|
|
A PÁXINA DE TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
HISTORIA E PERSONAXES DE VILAXOÁN
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe abrimos un novo apartado na web "A Páxina de Teo Cardalda". Para nós é un motivo de ledicia poder expoñer o gran traballo de investigación e recopilación de Teo sobre o seu pobo. Un pobo con moita historia, unha interesante historia que o autor nos irá debullando a través dos seus escritos. Os avatares que xurdiron a través dos anos, sobre todo antes e na fusión dos tres Concellos en 1913, son dignos de mención e coñecemento. Vilaxoán ten a día de hoxe moitos dos monumentos mais importantes da Bisbarra de Arousa. O Pazo Rial, O Pazo Pardiñas, a Igrexa Románica de San Martín de Sobrán, un expoñente case único, ou o Pazo de Sobrán. En definitiva Vilaxoán ten unha apaixoante historia e uns rasgos inequívocos de identidade propia. Hoxe queremos mostrarlle a Teo Cardalda o noso mais sincero agradecemento por esta valiosa achega.
|
|
|
|
|
|
|
VILAXOÁN DE AROUSA
RETALLOS HISTÓRICOS
Por Teo Cardalda
|
|
|
|
|
|
|
Os estaleiros de Vilaxoán antes da anexión do pobo ao Concello de Vilagarcía |
|
|
Vilaxoán, notas históricas da Vila |
|
|
Centenario (2017) da fermosa talla escultórica da Virxe do Carme de Vilaxoán |
|
|
VILAXOÁN - 1898 - Fotos inglesas |
|
|
Sensaciones y recuerdos de mi niñez en Vilaxoán |
|
|
Exportacións de sardiña desde Vilaxoán nos séculos XVIII e XIX |
|
|
1891. Un ano un pouco revolto nos Concellos de Vilaxoán e Vilagarcía |
|
|
O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN. |
|
|
D. Francisco del Valle-Inclán Santos - CASA PAZO DE RUANOVA - Capítulo II |
|
|
D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO III |
|
|
D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO IV |
|
|
A INDIGNACIÓN DE RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN MÉXICO,1921 |
|
|
Monumentos desaparecidos na Freguesía de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán |
|
|
PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA |
|
|
Castelao en Vilaxoán no ano 1933 |
|
|
A ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915 |
|
|
PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS MORADORES |
|
|
A FOLGA XERAL DE VILAGARCÍA EN AGOSTO DE 1920 |
|
|
O Concello de Vilaxoán. 1836-1913 |
|
|
Notas históricas de Vilaxoán |
|
|
Dª Avelina Nogueira Martiñán |
|
|
|
|
A PÁXINA DE TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
|
|
|
|
|
|
|
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ BIOGRAFÍA PUBLICACIÓN : GALEGOS |
|
|
|
|
|
|
VENTORACHADO 2
O BLOG DE TEO CARDALDA |
|
|
|
|
|
|
GALICIA DIXITAL
Acceso directo artigos
de Teo Cardalda |
|
|
|
|
|
|
1891. UN ANO UN POUCO REVOLTO NOS CONCELLOS DE VILAXOÁN E VILAGARCIA
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor.
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.
A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, frente a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descuido” ou ben xa lles caera meses antes. Como ben sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades
Tamén en novembro estivo fondeada a escuadra española. O día 16 naufragou un bote do acoirazado Pelayo, perecendo afogados un maquinista, dous fogoneiros, un cabo de mar e un mariñeiro, todos eles procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra. O naufraxio aconteceu contra as 12 da noite cando volvían do porto de Vilagarcia tras levar ao Comandante de Mariña desta cidade, Hipólito Piedras, e ao fillo do cónsul inglés. Seica o afundimento do bote foi a consecuencia da explosión da caldeira.
Houbo tamén outros sucesos. Meses antes, o 18 de agosto, durante as festas de San Roque, celebráronse corridas de touros e viñeran forasteiros a moreas desde Pontevedra, Marín e Vigo. Os touros eran da gandeiría de Patilla, de Colmenar Viejo e a cuadrilla estaba formada por “El Arnilla”, “Paco Frescuelo”, “El Sobresaliente”, “Grané”, e o “Morenito. A carne foi vendida a un real a libra galega, e seica houbo liortas para mercala.
Tamén subliñar que no mes de outubro fai unha aportación de 431,60 pts. o concello de Vilaxoán para as víctimas das grandes inundacións que houbera en Consuegra e Almería.
|
|
|
|
|
|
|
|
MARTÍN SANTOS FERRÓN Martín Santos Ferrón, naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán) na rúa Marqués de Pardiñas o 9 do III de 1899. Martín deu as súas primeiras patadas, non precisamente a un balón de coiro,senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos por dentro. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a despuntar coma un gran xogador,como xogaban no peirao de Vilaxoán, moitas veces ao darlle o balón caían ao mar . Naquelas datas en Galicia había catro equipos de fútbol moi bos: Real Club Alfonso XIII de Vilagarcia, Real Vigo, Atlético de Pontevedra e o Real Coruña,dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo. M. Santos de xogar no peirao de Vilaxoán, con 17 anos fichaba polo Alfonso XIII, tendo por compañeiros a grandes xogadores coma: Xoán de Hoz, Leona, Pepe Rei e outros. Naquel ano de 1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro Seoane, onde ese mesmo ano concretamente o 6 de marzo o Rei Alfonso XIII concedíalle ao club o título de Real. Debutaba Santos o Domingo 26 de maio de 1918 con un encontro co Vilagarcia S.C. onde gañou o Alfonso XIII por dous a cero, a prensa comentaba o destacado que foi Santos recoñecendo como un gran defensa esquerdo.Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os seguintes: Silva de porteiro, Ramos, Pedrido,González, Blanco, Rei, García, Bravo, Da-Silva e Rubianes. M. Santos tanto na súa vida privada como no terreo de xogo, era digno de eloxio,como exemplo, os mesmos xornais comentaban o comportamento que tiña escribindo desta maneira: “Siempre elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la Elegancia”. O 19 de agosto de 1919 o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium de Oviedo empatando a un gol, cos xogadores seguintes: Bernardo Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía, Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente Carregal e Roque Rei. No tempo en que estivo neste equipo, tería de compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de Haz. Despois de xogar uns anos no Alfonso XIII, M. Santos tivo que coller o uniforme militar obrigatorio e face-lo servizo militar en África, e cando volveu coa licenza na man a Vilaxoán, comezaban os clubs a disputalo para podelo fichar, pero naqueles intres daba a casualidade que chegou unha comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, faláronlle de Martín, e amosaron interese en facerlle unha proba, ao rematar, deseguido o quixeron contratar, así foi, o contrato era de viaxes pagados ida e volta a Cuba e 160 dólares ao mes. Xa en Cuba, decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón de grandes xogadores coma: Cosme, Gonzalito, Conrado e outros; o pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo Nacional Cubano. Nunha crónica no xornal “El Heraldo” comentaba de M.Santos sobre un partido disputado contra o Fortuna Sport Club deste xeito: “El as entre los ases del balompié, M.Santos es un verdadero maestro del fútbol, una estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico, un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir, ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad, tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan prestigio al fútbol” |
|
|
|
|
|
|
|