search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO, ARTESANÍA E IDADE ANTIGA

 
HISTORIA DE SOLOBEIRA - Celtas e outras etnias

HISTORIA DE SOLOBEIRA - Celtas e outras etnias – A presencia de Roma e a chegada dos Romanos a Galicia. Por Xosé Lois Vila Fariña

22/02/2017 12:20:28
“En Solobeira se halló un hacha neolítica”. Esta cita do Museo de Pontevedra vén sendo o punto de partida máis antigo sobre da parroquia de Solobeira. A presencia de restos neolíticos fálanos da estadía humana na zona neste período da Prehistoria que sucede ó Paleolítico, os dous en que se divide a Idade da Pedra. Non se especifica nesta referencia en que zona de Solobeira se atopou este machado. Coido que puido ser polas abas do sur de Lobeira, posiblemente preto do desgraciadamente derruido CON DO ENCANTO, un lugar cheo de misterio que a ignorancia de entón converte en lendario recordo.
¡Triste destino dos nosos restos prehistóricos que noutras zonas de Europa saben protexer debidamente e con coidadoso agarimo! iSe ata os penedos de Lobeira serviron de nefasta canteira!. Sexa como sexa, este resto pétreo fálanos que xa daquela había alguén que se dedicaba a pulir a pedra, e a peza servía fundamentalmente para cazar, base primordial cara a supervivencia dos escasos seres humanos neste afastado recuncho de 0 Salnés.
Os asentamentos tribais de enton precisaban sobre de todo de bos terreos para iniciar unha vida familiar moi rudimentaria. Inda que a agricultura ten nacer varios milenios antes de Cristo nas hoxe martirizadas terras de Iraque, a estas zonas chegarían polo instinto primitivo da supervivencia moitísimo tempo despois.
 
Polo veran recollían os froitos que daban as abondosas árbores, o tempo que intentaban axuntar cara a longa e dura invernía as reservas da caza, aproveitando as peles das pezas cobradas para confeccionar vestimentas cara ter de soportar a fereza do xélido frío. No percorrer das centurias, outros pobos se achegarían pola comarca saliniense, e os  asentamentos primeiros en Solobeira deberon ser cara a zona dos Pereiros, coñecida como A XESTEIRA. Restos de ladrillo cocido a medio soterrar dan pé a pensar que elo foi así.
 
A chegada dos CELTAS a Galicia cambiou a vida de entón. Portaban un novo material: 0 ferro, o cal ía deixando de lado o cobre e o chumbo, por ser máis doado para todo tipo de armas. Con elo as xentes tiñan de axuntarse en poboados que o estar moitos deles sobre altos se lle dou o nome de CASTROS ou CITANIAS. Moitas das veces eran pequenos curutos dende onde podíase controlar a zona. O sistema de Vida tiña por base 0 MATRIARCADO, nuns tempos en que os homes ou ben se atopaban cazando ou loitando nas interminables e sanguinarias loitas. Para a muller quedaba o fogar, a ganderia e a incipiente agricultura. O igual que hoxe, maiormente cargaba con todo o peso do fogar, indo tamén neste senso o coidado dos vellos, e o dos nenos. Certo que a muller de enton tiña moito peso non so nas tarefas domésticas, senon tamén
sociais. Pensemos a grande influencia no terreo relixioso.
 
Hoxe é familiar que os sacerdotes sexan exclusivamente homes, pero naqueles remotos tempos, as mulleres tamén cumprían estas funcións, e entre os celtas e os primitivos poboadores de Galicia, e tamén desta zona, abondaba esta costume. Coa implantación obligatoria do Cristianismo a partir dos derradeiros anos do século IV, esnaquizouse esta igualdade muller-home. O culto estaría dende entón e sen discusións en mans de varóns. No fogar seguiría gobernando a muller, pero as decisións máis importantes serían levadas adiante polos homes. Como podemos comprobar, a cousa índa non cambiou moito.
 
Os asentamentos célticos desta zona, deberon estar circunscritos cara o MONTE LOBEIRA, o famoso CASTRVM LVPARIO que ollamos nos documentos da Idade Media. Nada queda dos mesmos, e a toponimia é moi imprecisa neste senso.
 
 
IDADE ANTIGA
 
A CHEGADA DOS ROMANOS A GALICIA
 
No século III antes de Cristo as primeiras pegadas romanas déixanse sentir no territorio galaico ou calaico, como se dicía enton. Eran terras de lendas e misterio, que se supoñían cheas de fadas e de monstros que a mitoloxía local coidaba de agrandar. A penetración romana faise dende o sur, e tamén polo leste. Dos asentamentos na costa mediterránea e da Bética (Andalucia) parten os continxentes cara o norte. Hai ouro dabondo nas terras de Breogán, motivo máis que suficiente para intentar controlar esta zona. Hoxe invádense países, asasínanse poboacións enteiras, e se atacan culturas por mor de ter nas mans as chaves do ouro negro, é dicir, do petroleo. Daquela o propio ouro, era sinal inequívoca de poder, polo que tiña que ser controlado, máis ben roubado, sen ollar o prezo a pagar.
 
Galicia era un montón de pobos tribais, na maioria dos casos mal levados entre eles. As discusións e pelexas polas terras non é cousa de agora. Cada rei o era dunha tribo, dunha zona particular. Os celtas non tiñan un mando único. Íase por libre, e hoxe podías pactar cos romanos e mañá intentar liquidar a todos. O igual que nos presentes tempos, todo dependía dos intereses de cada quen.
 
A “razzia” de Décimo Xunio Bruto na Gallaecia foi o primeiro aviso serio dos romanos. Tiñan como pretexto o de establecer a súa forma de goberno: “ou con nós ou contra nós”: como mínimo gobernar baixo a tutela dos invasores. Non cabía outra alternativa. Ese goberno era a total sumisión ó Senado romano e máis tarde ó Imperio, pois do contrario entrábase no que hoxe se coñece como “eixo do mal”. iDespois din que a Historia non ten de repetirse!
 
Contan os historiadores da época, que cando os romanos tiñan xa ocupado parte da Gallaecia do sur, chegaron ata o rio Limia, que os pobos galaicos habían enchido de lendas e supersticións. Unha delas dicia que aquel que cruzase o leito fluvial esqueceríase non só da súa sogra, senón do seu propio nome. O primeiro dos casos posiblemente non lles preocuparía moito, pero o de esquecerse do nome si. As tropas romanas tan curtidas as mesmas en moitos combates néganse en redondo a pasar. Metéuselle na cabeza que aquel era o tan temido río Leteo, ou si se quere o río que se atopaba á porta do Inferno, e o cal era obrigatorio cruzar na barca de Caronte unha vez se morrÍa, para así esquecer toda a Vida pasada. Precisamente era Bruto o responsable desas lexións. “Pero, ¿qué tipo de homes me mandaron? “, debeu pensar cando quen máis quen menos se negou a mollar os pes. Os castigos ós desertores e para os que se negasen a cumprir as ordes dos superiores eran simplemente a morte. Pero claro, unha cousa é castigar a uns cantos, ¡pero a unha lexión enteira que podía ter de 5.000 a 10.000 soldados! Comunicarlle eso ó Senado, sería tanto como poñer remate a una resplandecente campaña militar e política, e contando que toda Roma estouraría ca risa se tal cousa se coñecese... e o pescozo, que tamén estaba en xogo.
 
En todo elo pensou Décimo Xuño Bruto, e non lle vía remedio á cousa. Xuntouse co seu Estado Maior, que tampouco as tiña todas consigo. A alguén tiroulle o “coco”. ¿Por qué non cruzar un de nos o río e dende a outra beira pronunciar os nosos nomes? A quen tivo a ousadia de precisar tal solución comíano cos ollos como dicindo, “se te collo teste de lembrar do día no tes vido ó mundo”. Esto leva a outro problema aparellado, ¿quén era o listiño que ía pendurarlle os axóuxares ó gato? E dicir, ¿quén é o voluntario que ten de cruzar o río? Nin promesas nin ameazas moveron a un só soldado, e o propio Bruto non tivo máis remedio que cumprir co cometido. iTodo pola patria!
 
Unha vez chegou a outra beira principiou a chamar ós soldados cada un polo seu nome. Todos cunha ledicia que non cabían dentro de si. “Vinde para aca oh, que en rematando esto xa falarei con cada un de vós”. Aquí mergullábase un mito no propio río Limia. Aquel non era o tan temido Leteo, principiando así a conquista romana de Galicia. Era o ano 137 antes de Cristo, e ata cen anos máis tarde non chegaría a ser sometida “oficialmente” polo primeiro emperador romano: Octavio Augusto.
 
Xa cinguida ó carro do vencedor, axiña seria posta na provincia romana da Tarraconense, ata que no século III 0 emperador Caracalla crea a provincia de GALLAECIA (Galicia) por separado, quedando dividida Hispania nas provincias de Galicia, Tarraconense, Bética, Cartaxinense, Lusitania, Baleárica, e o norte de Marrocos e parte de Alxeria que se coñecería como Tinxitana.
 
Na Galicia romana quedaban metidos os territorios de Asturias, Cantabria, parte do País Vasco, parte da Rioxa, parte de Castela - León, o norte de Portugal ata o Douro, e por suposto o actual territorio galego. Dominios nos que nacerían persoeiros tan relevantes do século IV como o
emperador Teodosio I o Grande, o papa San Dámaso I, o heresiarca Prisciliano, os escritores Exeria, Paulo Orosio e Idacio de Chaves, etc. Galicia sería dividida en tres provincias: GALICIA ASTURCENSE, con capital en Asturica Augusti (Astorga); GALICIA BRACARENSE que
comprendía os territorios hoxe portugueses entre Miño e Douro, con capital en Bracara Augusta (Braga), capital tamén de todo o territorio galaico, e GALICIA LUCENSE, con capital en Lucus Augusti (Lugo), o que máis ou menos ven sendo hoxe a actual Galicia. Demarcación que se mantivo case intacta ata a etapa das invasións árabes. A Galicia Bracarense separaríase no século XII para constituir o Estado de Portugal, tal como falaremos máis adiante.
 
A PRESENCIA DE ROMA EN SOLOBEIRA
 
Restos saliantables de asentamentos romanos en Solobeira non existen. Dependía esta demarcación xeográfica da Galicia Lucense, e dentro da mesma atopábase unida ó centro administrativo de Aquis Celenis (Caldas de Reis), de onde dependía prácticamente o que hoxe é a Comarca do Salnés. Pódese pensar que existía unha Vila no emprazamento xeográfico de A XESTEIRA, no lugar de 0 PEREIRO. Os restos sinálanos polo de pronto a existencia dun asentamento humano. Eso é innegable. Precisamente o topónimo Pereiro non vén como pode parecer a simple vista dunha plantación de pereiras, senón que ten a súa raíz no vocábulo latino PIRARIUS, e que viña sendo o lugar de incineración da xente que morría, algo así coma un campo santo. Que alí foi centro de cremación funeraria nos tempos prehistóricos é posible. Hoxe está todo moi cambiado, pero pénsese como seria esta zona fai dous mil ou tres mil anos.
 
Outro topónimo que nos leva a presencia latina na zona e o de SIXTO. Este é un nome xenuinamente latino, e ben puidese ser o dono dos terreos que máis tarde coñeceríanse como SIXTO DARRIBA (Solobeira) e SIXTO DABAIXO (Baión). Todo elo era 0 SIXTO, denominación con que popularmente se coñece a toda a parroquia de Solobeira.
 
Este señor (dominus en latín) Sixto como dono desta zona seria polo tanto un terratenente, un latifundista, e a súas terras serían traballadas por escravos, e máis tarde por colonos, sempre unidos ó seu dono e a estes predios.
 
No Monte Lobeira, entón CASTRO LUPARIO, ou Monte da Loba (fixarse na importancia que ten a loba na fundación de Roma, oomo nai nutricia de Rómulo o fundador desta cidade, e por moitos séculos capital do mundo), tivo que existir un emprazamento militar romano, co gallo de vixiar toda a zona do Salnés e parte da de Arousa. Un campamento máis tarde trasladado cara a aba leste do monte, concretamente ata FRAMIL, que tamén se grafía en vellos pergameos como FARAMILL, e que ven significando asentamento, campamento militar. O lugar de Framil (Baión) está pegadiño ó lindeiro norte da parroquia de Solobeira, e por suposto a subida de Lobeira.
 
Polo de pronto xa temos dous topónimos latinos en Solobeira: PEREIRO e SIXTO, e xuntiño á parroquia o de FRAMIL. Demasiados nomes latinos para un emprazamento tan pequeno. Con este fío vamos saíndo do asunto. E moi reducido fundamento, pero é algo. Outros teñen
menos e presumen máis.

Extracto recollido do libro "Historia da Parroquia de San Fins de Solobeira". Por Xosé Lois Vila Fariña 

 
Escrito por Xosé Lois Vila Fa...  Agregar un comentario   1 comentarios


Benquerido amigo, Xosé Lois, alédame ler estas túas liñas de carácter histórico e sobre todo por saber de ti. Sabes que a nivel universitario está muy discutida e descartada a presencia celta en Galicia porque non hai restos. Por outra banda desde o punto lingüístico poderíase razoar ou tomar máis en serio o substrato celta. Saúdos e apertas agarimosas. Xermán M. Torres
Xermán Manuel Torres Escrito el 22/02/2017 23:43:16



 
O Castro da Bouza en Trabanca Badiña
rss feed
Continuamos nuestro viaje por la arqueología de Arousa, en este caso nos vamos a parar en el Castro da Bouza o Castro do Coruto, que se sitúa cerca de los depósitos de la depuradora de Trabanca Badiña, en Vilagarcía de Arousa. En el ayuntamiento de Vilagarcía tenemos al menos, además del famoso Castro de Alobre, cuatro castros más: el Castro de A Xaiba en San Pedro de Cea, el Castro de Aralde, en San Martín de Sobrán, el Castro de Arriba en Trabanca Sardiñeira, quizás el más alterado debido a diferentes construcciones, y el ya citado Castro do Curuto o da Bouza. El Castro da Bouza se sitúa en un pequeño espolón en la ladera suroeste del Monte Xiabre, desde donde se obtiene un pequeño dominio visual del entorno, y se sitúa muy cerca de varios regatos, el de Carballido, el de Guillán y, algo más lejano, el del Cón. Se trata de un castro pequeño, un asentamiento castreño que estructuralmente no ha sufrido alteraciones muy graves debido a diferentes construcciones. Presenta una forma circular en planta de unas dimensiones aproximadas de 120 por 120 metros y consta, como todos los castros, de dos zonas bien definidas: un recinto superior, la corona o croa, con forma circular también, compuesto por un afloramiento granítico al norte con huellas de trabajo de cantería moderna y una terraza hacia el sur con restos de un parapeto y, por otro lado, un recinto inferior formado por al menos dos terrazas bien de...Leer la continuación
Escrito por Alberto Martínez ...  Agregar un comentario   0 comentarios
 
O misterio da ara romana que desapareceu hai un século - Trabanca
rss feed
O CSIC saca á luz cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabanca (Vilagarcía) ata que se consiga, a súa recuperación, máis dun siglo despois da súa desaparición. As novidades son presentadas polo profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista ‘Cuadernos de Estudios Gallegos’, onde refuta as teses de varios investigadores que defenderon que nunca existiu tal peza. Cinco documentos claves, catro deles inéditos. Esta é a aportación que fai o profesor e investigador Carlos Santos Fernández no último número de Cuadernos de Estudios Gallegos —revista do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)—, para arroxar luz sobre o misterio da ara de Trabanca, unha peza epigráfica romana achada entre 1885 e 1890 na parroquia de Arealonga, no concello de Vilagarcía de Arousa, e da que se perdeu o rastro arredor de 1909. Nun artigo titulado ‘Cartas y dibujos acerca de una inscripción romana desaparecida: el ara de Trabanca (Vilagarcía de Arousa) ’, Santos Fernández dá a coñecer cinco documentos (tres cartas e dous debuxos) —catro deles, inéditos e outro publicado en 2012— conservados no Museo do Pobo Galego, na Real Academia Galega e no Museo de Pontevedra, que “poden servir como fonte para o estudo indirecto da ara de Trabanca ata que se consiga, como esperamos, a súa recuperación”, expón o autor....Leer la continuación
Escrito por Alberto Quián •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Vign_museo_032

AS ÁNFORAS ACHADAS EN CORTEGADA

A Illa de Cortegada aparece xa en textos do xeógrafo grego Estrabón, no século I antes de Cristo; tamén era coñecida polos romanos, como o demostra o achado de fragmentos  de ánforas e diversos obxectos de cerámica no seu fondo mariño. Despois de moitos estudos chegouse  a conclusión da existencia dunha nave afundida xunto á illa procedente do Sur que transportaba un cargamento de viño e louza,  tal vez unha pequena nave oneraria, que aprovisionada nalgún porto da citada ruta de altura distribuía os produtos polas rías baixas. O naufraxio produciuse cara ao terceiro cuarto do s. I d. C, momento no cal o río Ulla cumpría a función dunha das máis importantes rutas para penetrar no interior de Galicia, como denotan os achados realizados ao dragar os seus fondos e tamén en xacementos próximos.

 
Os louceiros da Parroquia de San Xinés de Bamio - Historia
rss feed
La parroquia de San Xinés de Bamio, que formó parte del desaparecido municipio de Carril, pertenece hoy al de Vilagarcía de Arousa. En el siglo XIX su población era de 696 almas, y de 1.314, en el censo de 1.970. Se halla enclavada al final del estuario del Ulla, casi en el punto en que sus aguas se mezclan con las del mar de Arousa. En la parroquia existe un lugar conocido como O Campanario y por “O Louceiro”, por haber estado en torno a él la mayoría de los hornos de los alfareros. Esta aldea se extendía junto al mar y allí se conservas la vivienda y restos de hornos de algún viejo “louceiro”. En la orilla-mar inmediata se refleja el encanto de su paisaje entre campesino y marinero. “Aldeíña do Louceiro, aldea que todo ten, boas mozas, boas peras, e bós rapaces tamén.” LOS “LOUCEIROS” No conocemos ninguna referencia significativa del momento en que pudo haber comenzado la alfarería en esta aldea. De hech...Leer la continuación
Escrito por Luciano García Alén •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
Vign_Patrimonio_galego
 ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE EN VILAGARCÍA DE AROUSA
Petroglifos dos Ballotes
 
Vign_El_laberinto_atlantico

EL LABERINTO ATLÁNTICO - OS PETROGLIFOS DO MONTE XIABRE

Por José Luis Galovart

 
Vign_Castro_Alobre_46

Castro Alobre, un yacimiento condenado al olvido

 
Vign_p1050156

O CASTRO ALOBRE (vídeo)

Un abandono sen precedentes

 

MAPAS XERAIS DE ACHADOS ARQUEOLÓXICOS

Cesión : Manuel Villaronga - Picar aspa para ampliar
 

OS BALLOTES (BAMIO) - VILAGARCÍA DE AROUSA 

La estación de grabados rupestres de Os Ballotes (Bamio, Vilagarcía de Arousa) es una de las históricas de nuestro Arte Rupestre. Desde comienzos del siglo XX fue repetidamente citada en las síntesis de numerosos autores, y sin embargo a pesar de tan importante difusión, ello no ha evitado el desconocimiento real de su valor en pro de la debida comprensión del mundo de los petroglifos gallegos. Observamos como generalmente en los trabajos teóricos sobre los cuadrúpedos se suele ignorar. En el presenta estudio vamos a realizar un análisis profundo del panel nº 1 de esta estación, que es precisamente el que muestra los célebres diseños de cérvidos, y aprovecharemos la ocasión para examinar las recientes ideas publicadas acerca de esta temática

ARTÍCULOS PROCEDENTES DE "TRISQUEL" DE JULIO FERNÁNDEZ PINTOS - ARCHIVOS DEL PATRIMONIO HISTÓRICO GALLEGO

 
Descripción morfológica
 
El panel nº 1 de Os Ballotes se localiza inmediata a la aldea de Outeiro en la parroquia de San Xes de Bamio (Vilagarcía de Arousa). La estación está integrada por varios paneles desperdigados por esta zona, si bien en esta ocasión nuestros esfuerzos se van a centrar en el panel nº 1. El lugar arqueológico que nos ocupa se emplaza en un terreno en plano inclinado sumamente pedregoso de la vertiente de una terraza . En líneas generales, el área ha sido condicionada para el aprovechamiento agrícola. Este sitio se encuentra muy próximo a la línea de la costa de la Ría de Arousa, no distando de ésta más de 500 m. en línea recta, y situándose a unos 90 m. de altitud. La roca que sirve de soporte al panel nº 1 es una piedra de granito de grano medio, de forma triangular, de 6 m. de longitud por 4,2 m. de anchura. Su superficie muestra amplias ondulaciones delimitadas por largas diaclasas y líneas de vetas de cuarzo. La superficie de esta roca presenta la misma inclinación del terreno, concretamente un 25 %, estando orientada hacia el SO, y no hacia el NO. como se afirma en alguna publicación. Los grabados que hemos podido identificar son 6 representaciones de cuadrúpedos, 4 círculos, una agrupación de coviñas y diversas formas irregulares. Las dimensiones de cada una de estas figuras se ofrecen en la tabla que acompaña a este texto. Antes de proseguir es necesario indicar que la calidad de la superficie de la roca no es todo lo uniforme que nos gustaría, por lo que diversos trazos muy tenues no hemos determinado si eran naturales, frut...Leer la continuación
Escrito por Julio Fernández P...  Agregar un comentario   0 comentarios
 
2.1. Los círculos
 

2.1. Los círculos

25/02/2014 09:00:12
Salta fácilmente a la vista que este panel es muy parco en representación de combinaciones circulares. Tan sólo hemos identificado 4 formas, y en general, muy básicas. Contrasta este hecho con la presencia de combinaciones circulares de gran valor existentes en otros paneles cercanos de la misma estación. Los círculos señalados con los números 7,8 y 9 son de formulación tan elemental que incluso nos...Leer la continuación
Escrito por Julio Fernández Pintos •  Agregar un comentario   0 comentarios
 
2.2. Las coviñas
 

Las coviñas

25/02/2014 09:11:40
A lo largo de la superficie de este panel constan grabados de coviñas dispersas, pero el mayor número de ellas y de más relevancia se concentran apretadamente en el sector N. Como ya se sabe por la descripción de la roca, este área se configura como una especie de abombamiento a partir del cual, hacia el S. y SO. la superficie se resuelve en plano inclinado. En consecuencia se aprecia que la concentración de las covi&nt...Leer la continuación
Escrito por Julio Fernández Pintos •  Agregar un comentario   0 comentarios
 
2.3. Los cuadrúpedos
 

Los Cuadrúpedos

25/02/2014 09:13:53
Vign2_th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_IMG_1377-copia_all
La existencia de un cuadrúpedo confeccionado con instrumento metálico (el nº 2) es una seria advertencia para quien alagremente sin más argumntaciones que el simple examen visual, nos pretende innducir a creer que los paneles de petroglifos se planificaban previa y conjuntamente, de una vez para siempre. Del mismo modo que en una época no muy distante a nosotros alguien conocía la existencia de antiguos grabados de animal...Leer la continuación
Escrito por Julio Fernández Pintos •  Agregar un comentario   1 comentarios
O Petroglifo de Fonte Loureiro. Xiabre
O Petroglifo de Fonte Loureiro. Xiabre

No pico da Xaiba sitúase un castro aparentemente ben conservado. En diversos "chans" ou zonas chairas, como a denominada Rosa de Parroibas, localizáronse diversos túmulos funerarios de probable cronoloxía neolítica. Un de estos túmulos, o máis grande, sitúase nun espolón denominado Fonte Loureiro. Os veciños de Castroagudín relatan diversas lendas que unen o castro dá Xaiba co pobo a través dunha gabia (de onde viría o nome). Tamén sinalan a existencia dun túnel ou gabia desde Fonte Loureiro.

 
APUNTES ARQUEOLÓXICOS de F. Fernandez Gil y Casal. Descargable
 
EL CASTRVM LVPARIAE - Valentín Viqueira. Descargable
 
O MONTE LOBEIRA - HISTORIA
 

O MONTE LOBEIRA - HISTORIA

25/02/2014 10:57:13
Vign2_Foto_pintura_fortaleza_de_Lobeira_all
Parece tener antecedentes de que existió un antiguo castro en la zona, y se menciona en los textos de la Catedral de Santiago de Compostela como Castro lupus. Su nombre así lo indica, puesto que Lupara en Latín significa castillo o verdadera mansión. Antigüedad...Leer la continuación
Escrito por Fonte : Geocaching •  Agregar un comentario   0 comentarios
O Castro Alobre - Imaxes
 
O Castro Alobre

 

Aínda se mostra como un tesouro por descubrir para moitos. O primeiro dos seus achados data do ano 1905, cando se descobren máis de 30 sepulturas nunha necrópole por Juan Fernández-Gil Casal. Este gran número de enterramentos fai pensar que o lugar era unha evidente gran urbe comecial, aínda non atopada ata a data; da cal se ten maior constancia por unha ara romana, dedicada a Neptuno, que a fai vinculable a un transporte marítimo de gran importancia. Dita ara foi descuberta en 1940, coa inscrición ofrecida por Quintus Cilenus. Falase da estreita relación entre os castrexos e un mar cargado de alimentos, e vía de intercambios mercantís con portos distantes.

 
En Areoso (isla) existen al menos cinco enterramientos megalíticos
 
list_album
Vign2_areoso4_all
Desde que en 1988 se realizara en Areoso una primera campaña de excavación es bien conocida la riqueza arqueológica de este pequeño territorio insular. Con los últimos descubrimientos, detectados por una brigada de la policía adscrita a la comunidad autónoma, suman cinco los enterramientos megalíticos de los que se tiene constancia en este enclave. Además, des...Leer la continuación
Escrito por La Voz de Galicia •  Agregar un comentario   0 comentarios
 
O Petroglifo dos Ballotes (Bamio)

As orixes de Vilagarcía remóntanse á segunda metade do século XV (1441), cando D. García de Caamaño dá unha franquícia aos "moradores et pobradores" do que define como "meu porto e lugar". Aquelas primeiras edificacións construíronse na zona denominada O Castro, parte inicial do que hoxe coñecemos como Vilagarcía de Arousa. Con todo, os asentamentos no municipio remóntanse moitos séculos atrás.
Boa mostra témola nos gravados rupestres . Os petróglifos de os Ballotes , na parroquia de Bamio, están considerados os vestixios máis importantes (segundo milenio a. de C.) atopados na nosa zona. As figuras representadas neste achádego, inclúen tres cervos en movemento; outros que portan na sua parte de atrás un círculo, que se pode interpretar como unha alegoría ao círculo solar; e outra escena na que se representa un animal que leva no seu grupa a un antropomorfo.

 

Os Ballotes (Bamio)
 
Vign_book_699_img

 El círculo lítico de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa, Pontevedra) trabajos de 2008 y 2010

Entre 2008 y 2010, en el marco de los estudios sobre Arqueología del Paisaje y Paisajes Culturales del Íncipit, se desarrollaron una serie de pequeñas actuaciones en el conjunto del círculo lítico y túmulos de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa, Pontevedra). La comprensión de este tipo de conjuntos -tanto de los círculos propiamente dichos como de su relación estructuras tumulares- necesita de un impulso que debe ser aboradado de forma integradora e interdisciplinar. El objetivo principal de las atuaciones era lograr el máximo de información sobre el círculo y su contexto minimizando al máximo el grado de intervención. Se obtuvo una restitución tridimensional del círculo por escáner láser 3D, se realizó una prospección geofísica del subsuelo y se realizó un sondeo arqueológico de 8x1m. La presente monografía da cuenta de estos trabajos y de sus resultados.

 
book_699_pre.pdf (2,3 Mb )
El círculo lítico de Monte Lobeira - Trabajos 2008-2010 - Vista previa - Descargable
 
Vign_Cortegada_100

PARQUE NACIONAL  MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS 

PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO - PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

CÍES - ONS - SÁLVORA E CORTEGADA (páxina 18)

 
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E ARQUITECTÓNICO (pdf) - CÍES - ONS - SÁLVORA E CORTEGADA (páxina 18)
 
 

www.patrimoniovilagarcia.com

 
Vign_1619283_596153707128957_1035515763_n

Excepcional exposición sobre nuestro Patrimonio de los ponentes Beatriz Comendador y Félix Gónzalez Insua. Un recorrido interesantísimo donde no faltó un llamamiento a las instituciones para que se comprometan y se conciencien del peligro al que están expuestos muchos elementos de nuestra valiosa riqueza arqueológica así como de nuestro patrimonio mas reciente.

Nuestro mas sincero agradecimiento a los dos y a todos los asistentes. Muchisimas gracias.

Vilagarcía 22 de Febrero 2014

 
NOVAS DE INTERÉS

Los expertos reclaman la puesta en valor de la ´riqueza´ arqueológica vilagarciana

FARO DE VIGO

Vign_expertos-reclaman
 
Vign_a22c3f2
 
Area Longa, origen.
Vign_imagescadq4d4p

Los restos de petroglifos testimonian la riqueza y atractivo de nuestra tierra 


El valle del Salnés y la ría de Arousa, son las realidades geográficas de las que no se puede separar la historia de Vilagarcía de Arousa.
Estos petroglifos de la ría de Arousa se inscriben en el amplio Grupo galaico de arte rupestre al aire libre datados entre final del tercer milenio y mediados del segundo milenio antes de cristo. Como los de Pedra dos Ballotes que representan a ciervos de gran tamaño y diseño esquemático. Tres grandes figuras en una pared inclinada al noroeste caminan hacia el sur. De estos restos nos vamos hasta el primer documento sobre Vilagarcía del año 912 cuando el obispo Sisnando la cede a al poderoso San Martín Pinario. Durante estos siglos como en el Monte Lobeira, se erigieron muchas fortalezas. Este dominio duró hasta 1461, cuando el obispo de Compostela, García Caamaño, le otorgó la carta puebla para la fundación de un burgo marinero. Por tanto el origen de la actual Vilagarcía es un barrio de pescadores. En Vilagarcía podemos recorrer estos tres milenios de historia en tan sólo unos metros, de los restos del castro de Alobre a la iglesia de Santa Eulalia de Arealonga. El castro está en pleno casco urbano y está siendo excavado en la actualidad aunque la meteorología ha dificultado los trabajos. También en pleno casco urbano se musitan rezos bajo la cúpula neoclásica de santa Eulalia de Arealonga. En la fachada convive un recordatorio a Juan Antonio Primo de Rivera con una austera fachada con escasos detalles barrocos. Y de nuevo damos otro pasito más en la historia, y sin salirnos del centro nos encontramos con un Monumento Histórico artístico. El Pazo de Vista Alegre, construído en el siglo XVI. Su fachada es de sillería. Y comunica con un pasadizo con el Convento de las Agustinas del siglo XVII. Pero la magnificencia monumental no se queda aquí porque incluso formando parte del mismo conjunto hay una iglesia, la de San Cristóbal. Los pazos quedan en pie para recordarnos el poder rural de hace unos siglos, o el ejercido por figuras como Fernando de Andrade y Sotomayor. En la actualidad estas construcciones han perdido su arrogancia militar pero han ganado en sosiego existencial. Por cierto que el ayuntamiento es bien consciente del capital monumental que posee, y organiza interesantes visitas guiadas para conocerlos. El actual pazo de Rubiáns es del siglo XVIII, aunque sobre una torre tres siglos anterior. Está acorde con sus insignes habitantes de antaño, literalmente los fundadores de Vilagarcía, los García Caamaño. Aunque la construcción es espectacular destaca su jardín. Igual que en el Pazo de Golpelleira que combina trazas geométricas francesas con llamativos rincones románticos. Son 11 hectáreas de terreno todas en manos privadas muy cerca del centro de Vilagarcía. No queda casi ningún vestigio de la primitiva fortaleza, pero si multitud de detalles que nos hablan de un pasado glorioso. Aquí nació el que llegó ser ministro de Hacienda de Fernando VII, Luis López Ballesteros. También tiene un gran presente pues en verano, aprovechando la estancia de más de 10 personas, el jardín y demás dependencias se acondicionan al máximo. La capilla es la gran delatora del esplendor pasado. Descubrimos que tenía una bula propia redactada por el entonces Papa Pío VI. Y los dibujos del altar los pintó Paz, discípulo de Murillo con retoques del maestro, también en el altar está la virgen mejicana de Guadalupe. Excepto cuando se realiza la procesión guardan aquí la figura de San Miguel. Los momentos de mayor esplendor y crecimiento de Vilagarcía coinciden con la reforma o reconstrucción de algunos de estos pazos, hasta el siglo XIX. Fue en estos siglos cuando su puerto se convirtió en imprescindible.

 
Vign_Laxe_dos_bolos_11_
 
Vign_ballotes_1
 
Vign_th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_IMG_1377-copia
 
Vign_a11c3f1
 
Vign_Ruta-Xiabre_g
 
Vign_p1050156
                      
                       O CASTRO ALOBRE
 

F. Fernández Gil y Casal

Vign_gil_y_casal
 

ACTUACIÓN SOBRE O CASTRO ALOBRE - PROXECTO

Vign_cASTRO_ALOBRE
 
Vign_Lobeira_001
 
Vign_Lobeira_008
 
Vign_Lobeira_009
 

FOTOS AREOSO : MARTINA MISER

 

Diego Gelmírez obispo, y luego primer arzobispo de Compostela, convirtió la catedral de Santiago de Compostela en un referente único del arte románico europeo, elevando la peregrinación compostelana a la altura de Jerusalén y Roma.

Vign_13-1
Vilagarcía, Patrimonio e historia