O meu pai gardábaos como ouro en pano. Aqueles amarelados manuscritos, deslucidos polo inexorable paso dos anos, tíñanme intrigado. A encadernación era rudimentaria: só dous gastados cordeis unían aquelas follas cheas de recordos. Ao seu lado, nun vello caixón, gran cantidade de vellas fotografías acompañábanos. Eu tiña 7 ou 8 anos, idade na que aínda me estaba permitido soñar, e observábaas detidamente con infantil curiosidade. Eran fotos dos nosos antepasados, naquela Vilagarcía, antiga e bela, que espertaba ao progreso e á modernidade. Entre aquelas fotos, recordo que me chamaba a atención a dun señor maior de gran porte e longa barba branca, sobre unha locomotora de vapor nunha antiga estación de ferrocarril. A miña curiosidade por saber de quen se trataba levoume a preguntar con desaforado entusiasmo. A resposta desbordou a miña capacidade de asombro, e fixo voar, aínda máis, se cabe, a miña imaxinación. Aquel señor de gran presenza era o meu bisavó, Francisco Porto, ao que a compañía “The West Galicia Railway Company Limited”, a través do seu xerente, Mr. John Trulock (avó do Nobel Camilo José Cela), enviárao a Inglaterra para formarse no proceso de fabricación e manexo do modelo de locomotora de inspección e manobra ao que pertencía a “Sar”, que, polo seu pequeno tamaño, era coñecida entre os ferroviarios co apelativo de “Sarita”. El foi o primeiro maquinista daquela emblemática locomotora. &n
...Leer la continuación