search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 
PARAXES DA NOSA COMARCA
 
O achádego arqueolóxico do Monte do Castro (Ribadumia). Fotos Pilar G. Buhigas
 
A Ruta Xacobea do Mar de Arousa - Fotos : J.C.Porto
 
A ruta fluvial do Rio Umia - De Pontearnelas a Barrantes - Fotos : J.C.Porto
 
Os Muiños da Barosa (Barro) - Fotos : J.C.Porto
 
A Capela de San Mauro (Vilanova) . Fotos : J.C.Porto
 
As esculturas de Lucas Míguez en Vilanova de Arousa
 
 
O Achádego arqueolóxico do Monte do Castro (Ribadumia)
 
Vign_Copia_de_IMG_5651bb
O achádego arqueolóxico do Monte do Castro está situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño (Ribadumia). Non é só un ben arqueolóxico, é un ben cultural que nos fala do aproveitamento do monte ou da extracción de pedras, xa que se conservan as pegadas de antigas canteiras tanto no seu perímetro coma no seu interior, que aínda que alteran en parte a topografía orixinal informan de como o Monte era un recurso económico para os veciños. O castro presenta unhas dimensións medias no contexto do poboamento característico da Idade do Ferro e parece ser un dos de maior envergadura. foi obxecto dunha ocupación dende o século IV a. C ata o século I d .C , momento no que é destruído pola acción do lume, e abandonado definitivamente. As primeiras estruturas están realizadas en materiais perecedoiros, foron substituídas por estruturas de pedra e as vivendas circulares do século II a .C reconvertéronse en estruturas de almacenaxe volvendo empregar materiais perecedoiros.
 
A RUTA XACOBEA
Mar de Arousa
 
Vign_Bamio_Fotos_079
A RUTA XACOBEA
DO MAR DE AROUSA


A ruta marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o Río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, tras o seu martirio en Xerusalén no ano 44. Antigas tradicións cristiás, reforzadas por varios textos medievais, aseguran que varios dos seus discípulos recolleron o corpo de Santiago, o amortallaron e trasladaron ata a costa Palestina. No porto de Jaffa un barco posiblemente mercante (unha interesante hipótese formula o caso dunha "Barca ou Barco dá Pedra", destinado ao comercio regular de mineral de estaño con Oriente) trasladouno, a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica, ata os confíns de Occidente. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola Ría de Arousa e remontaron o Río Ulla, arribando á cidade romana de Iria Flavia (Padrón).
 
A RUTA DO RIO UMIA
 
Vign_Rio_Umia_013
DE PONTEARNELAS A BARRANTES
A ruta fluvial do Rio Umia

A importancia histórica de Pontearnelas remontase a Idade Media como enclave de paso de convois de mercaderes entre o interior e a costa. Neste lugar comezaba o chamado " Camiño Francés" cara a Santiago de Compostela. En Pontearnelas atopamos unha pequena Praia fluvial que aproveita o curso do río Umia, nunha paraxe idílica onde se combina a sombra de frondosas árbores coa suave pendente soleada cara ao río. A Ponte de Santa Marta foi construída no ano 1598 durante o reinado de Felipe II. A Praia é perfecta para os amantes do baño no río e da pesca. Esta paraxe discorre por sendeiros de superficie lisa, camiños, cruzamentos ben definidos e de doada continuidade. Un bello percorrido de menos de dúas horas dende a Ponte de Pontearnelas ata a Ponte de Barrantes que vale a pena facer.
 
OS MUIÑOS DA BAROSA
 
Vign_Molinos_de_Varosa_103
OS MUIÑOS DA BAROSA
Os Muiños da Barosa, en Barro, combinan a natureza e a arquitectura popular e convérteo en arte. Auga, vexetación e pedra únense para formar un conxunto excepcional creado pola natureza e o home.
Conta cunha fermosa fervenza de auga, onde o Río Barosa salva case 60 m en moi pouca distancia. Unha serie de catorce muíños de auga, dispostos ao longo das fervenzas forman un complexo único ao que se une unha fermosa e pequena ruta de ascenso e descenso. Os muíños foron recuperados pola Escola Obradoiro "Camiño de Santiago-Barro"
O lugar atópase acondicionado como área recreativa, con mesas, fontes, barbacoas e mesmo servizos. tamén dispón dun pequeno bar de tapas construído nun dos muíños. Todo isto fai que en verán se encha de xente e se converta nunha zona apta para o baño.
Sobre a flora predominan os amieiros, carballos, piñeiros e eucaliptos.
 
CAPELA DE SAN MAURO
 
Vign_san_amaro_018
A CAPELA DE SAN MAURO 
 Vilanova de Arousa


A fundación de Vilanova de Arousa data do Século VII, cando se constrúe o Mosteiro de Cálogo, do que se conservan as torres do Campanario. A vila foi destruída polas incursións normandas da Idade Media que buscaban os tesouros de Santiago de Compostela. Ao lado da Igrexa atópanse  os restos da Capela de San Mauro, antiga capela románica da que se conservan figuras traballadas en granito, linteis e o frontón. No interior podemos ver tamén restos pétreos da antiga igrexa do Mosteiro de San Cibrán de Cálogo, núcleo fundacional de Vilanova.
 
LUCAS MÍGUEZ -ESCULTOR
 
Vign_Vilanova_001
AS ECULTURAS DE LUCAS MÍGUEZ

Olimpio Javier Míguez Mosquera (Lucas Míguez), naceu no concello de Mos(Pontevedra), estudou na Facultade de Belas Artes de Valencia, finalizando os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid.
A maior parte do seu traballo escultórico desenvólvese en Estados Unidos , lugar no que desenrola a súa actividade profesional como director da multinacional Creative Ceramics Corporation dende fai xa vintesete anos. Na actualidade reside en Galicia, e ao longo destes últimos anos desenvolveu importantes proxectos , entre eles cabe destacar a elaboración en bronce dos personaxes das obras do escritor Valle-Inclán (Max Estrella, Don Latino, Mari-Gaila, El Marqués de Bradomín, el Príncipe Verdemar ou Luceiro) situados no concello de Vilanova de Arousa; Todas estas obras foron inauguradas durante o ano 2007, ano no que tamén levou a cabo o modelado dunha importante escultura dedicada ao escritor Julio Camba (ao 150% do seu tamaño orixinal), que o ano seguinte sería fundida en bronce e se colocaría nos xardíns do municipio Vilanovés.
Vilagarcía, Patrimonio e historia