search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

A PÁXINA DE TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
HISTORIA E PERSONAXES DE VILAXOÁN

 

Hoxe abrimos un novo apartado na web "A Páxina de Teo Cardalda". Para nós é un motivo de ledicia poder expoñer o gran traballo de investigación e recopilación de Teo sobre o seu pobo.
Un pobo con moita historia, unha interesante historia que o autor nos irá debullando a través dos seus escritos. Os avatares que xurdiron a través dos anos,  sobre todo antes e na fusión dos tres Concellos en 1913, son dignos de mención e coñecemento. Vilaxoán ten a día de hoxe moitos dos monumentos mais importantes da Bisbarra de Arousa. O Pazo Rial, O Pazo Pardiñas, a Igrexa Románica de San Martín de Sobrán, un expoñente case único, ou o Pazo de Sobrán. En definitiva Vilaxoán ten unha apaixoante historia e uns rasgos inequívocos de identidade propia.
  Hoxe queremos mostrarlle a Teo Cardalda o noso mais sincero agradecemento por esta valiosa achega.

 
Vign_Pagina_teo_

 

 

VILAXOÁN DE AROUSA

RETALLOS HISTÓRICOS

Por Teo Cardalda

 
Os estaleiros de Vilaxoán antes da anexión do pobo ao Concello de Vilagarcía
rss feed
Antes de anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía en 1913 existían dous estaleiros en Vilaxoán, o máis importante en número de traballadores e carpinteiros de ribeira era o “Estaleiro Arosa”, eran os seus donos os señores Martínez e Goicoechea, atopábase na praia das Saiñas ao carón do Esteiro. Os xornais daquela época xa escribían del o seguinte: “este astillero puede considerarse como un gran éxito para la industria naval de Galicia”. O barco que reproducimos na fotografía no mesmo estaleiro a piques de ser botado ao mar, onde se observa unha morea de xente que veu á botadura. Outra foto onde xa está flotando no mar. O buque era un Pailebot matriculado VILLAJUAN- I - e tiña as seguintes características: Eslora, 31,50 metros; puntal, 3,30; capacidade de carga 300 tn.. Arbora de pailebot de tres paus. O barco vai provisto dun motor auxiliar de aceites pesados de 60 cabalos, tipo C.O semi-diesel da casa Fairbanks de Morse de EEUU. O motor principal non se puido instalar por dificultades de transporte e permisos de exportación e atópase nos peiraos de New York, o barco botouse ao mar sen o motor, aínda que xa estaba preparado para colocalo en canto chegara do porto americano. Porén, no estaleiro xa estaban colocando a quilla para un buque dunhas 1000 Tn. De carga, sendo as súa características: Eslora, 51 metros; manga, 9,50; puntal, 5,80 e arborará de bergantín.goleta de tres paus. Tamén estaban a construír un vapor pesqueiro de 16 metros de quilla e outras embarcacións menores. Como observamos a carga de traballo era im...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
Vilaxoán, notas históricas da Vila
rss feed
Vilaxoán de Arousa atópase na marxe su da ría de Arousa. Este núcleo e o máis importante tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobran. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcía de Arousa.
Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulida e cobre pertencentes a razas aborixes, podese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior a neolítica, e polo tanto, prehistórica, ainda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.
Na nave da Igrexa de...Leer la continuación
Escrito por Revista Avante •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Centenario (2017) da fermosa talla escultórica da Virxe do Carme de Vilaxoán
rss feed
Cada ano, o 16 de xullo celébrase en Vilaxoán a festa da Virxe do Carme. Estas festas sempre tiveron unha forte raizame que ven dende moi lonxe nos tempos, onde a primeiros do século pasado os mariñeiros desta vila tiñan moitos problemas de natureza social e económica, malia destes atrancos xamais se esqueceron de festexar este evento relixioso e social; sendo como dato máis que curioso que tamén é festexada polos non crentes. Esta fermosa talla escultórica da imaxe da Virxe do Carme que neste ano de 2017 cumpre cen anos. No ano 1917 foi encargada a súa construción a un escultor de Santiago de Compostela; a iniciativa nace dos mariñeiros Xoaquín Bouzas e Xosé Serantes que eran os encargados de face-las festas o devandito ano. A imaxe pagouse por subscrición popular contribuíndo tódolos mariñeiros con cantidades de 10 céntimos ata un anónimo que dou 75 pts.. O custo desta obra chegou a 1600 pts incluíndo os vestidos que foron deseñados polos monxas do asilo de oblatas do Santísimo Redentor de Santiago. A obra foi encargada ao obradoiro do artista Xosé Rivas Rodríguez que se atopaba na Rúa do Villar. Deste obradoiro saíron uns bos tallistas e escultores como: Manuel Miranda, Manuel César Conde, Xosé Puente Otero. Pintores como: Xosé Otero Gorrita, Xosé Pasín Romero que tamén era tallista e o alumno pintor Anxo Rodríguez....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - 1898 - Fotos inglesas
 
Sensaciones y recuerdos de mi niñez en Vilaxoán
rss feed
La playa de las Sinas, el Chocolate, el Bar Serío, el horizonte, el protagonismo del mar, siempre el mar, la luz, las sombras y la insoportable humedad de los atardeceres, siempre llevaderos gracias a la grata compañía de mi Padre, Teodomiro Cardalda Santos, todo un personaje en la comarca.... estos y algunos otros, que no se pueden contar, son el gran caudal de recuerdos y de sensaciones que llevan encerradas dentro de mí una gran parte de mi vida y que, curiosamente, se instalaron en mi alma hace ya unos cuantos años, siempre sin darme cuenta. Sensaciones soterradas y que cuando menos lo esperas afloran y te dan algunas claves y respuestas que, tú sin saberlo, hacía ya tiempo buscabas. Es imposible no sentir un vuelco en las tripas cuando navegas por la Ría de Arousa, cuando profundizas en sus gentes o cuando caminas de noche cerca del puerto, es imposible no sentir la presencia de un gigante siempre detrás de ti, que te vigila, te mima o te maltrata según le dé...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Exportacións de sardiña desde Vilaxoán nos séculos XVIII e XIX
rss feed
Recollendo unha morea de notas de Antonio Meijide Pardo, historiador da salgadura en Galicia e contrastando con outros documentos do Arquivo Xeral de Simancas, e Arquivo Provincial de Pontevedra, imos coñecer un pouquiño máis do que era a vila de Vilaxoán fai máis de trescentos anos. Partindo destas informacións, imos a comentar a importancia que tiña Vilaxoán nas exportacións de sardiña salgada e outros productos da salgadura a mediados do século XVIII e primeiros do XIX. Durante os anos de 1.795 a 1.814 as fábricas arousáns de salgadura foi época de maior productividade e de exportación pola vía marítima para o mercado nacional, sendo os anos de maior lucro daqueles negociantes, fomentadores cataláns. Nestes anos, o 90 por cento dos cargamentos de sardiña eran embarcados en Vilaxoán. Os rexistros aduaneiros deste período nos fan ver ata que punto foi Vilaxoán (con moito) a principal base exportadora de toda a Ría de Arousa. Xustifícase esta destacada primacía de Vilaxoán por unha parte, por atoparse nesta vila a maior concentración de fábricas, e por outra, o vir case toda a mercancía das veciñas poboacións tamén con fábrica de salgadura, coma Vilanova, Vilagarcía e a Illa de Arousa, cuxos donos abonaban os dereitos de embarque na alfándega de Vilaxoán, onde case medio cento de cataláns aparecían cunha re...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
1891. Un ano un pouco revolto nos Concellos de Vilaxoán e Vilagarcía
rss feed
O 21 de xaneiro de 1891, fondean ao carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou, non sen sorpresa, un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía. A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, fronte a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descoi...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN.
rss feed
Neste Capítulos quero plasmar unha biografía dun persoeiro do século XVIII de Vilaxoán: D. Francisco del Valle-Inclán Santos, tío bisavó do grande e universal literato D. Ramón del Valle-Inclán. Porén, comezo cos antepasados e principalmente cos que están vencellados a Freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán), onde por estas datas pertencía á Xurisdición de Sobrán incluída a Freguesía de San Lorenzo de András. Por iso para entender ben a biografía de D. Francisco, tiven que facer en capítulos o traballo para ter unha visión máis completa da historia. A pescuda levoume aos arquivos de Mondoñedo, Santiago de Compostela, Universidade da citada cidade, e visitando os lugares da familia Valle e Inclán: Bares (Coruña) e Castrogalbón (León). Foi feita a pescuda paseniño entre o traballo e o tempo de vagar, facendo quilómetros a moreas e preto de tres anos, sen esquecer a axuda dos bibliotecarios de distintos arquivos que simplificaron moito o traballo en tempo e material. Tamén quero darlle as grazas a Juan Carlos Porto por ter a amabilidade de recoller este traballo para a súa páxina Web de Patrimonio Vilagarcía. De cando en vez percorro as corredoiras que levan dende a Rúanova, o lugar onde naceu Dº Francisco, até Vilaxo&a...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. Francisco del Valle-Inclán Santos - CASA PAZO DE RUANOVA - Capítulo II
rss feed
A casa pazo da Ruanova fica na corredoira que, dende a igrexa de San Martiño de Sobran, leva a Faxilde e a Renza; dende este lugar vaise polo antigo Camiño Real até Aralde; ao carón desta aldea fica o lugar da Ruanova. Ao camiñar por estes lugares, síntese o pracer do vento norteiro da Ría de Arousa que vén mesturado co recendo dos piñeiros e carballos dos montes de Eiviño e Renza. Percorrendo o Camiño Real, como escribiu Rosalía de castro, contémplase “un mar de ondulante verdura”, un manto de parras enchidas de uva albariña. Ao chegar ao pazo, atoparemos un fermoso cruceiro con escadas onde antigamente as vendedoras de hortalizas pousaban a mercadoría para descansar e logo segui-lo camiño ate o mercado de Vilaxoán que estaba diante do Pazo de Pardiñas. Ao carón da Capela, dúas placas pétreas fixaban as lindes entre a freguesía de San Martiño de Sobrán e a de San Lourenzo de András, cando Vilaxoán era xurisdición. Unha reza así: “Jurisdicción de Villajuán, feligresía de Sobrán”. Na outra placa: “Villanueva, feligresía de András”. A Ruanova ten unha fachad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO III
rss feed
Nacemento na Freguesía de San Martiño de Sobrán ( Vilaxoán )
Francisco Antonio del Valle-Inclán Santos naceu na casa da Ruanova o 29 de febreiro de 1736, e foi bautizado o mesmo día na igrexa de San Martiño de Sobrán. En 1747, con doce anos comezou a súa vida académica en Santiago, quizais influído polos cregos da freguesía, Gaspar de Señoráns e de Francisco Padín. En Santiago estudou dous anos de Artes na escola escotista, e logo Cánones e Leis en 1750, trasladándose a Ávila para recibir o título de Bacharel en Cánones o 29 de xullo de 1753. Regresa a Santiago para graduarse como Bacharel en Leis e axiña sae para Madrid onde reside entre 1753 e 1757, exercendo como pasante no estudo do Fiscal do Consello de Facenda, D. Diego Ibar Navarro, que tamén era Presidente do Colexio Imperial de Pasantes de Avogados de Madrid e do Consello da S. M. A existencia de dúas certificacións, unha de Diego Ibar Navarro, facendo constar que Valle asistiu ao estudio e Pasantía e outra outorgada polo Presidente e o Secretario da insigne Xunta de Pasantes e Avogados do Colexio Imperial da Real Villa e Corte de Madrid con diversas informacións sobre D. Francisco. Foi recibido e aprobado para avogado o 3 de agosto de 1757, coa facultad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO IV
rss feed
A explicación da expulsión de D. Francisco e mais dos seus irmáns requiere que comezemos no momento en que o Secretario de Capelas e Presbítero de San Clemente, Benito Bernardo de Porto, que era a persoa encargada das constitucións que rexian o colexio, fixo o escrito sobre a farra e a troula acontecida no cuarto do colexio que nesas datas compartían os irmáns Miguel e José del Valle-Inclán e o sobriño Francisco Rubianes. O día 19 de novembro de 1774, D. Benito xura ante o Reitor Pertierra que veu como entraba unha muller despois do toque de oracións no cuarto de D. Miguel sen que puidera recoñocela. Un día bateu con ela na Porta da Adega e preguntoulle qué facía alí e, porén ela non soltaba prenda ao principio, acabou recoñecendo que agardaba a D. Miguel del Valle, confesando tamén que era natural do porto de Vilaxoán. Para sorpresa de D. Benito comentou tamén que estaba preñada de D. Miguel, que durmira con él unha morea de noites no Colexio e que o seu amante lle prometera contraer matrimonio con ela unha vez abandoada a carreira de clérigo e o Colexio. Segue declarando D. Benito ante o Reitor Pertierra que tamén veu no cuarto a soldados bebendo, fumando e trouleando con D. Miguel como se estivesen nun cuartel. Unha noite chamounos á orde sen recoñecer aos devanditos soldados, pero oíu como a un deles chamábanlle polo apelido Ferrín. Todos estaban na compaña de prostitutas, cantando e bailando dentro do dormitorio. Na noite seg...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A INDIGNACIÓN DE RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN MÉXICO,1921
rss feed
Teño lido hai tempo, en diferentes autores, sobre a andaina de don Ramón por México e a miña inquedanza era ter as copias dos xornais e así dispor de información de primeira man. Un amigo vivía na cidade de Puebla. Un home especial, culto, amigo dos amigos e moi boa persoa: estou a falar do vilaxoanés Rogelio Díz, que finou a primeiros de 2011. Rogelio brindouse a remexer na Hemeroteca de México D. F. Así foi, mandoume fotocopiado todo o referente á estancia de Valle en 1921. Este traballo vai dedicado “in memoriam” con moito agarimo a este amigo e camarada que tanto loitou como comentarista e escritor contra as inxustizas. Teño a ousadía e o atrevemento de realizar un xuízo de valor e afirmar que D. Ramón del Valle-Inclán sería hoxe un “indignado” do 15 M, malia os insultos e descualificacións no seu día de moitos políticos que hoxe nos gobernan.
O escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín ten escrito: “Valle-Inclán foi un xenio individual e único, polo seu estilo de vida absolutamente libre e independente, o seu xenio rebelde e talante crítico sen concesións acomodadizas”... “Don Ramón foi ese home tan eximio escritor como extravagante cidadán”. Sempre independente, á marxe dos favores oficiais, porque criticaba as inxustizas dos poderes do seu tempo....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
Monumentos desaparecidos na Freguesía de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán
rss feed
CAPELA DE SANTA MARIÑA Esta capela estaba ao carón do lugar nomeado Riolois ao pé do monte coñecido como Monte de Pedra Corbal, á beira de Lobeira, nun aberto, arrodeada de piñeiros e construída en pedra de perpiaño. Capela pertecente á freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán) As obras comezaron no ano 1654 baixo o mando de D.Alonso primeiro Conde de Maceda. Continuouna seu fillo primoxénito, D. Bernardino de Lanzós Novoa e Andrade, Cabaleiro da Orde de Santiago e segundo conde de Maceda, nado en Madrid o 23 de outubro de 1636, e entre as súas posesións estaban os pazos de Sobrán e de Trabanca. Casara na freguesía de San Bartolomé de Pontevedra con Dona Baltasara Montenegro, filla de Paio Sorrez de Montenegro, e de Dona María de Soutomaior, herdeira do pazo de Sobrán. A construción da capela rematou no ano 1683. O escudo nobiliario estaba na fachada, sobre a porta principal, representando as armas correspondentes dos apelidos dos segundos condes de Maceda, D. Bernardino e súa dona Baltasara. O historiador Fermín Bouza-Brey fixo unha visita ao lugar o 23 de setembro de 1924, deixando este comentario: ”... é unha capela gra...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA

PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA

23/01/2014 11:30:19

Voume espallar un anaco e afondar na historia dunha institución moi antiga de Vilaxoán como é o Pósito Pescador que foi o embrión da actual Confraría.

O domingo 28 de setembro de 1919, foi a data da fundación do Pósito Pescador de Vilaxoán por uns homes emprendedores desta vila. Homes que naquelas datas de penuria tiñan unhas inquedanzas e gañas de organizarse para acada-lo mellor para Vilaxoán, sendo tempos non moi doados para enfrontamentos co poder polo caciquismo que estaba imperando na nosa sociedade galega.Pero o desexo de loita deste homes foi que decontado Vilaxoán tivera unha representación dos mariñeiros con carácter oficial, sendo este Pósito o que facía o número 15 en toda a xeografía española, cando neste devandito día se constituíu xa tiñan 160 socios mariñeiros. 
Foron estes homes fundadores as seguintes persoas: Presidente, Xesús Somoza Villaronga; Secretario-Contador, Francisco Santos Crespo; Vicepresidente, Xoaquín Bouzas Názara; Vice-secretario, Antonio Vázquez Jueguen; Tesoureiro, Xoán Fernández Patiño; Vocais, Xoaquín Valle Torres; Xoaquín Chaves Alejandre; Manuel Vidal Orozco e Antonio Soto Brocos.
Xa coa mesma , solicitaron o 18 de novembro de 1919 ao deputado D. Pedro Seoane, a construción dun peirao, solicitude que cito literalmente: “....El vecino puerto de Villajuan que por su importancia como centro de operaciones para la industria de la pesca, está conceptuado entre los primeros de la Ría de Arosa y en el que las transaciones que diariamente se realizan en la Lonja son importantísimas, mereciendo también que nuestras autoridades vuelvan los ojos hacia la vecina villa de Villajuan cuyos habitantes sufren con paciencia y silencio el abandono en que se hallan.
La higiene es una de las cosas que acá se desconoce y tan necesaria para la industria que en él se explota como la pesca, salazón, conserva y exportación de toda clase de pescado. Añádase a todo esto las dificultades con que se encuentra los que se dedican a todas estas faenas. No teniendo un muelle que las condiciones y suficiente seguridad para el desembarco del pescado........”. O escrito sigue falando das condicións de atraque e tratar de acadar un lugar de refuxio para as embarcacións, e que se comprometa a Xefatura de Obras Públicas dun inmediato estudio e proxecto do peirao. Rematando a solicitude con unhas verbas moi ao estilo vilaxoanés: “....bueno es, que los vecinos de Villajuan despierten y se den perfecta cuenta de que este pueblo no tuvo ni tiene persona alguna que velase por sus intereses.......”. Lendo estas palabras lonxe no tempo, preto de 82 anos que se dixeron, coido que aínda son válidas na actualidade. 

Seguindo coa historia, ao sábado seguinte de facer este escrito-solicitude, concretamente o día 22 de novembro de 1919 a xunta directiva do Pósito fai unha xuntanza de mariñeiros onde dan conta do significado do escrito ao deputado Sr. Seoane. Nesta xuntanza O Presidente Sr. Somoza pide un aplauso para o protector deste proxecto do peirao como era o Marqués de Casa Pardiñas D. Ramón Sanjurjo Neira. O Secretario Francisco Santos toma a palabra dicindo que tódolos pobos da Ría de Arousa estanse a beneficiar en obras de peiraos menos Vilaxoán. 
Xa facía catro meses que o Pósito estaba en activo, e en febreiro concretamente o xoves 29 de 1920 a xunta directiva fai un balance e reconto das cantidades de ingresos e pagos dende o día 1 de decembro de 1919 ata o día anteriormente citado. A transparencia dos balances era tal que tódalas contas eran tomadas polos xornais da provincia. As oficinas provisionais atopábanse na casa de Francisco Santos Crespo, casa antiga que xa non existe hoxendía  ao carón do Pazo de Pardiñas, tendo a honra o que esta historia escribe de se-la casa onde nacín, o pasar os anos pasaría a Confraría onde actualmente atópase.
Neste anaco de historia do Pósito, quero reflectir este pequeno balance de contas por se-lo primeiro que se fixo na historia desta entidade.
Ingresos: Saldo de arqueo e reconto do 30 de novembro de 1919.......625,30 pts.
No apartado de ventas aparecen unha cantidade de persoas con nomes e apelidos dos nosos antergos, estes ingresos eran polo concepto do 1,5 por cento das ventas, entre moitos deles están: Jesús Jueguen, Francisco Durán Martínez, Dolores Muiño Faro, Salvador Martiñán Alejandre, Andrés Rodríguez Bravo, Tomás Piñeiro Bravo, Carmen Rodríguez Bravo, Josefa Bouzas Buceta, Francisco Muñíz, e outros. Destas ventas lle correspondía ao Pósito-Confraría 838,60 pta.
Dos patróns e tripulantes polo 1,5 por cento, 166,30 e polos socios mensuais dos tres meses que levaba de vida o Pósito, 60,50 pts.
Os pagos foron: materiais, selos e soldo do Secretario-Contador 403,20 pts, sendo o capital en activo depositado na Caixa Postal de Aforros de 1,314,50 pts.
No día 13 de xullo de 1920, estivo pola tarde en Vilaxoán o Enxeñeiro xefe de Portos do Ministerio de Fomento D. Leopoldo Soler, sendo acompañado polo presidente e secretario Sr. Somoza e Sr. Santos respectivamente, percorrendo parte da zona do mar para estudar sobre o terreo o proxecto das futuras obras do peirao. Ao remata-lo estudio tiveron unha xuntanza co Alcalde Sr: Valentín Viqueira e o Comandante de Mariña. Naqueles intres as aspiracións dos vilaxoaneses era acadar o peirao de abrigo, e neste día parecía moito máis preto a realidade, pero como ollaremos máis adiante en capítulos vindeiros houbo unha “man negra” que chafou o proxecto por intereses políticos e caciquís, xa que si daquela fora avante o proxecto do peirao, hoxendía quizais o porto comercial sería dende Vilaxoán ata Villagarcía con un calado moi importante.
En relación con este tema da construción do peirao, o día 14 de xaneiro de 1921 o Pósito-Confraría recibiu unha comunicación da Dirección de Obras Públicas comunicándolle que no Boletín Oficial do día 8 do devandito mes, abrirase unha información para a construción do peirao.
No 14 de xuño deste mesmo ano, celebrase unha xunta xeral presidida polo presidente Sr. Somoza, onde asistiron unha gran cantidade de mariñeiros e como invitados o Alférez de Fragata da Comandancia de Mariña D. Gregorio F. Ballesta e D. Xosé Rodríguez Bernardez que era o inspector dos Positos de España. Dou conta o Secretario Sr. Francisco Santos dos balances de contas, o presidente falou dos avances que se están a lograr sobre as xestións para a construción do peirao. Ao final tomou a palabra o Inspector Sr, Rodríguez falando da unión dos mariñeiros xa que sen ela nada ou pouco se pode facer, diante da xuntanza dos mariñeiros acordou solicitar un crédito da Caixa Central de Crédito Marítimo de 30.000 Pts para a creación dunha Lonxa, así mesmo fai constar a pulcritude e competencia que son levadas as contas do Pósito ao moderno estilo comercial polo secretario Sr. Santos, ao final reinou un gran interese e xubilo por parte dos mariñeiros.
A gran labor nestes dous anos de existencia do Pósito dende o punto de vista social e cultural, foi dunha intensidade importante para Vilaxoan, onde se daban conferencias e actos culturais con asistencia dabondo de mariñeiros e xente do pobo. Como exemplo: a conferencia que dou o 5 de xullo de 1921 o xornalista Sr. Llanizarraya falando sobre os pósitos en España, a conferencia deste día levaba o titulo seguinte: “ La Acción Social de los Pósitos Pescadores “, concretamente nesta conferencia falaba desta maneira: “...que en su tiempo ya me fui ocupando de la iniciativa del Posito Pescador de Villajuan, y me comprometí a decir algo en mi periódico de todos los acuerdos tomados desde que se fundo, y seguir con mucha atención la labor de su Junta de Gobierno. El entusiasmo de la labor cada día aumenta, sobre la parte administrativa nada deja que desear la gran actividad del secretario D. Francisco Santos Crespo, sobre lo cultural mi enhorabuena al profesor D. Jesús Garrido Alvarez por su labor en la enseñanza de los hijos de los marineros, en fin, de la gestión de la directiva en pleno, ya que por todos los medios procuraron alentar a los marineros, consiguiendo limar asperezas, borrar enemistades hacer del Pósito Pescador de Vilaxoan algo tan grande.
Tamén dera unha conferencia neste mesmo ano outro xornalista Antonio Arnilla onde falara sobre o tema: “Necesidad de la uniòn de los trabajadores del mar”. Eran conferencias cun ton de carácter social coa intención de adestrar aos mariñeiros nos seus intereses como colectivos de profesión moi arriscada naqueles tempos onde traballar no mar non era moi doado.
En 1922 coa data de 8 de xaneiro, a directiva do Pósito fai unha xuntanza de mariñeiros para dar conta da preparación das vindeiras eleccións e presentan o balance económico co resultado seguinte: Activo......6.766,38 pts. Pasivo.....270,50 pts. Capital Liquido....6.495,50. Ante estas cifras a andaina do Pósito con preto de dous anos de vida, era prospera dabondo.
O domingo 27 de maio de 1922, o Presidente Sr, Somoza convoca unha xuntanza urxente de mariñeiros coa asistencia so Segundo Comandante de Mariña D. Manuel Maute Bravo. O Sr. Somoza de primeiro da conta aos socios dos asuntos referentes à organización, logo pasa ao punto principal que dou motivo a esta xuntanza. Comenta que seica dous Concelleiros De Villagarcía fixeron unha visita un pouco estraña ao Pòsito, remexendo nos papeis e nos libros do Pòsito, ao parecer se lle deu un matiz político por parte dos mariñeiros. Tomou a palabra O Comandante Sr.Maute dicindo: “ ... que los Concejales merecen todos los respectos desde un punto de vista de orden personal.....”. Daquela houbo unha barafunda e unha pequena liorta na que tomaron parte algúns asociados do Pòsito, neses intres o Comandante calmou un pouco aos mariñeiros dicindo: ......”al mismo tiempo pienso que es de una gravedad que en el local social del Pòsito se hagan reuniones polìticas, ya que el reglamento de los pòsitos dice que se opone terminantemente.....”. Ao final quedou clarexada a postura dos Concelleiros, xa que a visita que fixeron ao Pòsito fora soamente para a procura duns papeis que tiña relación coa futura Lonxa. Por aquelas datas era Alcalde D. Lauréano Paratcha, sendo Concelleiros os Sres. Villaverde, Llovo, Ouviña, González, Rìadigos, Poyàn, Salgado, Ameixeiras, Cardalda, Maquieira, Portela e Guillèn.
Nas festas da Virxe do Carme, que no ano 1922 comezaron o sábado 15 de xullo, o luns día 17 o Pòsito co respaldo de tódolos mariñeiros convoca a un acto na vila acordando darlle o nome dunha rúa a Alfredo Saralegui. Este acto celebrouse ás catro da tarde do devandito día na Praza do Tombo, onde foron invitados as autoridades tanto civís como militares en especial o Alcalde Sr. Paratcha.
Co gallo das festas de San Roque en Villagarcía, a Comisión de Festas comunica ao Pòsito para que mandara o número de embarcación que tiña pensado competir nas famosas regatas. Este ano de 1922 os mariñeiros de Vilaxoàn estiveron à altura dos melloriños da Ría. Nas lanchas do Xeito levou o segundo premio de 125 pts a CARMELA, patroneada por Xosé Serantes, en Bateis de cinco remos por banda, acadou o primeiro premio á embarcación ROSA patroneada por Xaquín Dìz, en Botes tamén acadou o primeiro premio para o bote WENCESLAO co patrón Ramiro Conde; todos eles pertencentes ao Pòsito de Vilaxoàn.
Atopámonos no ano 1922 preto de tres anos da súa fundación. Neste devandito ano, o presidente Sr. Somoza convoca eleccións para elixir unha nova directiva. Os mariñeiros votaron à mesma xunta, dándolle plena confianza na súa xestión.
Non quixera deixar pasar un acontecemento moi importante relacionado co mar e o Pòsito que acontecera no ano 1920 na vila. O Sr. Somoza e algúns dos seus directivos asistiron o día 16 de setembro a botadura do Bergantín “ Goleta” construído nos “Astilleros de Arosa” das Saíñas que era dirixido polo mestre carpinteiro de ribeira Sr. Xosè María Martìnez. Foi un dos mellores barcos de todos os que se construíron na Ría de Arousa, eran as súas dimensións as seguintes: eslora 60 metros, 10,10 de manga e 5,70 de puntal, con unha cabida para 1500 TN., sendo a súa primeira viaxe à costa de Levante e despois navegaría pola ruta de E.E.U.U.. O mandaba o Capitán D. Alfredo Piñeiro, o barco custara preto de un millón de pts, tamén a esta botadura asistiron unha morea de xente de Vilaxoàn. Estes estaleiros das Saíñas era un dos mellores da Ría de Arousa sendo os seus donos os Sres. Martìnez e Goicoechea.
Seguindo no ano 1922, o 26 de novembro o Sr. Somoza presidente do Pòsito, reúnese co Comandante de Mariña Sr. Vàzquez Permuy para solicitar que se aplique o lexislado co referente à pesca, castigando con severidade aos que estaban a empregar as artes prohibidas na Ría de Arousa, o Comandante respondeulle que lles ofrecía a máis enérxica e rigorosa vixilancia, castigando con moita dureza aos infractores.
O 15 de abril de 1923 solicitárase unha subvención para a súa sección cultural dirixida polo mestre Xesús Garrido, sendo atendido o Pòsito con unha cantidade de 3000 pts, que foron destinadas para a atención do ensino e cultura dos fillos dos mariñeiros. Neste ano seguían polo verán os actos culturais e conferencias, nunha delas estivo o segundo Comandante de Mariña D. Manuel Montes, onde ao final da conferencia repartiu premios aos alumnos da escola, con unha cantidade de 40 premios que consistían en roupas para os nenos que máis sobresaíron nos exames, esto acontecera o día 22 de xullo.
No percorrer destes tres anos non esquecían a solicitude que fixeran 1919 para a construción do peirao, e seguían loitando como o primeiro día con contactos co deputado Sr: Seoane e autoridades políticas.
O día 7 de xullo deste mesmo ano, chegara ao Pòsito un escrito da Dirección Xeral co ditame do Consello de Obras Públicas coa resolución sobre a construción do peirao, obra pola cal tanto loitaron estes homes fundadores do Pòsito. 
Dende 1919 que se fixera esta solicitude xa pasaran tres anos, e toda a directiva que estiveron loitando día tras día por acada-lo peirao confiaban en que a resolución fora positiva.
A resposta do Consello de Obras Públicas marca un precedente na historia de Vilaxoàn dende que perdéramos o Concello en 1913. A comunicaciòn-resposta non ten desperdicio, literalmente foi desta maneira: ......”que este Consejo resolviò que no procede construír el muelle de refugio para embarcaciones pesqueras en Villajuàn, solicitado por el Pòsito por su proximidad al de Villagarcia, del que dista una milla escasa.........”. Quizais fora un erro moi grande o non atender as peticións do Pòsito naqueles anos que nos quedan moi afastados. Quizais si fora ao contrario a infraestrutura actual do Porto Comercial de Vilagarcía, tería outra fasquìa , e os proxectos portuarios que se viñeron facendo daquela ata hoxe, serian doutra maneira máis razoable, en calados e en amplitude. Puidera ser que algunha “man negra”, por suposto caciquil, quixera o porto ao pé da súa cama en Vilagarcía. 
Non todo era negativo naqueles anos por parte de algúns concidadáns de Vilagarcía. Segundo os nosos avós que nos contaban todos os aldraxes de moitos detractores contra o noso pobo, tamén tiñamos xente que enxalzaba a Vilaxoàn, Tendo en conta que o 16 de agosto de 1923 apareceu un escrito nos xornais asinado por Lisardo Barreiro co título: “ Esbozos y Siluetas”, falando de Vilaxoàn desta maneira: ".....Villajuàn que en el futuro se convertirà en el “SARDINERO” de estas playas, con su barquìa de mareantes, sus industrias de salazòn y conservas y con sus pintorescas pescantinas que al pregonar la mercancìa con acento saudoso prestan un matíz atrayente a las calles...” Este cronista daquelas datas ollaba un futuro prometedor para Vilaxoàn, pero a realidade foi outra, xa que o “sardinero” soamente está en Santander, sendo esnaquizadas todas as praias, e despois de oitenta anos aínda estamos por recuperalas.
Estes homes fundadores do Pòsito seguían coa súa loita e no se dobregaban ante reveses como a perda do peirao. Tiñan un especial interese en que os nenos dos mariñeiros tiveran unha cultura, e que non lles faltara un bo ensino, sendo agasallados polo Comandante de Mariña e pola Directiva do Pòsito, os mestres D. Xesús Garrido e o Sr. Guillàn Abalo, pola súa labor levada a cabo no ensino dos nenos, isto acontecía o domingo 23 de xullo de 1923.
No mes de outubro o Pòsito organizara a festa do Rosario costeada pola xente do mar, comezando pola mañanciña do día 7 coa Banda de Música do Rexemento de Zaragoza, pola tarde celebrouse as clásicas regatas de vela, xeitos, dornas e traiñeiras.
En 1924, Vilaxoàn tivo un acontecemento promovido polo Pòsito que consistiu nunha homenaxe ao Director Xeral de Pòsitos de España Sr. Alfredo Saralegui.
O devandito acontecemento foi na data do 3 de agosto de 1924. O acto foi grande e moi emotivo, tomando parte tódolos mariñeiros e xente do pobo así mesmo como autoridades e representantes de organismos e institucións de Galicia. Estiveron O Comandante de Mariña e Alcalde de Vilagarcía e Axudantes de Mariña de Muros, Caramiñal, Ribeira e Baiona e representantes delegados de tódolos pòsitos de Galicia.
Recibiron ao Sr. Saralegui na Praza do Campo (Hoxe Rafael Pazos), a toques de son pola Banda de Música de Rianxo, invitado a falar nunha tribuna que se atopaba na Praza onde hoxe está a fonte. Despois de falar o Sr. Saralegui, tomou uso da palabra o Sr. Alcalde D. Enrique Rodríguez Lafuente, rematando con un longo discurso o presidente do Pòsito Sr. Somoza, poñéndolle a medalla de Cruz de Benificiencia ao Director dos Pòsitos.
Ao remata-lo acto, foron a xantar à casa do mariñeiro Sr. Avelino Martiñàn, onde pola tardiña o Sr. Saralegui dou unha conferencia aos mariñeiros nos locais do Pòsito.
Na actualidade, unha das rúas que atravesa a vila leva o nome de Alfredo Saralegui, dende aquela data do 17 de xullo de 1922 que os mariñeiros quixeron perpetuar a súa memoria. 
A loita destes homes non tiña descanso, eran conscientes que os mariñeiros tiñan que organizarse para acadar melloras sociais e económicas. Fundaron a Federación de Pòsitos Marítimos de Galicia, tendo unha xunta en Pontecesures o 20 de novembro de 1929, entre moitas cousas, se falou da xestión de acadar un edificio en Vilaxoán para o Pósito ( as dependencias estaban na casa particular de Francisco Santos anteriormente citada. A esta xuntanza asistiron Os pósitos de Cambados, Vilanova, Illa, Vilaxoàn, Rianxo, Cesures, Carreira, Currubedo, Muros, Esteiro, Louro e Lira. Aprobouse o regulamento da Federación nomeando o Comité Executivo coas seguintes persoas: Presidente Antonio Magariños Granda de Cambados; Vicepresidente, Manuel Pombo de Vilanova e Tesoureiro Francisco Santos Crespo de Vilaxoàn.

Como simple anécdota voume a permitir o dar algunhas subastas de peixe no mercado de Vilaxoán un ano antes da fundación do Pósito, por exemplo a dos días 25 de abril e 3 de maio de 1918. 
DIA 25 DE ABRIL 1918
70 cestas de xurelo, de 3,50 a 4 pts.a cesta.
20 caixóns de trancho, de 10 a 15 pts o caixón.
500 cabalas, en 16 pts.
16.000 piardas de 3 a 4 pts. o milleiro.
800 buraces, a 6,75 pts.
30 pares de centolas, a 1,85 pts o par.
120 pts de congrios.
Varios lotes, en 88 pts.

DÍA 3 DE MAIO DE 1918
30 caixóns de tranchos. De 6 a 10 pts o caixón.
120 cestas de xurelo, de 3 a 4 pts. a cesta.
8000 xurelos, de 6,50 a 7 pts o milleiro.
Varios lotes, en 195 pts.

Dende estas páxinas lles quero facer unha homenaxe a estes homes do meu pobo, onde xamais se lles fixo xustiza nin homenaxes pola súa labor case anónima en pro de Vilaxoàn. Cantas veces a vida é inxusta, quizais outros levaron a gloria e as homenaxes sen mover un só dedo polo pobo, agardando agochados na tobeira para brincar no intre que máis lles interesou, só pensando nos seus intereses persoais xa que xamais lles entrou pola testa que, o amor a un pobo se manifesta primando e apoiando todo interese colectivo ao persoal. Unha das grandes homenaxes que se lles podía facer a estes homes, sería que o Pòsito na actualidade volvera a colle-la grandeza daquelas datas. 
 
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
Castelao en Vilaxoán no ano 1933
rss feed
Por estes anos, andábase a preparar o Estatuto de Autonomía de Galicia e o Partido Galeguista celebrou en Vilagarcía o 11 de xaneiro de 1933 unha Xunta Xeral na que saíu elexida por unanimidade a directiva composta por Germán Quintela, presidente. Vicepresidente, Dámaso Carrasco. Secretario xeral, Jesús Garrido. Secretario de actas, Francisco Fernández. Tesoreiro, Leopoldo Sampedro e como vocais, Antonio Oubiña, Xoaquín M. Posse e Xoán Parada. A primeira iniciativa da directiva foi tratar de impulsar con grande actividade a propaganda galeguista con especial fincapé no espallamento do Estatuto de Galicia en toda a bisbarra organizando conferencias en tódalas freguesías do concello e do distrito. A primeira conferencia foi en Bamio o día 15 de xaneiro á que asistiron Xosé Giráldez, Quintela Novoa, Oubiña, Núñez Búa e Francisco Fernández del Riego A sociedade Agraria “La Honradez” de Vilaxoán, convocou o día 22 de xaneiro deste mesmo ano de 1933, unha conferencia sobre a Autonomía e a Cooperación Agraria pronunciada por Xosé Núñez Búa. Explicou o Sr. Búa o fundamento das cooperativas labregas nunha futura Galicia autónoma, que foi claramente exposto con dados e estatísticas tomadas dos organismos oficiais. A conferencia foi seguida por moreas de labregos que deron de aprobación. O sábado día 4 de febreiro, celebrase no “Villajuán Cinema” o agardado mitin de Alfonso Daniel Rodr&iac...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
A ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915
rss feed
Ao anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcia en 1913, non había unha representación real na vila que ollara polos intereses dos labregos e mariñeiros, e catro anos antes da fundación do Pósito de Pescadores nacera esta asociación concretamente o 5 de xaneiro de 1915 e o 7 do mesmo mes elixen a Xunta Directiva coas seguintes persoas: Presidente Honorario, (*) Manuel Fernández Álvarez; Presidente, Bernardino Riveiro; Vicepresidente, Xosé María González; Secretario, Salvador Vidal; Vicesecretario, Braulio López; Contador, Silverio Bouzas; Tesoureiro, Emilio Dasilva; Vocais, Antonio Díaz, Xosé María Rey, Antonio Díz, Santiago Manuel Otero, Francisco Navazas e MarcelinoUrcera. Estes eran uns homes emprendedores de Vilaxoán que trataron de facer o posible acadando melloras sociais para o pobo. Como dixen anteriormente, naceu esta asociación por mor da falla do Concello de Vilaxoán e aínda non chegara a lei dos pósitos en España. Nesa primeira xuntanza comentaban que, a representación por Vilaxoán que neses intres tiñan no Concello de Vilagarcia non era do máis axeitado para os intereses dos labregos e mariñeiros, sendo o representante nese intre o derradeiro Alcalde de Vilaxoán Sr. Ameijeiras, concelleiro pola vila no Concello de Vilagarcia. Aprimeiros do mes de febreiro de 1915, esta asociación “La Honradez” fixo un xesto moi humanitario ao mandar u...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS MORADORES
 
O Pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa Torre dos Pardiñas Villardefrancos, é de finais do século XVI. Este pazo serviu de morada, non como outras construcións pacegas que eran de morada e agropecuarios, e fica ao carón do mar e no mesmo centro da vila. Está moi ben conservado, ten unha erguida torre, ousadas as súas gárgolas e grandeiros os balcóns. Hai anos tiven a oportunidade de percorrer o seu interior e tiven a sensación de me atopar no século XVIII, entre as súas paredes mantense viva a historia. O pazo seica foi construído por Xoán da Val e a súa dona María Pérez Leiro Romero, ambos vencellados a esta construción desde o ano 1591. Ademais, fundaron tamén o convento de San Francisco de Cambados. O vencello do pazo coa familia Pardiñas comezou un século despois, ao casar Francisca Romero de Lis Bermúdez con Ignacio Pardiñas Villardefrancos. Dona Francisca herdara tódolos bens e dereitos dos seus pais, Plácido Romero de Lis e Xoana Bermúdez, descendentes do devandito Xoán Da Val. Un fillo de Ignacio e Francisca, Francisco Antonio Pardiñas Ayala Villardefrancos, nado en Vilaxoán, fora reitor do Colexio de Fonseca a mediados do século XVIII. Dos Pardiñas vencellados a Vilaxoán, temos a Ramón Pardiñas Ayala e Feixóo sobri...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalada •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A FOLGA XERAL DE VILAGARCÍA EN AGOSTO DE 1920
rss feed
Esta folga xeral comezara o 11 de agosto de 1920 por desavinzas entre a Sociedade Huevera que era rexentada por Agustín Pereira e os empaquetadores de ovos. Estas desavinzas consistían na admisión de uns obreiros despedidos uns días antes. Ante estes acontecementos interven a “Federación Obrera” esixindo a admisión destes obreiros. A empresa non atendeu a reivindicación da “Federación Obrera” despois de celebradas varias xuntanzas co xerente da sociedade. Nese intre a Federación plantexa a folga xeral, comunicándolle este acordo por medio dun oficio ao Alcalde Sr. Viqueira. O Alcalde plantexa unha xuntanza entre a “Federación Obrera” o xerente da Sociedade Huevera Sr. Pereira, o presidente da Asociación Comercial Sr. Pérez e o Capitán da garda Civil Sr. Malo. Nesta xuntanza presentáronse unha morea de fórmulas para arranxar o problema, pero ninguna delas foi aceptada pola Federación que non pasaban pola non admisión dos despedidos. Dende o Concello saíron os obreiros dispostos a plantexar a Folga Xeral en Vilagarcia. Dende as primeiras horas do día 12 os folguistas distribuíronse por tódalas rúas para falar coa xente, coas mulleres que viñan das aldeas coas mercadurías para o mercado de abastos. Algunhas mulleres que non facían caso ao requerimentos dos folguistas, lles facian tirar as cestas dos ovos, das legumbres e frutas, este mesmo día non traballaron...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O Concello de Vilaxoán. 1836-1913
rss feed
Os Concellos, na forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812, e un dos seus artigos dicía: “Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el Jefe político, donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos, si hubiere dos”. Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil almas, y también se les señalará termino correspondiente”. A primeiros do século XIX, concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia para impulsar os “concellos institucionais”. Paralelamente, creábase o concello de Sobran tomando o nome da antiga xurisdicción. As circunstancias políticas non favoreceron o desenvolvemento constitucional que ía supor unha nova andaina para os gobernos locais, aínda que axiña comezouse a por en marcha a nova organización, unha vez constituídas as primeiras deputacións provinciais ao Aveiro do artigo 335, punto tres, da Constitución, que di:“Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el articulo 310”. Pero os novos concellos case non tiveron tempo de funcionar como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII e a súa proclamación como Rei absoluto tiveron consecuencias negativas para España e, de feito, supuxo o retorno aos usos e costumes do antigo réxime nos que xogaban un papel estelar os nobres, abortando desde o comezo unha etapa de modernidade constitucional que se consagra cun Real Decreto de 4 de maio de 181...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Notas históricas de Vilaxoán
rss feed

Notas históricas de Vilaxoán

04/11/2013 19:46:56
REFERENCIA: algúns artigos do libro “Á beira do mar de Arousa. VILAXOÁN” e outros inéditos recollidos de documentos históricos de distintas fontes e arquivos.Publicado en decembro de 2010 na revista “AVANTE”, da Asocación de Veciños de Vilaxoán

Vilaxoán de Arousa atópase na marxe sur da ría de Arousa na posición de latitude 42° 35` 4N. e lonxitude 08° 47´ 3W. Esta vilae porto, é núcleo de mais importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 km² con 83 hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004. Foi concello de seu desde 1836 ata 1913, e desde esta data pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa. Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar que a vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxetos de pedra pulida e cobre, pertencentes a razas aborixes, pódese dicir, sen dúbida, que a vila debeus estar habitada nunha época, cando menos, anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia. Na nave da igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e mais no cemiterio, apareceron “sartegos” antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que deberon ser descubertos cando se...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Dª Avelina Nogueira Martiñán
rss feed
Naceu Avelina Nogueira Martiñan en Vilaxoán de Arousa no ano 1900. Dende que era nena, traballou como pescantina na Praza de Abastos de Vilagarcía. Cando tiña vinte anos comenzou a exercer de comadroa, práctica que aprendeu da súa nai cando ía de pequena con ela para atender os partos. A Sra. Avelina exerceu esta profesión sen pedir nada a cambio, con bastante frecuencia cando cadraba e podía , atendía económicamente á familia que asistía no parto naqueles anos da guerra civil e na posguerra, anos de carencias e necesidades. Exerceu ata o ano 1980 esta profesión de comadroa moi dignamente e dedicación altruísta. Case tódolos vilaxoaneses que hoxe teñen más de 30 anos, coido que nun 80%, foron as mans da señora Avelina quen os recolleu do seo das súas nais. A señora Avelina merece unha especial e agarimosa lembranza por aquela labor completamente desinteresada a un pobo que traballou case toda a súa vida. Era unha muller con carácter e de bo corazón. Non só atendía aos partos, senón que, nos días posteriores encargábase de controlar ao recén nacido e artender á nai. Moitas veces era ela a encargada de levar ao neno cando era bautizado, e por mor deste detalle chamábaselle “ a Madriña”. Esta gran muller foi un exemplo de entrega para cos demais, exemplo de humildade e humanidade. Toda a labor extraordinaria da “comadroa de Vilaxoán”, veuse reconpensada por unha homenaxe popular que se lle fixo ao longo dos meses de maio e xuño de 1985, homenaxe que aínda se recorda en Vilaxoán polo importante da súa programación: conferencias, recitais, exposicións de pintura, concertos, teatro, etc. Alí estiveron, entre moitos, Manuel Portas, catedrático; Xoán García, doctor en Historia; artí...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - IMAXES
 
 
 
A PÁXINA DE TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
 
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
BIOGRAFÍA
PUBLICACIÓN : GALEGOS
Vign_teo
 

VENTORACHADO 2

O BLOG DE TEO CARDALDA

Vign_ventorachado_teo
 
Vign_Dibujo

GALICIA DIXITAL
Acceso directo artigos
de Teo Cardalda

 
Vign_ESCUDO_DE_VILAXOAN_BOA
 
Vign_Dibujo
 

1891. UN ANO UN POUCO REVOLTO NOS CONCELLOS DE VILAXOÁN E VILAGARCIA

 
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. 
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.
A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, frente a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descuido” ou ben xa lles caera meses antes. Como ben sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades 
 
Tamén en novembro estivo fondeada a escuadra española. O día 16 naufragou un bote do acoirazado Pelayo, perecendo afogados un maquinista, dous fogoneiros, un cabo de mar e un mariñeiro, todos eles procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra. O naufraxio aconteceu contra as 12 da noite cando volvían do porto de Vilagarcia tras levar ao Comandante de Mariña desta cidade, Hipólito Piedras, e ao fillo do cónsul inglés. Seica o afundimento do bote foi a consecuencia da explosión da caldeira.
Houbo tamén outros sucesos. Meses antes, o 18 de agosto, durante as festas de San Roque, celebráronse corridas de touros e viñeran forasteiros a moreas desde Pontevedra, Marín e Vigo. Os touros eran da gandeiría de Patilla, de Colmenar Viejo e a cuadrilla estaba formada por “El Arnilla”, “Paco Frescuelo”, “El Sobresaliente”, “Grané”, e o “Morenito. A carne foi vendida a un real a libra galega, e seica houbo liortas para mercala.
Tamén subliñar que no mes de outubro fai unha aportación de 431,60 pts. o concello de Vilaxoán para as víctimas das grandes inundacións que houbera en Consuegra e Almería.
 
 
Vign_ferron
MARTÍN SANTOS FERRÓN
   
   
Martín Santos Ferrón, naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán) na rúa Marqués de Pardiñas o 9 do III de 1899.      Martín deu as súas primeiras patadas, non precisamente  a un balón de coiro,senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos por dentro. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a despuntar coma un gran xogador,como xogaban no peirao de Vilaxoán, moitas veces ao
darlle o balón caían ao mar .  
 Naquelas datas en Galicia había catro equipos de fútbol moi bos: Real Club Alfonso XIII de Vilagarcia, Real Vigo, Atlético de Pontevedra e o Real Coruña,dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo.  M. Santos de xogar no peirao de Vilaxoán, con 17 anos fichaba polo Alfonso XIII, tendo por compañeiros a grandes xogadores coma: Xoán de Hoz, Leona, Pepe Rei e outros.     
Naquel ano de 1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro Seoane, onde ese mesmo ano concretamente o 6 de marzo o Rei Alfonso XIII concedíalle ao club o título de Real.     Debutaba Santos o Domingo 26 de maio de 1918 con un encontro co Vilagarcia S.C. onde gañou o Alfonso XIII por dous a cero, a prensa comentaba o destacado que foi Santos recoñecendo como un gran defensa esquerdo.Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os seguintes: Silva de porteiro, Ramos,  Pedrido,González, Blanco, Rei, García, Bravo, Da-Silva e Rubianes.   
M. Santos tanto na súa vida privada como no terreo de xogo, era digno de eloxio,como exemplo, os mesmos xornais comentaban o comportamento que tiña escribindo  desta maneira: “Siempre elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la Elegancia”. 
O 19 de agosto de 1919 o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium de Oviedo empatando a un gol, cos xogadores seguintes: Bernardo Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía, Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente Carregal e Roque Rei. No tempo en que estivo neste equipo, tería de compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de Haz.    
    Despois de xogar uns anos no Alfonso XIII, M. Santos tivo que coller o uniforme militar obrigatorio e face-lo servizo militar en África, e cando volveu coa licenza na man a Vilaxoán, comezaban os clubs a disputalo para podelo fichar, pero naqueles intres daba a casualidade que chegou unha comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, faláronlle de Martín, e  amosaron interese en facerlle unha proba, ao rematar, deseguido o quixeron contratar, así foi, o contrato era de viaxes pagados ida e volta a Cuba e 160 dólares ao mes.     
    Xa en Cuba, decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón de grandes xogadores coma: Cosme, Gonzalito, Conrado e outros; o pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo Nacional Cubano.   Nunha crónica no xornal “El Heraldo” comentaba de M.Santos sobre un partido disputado contra o Fortuna Sport Club deste xeito: “El as entre los ases del balompié, M.Santos es un verdadero maestro del fútbol, una estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico, un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir, ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad, tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan prestigio al fútbol”


 
Vign_vilaxoan_foto_web_3
 
Vign_Copia_4_de_escanear0009
Vilagarcía, Patrimonio e historia