a do Rosario con outros dous clérigos; a de San Andrés, e a nosa Señora de Guadalupe. Diseminadas polas inmediaciòns da vila, existían a capela de San Roque, e a de Santa Lucía, e a da Invención da Santa Cruz, estas últimas desaparecidas algunas de cuxas ruínas a nosa nenez aínda logrou alcanzar, ademais do Convento de Agostiñas.
Era xa capital de provincia marítima do seu nome, con extensa xurisdicción en cinco distritos, tendo ao seu fronte a cun capitán de fragata, comandante dela; un segundo, un contador, catro cabos de mar, un auditor, un escribán, tres procuradores, un porteiro e un alguacil.
Tiña concello composto do alcalde, catro rexedores e un síndico, como capital de municipio que era, comprendendo dous coutos: o de Trabanda Badiña, correspondente ao Conde de Maceda, e o de Trabanca pedra, do mosteiro de San Martín de Santiago.
O seu porto era celebrado desde antigo, xuntamente co de Carril. Xa o licenciado Molina cítao no século XVI describindo a Galicia:
Está Portonovo y el Grove en su ría.
Y luego en Arosa comienza Cambados
do mucha pescada con otros pescados
se salan y salen de aqué cada día.
Y tiene vecinos a Villagarcía
y a Villanueva y la Puebla delante
y luego Carril, no poco triunfante
de ser de sus ostras tan gran pesquería.
Engadindo logo que en Vilanova, A Pobra e Vilagarcía “hay la misma pesquería en que por tierra se provee toda Castilla”.
Vilagarcía, polo seu porto, figura nos principais mapas antigos europeos. Así, no de Ortelio, impreso en A,beres en 1.616, debido ao P, Ojea; no mesmo século impresos en Alemaña, ou o de Juan Van Ceulen, reproducido en 1.698 en Amsterdam por Jansz Vodgt, ou o de Tomás López, de Galicia de 184…(sic).
A pesca que anualmente era apresada no seu porto ascendía a oito mil milleiros de sardiñas, que salgaban as mulleres. Propiedade dos seus vecinos, contaba o porto con tres bergantíns goletas, un quechemarín, cinco lanchas, seis botes e una minueta. A principal exportación consistía en cebolas para os demais portos españois, as cantidades de cuxo produto ascendían a dous mil milleiros anualmente.
Sostiña ademáis a industriosa Vila una fábrica de curtidos, varias de sardiña, teares de lás e lenzos do país e ata sete muiños que moían todo o ano, seis deles para millo e un para trigo. O seu mercado semanal e a súa praza, diaria, eran celebrados como os máis concorridos de productos entre os do Val do Salnés, e soamente era de sentir que estivese tan deteriorada a vereda que conducía a Compostela, que as mareas adeteriorasen a ponte de Vistalegre, arranxada con táboas por ser curtos os fondos da vila e, en fin, que o porto carecese de peirao, necesidade tan perentoria que por ela non arribaban ao noso pobo a maior parte dos barcos que entraban na Ría, con prexuicio do comercio dos seus vecinos.
Neste ambiente de paz e de laboriosidade cidadá, interrompido tan só alguna que outra vez polas bandas de ladróns que merodeaban polo campo galego, chegou, non sabemos por que conducto, nos primeiros días do triste maio de 1.808, a noticia de, como decían os nosos avós, “as atrocidades que facía Murat en Madrid”
PREPARATIVOS GUERREIROS.
Convocatoria ao pobo e reunión pública o 12 de maio de 1.808 . Unha corporación municipal memorable. Plans ofensivos e defensivos – Entrada dos franceses en Galicia e Santiago de Compostela.
Vilagarcía, ante as noticias inquietantes do acontecido nos primeiros chispazos da invasión, xa nas prazas fronteirizas, xa en Madrid e nas demais ciudades castelás, “rompeu o silencio”, ao dicir dus cronista, en que a inacción tiña a Galicia.
Para iso, púxose de acordó o Concello coas principais persoas da vila e convocou aos curas-párrocos das parroquias e pobos vecinos sos seus fregueses, para o día 12 de maio, en que, reunidos todos na praza do Mercado, onde hoxe se mosta una lápida conmemorando o episodio, proclamou repetidas veces por Rei de España e de Índicas a Fernando VII, preso naquel momento na Baiona de Francia, cuxa proclamación autorizou tamén eficazmente o capitán de navío da Real Armada don José Brandaríz, comandante da Mariña coa bandeira española n aman e con repetidos saúdas dun cañón que fixo traer ao intento do porto de Carril; e a una tosos vitorearon á S.M. e apelidaron a independencia da tiranía francesa, seguíndose a este acto maxestoso o voluntario alistamento de todos os mozos presentes e a oferta e subscripción de moitos donativos por podentes.
Ningún otro pobo grande nin pequeño de Galicia pode disputar a prioridade no alzamento a Vilagarcía. A Coruña mesmo, non tomou acordó ningún en contra do invasor ata o 30 do mesmo mes de maio, a pesar de residir nela a Capitanía Xeral do Reino.
A corporación que tivo a patriótica iniciativa ben merece o noso recurso, coa nosa gratitude. Estaba formada polo alcalde maior, don Manuel Bernardo Ibero e Benavides, os rexedores don José Nicolás da Pena e Castro, e o licenciado don Salvador Conde, os deputados de abastos don Agustín Álvarez e don Agustín do Río, e o procurador síndico don Juan de Torres e Espinosa.
A guerra era inminente. Por todos os medios trataba de abrirse o país un exército que oponer ao invasor. E de Santiago, capital da provincia da que Vilagarcía formaba parte, chegaban permas con tal obxecto. Así, en sesión de 6 de setembro, acorda aquel concello dirixirse aos de Carril e Vilagarcía para que dispoñan se recollan e remitan todas as esteiras que houbese nos almacéns, das cales carecíase para enfardar os vestiarios que ían ao exército; e en sesión de 23 do mesmo mes, acórdase dirixirse aos xustizas dos devantidos pobos e do de Muros, para que eviten a emigración ou fuga dos mozos útiles para aquel reclutamento.
A todo isto, a precipitación dos acontecementos fixo que Napoleón, querendo alcanzar ao exército inglés, aliadoa de España naquela ocasión, que trataba de embarcar na Coruña, destacase no seu seguimento a dous dos mais famosos xenerais, Ney, Duque de Elchigen, e Soult, Duque de Dalmacia, cuxas tropas pisaron o territorio de Galicia nos primeiros días de xaneiro de 1.809. Avanzando desde as terras de Lugo, apoderándose de Santiago de Compostela o día 17 do mesmo mes.
A entrada dos franceses en Galicia, di o narrador dos sucesos vilagarciáns, fixo desde logo pensar en sublevarse contra eles aos fillos de Vilagarcía. “O expresado comandante Brandaríz meditaba nada menos que a formación dun corpo de exército, coa xente daqueles pobos que concorreran á proclamación de Fernando VII e doutros da comarca; pero desexaba organizalo debidamente e ter consigo, ao menos, uns 100 soldados de tropas de liña, non só para a instrucción da xente, senón para evitar desordes e establecer a subordinación como indispensable para o bó éxito”. As persoas principais querían esto mesmo e traballaban niso e en formar o plan de defensa daquel país nas paraxes máis oportunas e de difícil acceso, atendendo á proximidade do camilo real, planicie do terreo e fácil comunicación coa capital. Igualmente, pensábase noutro plan de ofensa ao inimigo, logo que o país estivese fortificado e en seguridade. Pero todo íase tratando a dispoñendo con moito secreto, a fin de que os inimigos non chegasen a penétralo. E deste xeito, rompendo dun golpe contra eles, facerlles una terrible e destrutora guerra, pois as súas forzas estaban ben pescudadas.
INQUIETUDES DOS VILAGARCIÁNS.
Perda das alfaias da imaxe do Rosario e da coroa da patroa Santa Baia – A primeira vítima.
O avance dos franceses sobre Santiago puxera en temor aos pacíficos vilagarciáns, que ao observar que de Padrón e outros puntos chegaran fuxindo o día 13 de xaneiro varios particulares cos seus mobles, medorentos de que virían pronto a ocupar o pobo (“a consecuencia –dí una testemuña- de que fose un dos primeiros que levados de celo e patriotismo, instou e alarmouse contra eles”), escaparon del en diversas dirección, ata onde se creron máis seguros.
Un destes vecinos foi don José Antonio Vázquez e Betanzos, cuxa filla era camareira de Santa Baia. E determinando fuxir a Redondela, na mañá do 14 de xaneiro cos seus bens, recibiu dita moza o encargo dos capeláns do Rosario de levar consigo “contra a súa vontade e forza” as alfaias da Virxe titular de dita capellanía, así como a coroa de Santa Baia, sen dúbida co propósito de librar tales xoias da rapacidade das tropas invasoras. Pero a sorte dispuxera a desaparición delas, porque había en Redondela, onde se achaban refuxiados os nosos conveciños, noticias o 12 de abril de que os franceses estaban en Pontevedra. Aínda que todos crían que non pasarían de Ponte San Paio, decidiron na noite do devandito día “embarcar nunha lancha todos os nosos mobles –relata o don José Antonio- e alfaias; isto é, todo o dos meus fillos e o meu, pero deuse a desgraza de que quedase varada logo da saída”.
Os inimigos penetraron á mañá seguinte e una partida deles seguíu a mar baixa “por cortarnos e matarnos e o mesmo a outros moitos que nos seguían, fuxindo cada cal a salvar as súas vidas no embarcadoiro da Portela, distante desta vila un cuarto de legua. Pintar… o que nos pasou alí e a otros moitos, para tentar de salvar as nosas vidas, sería asunto longo; basta que o saiba quen o padeceu. As balas asubiaban sobre as nosas cabezas e una nai e un fillo, por desgraza, que non poideron embarcar, foron vítimas do furor dos inimigos, que saquearon e roubaron as alfaias devanditas e as nosas, e todo o precioso da equipaxe miña e dos meus fillos”.
Así pereceron unas pezas de ourivaría, que debían ser de certo valor: e grazas que a caridade do párroco de San Adrán de Cobres ao recoller na súa casa aos nosos fuxidos, vintedúas persoas máis, impedíu seguisen a mesma sorte os seus custodios.
En cambio non puido evitarse a primeira dor da guerra en Vilagarcía o 26 de febrero, pois “regresando do exército” morreu o soldado vecino de San Martín de Miñoitos, Santiago García, sendo enterrado ao día seguinte, como triste presaxio do que había de acontecer.
O ATAQUE
O motín de Vilagarcía en 27 de febrero de 1.809 – O comandante Brandaríz – Guerrillas para protexer Vilagarcía – Petición de auxilio aos ingleses – Labor das guerrillas – Ataque da Ponte Barosa en unión da xente de Cuntis – Oitocentos franceses sobre Vilagarcía _ Escaramuza de Santiago e norte do administrador de Correos desta vila.
A situación pola que atravesaba Santiago, sostendo un numeroso exército inimigo, que determinaba a carencia de víveres e outros elementos de primeira necesidade, facía que o seu concello tomase medidas para o aprovisionamento, e así en consistorio celebrado en 28 de Xaneiro, acórdase a condución do aceite, que xa con anterioridade fora embargado en Vilagarcía, a cantidade do cal ascendçia a cincuenta e nove arrobas, con máis unha cuartelora de dezaoito “mediante a urgencia que hai dese xénero”, dicíase.
Ao propio tempo, a necesidade por parte do exército francés de reunir caudais con que poder auxiliar os seus gastos , fixo que a Depositaría de Rendas Reais dese orde para que os fondos existentes en Vilagarcía fosen enviados a Compostela, á execuciónde cuxa orde opúxose terminantemente o pobo vilagarcián, amotinándose o 27 de Febreiro, día sinalado para o traslado do diñeiro. A saída impedíuse dirixíndose todos os amotinados á casa do comandante Brandaríz, para que preparara o armamento e aceptase o nomeamento, que por aclamación se lle facía, de xefe daquel improvisado movemento popular.
O comandante Brandaríz, logo do relatado, coñecedor de que os franceses considerarían ofensiva a actitude dos vilagarciáns e que se vingarían da sublevación, que impedíu a saída das rendas, decidíu logo de nomear por segundo comandante ao capitán de Infantería retirado , don José Pardiñas, a formación de dúas avanzadas: unha, na altura do Pousadoiro, e outra, na de Siagoga, para opoñerse ao avance das tropas francesas, segundo viñesen da parte de Caldas ou da de padrón, para atacar a Carril e Vilagarcía. Buscáronse armas entre os particulares e nos comercios para as guerrillas e non faltaron ata cañóns para empezar nos dous lugares estratégicos referidos.
Pero unha idea ocorréraselle ademais a Brandaríz, que, de terse atrasado un pouco os franceses, sería salvadora para Vilagarcía e as súas inmediacións. Era a idea de solicitar axuda aos ingleses, mandando o mesmo día 27 de Febreiro tres lanchas á costa de Portugal e a Fisterra, con pregos para entregar ao comandante de primeiro buque de guerra ing´les que achasen, dándolles a noticia da insurrección contra os franceses nesta parte de Galicia, e pedíndolles armas, municións e cantos auxilios pudiesen. Afortunadamente, a lancha patroneada por José Benito Aro atopouen augas de Fisterra a fragata “Lively”, mandada por Mr. George M. Kinley. quen enviou barrís de pólvora, fusís e cartuchos, así como a un ificial para pescudar o estado do país, en canto a armamento e insurrección.
Repartíu Brandaríz os socorros entre os vilagarciáns e os pobos próximos que estaban sublevados e escribíu de novo ao comandante inglés, dándolle grazas e rogándolle que viñera a situarse coa súa fragata no porto de Vilagarcía para atemorizar aos franceses e causar respeto dalgúns aproveitados facciosos que, a resultas da revolta, andaban facenco algunhas feitorías, pedíndolle tamén vinte homes para curtodiarlle e impar subordinación.
Namenttras, as dúas guerrillas dos postos avanzados de Siagoga e Pousadoiro, unidas aos veciños de Cuntis, prestaban grandes servizos atacando asos franceses que pasaban polo camiño entre Pontevedra e Santiago, facendo diariamente prisións e collendo espías e correspondencia, co cal, entusiasmados, non seguiron as indicacións de Brandaríz, que quería facer un máis numeroso corpo de exército, sen provocar ata entón a ira do inimigo, que os destruiría cando estaban aínda en formación.
Así sucedeu. O día catro de Marzo, pasando por Caldas de Reis unha gran carruaxe fortemente escoltada por catrocentos franceses, foi atacado no porto Barosa por dúas partidas mandadas polo cadete do Batallón Literario don Benito Godoy e Araújo, matando máis de trinta franceses e ferindo a moitos, episodio que determinou que de Santiago saísen na madrugada do día 6 oitocentos soldados franceses contra Carril e Vilagarcía dispostos a vingarse do acontecido.
Don José Brandaríz estaba no Pousadoiro e este posto atopábase tan ben gardado canto estaba desguarnecido o da Siagoga, polo cal, decatados por espías disto, os franceses decidiron atacar o segundo, enviando Brandaríz a reforzalo con cincuenta homes ao seu filla José, que era subteniente do Batallón de Literarios, o cal atopou á súa cegada xa forzada a resistencia das guerrillas, limitándose a entreter aos franceses en combate, para dar tempo a que as aldeas inmediatas a Vilagarcía e Carril, así coma estes pobor, se puxeran a salvo.
A escaramuza da Siagoga causou a morte do administrador de Correos de Vilagarcía, don José Arcilla, que tamén era oficial segundo de Rendas Unidas da Administración dela. O seu cadáver foi soterrado pola veciñanza nos montes de Brazal e Lourido logo de loitar contra os oitocentos homes do destacamento francés. Estaba casado con dona maría Andrea Sánches de Arteaga de quen non deixou sucesión.
O 29 de Marzo foi exumado o seu cadáver e trasladado a Vilagarcía, onde recibeu definitiva sepultura.
A VINGANZA FRANCESA
Avance sobre Vilagarcía do destacamento francés- As vítimas causadas no percorrido ata o noso pobo – Reseñas do ocorrido nas parroquias de Dimo, Oeste, Catoira, Abalo, Bamio e Carril – Incendios e danos causados polo invasor nelas.
Logo de forzar o paso da Siagoga, que a avanzada alí establecida pecháballe, ningùn obstáculo opúñase ao rápido avance das tropas francesas, as cales, a marchas forzadas, dirigíase cara a Vilagarcía para castigar canto a nosa vila fixera na súa contra, dirixíndose ao mesmo tempo, a sangue e lume, contra os demais pobos que atopaba no seu itinerario.
Triste é o relato de tanta desgraza, pois se observa que os veciños das diversas parroquias en que ían entrando non tiñeron tempo de fuxir ou non quixeron abandonar as súas vivendas, pensando quizais que non levarían a extremos de terror a súa desposta venganza.
Na parroquia de Dimo, ao pasar incendiaron a casa reitoral, roubaron os ornamentos e mataron a trece veciños chamados Cayetano Otero, José Castaño, Manuel Conde, Josefa Torrado, solteira, Ramón Bouza, viúvo, Egidio Sesmay, casado, Andrés Lobato, José Rodríguez e Tomasa Torrado, casada.
O mesmo dí, na de Oeste, causaron os males que consigna a seguinte relación feita polo párroco don Joaquín de Sierra e Arce: “Dentro da Igrexa parroquial de Santa Baia de Oeste a seis días do mes de Marzo de 1.809, deuse sepultura ao cadáver de don Francisco de Dios e Couselo, presbítero, a quen de xeito alevoso e indefonso mataron os satélites do corso Bonaparte, os que pasaron o mesmo día por esta matando a cantos achaban, sen excepción de persoas; roubaron e queimaron parta considerable das casas destes habitantes. Chegoua tanto a ferocidade e desenfreo destes bárbaros e inimigos comúns, que nin o sagrario ou depósito da súa Divina Maxestade foi reservado, pois o levaron e as formas consagradas trouxéronas á escaleira da casa reitoral onde se acharon algunhas pisadas, maltratadas dos pés daqueles malvados. Non recibiu sacramentos pola súa repentina morte. Asistiron ao seu enterro e funerais os sacerdotes da venerable confraría do clero deste partido da que era irmán”.
Tamén mataron, entre outras persoas que non se consignan, ao presbiítero don Juan Ignacio Lavandeira, e a Rosalía López.
Ao pasar igualmente pola parroquia de San Miguel de Catoira, vendo que os veciños que podías facelo fuxiran sen dúbida, mataron a Vicente Conde, do lugar de Corredoira; Agustín de Figueira, marido de Cayetana de Míguez, do lugar da Trasdaveiga; Manuela Santiago, viúva de Andrés Gómez, do lugar de Carral; Manuel da Figueira, marido de Manuela Díaz; Micaela da Figueira, viúva; e Francisco Caamaño, viúvo, dando lugar a que o párroco deixase no libro de defuncións esta breve pero substanciosa nota:
“O seis de marzo de 1.809 foi día de desgraza para esta parroquia e época memorable para todos, pois pasando por ela gran partida de tropa francesa, fixeron sete alevosas mortesd que seguen neste libro, todas as persoas de avandad idade e recollidas en sitios que aínda parece podían librarse da súa vista e furor; pero a divina providencia dispuso así. Todos os que viren esto choren a pidan por estes desgraciados”.
Seguidamente pasaron á freguesía de San Mamede de Abalo, e alí causaron a morte do presbítero don Gabino Loureiro, e as de Gregorio Lorenzo, Manuel Torrado, Juan Loureiro, Luis Lorenzo e Bernardo Isorna.
Continuaron avanzando pola parroquia de San Xens de Bamio, cuxos moradores debían estar desprevidos por canto elévase a vinte e tres o nñumero de veciños mortos a man dos inimigos, sen contar co presbítero veciño dela, lugar de Trabanca Sardiñeira, don Benito Lorenzo, a que mataron no Carril, nin a Felipe Buceta e Remigio Coello, mortos nas proximidades de Vilagarcía, polo que foron sepultados nesta igrexa.
En Bamio asesinaron ao párroco don Francisco Antonio Moas Barreiro, referindo a tradición que, penetrando os franceses na súa morada e sen consideración á súa avanzada idade, nin ´ça indefensión, atravesáronlle cunha lanza, quedando na parede por moito tempo impresas as pegadas de sangue que brotou a ferida. E ademáis mataron aos veciños nomeados Roque Conde, Benito Loureiro, Ramón Cancelo, Francisco Míguez, Francisco García, Martín Vázquez, Manuel Barcala, Ginés Eiras, Felipa Blanco, viúva, Santiago Eiras, Manuel Lorenzo, Mateo Romero, Silvestre Sobradelo, Jacinto Rodríguez, Simón Longo, Juan Casas, Vicente Cancelo, Leandro Goldar, outro Francisco García, Silvestre Romero, Alberto Cancelo e Juan Fresco do Campo.
Os veciños de Carril procuraron fuxir do furor de que o destacamento en xornada de castigo viña poseído e é tradicional que trataron de refugiarse na illa de Cortegada embarcándose ao efecto; mais algunhas das lanchas foron alcanzadas polo lume de fusilería que os franceses desde terra facían. A confirmación da tradición expresada achámola nalgunha partida de defunción do arquivo parroquial do Carril, como a da ascendente do noso amigo Rogelio Ferreirós, Isabel de Canabal, esposa de Mateo Ferreirós, a quen “matárona a balazos os ffranceses o día 6 de marzo deste ano, cando entraron nesta vila a queimala e saqueala, e que foi sepultada na capela da Nosa Señora de Cortegada”.
Os demais mortos de Carril foron no devandito día, ademais do sacerdote don Benito Lorenzo, de quen se falou ao describir o ocorrido en Bamio, José Benito García Bravo, Rosendo García Bravo, Tomás Castromán, Fructuoso Rodríguez, Manuel Loureiro, Crisóstomo do Río, Bernardo Canabal, Francisco Igrexas, José Gonzáles Lavandeira, Pedro Fonta, Andrés Fontán, e José Benedicto, a maior parte de cuxas vítimas son xente casada, indicando as súas circunstancias ser de certa idade xa.
OS FRANCESES EN VILAGARCÍA
O 6 de marzo de 1.809 – Fuxida da veciñanza – Mortes causadas polo destacamento francés – Incendio da Vila – A casa reitoral – O cárcere.
¡Día o máis triste quizáis da historia de Vilagarcía, o que é obxecto desta narración! A inminencia do perigo, coas noticias que ían chegando das desfeitas que nas persoas e nas propiedades viña ejecutando a partida francesa destacada en Santiago para castigar a oposición dos veciños, obrigou a estes a buscar refuxo nos montes próximos, especialmente no de Lobeira, desde o cal é fama que contemplaron co ánimo suspenso as luminarias do incendio prendido polo invasor á maior parte das súas vivendas.
Así, no pobo só quedaron as persoas anciás e aqueloutras que polas súas enfermedades ou polas súas obrigacións non poideron fuxir.
O destacamento invasor saíra de Santiago á unha da madrugada, e consta que en menos de doce horas fixeron a xornada enteira, do cal dedúcese que, a pesar dos roubos e demais depredacións relatadas, feitas a fume de carozo por temor á reacción dos pobos sinistrados , deberon entrar en Vilagarcía nas primeiras horas da tarde do 6 de marzo tan repetido.
A sús primeira faena foi matar a cantas persoas se atopaban e prender lume ás casas. Así pereceron o sacerdote don Pascual Ferrín, do que se dí, sucumbí una rúa denominada hoxe Arapiles; Inocencia Martínez, solteira e veciña de Trabanda Badiña; Cirpiana de Lago, queimada no seu propio domicilio, deixando cinco fillos a esposo, todos veciños da Vila; Juan de Renda, tamén casado e con tres fillos; Agustín de Renda, casado, con sete fillos, algún deles casado xa; Juan de Suárez, casado, con cinco fillos, algun casado tamén, veciño do lugar de Pereira; Jerónimo Rubianes, de Trabanca, casado, con dous fillos, casados ambos igualmente; Dionisio Gómez, do lugar de Pereira, con cinco fillos, casados algúns destes; Juan Gómez, solteiro, veciño de Pereira; Eugenio López, veciño de La Torre, casado e con dous fillos, tamén casados; Domingo Docil, viúvo, veciño de Trabanda Badiña, cunha filla casada; José Rodríguez, casado e con tres fillos, un casado tamén; Félix Anaya, “soldado que era da partida da Mariña, que se achaba na Comandancia Militar desta Vila e provincia, sen saberse da súa orixe; Antonio da Silva, casado, portugués, cuxa familia escapara; Pedro Luaces, solteiro, veciño de Trabanca Badiña, o cal non faleceu ata o día 11; e Tomás Ramos, casado, que foi inhumado o día 13, por non ter atopado o seu cadáver ata o día anterior, desde que dun balazo fora morto o día 6 polos franceses.
A todos inhumou, salvo os exceptuados xa, ao seguinte día 7, o párroco don Juan Durán e Romero.
As vivendas queimadas pode decirse que foron a maior parte, unha delas a do administrador de Correos Arcilla, morto o mesmo día pola mañá na escaramuza da Siagoga. A casa reitoral foi destruída totalmente. Estaba no mesmo lugar que na actualidade ocupa a existente, e reducida a cinzas.
A casa consistorial e o cárcere, que eran propiedade do señor xurisdiccional, marqués de Vilagarcía, pola obriga en que estaban de dotar aos seus pobos os que exercían xurisdicción de ter prisión e Casa do Concello, foi arradasa totalmente tamén.
Conservouse o recordó de que os franceses non pasaron do lugar de Figueirido, na parroquia de Sobradelo, pois non quixeron exponerse ás iras dos pobos arrasados que ían deixando atrás, vendo a noite enriba.
Unha pluma contemporánea concluía así a noticia dos sucesos ocorridos nesta Vila, en día tan luctuoso: “Pegaron lume a moitas casas e reobáronas e saquearon con rabia inexplicable, sen deterse moitas horas, seica por temor a que se reunisen os pobos armados da comarca a acometelos”.
OS FRANCESES EN VILAGARCÍA
A fragata “Lively” – Un héroe de Batallón Literario – As “alarmas”.
Non por tal desgraza deixou Brandaríz de continuar prestando meritorios servizos. Precisamente o día anterior á xornada lamentable que queda apuntaba, acordara a “xunta de alarma e defensa dos naturais da xurisdicción de Trasdeza”, reunida no campo de Bandeira, onde se celebra aínda hoxe una famosa feira, dirixir cartas a persoas coñecidas do Carril e Vilagarcía para que habilitasen de cantas armas e municións puidesen, a fin de dotar delas ás xentes que estaban defendendo varios puntos estratéxicos, en especial a Ponte Ledesma, sobre o Ulla.
Debeu coincidir esta solicitude coa chegada ao porto de Vilagarcía da fragata “Lively”, que de vir antes tería dado ánimos ao desprevido pobo para a resietencia, pero o tempo contrario e una noticias inexactas, chegadas ao coñecemento do seu comandante M. Kinley, impedírono. En contacto con este comandante que forneceu de pólvora e proporcionou cantos auxilios puido á veciñanza, estaban dous ilustres galegos deste época: don Juan José Caamaño Pardo, señor da Torre de Goyanes, Conde de Maceda e Vizconde de Fefiñáns polo seu matrimonio, e don Luis López Ballesteros, soado fillo de Vilagarcía, morgado da Golpilleira, que restaurou, sendo ministro de Fernando VII, a Facenda española. Ambos personaxes achegaron donativos, entregaron armas, bagaxes e canto puideron para dotar asos exércitos que estaban formándose.
O Conde de Maceda, Caamaño e Pardo, era, polas súas características e polo seu evoengo, un dos personaxes máis notables en Galicia. Cos seus propios medios, formou o Rexemento que se chamou de Maceda en honra ao seu cuñado don Baltasar Pardo de Figueroa, logo de falecido este na batalla de Rioseco.O día primeiro de marzo, fora o conde a bordo do “Lively”, que se achaba naquel momento á altura da illa de Ons, a tratar dos medios de proporcionar armamento aos galegos precisamente, e sostiña correspondencia co Goberno inglés, sobre os sucesos da Península.
Don Luis López Ballesteros foi a xefe en Vilagarcía dea milicias cidadáns, que se organizaron máis tarde en toda Galicia, coa denominación de “alarmas”.
Permaneceu a “Lively” no noso porto varios días, e a visitala acudiron emisarios de diversos puntos en petición de socorros, pois foi a primeira embarcación inglesa de quen se solicitaron auxilios, debéndose a gloria ao comandante Brandaríz de ser o primeiro tamén que os chamou, logo de invadir Galicia o inimigo. No noso porto decatouse o capitán M. Kinley da toma de Vigo, por parte do capitán Krawford da fragata “Venus” naquel porto. E ao pouco tempo partiu cara alá.
Mentres, a insurrección da veciñanza continuaba e durante os meses de abril a seguintes, Brandariz puido satisfeito observar como todos traballaban en abastecer ao exército popular. Os seus subordinados na Comandancia de Mariña, don Juan Pantoja, montador, e os demáis, dedicáronse á construcción de cartuchos, animando ás xentes e atendendo a todo, de xeito que os vilagarciáns, unidos a outros, atacaron aso franceses a últimos de abril, na Ponte de San Luis, parroquia de Requeixo, onde os levara provocados una pequena partida de paisanos, que se achegou con tal motivo a Padrón, mentres quedaban emboscados os restantes.
Pois estes días, o 14 de abril, fíxoselle na parroquial de Vilagarcía o funeral a Claudio Ximénez Arechaga, estudante, fillo de don Juan Ximénez, administrador de todas Rendas no noso pobo, e dona Manuela López e Garoña, a súa muller, cuxo rapaz falecera no Batallón Literario famoso, segundo noticias chegadas por entón.
Non volveron os franceses a pisar territorio vilagarcián. Como dicía o capitán xeral de Galicia, Conde de Moroña, o “inimitable celo e valor dos seus habitantes destruíu un exército florecente e deixounos moi pouco que facer ás tropas de liña”. Con todo, un último suceso relacionado coa invasión tivo lugar dentro dos termos que hoxe constitúen o distrito de Vilagarcía , pero que entón constituía o de Vilaxoán, e este foi que o día “20 de xuño de 1.809, deuse sepultura dentro da igrexa de S. Salvador de Sobradelo, a Bartolomeu Ricart, casado e veciño de San Pedro de Lantaño, pois achándose na casa do seu pai o día 9, houbo un levantamento xeral no país, coa noticia de que viñan os franceses, saíndo cada un coas armas que tiña, e Bartolomeu tomou o trabuco que na casa do sei pai existía, cargado desde había tempo, e ao disparalo rebentou e esnaquizoulle una man e o brazo correspondente, lesión da que faleceu.
EXPULSIÓN DOS FRANCESES DE GALICIA E AS SÚAS PERDAS
Período de posterior crecemento do pobo.
Sobre o 22 de xuño saíton de Galicia definitivamente os exércitos napoleónicos, para non volver entrar. Viñeran sobre ela os dous mellores xenerais, os mariscais Ney e Soult, os que achegaron ao primeiro imperio os días de gloria de Elchingen e Austerlitz, e en cinco meses deixaron en Galicia o máis selecto dos seus soldados. Ney trouxo un exército de 45.000 homes, e Soult outro de 24.000, deixando a súa retirada no noso chan, entre mortos, feridos e prisioneiros, 47.000 franceses.
Ao volver a calma, Vilagarcía tragtou de reporse da gran estrucción de que foi obxecto. Pode sinalarse ao redor do ano 1.812 o comenzó da reconsrtrucción do pobo, coa extinción dos señoríos, pois desde entón data case todo o aumento de poboación cara ao Carril, a partir do comenzó da rúa do Río ata o emprazamento da capela de Santa Lucía. Son destas catas tamén as casas de labradores que comenzaron a erguerse arredor do Campo de Cabritasm que era una frondosa devesa real na que se paseaba polo verán.
Aos poucos foi refacéndose a Vila co alzamento de edificios públicos e particulares. No ano 1.816, tratou de reconstruirse a casa reitorale ao afecto, en 6 de Abril, concertouse a obra co mestre de cantería Ramón Mouriño e co de carpintería Fermín Martínez. A casa que fora concello e prisión, propiedade do Marquesado, que fora lixeiramente reparada despois do incendio sufrido, tamén foi reedificada neste ano. Para iso, en 1.812, dirixíuse a marqués don Joaquín de Armesto Mendoza e Sotomayor ao xuís ordinario, expresando que:
“téndose decretado pola S.M. as Cortes xerais e extraordinarias da nación, a incorporación á Coroa das súas xurisdiccións como se revificou na desta Vila, do que era eu dono xurisdiccional en virtude de reais provilexios e venda real coa autoridade de nomear alcalde maior, rexedores e demáis oficiais de Xustiza, por esa causa era da súa obriga ter cárcere e prisións; polo que os meus antepasados, logo de comprar a devandita xurisdicción á súa Maxestade, en prezo de sete mil ducados, para o que tiveron que vender bens propios do morgado, fixeron a casa do concello e cárcere que se acha queimada polos franceses, na que antes investín grandes cantidades e respecto que xa non son dono xurisdiccional , nin ata agoraentregóuseme o importe de devandita venda, por cuxa razón non esto una obriga de ter cárcere, e sendo meu propio o terreo e pezas que de novo tiven que componer, logo da saída dos franceses, e desexando reedificar dita casa do concello e cárcere (que era) para outros usos e utilidades en beneficio dos morgados que posúoe a que está anexa o devantito soar, espero que a vosa mercé disporá que op preso que se acha na peza que compuxen sexa sacado da alí inmediatamente, por ser o tempo apropiado para a reedificación e que a Vila dispoña facer cárcere onde máis lle conveña…”
Ditou o Xuíz un auto expresado que, sendo certo que a casa tan só tiña dúas pezas habitables, que o Marqués reparara, e sendoa certo así mesmo que había escaseza de edificios para ese mester na Vila, así como que o concello non se achaba constituído por vacante dos catro síndicos, subsiste o preso onde estaba, sen prexuizo de poñelo en coñecemento da alcaldía para que resolvese, no seu día. Era o Xuíz o licenciado don Miguel Antonio de Vigo.
Por fin, en 1.816 estaba reedificándose a antiga casa coansistorial e sabemos que confinaba pola parte gtraseira, que era a de Levante, coas casas de don Francisco Ramón Branco, desta Vila, e a de don Juan Manuel Betanzos, párroco de San Xoán de Golpelláns, en Ourense, que tiña apoderado en Rubiáns. Nun documento deste ano consta tamén que todas as casas mencionadas, limítrofes co concellom foron queimadas polos franceses, o cal dános medida da magnitude do estrago que no máis funesto día da historiaz vilagarciá causouse no noso pobo, que psoslo seu propio esforzó refíxose no camino cada ao porvir.
|