search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

A PÁXINA DE TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
HISTORIA E PERSONAXES DE VILAXOÁN

 

Hoxe abrimos un novo apartado na web "A Páxina de Teo Cardalda". Para nós é un motivo de ledicia poder expoñer o gran traballo de investigación e recopilación de Teo sobre o seu pobo.
Un pobo con moita historia, unha interesante historia que o autor nos irá debullando a través dos seus escritos. Os avatares que xurdiron a través dos anos,  sobre todo antes e na fusión dos tres Concellos en 1913, son dignos de mención e coñecemento. Vilaxoán ten a día de hoxe moitos dos monumentos mais importantes da Bisbarra de Arousa. O Pazo Rial, O Pazo Pardiñas, a Igrexa Románica de San Martín de Sobrán, un expoñente case único, ou o Pazo de Sobrán. En definitiva Vilaxoán ten unha apaixoante historia e uns rasgos inequívocos de identidade propia.
  Hoxe queremos mostrarlle a Teo Cardalda o noso mais sincero agradecemento por esta valiosa achega.

 
Vign_Pagina_teo_

 

 

VILAXOÁN DE AROUSA

RETALLOS HISTÓRICOS

Por Teo Cardalda

 
Os estaleiros de Vilaxoán antes da anexión do pobo ao Concello de Vilagarcía
rss feed
Antes de anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía en 1913 existían dous estaleiros en Vilaxoán, o máis importante en número de traballadores e carpinteiros de ribeira era o “Estaleiro Arosa”, eran os seus donos os señores Martínez e Goicoechea, atopábase na praia das Saiñas ao carón do Esteiro. Os xornais daquela época xa escribían del o seguinte: “este astillero puede considerarse como un gran éxito para la industria naval de Galicia”. O barco que reproducimos na fotografía no mesmo estaleiro a piques de ser botado ao mar, onde se observa unha morea de xente que veu á botadura. Outra foto onde xa está flotando no mar. O buque era un Pailebot matriculado VILLAJUAN- I - e tiña as seguintes características: Eslora, 31,50 metros; puntal, 3,30; capacidade de carga 300 tn.. Arbora de pailebot de tres paus. O barco vai provisto dun motor auxiliar de aceites pesados de 60 cabalos, tipo C.O semi-diesel da casa Fairbanks de Morse de EEUU. O motor principal non se puido instalar por dificultades de transporte e permisos de exportación e atópase nos peiraos de New York, o barco botouse ao mar sen o motor, aínda que xa estaba preparado para colocalo en canto chegara do porto americano. Porén, no estaleiro xa estaban colocando a quilla para un buque dunhas 1000 Tn. De carga, sendo as súa características: Eslora, 51 metros; manga, 9,50; puntal, 5,80 e arborará de bergantín.goleta de tres paus. Tamén estaban a construír un vapor pesqueiro de 16 metros de quilla e outras embarcacións menores. Como observamos a carga de traballo era im...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
Vilaxoán, notas históricas da Vila
rss feed
Vilaxoán de Arousa atópase na marxe su da ría de Arousa. Este núcleo e o máis importante tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobran. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcía de Arousa.
Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulida e cobre pertencentes a razas aborixes, podese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior a neolítica, e polo tanto, prehistórica, ainda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.
Na nave da Igrexa de...Leer la continuación
Escrito por Revista Avante •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Centenario (2017) da fermosa talla escultórica da Virxe do Carme de Vilaxoán
rss feed
Cada ano, o 16 de xullo celébrase en Vilaxoán a festa da Virxe do Carme. Estas festas sempre tiveron unha forte raizame que ven dende moi lonxe nos tempos, onde a primeiros do século pasado os mariñeiros desta vila tiñan moitos problemas de natureza social e económica, malia destes atrancos xamais se esqueceron de festexar este evento relixioso e social; sendo como dato máis que curioso que tamén é festexada polos non crentes. Esta fermosa talla escultórica da imaxe da Virxe do Carme que neste ano de 2017 cumpre cen anos. No ano 1917 foi encargada a súa construción a un escultor de Santiago de Compostela; a iniciativa nace dos mariñeiros Xoaquín Bouzas e Xosé Serantes que eran os encargados de face-las festas o devandito ano. A imaxe pagouse por subscrición popular contribuíndo tódolos mariñeiros con cantidades de 10 céntimos ata un anónimo que dou 75 pts.. O custo desta obra chegou a 1600 pts incluíndo os vestidos que foron deseñados polos monxas do asilo de oblatas do Santísimo Redentor de Santiago. A obra foi encargada ao obradoiro do artista Xosé Rivas Rodríguez que se atopaba na Rúa do Villar. Deste obradoiro saíron uns bos tallistas e escultores como: Manuel Miranda, Manuel César Conde, Xosé Puente Otero. Pintores como: Xosé Otero Gorrita, Xosé Pasín Romero que tamén era tallista e o alumno pintor Anxo Rodríguez....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - 1898 - Fotos inglesas
 
Sensaciones y recuerdos de mi niñez en Vilaxoán
rss feed
La playa de las Sinas, el Chocolate, el Bar Serío, el horizonte, el protagonismo del mar, siempre el mar, la luz, las sombras y la insoportable humedad de los atardeceres, siempre llevaderos gracias a la grata compañía de mi Padre, Teodomiro Cardalda Santos, todo un personaje en la comarca.... estos y algunos otros, que no se pueden contar, son el gran caudal de recuerdos y de sensaciones que llevan encerradas dentro de mí una gran parte de mi vida y que, curiosamente, se instalaron en mi alma hace ya unos cuantos años, siempre sin darme cuenta. Sensaciones soterradas y que cuando menos lo esperas afloran y te dan algunas claves y respuestas que, tú sin saberlo, hacía ya tiempo buscabas. Es imposible no sentir un vuelco en las tripas cuando navegas por la Ría de Arousa, cuando profundizas en sus gentes o cuando caminas de noche cerca del puerto, es imposible no sentir la presencia de un gigante siempre detrás de ti, que te vigila, te mima o te maltrata según le dé...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Exportacións de sardiña desde Vilaxoán nos séculos XVIII e XIX
rss feed
Recollendo unha morea de notas de Antonio Meijide Pardo, historiador da salgadura en Galicia e contrastando con outros documentos do Arquivo Xeral de Simancas, e Arquivo Provincial de Pontevedra, imos coñecer un pouquiño máis do que era a vila de Vilaxoán fai máis de trescentos anos. Partindo destas informacións, imos a comentar a importancia que tiña Vilaxoán nas exportacións de sardiña salgada e outros productos da salgadura a mediados do século XVIII e primeiros do XIX. Durante os anos de 1.795 a 1.814 as fábricas arousáns de salgadura foi época de maior productividade e de exportación pola vía marítima para o mercado nacional, sendo os anos de maior lucro daqueles negociantes, fomentadores cataláns. Nestes anos, o 90 por cento dos cargamentos de sardiña eran embarcados en Vilaxoán. Os rexistros aduaneiros deste período nos fan ver ata que punto foi Vilaxoán (con moito) a principal base exportadora de toda a Ría de Arousa. Xustifícase esta destacada primacía de Vilaxoán por unha parte, por atoparse nesta vila a maior concentración de fábricas, e por outra, o vir case toda a mercancía das veciñas poboacións tamén con fábrica de salgadura, coma Vilanova, Vilagarcía e a Illa de Arousa, cuxos donos abonaban os dereitos de embarque na alfándega de Vilaxoán, onde case medio cento de cataláns aparecían cunha re...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
1891. Un ano un pouco revolto nos Concellos de Vilaxoán e Vilagarcía
rss feed
O 21 de xaneiro de 1891, fondean ao carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou, non sen sorpresa, un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía. A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, fronte a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descoi...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN.

O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN - CAPÍTULO I

06/03/2014 12:20:03

Neste Capítulos quero plasmar unha biografía dun persoeiro do século XVIII de Vilaxoán: D. Francisco del Valle-Inclán Santos, tío bisavó do grande e universal literato D. Ramón del Valle-Inclán. Porén, comezo cos antepasados e principalmente cos que están vencellados a Freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán), onde por estas datas pertencía á Xurisdición de Sobrán incluída a Freguesía de San Lorenzo de András. Por iso para entender ben a biografía de D. Francisco, tiven que facer en capítulos o traballo para ter unha visión máis completa da historia.

A pescuda levoume aos arquivos de Mondoñedo, Santiago de Compostela, Universidade da citada cidade, e visitando os lugares da familia Valle e Inclán: Bares (Coruña) e Castrogalbón (León).
Foi feita a pescuda paseniño entre o traballo e o tempo de vagar, facendo quilómetros a moreas e preto de tres anos, sen esquecer a axuda dos bibliotecarios de distintos arquivos que simplificaron moito o traballo en tempo e material.
Tamén quero darlle as grazas a Juan Carlos Porto por ter a amabilidade de recoller este traballo para a súa páxina Web de Patrimonio Vilagarcía. 
De cando en vez percorro as corredoiras que levan dende a Rúanova, o lugar onde naceu Dº Francisco, até Vilaxoán; en ocasións tomo pola corredoira que leva ao lugar de Renza, de nome Camiño Real, antiga vía romana; cando me peta vou por Lagoa, Leiras e Galáns. Camiños e congostras que talvez pisou D. Francisco cando ía cara igrexa de San Martiño de Sobrán, co verdor dos pradelos nos ollos mentres o rexoubo do regacho do Rial mesturábase co sieiro do vento norteiro do mar de Arousa. Corredoiras que tamén puido andar un familiar, Ramón del Valle-Inclán, que de noviño viña a Vilaxoán para aprender os latíns co Presbítero de Sobrán, Dº Anxo Rafael Ferrón.
Ao chegar a casa da Rúanova, atópase un fermoso cruceiro con escadas onde antigamente descansaban os romeiros que ían á feira de Meis, as vendedoras de leitugas e toda clase de hortalizas para logo de contado segue-lo camiño para o mercado de Vilaxoán.
De Dº Francisco fai unha descrición Filgueira Valverde: “sería este el arquetipo valleinclanesco. Podía imaginarse así, tan sólo por el retrato, del pincel duro, en que aparece, entre lector compostelano y abate francés, clérigo y hombre de mundo, brillándole en los ojos el lema, tersa la beca azul de colegial, ufano de la pompa del cortinaje y del damasco, de la borla de doctor y de la roncalla dorada de las armas. Mereció serlo, porque es el más personal y exquisito de los viejos Valle-Inclán que conocemos”. Galicia débelle a este persoeiro vilaxoanés o primeiro xornal que se tirou na nosa terra. Titulábase EL CATON COMPOSTELANO e foi imprentado en Compostela.
Vilaxoán, 03-03-2014
Teodomiro Cardalda Fernández


AS ORIXES
Na primeira metade do século XVIII, chegaba ao porto de Vilaxoán procedente de Cádiz Dº Pablo del Valle Peña, que anos máis tarde sería o proxenitor de Dº Francisco del Valle-Inclán.
Dº Pablo del Valle naceu o 25 de xaneiro de 1705 en Santa María de Bares e foi bautizado na igrexa da devandita freguesía. Era fillo de Dº Andrés del Valle Rodríguez e de Dª María Antonia de la Peña, ambos veciños de Bares. Dº Pablo marcha sendo mozo á capital gaditana onde estivo baixo a protección do seu tío Frei Tomás del Valle, prior dos Dominicos, que sería andando os anos bispo na mesma diocese.
A razón ou razóns que trouxeron a Dº Pablo até o porto de Vilaxoán son descoñecidas para o autor deste traballo. Resulta arriscado afirmar que a motivación foran os negocios de exportación da ostra e importación de bacallau, pero tampouco pode ser descartada esta hipótese a causa do negocio de mercadorías que se realizaba en Vilaxoán e outros portos da Ría de Arousa con poboacións e portos españois.
Cabe a posibilidade de que Dº Pablo estivese vencellado á importación de bacallau cando Galicia era un punto de consumo importante e había comercio con barcos ingleses que o transportaban desde Terranova.
Ao chegar o primeiro de abril de 1735, a igrexa de San Martiño de Sobrán foi a testemuña silandeira do vencello dos Valle e os Inclán ao contraer matrimonio Dº Pablo del Valle Peña con Dª María Antonia Inclán Santos.
Dº Pablo e Dº María Antonia tiveron outros fillos despois de nacer Dº Francisco, o primoxénito en 29 de febreiro de 1736. Fillos nacidos tamén en Sobrán na casa de Rúanova. Levaron os nomes de Miguel nado no porto de Vilaxoán o 18 de agosto de 1744 e soterrado na mesma freguesía o 17 de febreiro de 1789; Xosé Antonio del Valle-Inclán, que veu ao mundo o 12 de xuño de 1749; as irmás Dominga, nada o 5 de febreiro de 1737, Josefa, Francisca (¿) e Bárbara Micaela. Esta última muller finou moi nova mentres que de Dona Francisca carezo de noticias sobre unha posible descendencia, non así de Dominga, que casou con Juan Antonio de Rubianes Franco, natural de Carril, o 10 de xuño de 1759 en Sobrán. 
Dº Pablo de Valle residía en Faxilde, lugar preto do porto de Vilaxoán e finou o 17 de outubro de 1763, sendo soterrado no camposanto de Sobrán, ao igual que a súa dona, que finou no 1774.
XENEALOXÍA DOS VALLE
O libro Blasones y linajes de Galicia, de Xosé S. Crespo Pozo, publica a árbore xenealóxica dos Valle e certos dados que obtivo no arquivo familiar que custodiaba D. Carlos del Valle-Inclán Blanco en Pontevedra. Conforme a información subministrada, os devanceiros de Francisco del Valle-Inclán Santos por liña paterna eran nativos dunha casa que se atopaba preto de Asturias afincándose despois na casa chamada de Castro de Santa María de Bares, no bispado de Mondoñedo.
Dº Pedro Gijón (o de Xixón), era veciño de Quintan del Marco, a unha legua da vila de Castro Galbón, e tivo por fillo a Xoán del Valle de Gijón, tamén veciño de Castro Galbón e que casará con Isabel de la Torre. Tivo por fillos a Andrés e Gaspar del Valle de la Torre que en 1556 gañarán en Valladolid a carta executoria de fidalguía e seica tamén foi un outro irmán, Pedro, veciño de Saludes del Páramo. Andrés tivo por fillo a Francisco del Valle, que casara con Dª María Rodríguez de Soto, veciños que foron de Santa María de Bares, tendo por fillos a Antonio e Andrés(1).
O devandito Antonio del Valle(2) alcanzou na milicia o grao de “capitán de caballos” e recuperou en 1707 o Palacio Real de Madrid, que estaba en poder do conde de Amaiuelas na compaña de 200 austríacos, facendo Dº Antonio prisioneiro ao conde. En 1708 estivo na batalla de Almansa. Foi Vicerrei de Valencia e defendeuna da escuadra mandada polo conde de Saballa.
Dº Andrés del Valle, avó de Francisco del Valle-Inclán, casou con María Antonia de la Peña(3) (filla de Dº Xoán de San Pedro e de Dª María de la Peña), veciños todos de Santa María de Bares e tivo por fillo a Pablo del Valle de la Peña(4), de quen xa falamos en páxinas anteriores.
ARMAS: Escudo cortado: 1º en campo azul, un minguante de prata, coa compaña de cinco estrelas de ouro, de oito puntas que arrodean. 2º en campo de prata, un castelo de gules, sobre un val de sinople. Bordura de azul, coa lenda en letras de ouro: “El que más vale non vale tanto como Valle vale”. 
 
XENEALOXÍA DOS INCLÁN
Este apelido procedía de Asturias e rematou por aparecer en Currás (Vilanova de Arousa) para pasar despois á casa da Ruanova, na freguesía de San Martiño de Sobrán, que permaneceu en mans de familiares que unhas veces asinan como Valle-Inclán e outras como Inclán del Valle.
Os Inclán tamén tiñan familia en Andalucía, por exemplo, Dº Pedro de Inclán, que vivía en Cádiz polo ano 1762 e foi cabaleiro de Calatrava.
Probaron a súa nobreza na Orden de Santiago, nos anos 1665 e 1765, e na Real Audiencia de Oviedo en 1759, 1773, 1781 e 1794.
Na devandita casa de Currás naceu DºAntonio de Inclán (O maior). Casou con Dª María de Ocampo, natural de Santa María de Caleiro, onde residían. Seguiu a liña Antonio Inclán (o menor), nacido en Santa María de Caleiro e casara con María Gómez Santiso, nacida en Santa Eulalia de Boiro. Foron veciños do porto de Vilaxoán (Sobrán). Dº Antonio exercera o cargo de rexedor de xustiza na fortaleza de Xunqueiras (entre Palmeira e a Pobra do Caramiñal). Deste casamento naceu o fillo primoxénito de nome Dº Miguel Inclán Gómez, bautizado en Santa María Antiga, da vila do Caramiñal en 1698 que se converteu en señor da casa da Ruanova ao casar con Dª Rosa Malvido da Rúa (filla de Dº Andrés Malvido e de Dª Francisca Rico de Rúa). Dº Miguel serviu ao Rei Felipe V como oficial nas campañas de Italia e máis tarde en Bos Aires. Este matrimonio fundou a capela da casa da Ruanova, que data de 1751. Como no tiveron sucesión, herdará unha sobriña, Juana Malvido.
Juana casará con José del Valle-Inclán (irmán de Dº Francisco) herdando este o morgado.
ARMAS: Escudo partido: 1º, en campo de azul, un castelo de pedra de tres torres, e a beira dunha xanela, unha doncela cunha espada na man dereita e un can en actitude de derrancar, diante da porta. 2º, en campo de ouro, un navío ao natural sobre un piñeiro con froitos e terrasados, tres flores de lis de gules, unha en xefe e dúas ao pé da árbore.
 
OS VALLE-INCLÁN. LIÑA DE D. RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN PEÑA
A partir do matrimonio de D. Pablo e Dna. Antonia, de todos os seus fillos varóns, que herdou o morgado da Casa da Ruanova foi D. José del Valle-Inclán, (tamén chamado Inclán del Valle), nacido en Sobran e veciño de San Lourenzo de András (5); tivo por fillos a (6):
1º.- Isabel del Valle-Inclán Malvido, casada con Rafael Domínguez Otero (7)
2º.- Juán Manuel del Valle-Inclán Malvido, con sucesión (8).
3º.- Carlos Luís del Valle -Inclán Malvido que seguiu a liña (9).
Carlos Luís casou con Joana Bermúdez Torrado Ponte y Andrade, veciña da Pobra do Caramiñal. Un dos seus fillos foi Ramón del Valle-Inclán Bermúdez (10), que, tras casar en segundas nupcias Dolores Peña Montenegro, tivo por fillos a Carlos, Ramón, Francisco e María, aportando tamén unha filla do seu primeiro matrimonio chamada Ramona.
O escritor Ramón del Valle-Inclán Peña casou con Josefina Blanco Tejerina, e tivo por fillos a María Concepción, Carlos, María Beatriz, Xaime e María Antonia (11).
======================================================
(1)-Andrés del Valle naceu en Bares e foi bautizado o 8 de setembro de 1660, sendo os seus irmáns María (14-III-1663), Francisco (3-X-1666), Pedro (¿), casado con Josefa Quiza Dobale o 18 de febreiro de 1697.
Seguindo a Crespo Pozo, Pablo del Valle tiña un tío de nome Tomás que fora bispo de Cádiz, cidade na que estivera antes de arraigarse en Vilaxoán. Durante a miña investigación non atopei ningún irmán de Andrés del Valle de nome Tomás.
(2)—Segundo Xosé María Monterroso, a acta de bautismo de Antonio del Valle non aparece na freguesía de Bares e quizais estivera asentada no libro de bautizados ao que lle faltan os períodos correspondentes aos anos 1669-1671
(3)-Matrimonio celebrado na freguesía de Santa María de Bares o 23 de novembro de 1689.
(4)-Foron irmáns de D.Pablo del Valle: Bernardo (20-VIII-1690), María Antonia (17-II-1694), Antonio Agustín (30-VIII-1698) e Juan Antonio (4-II-1700). Todos eles bautizados na freguesía de Santa María de Bares.
(5)-- O 5 de setembro de 1798 sucede un contratempo moi ao xeito valleinclanesco na freguesía de San Martiño de Sobrán. Dº José del Valle-Inclán Santos négase a recoller a mordomía da Confraría do Santísimo Sacramento, que aquel ano lle correspondía exercer por sorteo, e tan alporizado acabou que pediu que se lle excluíra de entre os veciños de Sobrán para se integrar entre os de San Lorenzo de András.
(6)-Outros fillos de José del Valle-Inclán son: María Francisca, bautizada en Sobrán o 12 de maio de 1781, e Josefa Juana, nada tamén na mesma freguesía o 8 de febreiro de 1789.
(7)—Isabel Antonia del Valle-Inclán naceu na Ruanova e foi bautizada en Sobrán o 2 de xuño de 1786. Na acta bautismal aparece Miguel apadriñando a súa sobriña, “... fue su padrino D. Miguel del Valle-Inclán, presbítero,,tío paterno... ”, dí o texto. Unha neta de Isabel Antonia, de nome Flora Domínguez Ximeno del Valle-Inclán, foi a X marquesa consorte de Vilagarcia e estivo casada con Rodrigo Barrio.
(8)—Juan Manuel María del Valle-Inclán, nado na Ruanova foi cristianizado en Sobrán o 9 de febreiro de 1783 polo seu tío D. Miguel del Valle-Inclán que asinou a acta correspondente, o que proba que, finalmente, e tras unha vida estudantil bastante axitada, D.Miguel foi ordenado sacerdote en Santiago, resolvéndose a dúbida que asaltaba a outros autores que non estaban certos sobre este extremo.
(9)--Carlos Luís del Valle-Inclán Malvido, señor da Ruanova e capitán de Granaderos, emigrará a Italia e Portugal en 1827 a causa da súa paixón de conspirador liberal. 
Podemos considerar que o avó paterno de Ramón María del Valle-Inclán, foi un dos escasos ilustrados galegos, amigo de Pedro Pablo Bazán de Mandoza, eminente catedrático en Santiago de Compostela, tamén de ideas liberais, e que acabou exiliado en Franza. Seica D. Carlos foi socio dalgún club revolucionario, quizais daquel que fundara en Santiago o seu amigo Pedro Bazán, “El Club de los Afrancesados”, que realizaba reunións semiclandestinas no Colexio de San Xerome.
Carlos del Valle-Inclán Malvido naceu na casa da Ruanova e pasou pola pía bautismal da igrexa de San Martiño de Sobrán o día 2 de novembro de 1791. Casou con Juana Nepomucena Bermúdez Torrado Ponte y Andrade, que tiña por casa orixinaria a Torre de Bermúdez e ademais a súa familia, da mellor nobreza galega, tiña solar na Coruña e un maxestoso pazo en Sacos, Pontevedra. 
No libro de Caamaño Bournacell, titulado Por rutas Turísticas de Valle-Inclán ,fixa-se como data de nacemento de Carlos Luís o ano de 1784 en Sobrán e na Gran Enciclopedia Gallega non aparece ningunha e afirma que naceu en Vilanova de Arousa. Á vista dos documentos que puiden consultar, o ano correcto é 1791 e os díxitos aos que se refire Caamaño Bournacell corresponden a outro Carlos Luís del Valle-Inclán , nado na Ruanova o 6 de novembro de 1784 e que morreu entre 1784 e 1791. 
(10)-- Dº Ramón del Valle-Inclán Bermúdez naceu no ano 1824 e finou en Pontevedra o 14 de xaneiro de 1890. Casou de segundas con Dolores Peña Montenegro, filla de Francisco Peña Cardecid e de Josefa Montenegro Saco, que naceu no Pazo de Colo d´Arca, situado na freguesía de Santa Cruz de Lesón, ao carón da Pobra do Caramiñal. Este Ramón Valle pai do grande literato, foi membro activo dun grupo de intelectuais galegos que tiñan un perfil moi definido: liberal, rexionalista, republicano e culturalista. Os Valle-Inclán movéronse entre os ecos da Ilustración, escasísimos en Galicia, e o credo liberal na política, comezando por Francisco del Valle-Inclán, ilustrado que tivo problemas coa Inquisición, pasando por Carlos Luis, conspirador teimudo, para rematar con Ramón del Valle-Inclán Bermúdez, rexionalista, amigo de Manuel Murguía, compositor de versos en lingua galega e impulsor do proceso modernizador que significaba o desenvolvemento dos camiños de ferro. Eran aqueles fidalgos arousáns aos que Castelao chamaba “a flor da tolemia galega”.
Segundo Lisardo Barreiro, Valle Bermúdez foi piloto da Armada na súa mocidade, navegando como piloto contador no garda costas “Atalaya”.A súa sinatura aparece en varios xornais e revistas progresistas como La Opinión Pública, de Santiago de Compostela, El Progreso e La Crónica, ambas de Pontevedra” e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1873 foi nomeado vocal do Comité Republicano de Vilanova de Arousa mentres que 1875 gaña o primeiro premio-un feixe de violetas de ouro- nos Xogos Florais que se celebraron no paraninfo da Universidade de Santiago cun poema en castelán titulado A la Ría de Arousa, que comeza así: “En las alas de los céfiros/ volad, memorias dulcísimas, /espíritus en que viven/ Gloria del alma perdidas, /y transportadme entre sueños/ a las riberas tranquilas”.
En Vilagarcía editou un xornal, La Voz de Arosa, que sucedeu a El Eco de la Ría de Arosa, fundado en 1878 por J. Fernández Caro e dirixido por Edelmiro Trillo desde marzo de 1879 até xuño do mesmo ano cando tivo que ausentarse de Vilagarcía, pasando a ocupar o cargo Ramón del Valle.
Tamén lle deu pola política e xa na acta do pleno celebrado o 6 de novembro de 1862 no Concello de Vilanova aparece citado como primer tenente alcalde. Cando se converte en director de El Eco de la Ría de Arosa, dezasete anos despois, tamén formaba parte da corporación municipal vilanovesa, nomeando a Dº Ramón del Valle por vez primeira 1º Tenente de Alcalde. Tamén foi secretario do Goberno Civil de Pontevedra e Gobernador interino en 1889.
(11)—Un fillo de Ramón del Valle-Inclán Peña, de nome Joaquín, finou en Cambados o 29 de setembro de 1914 aos catro meses de idade.
Segue no capítulo  II...........
 
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
D. Francisco del Valle-Inclán Santos - CASA PAZO DE RUANOVA - Capítulo II
rss feed
A casa pazo da Ruanova fica na corredoira que, dende a igrexa de San Martiño de Sobran, leva a Faxilde e a Renza; dende este lugar vaise polo antigo Camiño Real até Aralde; ao carón desta aldea fica o lugar da Ruanova. Ao camiñar por estes lugares, síntese o pracer do vento norteiro da Ría de Arousa que vén mesturado co recendo dos piñeiros e carballos dos montes de Eiviño e Renza. Percorrendo o Camiño Real, como escribiu Rosalía de castro, contémplase “un mar de ondulante verdura”, un manto de parras enchidas de uva albariña. Ao chegar ao pazo, atoparemos un fermoso cruceiro con escadas onde antigamente as vendedoras de hortalizas pousaban a mercadoría para descansar e logo segui-lo camiño ate o mercado de Vilaxoán que estaba diante do Pazo de Pardiñas. Ao carón da Capela, dúas placas pétreas fixaban as lindes entre a freguesía de San Martiño de Sobrán e a de San Lourenzo de András, cando Vilaxoán era xurisdición. Unha reza así: “Jurisdicción de Villajuán, feligresía de Sobrán”. Na outra placa: “Villanueva, feligresía de András”. A Ruanova ten unha fachad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO III
rss feed
Nacemento na Freguesía de San Martiño de Sobrán ( Vilaxoán )
Francisco Antonio del Valle-Inclán Santos naceu na casa da Ruanova o 29 de febreiro de 1736, e foi bautizado o mesmo día na igrexa de San Martiño de Sobrán. En 1747, con doce anos comezou a súa vida académica en Santiago, quizais influído polos cregos da freguesía, Gaspar de Señoráns e de Francisco Padín. En Santiago estudou dous anos de Artes na escola escotista, e logo Cánones e Leis en 1750, trasladándose a Ávila para recibir o título de Bacharel en Cánones o 29 de xullo de 1753. Regresa a Santiago para graduarse como Bacharel en Leis e axiña sae para Madrid onde reside entre 1753 e 1757, exercendo como pasante no estudo do Fiscal do Consello de Facenda, D. Diego Ibar Navarro, que tamén era Presidente do Colexio Imperial de Pasantes de Avogados de Madrid e do Consello da S. M. A existencia de dúas certificacións, unha de Diego Ibar Navarro, facendo constar que Valle asistiu ao estudio e Pasantía e outra outorgada polo Presidente e o Secretario da insigne Xunta de Pasantes e Avogados do Colexio Imperial da Real Villa e Corte de Madrid con diversas informacións sobre D. Francisco. Foi recibido e aprobado para avogado o 3 de agosto de 1757, coa facultad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO IV
rss feed
A explicación da expulsión de D. Francisco e mais dos seus irmáns requiere que comezemos no momento en que o Secretario de Capelas e Presbítero de San Clemente, Benito Bernardo de Porto, que era a persoa encargada das constitucións que rexian o colexio, fixo o escrito sobre a farra e a troula acontecida no cuarto do colexio que nesas datas compartían os irmáns Miguel e José del Valle-Inclán e o sobriño Francisco Rubianes. O día 19 de novembro de 1774, D. Benito xura ante o Reitor Pertierra que veu como entraba unha muller despois do toque de oracións no cuarto de D. Miguel sen que puidera recoñocela. Un día bateu con ela na Porta da Adega e preguntoulle qué facía alí e, porén ela non soltaba prenda ao principio, acabou recoñecendo que agardaba a D. Miguel del Valle, confesando tamén que era natural do porto de Vilaxoán. Para sorpresa de D. Benito comentou tamén que estaba preñada de D. Miguel, que durmira con él unha morea de noites no Colexio e que o seu amante lle prometera contraer matrimonio con ela unha vez abandoada a carreira de clérigo e o Colexio. Segue declarando D. Benito ante o Reitor Pertierra que tamén veu no cuarto a soldados bebendo, fumando e trouleando con D. Miguel como se estivesen nun cuartel. Unha noite chamounos á orde sen recoñecer aos devanditos soldados, pero oíu como a un deles chamábanlle polo apelido Ferrín. Todos estaban na compaña de prostitutas, cantando e bailando dentro do dormitorio. Na noite seg...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A INDIGNACIÓN DE RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN MÉXICO,1921
rss feed
Teño lido hai tempo, en diferentes autores, sobre a andaina de don Ramón por México e a miña inquedanza era ter as copias dos xornais e así dispor de información de primeira man. Un amigo vivía na cidade de Puebla. Un home especial, culto, amigo dos amigos e moi boa persoa: estou a falar do vilaxoanés Rogelio Díz, que finou a primeiros de 2011. Rogelio brindouse a remexer na Hemeroteca de México D. F. Así foi, mandoume fotocopiado todo o referente á estancia de Valle en 1921. Este traballo vai dedicado “in memoriam” con moito agarimo a este amigo e camarada que tanto loitou como comentarista e escritor contra as inxustizas. Teño a ousadía e o atrevemento de realizar un xuízo de valor e afirmar que D. Ramón del Valle-Inclán sería hoxe un “indignado” do 15 M, malia os insultos e descualificacións no seu día de moitos políticos que hoxe nos gobernan.
O escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín ten escrito: “Valle-Inclán foi un xenio individual e único, polo seu estilo de vida absolutamente libre e independente, o seu xenio rebelde e talante crítico sen concesións acomodadizas”... “Don Ramón foi ese home tan eximio escritor como extravagante cidadán”. Sempre independente, á marxe dos favores oficiais, porque criticaba as inxustizas dos poderes do seu tempo....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
Monumentos desaparecidos na Freguesía de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán
rss feed
CAPELA DE SANTA MARIÑA Esta capela estaba ao carón do lugar nomeado Riolois ao pé do monte coñecido como Monte de Pedra Corbal, á beira de Lobeira, nun aberto, arrodeada de piñeiros e construída en pedra de perpiaño. Capela pertecente á freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán) As obras comezaron no ano 1654 baixo o mando de D.Alonso primeiro Conde de Maceda. Continuouna seu fillo primoxénito, D. Bernardino de Lanzós Novoa e Andrade, Cabaleiro da Orde de Santiago e segundo conde de Maceda, nado en Madrid o 23 de outubro de 1636, e entre as súas posesións estaban os pazos de Sobrán e de Trabanca. Casara na freguesía de San Bartolomé de Pontevedra con Dona Baltasara Montenegro, filla de Paio Sorrez de Montenegro, e de Dona María de Soutomaior, herdeira do pazo de Sobrán. A construción da capela rematou no ano 1683. O escudo nobiliario estaba na fachada, sobre a porta principal, representando as armas correspondentes dos apelidos dos segundos condes de Maceda, D. Bernardino e súa dona Baltasara. O historiador Fermín Bouza-Brey fixo unha visita ao lugar o 23 de setembro de 1924, deixando este comentario: ”... é unha capela gra...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA
 
Voume espallar un anaco e afondar na historia dunha institución moi antiga de Vilaxoán como é o Pósito Pescador que foi o embrión da actual Confraría. O domingo 28 de setembro de 1919, foi a data da fundación do Pósito Pescador de Vilaxoán por uns homes emprendedores desta vila. Homes que naquelas datas de penuria tiñan unhas inquedanzas e gañas de organizarse para acada-lo mellor para Vilaxoán, sendo tempos non moi doados para enfrontamentos co poder polo caciquismo que estaba imperando na nosa sociedade galega.Pero o desexo de loita deste homes foi que decontado Vilaxoán tivera unha representación dos mariñeiros con carácter oficial, sendo este Pósito o que facía o número 15 en toda a xeografía española, cando neste devandito día se constituíu xa tiñan 160 socios mariñeiros. Foron estes homes fundadores as seguintes persoas: Presidente, Xesús Somoza Villaronga; Secretario-Contador, Francisco Santos Crespo; Vicepresidente, Xoaquín Bouzas Názara; Vice-secretario, Antonio Vázquez Jueguen; Tesoureiro, Xoán Fernández Patiño; Vocais, Xoaquín Valle Torres; Xoaquín Chaves Alejandre; Manuel Vidal Orozco e Antonio Soto Brocos. Xa coa mesma , solicitaron o 18 de novembro de 1919 ao deputado D. Pedro Seoane, a construción dun peirao, solicitude que cito literalmente: “....El vecino puerto de Villajuan que por su importancia como centro...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Castelao en Vilaxoán no ano 1933
rss feed
Por estes anos, andábase a preparar o Estatuto de Autonomía de Galicia e o Partido Galeguista celebrou en Vilagarcía o 11 de xaneiro de 1933 unha Xunta Xeral na que saíu elexida por unanimidade a directiva composta por Germán Quintela, presidente. Vicepresidente, Dámaso Carrasco. Secretario xeral, Jesús Garrido. Secretario de actas, Francisco Fernández. Tesoreiro, Leopoldo Sampedro e como vocais, Antonio Oubiña, Xoaquín M. Posse e Xoán Parada. A primeira iniciativa da directiva foi tratar de impulsar con grande actividade a propaganda galeguista con especial fincapé no espallamento do Estatuto de Galicia en toda a bisbarra organizando conferencias en tódalas freguesías do concello e do distrito. A primeira conferencia foi en Bamio o día 15 de xaneiro á que asistiron Xosé Giráldez, Quintela Novoa, Oubiña, Núñez Búa e Francisco Fernández del Riego A sociedade Agraria “La Honradez” de Vilaxoán, convocou o día 22 de xaneiro deste mesmo ano de 1933, unha conferencia sobre a Autonomía e a Cooperación Agraria pronunciada por Xosé Núñez Búa. Explicou o Sr. Búa o fundamento das cooperativas labregas nunha futura Galicia autónoma, que foi claramente exposto con dados e estatísticas tomadas dos organismos oficiais. A conferencia foi seguida por moreas de labregos que deron de aprobación. O sábado día 4 de febreiro, celebrase no “Villajuán Cinema” o agardado mitin de Alfonso Daniel Rodr&iac...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
A ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915
rss feed
Ao anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcia en 1913, non había unha representación real na vila que ollara polos intereses dos labregos e mariñeiros, e catro anos antes da fundación do Pósito de Pescadores nacera esta asociación concretamente o 5 de xaneiro de 1915 e o 7 do mesmo mes elixen a Xunta Directiva coas seguintes persoas: Presidente Honorario, (*) Manuel Fernández Álvarez; Presidente, Bernardino Riveiro; Vicepresidente, Xosé María González; Secretario, Salvador Vidal; Vicesecretario, Braulio López; Contador, Silverio Bouzas; Tesoureiro, Emilio Dasilva; Vocais, Antonio Díaz, Xosé María Rey, Antonio Díz, Santiago Manuel Otero, Francisco Navazas e MarcelinoUrcera. Estes eran uns homes emprendedores de Vilaxoán que trataron de facer o posible acadando melloras sociais para o pobo. Como dixen anteriormente, naceu esta asociación por mor da falla do Concello de Vilaxoán e aínda non chegara a lei dos pósitos en España. Nesa primeira xuntanza comentaban que, a representación por Vilaxoán que neses intres tiñan no Concello de Vilagarcia non era do máis axeitado para os intereses dos labregos e mariñeiros, sendo o representante nese intre o derradeiro Alcalde de Vilaxoán Sr. Ameijeiras, concelleiro pola vila no Concello de Vilagarcia. Aprimeiros do mes de febreiro de 1915, esta asociación “La Honradez” fixo un xesto moi humanitario ao mandar u...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS MORADORES
 
O Pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa Torre dos Pardiñas Villardefrancos, é de finais do século XVI. Este pazo serviu de morada, non como outras construcións pacegas que eran de morada e agropecuarios, e fica ao carón do mar e no mesmo centro da vila. Está moi ben conservado, ten unha erguida torre, ousadas as súas gárgolas e grandeiros os balcóns. Hai anos tiven a oportunidade de percorrer o seu interior e tiven a sensación de me atopar no século XVIII, entre as súas paredes mantense viva a historia. O pazo seica foi construído por Xoán da Val e a súa dona María Pérez Leiro Romero, ambos vencellados a esta construción desde o ano 1591. Ademais, fundaron tamén o convento de San Francisco de Cambados. O vencello do pazo coa familia Pardiñas comezou un século despois, ao casar Francisca Romero de Lis Bermúdez con Ignacio Pardiñas Villardefrancos. Dona Francisca herdara tódolos bens e dereitos dos seus pais, Plácido Romero de Lis e Xoana Bermúdez, descendentes do devandito Xoán Da Val. Un fillo de Ignacio e Francisca, Francisco Antonio Pardiñas Ayala Villardefrancos, nado en Vilaxoán, fora reitor do Colexio de Fonseca a mediados do século XVIII. Dos Pardiñas vencellados a Vilaxoán, temos a Ramón Pardiñas Ayala e Feixóo sobri...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalada •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A FOLGA XERAL DE VILAGARCÍA EN AGOSTO DE 1920
rss feed
Esta folga xeral comezara o 11 de agosto de 1920 por desavinzas entre a Sociedade Huevera que era rexentada por Agustín Pereira e os empaquetadores de ovos. Estas desavinzas consistían na admisión de uns obreiros despedidos uns días antes. Ante estes acontecementos interven a “Federación Obrera” esixindo a admisión destes obreiros. A empresa non atendeu a reivindicación da “Federación Obrera” despois de celebradas varias xuntanzas co xerente da sociedade. Nese intre a Federación plantexa a folga xeral, comunicándolle este acordo por medio dun oficio ao Alcalde Sr. Viqueira. O Alcalde plantexa unha xuntanza entre a “Federación Obrera” o xerente da Sociedade Huevera Sr. Pereira, o presidente da Asociación Comercial Sr. Pérez e o Capitán da garda Civil Sr. Malo. Nesta xuntanza presentáronse unha morea de fórmulas para arranxar o problema, pero ninguna delas foi aceptada pola Federación que non pasaban pola non admisión dos despedidos. Dende o Concello saíron os obreiros dispostos a plantexar a Folga Xeral en Vilagarcia. Dende as primeiras horas do día 12 os folguistas distribuíronse por tódalas rúas para falar coa xente, coas mulleres que viñan das aldeas coas mercadurías para o mercado de abastos. Algunhas mulleres que non facían caso ao requerimentos dos folguistas, lles facian tirar as cestas dos ovos, das legumbres e frutas, este mesmo día non traballaron...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O Concello de Vilaxoán. 1836-1913
rss feed
Os Concellos, na forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812, e un dos seus artigos dicía: “Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el Jefe político, donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos, si hubiere dos”. Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil almas, y también se les señalará termino correspondiente”. A primeiros do século XIX, concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia para impulsar os “concellos institucionais”. Paralelamente, creábase o concello de Sobran tomando o nome da antiga xurisdicción. As circunstancias políticas non favoreceron o desenvolvemento constitucional que ía supor unha nova andaina para os gobernos locais, aínda que axiña comezouse a por en marcha a nova organización, unha vez constituídas as primeiras deputacións provinciais ao Aveiro do artigo 335, punto tres, da Constitución, que di:“Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el articulo 310”. Pero os novos concellos case non tiveron tempo de funcionar como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII e a súa proclamación como Rei absoluto tiveron consecuencias negativas para España e, de feito, supuxo o retorno aos usos e costumes do antigo réxime nos que xogaban un papel estelar os nobres, abortando desde o comezo unha etapa de modernidade constitucional que se consagra cun Real Decreto de 4 de maio de 181...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Notas históricas de Vilaxoán
rss feed

Notas históricas de Vilaxoán

04/11/2013 19:46:56
REFERENCIA: algúns artigos do libro “Á beira do mar de Arousa. VILAXOÁN” e outros inéditos recollidos de documentos históricos de distintas fontes e arquivos.Publicado en decembro de 2010 na revista “AVANTE”, da Asocación de Veciños de Vilaxoán

Vilaxoán de Arousa atópase na marxe sur da ría de Arousa na posición de latitude 42° 35` 4N. e lonxitude 08° 47´ 3W. Esta vilae porto, é núcleo de mais importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 km² con 83 hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004. Foi concello de seu desde 1836 ata 1913, e desde esta data pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa. Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar que a vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxetos de pedra pulida e cobre, pertencentes a razas aborixes, pódese dicir, sen dúbida, que a vila debeus estar habitada nunha época, cando menos, anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia. Na nave da igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e mais no cemiterio, apareceron “sartegos” antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que deberon ser descubertos cando se...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Dª Avelina Nogueira Martiñán
rss feed
Naceu Avelina Nogueira Martiñan en Vilaxoán de Arousa no ano 1900. Dende que era nena, traballou como pescantina na Praza de Abastos de Vilagarcía. Cando tiña vinte anos comenzou a exercer de comadroa, práctica que aprendeu da súa nai cando ía de pequena con ela para atender os partos. A Sra. Avelina exerceu esta profesión sen pedir nada a cambio, con bastante frecuencia cando cadraba e podía , atendía económicamente á familia que asistía no parto naqueles anos da guerra civil e na posguerra, anos de carencias e necesidades. Exerceu ata o ano 1980 esta profesión de comadroa moi dignamente e dedicación altruísta. Case tódolos vilaxoaneses que hoxe teñen más de 30 anos, coido que nun 80%, foron as mans da señora Avelina quen os recolleu do seo das súas nais. A señora Avelina merece unha especial e agarimosa lembranza por aquela labor completamente desinteresada a un pobo que traballou case toda a súa vida. Era unha muller con carácter e de bo corazón. Non só atendía aos partos, senón que, nos días posteriores encargábase de controlar ao recén nacido e artender á nai. Moitas veces era ela a encargada de levar ao neno cando era bautizado, e por mor deste detalle chamábaselle “ a Madriña”. Esta gran muller foi un exemplo de entrega para cos demais, exemplo de humildade e humanidade. Toda a labor extraordinaria da “comadroa de Vilaxoán”, veuse reconpensada por unha homenaxe popular que se lle fixo ao longo dos meses de maio e xuño de 1985, homenaxe que aínda se recorda en Vilaxoán polo importante da súa programación: conferencias, recitais, exposicións de pintura, concertos, teatro, etc. Alí estiveron, entre moitos, Manuel Portas, catedrático; Xoán García, doctor en Historia; artí...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - IMAXES
 
 
 
A PÁXINA DE TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
 
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
BIOGRAFÍA
PUBLICACIÓN : GALEGOS
Vign_teo
 

VENTORACHADO 2

O BLOG DE TEO CARDALDA

Vign_ventorachado_teo
 
Vign_Dibujo

GALICIA DIXITAL
Acceso directo artigos
de Teo Cardalda

 
Vign_ESCUDO_DE_VILAXOAN_BOA
 
Vign_Dibujo
 

1891. UN ANO UN POUCO REVOLTO NOS CONCELLOS DE VILAXOÁN E VILAGARCIA

 
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. 
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.
A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, frente a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descuido” ou ben xa lles caera meses antes. Como ben sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades 
 
Tamén en novembro estivo fondeada a escuadra española. O día 16 naufragou un bote do acoirazado Pelayo, perecendo afogados un maquinista, dous fogoneiros, un cabo de mar e un mariñeiro, todos eles procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra. O naufraxio aconteceu contra as 12 da noite cando volvían do porto de Vilagarcia tras levar ao Comandante de Mariña desta cidade, Hipólito Piedras, e ao fillo do cónsul inglés. Seica o afundimento do bote foi a consecuencia da explosión da caldeira.
Houbo tamén outros sucesos. Meses antes, o 18 de agosto, durante as festas de San Roque, celebráronse corridas de touros e viñeran forasteiros a moreas desde Pontevedra, Marín e Vigo. Os touros eran da gandeiría de Patilla, de Colmenar Viejo e a cuadrilla estaba formada por “El Arnilla”, “Paco Frescuelo”, “El Sobresaliente”, “Grané”, e o “Morenito. A carne foi vendida a un real a libra galega, e seica houbo liortas para mercala.
Tamén subliñar que no mes de outubro fai unha aportación de 431,60 pts. o concello de Vilaxoán para as víctimas das grandes inundacións que houbera en Consuegra e Almería.
 
 
Vign_ferron
MARTÍN SANTOS FERRÓN
   
   
Martín Santos Ferrón, naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán) na rúa Marqués de Pardiñas o 9 do III de 1899.      Martín deu as súas primeiras patadas, non precisamente  a un balón de coiro,senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos por dentro. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a despuntar coma un gran xogador,como xogaban no peirao de Vilaxoán, moitas veces ao
darlle o balón caían ao mar .  
 Naquelas datas en Galicia había catro equipos de fútbol moi bos: Real Club Alfonso XIII de Vilagarcia, Real Vigo, Atlético de Pontevedra e o Real Coruña,dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo.  M. Santos de xogar no peirao de Vilaxoán, con 17 anos fichaba polo Alfonso XIII, tendo por compañeiros a grandes xogadores coma: Xoán de Hoz, Leona, Pepe Rei e outros.     
Naquel ano de 1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro Seoane, onde ese mesmo ano concretamente o 6 de marzo o Rei Alfonso XIII concedíalle ao club o título de Real.     Debutaba Santos o Domingo 26 de maio de 1918 con un encontro co Vilagarcia S.C. onde gañou o Alfonso XIII por dous a cero, a prensa comentaba o destacado que foi Santos recoñecendo como un gran defensa esquerdo.Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os seguintes: Silva de porteiro, Ramos,  Pedrido,González, Blanco, Rei, García, Bravo, Da-Silva e Rubianes.   
M. Santos tanto na súa vida privada como no terreo de xogo, era digno de eloxio,como exemplo, os mesmos xornais comentaban o comportamento que tiña escribindo  desta maneira: “Siempre elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la Elegancia”. 
O 19 de agosto de 1919 o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium de Oviedo empatando a un gol, cos xogadores seguintes: Bernardo Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía, Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente Carregal e Roque Rei. No tempo en que estivo neste equipo, tería de compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de Haz.    
    Despois de xogar uns anos no Alfonso XIII, M. Santos tivo que coller o uniforme militar obrigatorio e face-lo servizo militar en África, e cando volveu coa licenza na man a Vilaxoán, comezaban os clubs a disputalo para podelo fichar, pero naqueles intres daba a casualidade que chegou unha comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, faláronlle de Martín, e  amosaron interese en facerlle unha proba, ao rematar, deseguido o quixeron contratar, así foi, o contrato era de viaxes pagados ida e volta a Cuba e 160 dólares ao mes.     
    Xa en Cuba, decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón de grandes xogadores coma: Cosme, Gonzalito, Conrado e outros; o pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo Nacional Cubano.   Nunha crónica no xornal “El Heraldo” comentaba de M.Santos sobre un partido disputado contra o Fortuna Sport Club deste xeito: “El as entre los ases del balompié, M.Santos es un verdadero maestro del fútbol, una estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico, un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir, ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad, tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan prestigio al fútbol”


 
Vign_vilaxoan_foto_web_3
 
Vign_Copia_4_de_escanear0009
Vilagarcía, Patrimonio e historia