Fai aproximadamente un ano que Carlos Custodia, despois de coñecer a web, púxose
en contacto conmigo. Comentoume que o seu pai, José
Custodia Gómez, tiña unha excelente colección de programas de man de
prácticamente toda-las películas que se proxectaron en Vilagarcía nos
cinemas Arosa, Cervantes e Fantasio.
Cando tiven a oportunidade de vela teño que recoñecer que non daba crédito. Unha colección excepcional, dun enorme valor histórico, que
José Custodia foi recopilando ao longo de anos cun volume de programas que pode
achergarse aos 4000.
Hoxe con gran xenerosidade José Custodia pon á disposición
da web toda a súa colección da que por agora escaneamos un só tomo dos cinco
existentes. A admirable e interesante afección de José, permítenos hoxe ver centos de títulos daquelas
películas que viron os nosos antepasados nunha época na que o cinema en
Vilagarcía estaba en pleno auxe. Non teño máis que palabras de agradecemento
para José e os seus fillos Carlos, Fran e José pola súa disposición e por darnos a
oportunidade de escanear a colección completa. Tampouco quero esquecerme do meu
amigo Manu Guinarte, colaborador indispensable nas tarefas de escaneado.
Graciñas igualmente Manu. Decembro 2015