search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

SE QUERES VER AS FOTOGRAFIAS AMPLIADAS PICA NA ASPA DE CADA ALBUM

 
A RESTAURACIÓN DO SALÓN GARCÍA
O 68 da Avda. Rosalía de Castro
 
O 68 DA AVDA. ROSALÍA DE CASTRO
 Fotos : Bárbara Cochón Presedo


Ten razón Bárbara cando di que ao pasar pola súa casa irremediablemente tentamos ollar como e a entrada. Ela tivo a amabilidade de enviarnos fotos deste bello edificio situado no antigo “Barrio de la Prosperidad”, hoxe Avda. Rosalía de Castro. A entrada é toda unha mostra de arte na talla da madeira pero sobre todo do arte que tiñan aqueles traballadores que mais que carpinteiros eran auténticos artistas. Hoxe está magníficamente restaurado. Un edificio con historia que reflexa o esmero co que traballaban na época ata resaltar o mais mínimo detalle e a beleza das  construccións de antaño. O noso agradecemento a Bárbara.
 
A antiga casa do Dr. Pintos na Rúa Juan Carlos I
Ano de construcción : 1899



Moi preto do Concello atopamos a antiga casa do Doutor Pintos. Construída a finais do século XIX, o seu estilo non está moi definido. Aínda así poderíase enmarcar a principios da época da arquitectura modernista. A pesar da similitude na denominación, nin arquitectura moderna nin arquitectura contemporánea deben confundirse coa arquitectura modernista, expresión arquitectónica do movemento modernista ou Art nouveau que se desenvolveu nas últimas décadas do século XIX e primeiras do XX. O seu tellado lémbranos á arquitectura francesa da mesma época.
A antiga casa do Dr. Pintos
Planos e memoria da Casa Becerra 1939
 
Planos e memoria da casa Becerra
A CASA DE ESTILO RACIONALISTA QUE O CONCELLO TENTA DESCATALOGAR 
Na Avda. de Rosalía de Castro atópase a casa coñecida como Becerra. Este nome débese á súa promotora Mercedes Becerra, Vda. do coñecido consignatario González Alegre. O seu deseño de estilo Racionalista datado no ano 1939, foi realizado polo arquitecto Juan Argentí Navajas quen tamén proxectou no noso pobo o emblemático Cine Arosa. Outros edificios de grande importancia foron deseñados por él,o Concello de Marín ou a rehabilitación do edificio que actualmente alberga o Museo de Pontevedra entre outros moitos.
A casa foi nos seus tempos do movemento moderno e aínda a día de hoxe poderíase contemplar como tal . Actualmente o Concello tenta descatalogar un dos poucos expoñentes deste tipo de arquitectura que quedan en Galicia. Maio 2013
 
A artesanía dos últimos "Louceiros"
OS RESTOS DA ALFARERÍA


Na parroquia de Bamio podemos atopar o lugar coñecido co nome de "O Louceiro". En torno a él estaban a maioría dos alfareiros do lugar. Estendíase xunto ao mar e aínda a día de hoxe consérvanse unha vivenda e restos dun forno dalgún vello "Louceiro". Os veciños de Bamio denominaban así os alfareiros. Non se coñece a época exacta na que puideron comezar os artesáns no lugar, non obstante sobre o ano 1938 foron abandonando o traballo do barro a causa da competencia doutros artigos, agravado polo prezo desorbitado da galena para o vidriado.
 
A artesanía dos "Louceiros" de Bamio
 
O Piorno centenario da Xunqueira
O Piorno centenario da Xunqueira

Cando no ano 1843 a familia Trillo construíu este piorno, nada facía presaxiar que terminaría nun estado tan lamentable. Situado nas súas orixes na Praza de Ravella, coma sempre a especulación urbanística fixo desparecer a antiga casa onde se atopaba.
Ante o perigo da súa desaparición o Concello decidiu trasladalo ao Parque da Xunqueira.
Hoxe , entre o vandalismo e o abandono no que está inmerso, unha vez máis unha peza dun enorme valor histórico, polas súas condicións de tamaño e estructura, atópase neste estado. Polas súas caracteristicas é un dos poucos exemplares que podemos atopar en Galicia .As imaxe fala por si soa. Desde a Asociación queremos mostrar nosa mais ENÉRXICA REPULSA ante este claro atentado contra o noso Patrimonio e dende eiquí instamos ao Concello a que solucione a situación do que consideramos unha peza importantísima da nosa historia.

 
Igrexa de Sta. Rita ( Vista Alegre )


No ano 1558 rematábase a construcción do Convento e a Igrexa de Vista Alegre. O proxecto foi redactado polo arquitecto malagueño Bartolomé Fernandez Lechuga. A pasarela que une o Pazo a Igrexa fixose con posterioridade a petición de Mauro de Mendoza y Sotomayor primeiro Marqués de Vilagarcía.Varios artesáns de renome na época encargaronse de tallar os diferentes retablos que ainda a día de hoxe conservanse no seu interior

 
Igrexa de Sta. Rita ( Vista Alegre )
As fotos de Balbino Costa Candamo
 
As fotos de Balbino Costa Candamo


Balbino Costa Candamo foi un dos grandes artistas de Vilagarcía. A parte da súa paixón pola pintura , pola que foi mais coñecido, a fotografia formaba tamén parte importante da súa vida. Nesta galeria formada por 21 fotografías de diversos lugares da nosa xeografía fai un percorrido retratando maxistralmente varios lugares emblemáticos

 
As películas dos anos 40 e 50


Estas eran as películas que vianse nos míticos cines de Vilagarcía nos anos 40, 50 .
Curiosos títulos en moitos casos e loxicamente, na súa maioría, seguindo un mesmo patrón. A censura tampouco permitía outra cousa. Acción , humor , drama ou romanticismo. O verdadeiro drama estaba escondido. Dende logo os carteis non deixaban de ter o seu encanto.

 

 

 
As películas dos anos 40 e 50
 
O antigo lavadoiro de Fonte Santa
O antigo lavadoiro de Fonte Santa

É case centenario, as persoas maiores de Carril lémbrano da súa nenez e a súa época de pleno apoxeo. Cren que se construíu nos anos 20 e durante décadas foi utilizado regularmente por aquelas mulleres de Carril que co cestón sobre as súas cabezas a diario percorrían un bo tramo para lavar naquelas limpas augas que baixaban dos manantiais de Xiabre e Guillán. Hoxe a vexetación absórbeo e non é fácil atopalo pero chama a atención pola súa construción entre muros, característica case única na historia dos lavadoiros en Galicia. Centro de reunión no que seguramente confesaronse centos de segredos . Hoxe abandoado, as silveiras e a auga estancada fan deste bello lugar unha proba máis da pouca conciencia que brindamos aos nosos devanceiros.

 
A Igrexa de Santa Eulalia de noite

A pesar de ter obras do gran escultor Mateo del Prado ,a igrexa se Santa Eulalia de Arealonga non deixa de ser unha igrexa modesta, con fachada espida, que sobe até o alto e que forma un só lenzo flanqueado por chatas torres. Pequena portada que encerra a porta adintelada dentro de pilastras de festón vertical rehundido, entablamento de casetones en resalto e frontón curvo partido que encerra unha hornacina de arco de medio punto, coroado por un frontón curvo. Sobre ela hai unha xanela rectangular cuia misión é dar luz á nave, flanqueada por dous grandes escudos, con coroas caladas, en cuxos cuarteis se representan as armas dos Andrade Sotomayor e Caamaño.

 
Igrexa de Santa Eulalia de noite
 
Alghúns dos Piornos en Vilagarcía
 
Alghúns dos Piornos en Vilagarcía
OS PIORNOS ( TEORÍA DOS SEUS ORIXES )
Hai diferentes teorías, algunhas o sitúan antes da romanización: orixe palafítico ou protohistórico, con todo en ningunha escavación até o momento atopáronse restos que poidan ratificar esta hipótese. Pode suporse que deriva de construcións romanas, os romanos xa edificaron celeiros elevados sobre columnas co fin de conservalos alimentos. Mesmo hai quen suxire que foron os visigodos os seus introductores na península Ibérica. Fritz Kruger, fotógrafo e etnógrafo alemán, apuntou a teoría da evolución dun tipo arcaico de cabaceiro realizado con varas entretexidas de forma similar a algúns cestos cara ao edificio de madeira que hoxe coñecemos. Esta parece ser a maneira máis lóxica de entendelo seu nacemento, independentemente do introductor das formas primitivas; no século XIV alcanza a perfección no seu desenvolvemento e evoluciona minimamente nos séculos que seguiron sen perder o sustancial desde entón. 
 
Igrexa de San Martín de Sobrán III

Situada en Vilaxoán, está considerada como un dos máis valiosos exemplares da arquitectura románica en Galicia. A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro, citado en documentos do século X. Sobre as ruínas deste mosteiro construiuse no século XII o actual templo formado por unha nave e unha ábsida semicircular.
No interior da igrexa consérvase o sepulcro de estatua yacente de don Juan Mariño Sotomayor.
Na fachada destaca a orixinal xanela de dobre par de columnas con dobre arquivolta, que se situa intercalada entre o roseton e a portada inferior.
A súa restauración estaba prevista acométela en tres fases, ata hoxe soio produciuse unha, as dúas restantes caeron no olvido.

 
Igrexa de San Martín de Sobrán III
 
O edificio do Concello
O edficio do Concello a través dos anos

No ano 1887 escomenzou a construción do Concello de Vilagarcia, tres anos despois no ano 1890 ,exactamente o 25 de Xaneiro inaugurouse o edificio baixo o proxecto redactado por Domingo Sesneros e construido por Manuel Gonzalez Soto sendo Alcalde en aquel entón D. Daniel Albarran . O prezo total da obra ascendeu naqueles anos a 105.040 Pts.
 
Os Pazos en Vilagarcía de Arousa


Pazo Pardiñas ( Vilaxoán )
Pazo da Golpilleira ( A torre )
Pazo de Sobrán ( Vilaxoán )
Pazo de Martelo ( Vilagarcía ). Derrubado
Pazo Rial
Pazo de Rubiáns
Pazo de Vista Alegre ( Vilagarcía )
Pazo do Pousadoiro ( Cea )
Pazo Rúa Nova ( Vilanova-Vilagarcía )
Casa- Pazo o Bacelo ( Rubiáns-Godos )
 
Os Pazos en Vilagarcía de Arousa
 
As Bandas de Música de Vilagarcía
 
As Bandas de Música de Vilagarcía
      
          AS BANDAS DE MÚSICA DE VILAGARCÍA


A primeira banda de música da que temos constancia se formou en Vilagarcía no ano 1873, ainda que con anterioridade, no ano 1865, xurdíu unha formación un tanto peculiar. A escaseza de academias naquela época convertía a ós mais diversos profesionais en directores de bandas do lugar. Médicos, farmacéuticos ou sastres collían a batuta. O día 5 de Xaneiro de 1865 ás chamadas Milicias Nacionais formaban non noso pobo a primeira banda composta por persoas amantes da música, algunhas delas moi coñecidas no municipio. Habería que esperar ata o ano 1873 para a constitución da primeira Banda Municipal de Vilagarcía.
 
O sepulcro de Don Andrés Fernández

O piorno-sepulcro de Don Andrés Fernández ( Benefactor do pobo de Carril )
Este peculiar piorno-sepulcro estivo situado no antigo cemiterio de Carril, detrás da Igrexa e onde hoxe atópase a Casa Parroquial. Polas súas características é dos poucos que se poden ver en Galicia. Foi trasladado, e actualmente atópase detrás da casa da Cultura.
Cesión fotos : Daniel Garrido Castromán

 
O sepulcro de Don Andrés Fernandez
 
Os novos bancos do Xardín de Ravella
Os novos bancos do Xardín de Ravella


OS NOVOS BANCOS DO XARDÍN DE RAVELLA
ANO DE CONSTRUCCIÓN : 2012
 
O reloxo do Concello , 1881
No ano 1880 o Concello de Vilagarcía acorda en sesión plenaria comprar un novo reloxo público para o noso pobo, consecuencia do enorme deterioro do anterior. Por mediación de “Fundiciones Alemparte”, fíxose o encargo á fábrica inglesa “J.W.Benson” polo que se abonou a cantidade de 2.885 Pts. A campá para o devandito reloxo foi realizada naqueles anos pola fábrica de Caldas de Reis “Fundiciones Ocampo” especializada neste tipo de proxectos. O 1 de Xaneiro do ano 1881 a corporación municipal acorda emplazalo de forma provisional na Igrexa Parroquial de Vilagarcía, facéndose cargo do seu mantemento e conservación. O reloxo mantívose nesta localización até a terminación do actual edificio do Concello. Unha vez rematado trasladouse somente o reloxo e non a campá, debido a que non gardaba unha relación acorde coa nova construción. Para solucionar este feito deciden suplir a antiga campá por dous timbres sonoros colocados sobre un soporte superior, construído na Fábrica “Antonio Canseco” de Madrid, e constatando debidamente no encargo que o seu peso debe ser de 344 Kg o marcador das horas e de 137 Kg o dos cuartos.
O reloxo do Concello. 1881
 
O penoso estado da casa Deza
 
O PENOSO ESTADO DA HISTÓRICA CASA DA FAMILIA DEZA EN VISTA ALEGRE
 

Na rúa Vista Alegre podemos ver esta casa centenaria. Os donos da antiga Banca Deza constuírona a principios do século pasado.  É unha das poucas que quedan neste entorno. Estivo habitada ata non hai moitos anos e dende que quedou baleira, o seu deterioro é evidente tal como mostran as imaxes. Moitas persoas de Vilagarcía acórdanse da maxestuosidade na súa época de esplendor. Unha casa de estilo modernista merecedora de conservación e restauración. Un ben que Vilagarcía non debe permitirse o luxo de perder.
Fotos: Menchu Couso
 
O PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ



O Parque Miguel Hernández foi construido no ano 2001 e proxectado polo arquitecto Eugenio Jimenez. Ten unha extensión de 18.000 m2  e aséntase sobre os terreos que albergaba antigamente Fexdega. Ten unha gran variedade de especies arbóreas pero sobre todo destacan as grandes extensións de pradeira.
 
O Parque Miguel Hernández
 
La Marina . Restaurar a conciencia
Parque da Xunqueira de noite
 
 
FOTOS V
GALERÍA IMAXES IV
1 -  A restauración do Salón García
2 -  O 68 da Avda. Rosalía de Castro
3 -  A antiga casa do Dr. Pintos
4 -  Planos da casa Becerra.1939
5 -  Os "Louceiros" de Bamio
6 -- O Piorno da Xunqueira
7 -- Igrexa de Sta. Rita.Vistalegre
8 -- As fotos de Balbino Costa
9 -- As peliculas dos anos 40 e 50
10 -O antigo lavadoiro de Carril
11 -Igrexa de Sta. Eulalia de noite
12 -Piornos. Vilagarcía de Arousa
13 - San Martín de Sobrán III
14 - O edificio do Concello
15- Os Pazos en Vilagarcía 
16 - As Bandas de Música
17 - O piorno-sepulcro de Carril
18 - Os novos bancos de Ravella
19 - O reloxo do Concello . 1881
20 - A antiga casa de Vista Alegre
21 - Parque da Xunqueira de noite
22 - Avda. de La Marina
23 - Parque Miguel Hernández
 
Vign_capilla_001
 
Vign_iglesia_snata_rita_031
 
Vign_iglesia_snata_rita_011
 
Vign_balbino_2
 
Vign_23a-horz
 
Vign_19a-horz
 
Vign_lavadero_carril_018
 
Vign_lavadero_carril_002
 
Vign_fuente_castro_014
 
Vign_pousadoioro_031
 
Vign_zamar_037
 
Vign_varias_081
 
Vign_varias_076
 
Vign_concello_58
 
Vign_golpilleira_2
 
Vign_bandas_3
 
Vign_banda_de_nusica_1925
 
Vign_horreo-sepulcro_de_d._andres_fernandez_a
 
Vign_reloj_y_bancos_022
 
Vign_reloj_y_bancos_030
 
Vign_reloj_y_bancos_012
 
Vign_reloj
 
Vign_p1080571
 
Vign_Xunqueira_de_noche_026
 
Vign_Xunqueira_de_noche_016
Vilagarcía, Patrimonio e historia