|
|
SE QUEREDES VER AS FOTOGRAFÍAS AMPLIADAS PICAR NA ASPA DE CADA ÁLBUM
|
|
|
|
|
|
|
Os antigos cines e teatros de Vilagarcía - Fantasio, Arosa, Cervantes, Varietes, Villagarcía - Imaxes e descripcións : 42
|
|
|
|
|
|
|
O PAZO DE VISTA ALEGRE . UNHA XOIA DO NOSO PATRIMONIO. Aspa ampliar |
|
|
La Ermita de Los Angeles ( Carril ) |
|
|
La Ermita de Los Angeles ( Carril ) |
|
|
A Ermida da nosa Señora de Los Ángeles é unha construción pequena, moderna, de nave única e planta cadrada. Os seus trazos máis destacables son o arco apuntado da fachada principal, o soportal entre este e a porta, e un cruceiro cuia base está formada por caveiras humans esculpidas. Consta tamén dun cruceiro cuio basamento é único entre os de Vilagarcia, de planta octogonal, con tres escalóns, coas pedras unidas por grapas de ferro. O pedestal, cuadrangular con ángulos rebaixados, é unha peza de gran beleza, que representa un monte moi pedregoso, que vén ser o Calvario, con catro caveiras nas esquinas e varios ósos e lagartos, da cima do que arrinca o fuste, unha fermosa peza que lembra as columnas acanaladas das portadas da Igrexa Parroquial de Carril e en particular, da fachada renacentista, obra de comenzos do século XVII.
|
|
|
|
|
|
|
O Carmen Barcia, últimos veleiros de transporte No ano 1953, encargouse a construción do Carmen Barcia aos Estaleiros Montes Ferrin de O Freixo (Noia), sendo un dos últimos barcos deste tipo construído en madeira que pode rememorar aquela época. Ao ser un motoveleiro, non tivo estilizados aparellos, imposto polo uso preponderante do motor, pero as formas do casco e os seus dous pequenos mastiles eran unha mostra evidente de como se construían os antigos veleiros de transporte, sólidamente de forma artesanal con cuadernas de carballo e forros de piñeiro, mantendo as típicas formas dos seus antecesores. Dende fai aproximadamente 15 anos, temolo en Vilagarcia nunha situación penosa de abandono sendo unha peza única e artesanal.
|
|
|
|
|
|
|
A Igrexa de San Salvador de Sobradelo |
|
|
A Igrexa de San Salvador de Sobradelo |
|
|
A Igrexa de Sobradelo ten duas partes perfectamente diferenciadas.A construción da primeira remóntase ao século XVII exactamente ao ano 1639 , chama a atención a súa bóveda típica de moitas igrexas en Galicia e pódese enmarcar nun estilo rexional de mampostería clásica. Posteriormente construíuse unha segunda parte.
|
|
|
|
|
|
|
No ano 1875 o Concello de Vilagarcia presidido por José Bargés Carrós inaugurou esta fonte, unha das primeiras que se construíron en Vilagarcia. Naquela época moitas familias do noso pobo acudían a ela coas famosas "Sellas" , baldes de forma cónica aos que habitualmente lle introducían unha cortiza co fin de que ao recoller a auga non lles salpicase .Era naqueles anos una das maiores comodidades para os habitantes do noso pobo xa que evitaba o ter que trasladarse aos manantiais mais próximos .Unha fonte sinxela pero dun gran valor histórico e patrimonial para Vilagarcia á que hoxe non lle damos a importancia que se merece.
|
|
|
|
|
|
|
A finca de Doña Desamparados Barrio |
|
|
A finca de Doña Desamparados Barrio |
|
|
No lugar coñecido como o Monte dos Desamparados situábase a gran finca de Dona Desamparados Barrio, filla do Marques de Rodrigo de Mendoza y Sotomayor Barrio y Alvarez y Flora Dominguez. No seu interior existía a que foi vivenda da dona da finca construida arredor do ano 1860 ,xa nos últimos anos nun estado ruinoso. Hoxe a casa xa non existe pero si os últimos resquicios do lugar. Á casa accedíase por dúas entradas , unha ,e a principal, foi derrubada hai uns anos e estaba aderezada con dúas esculturas de dous leóns. Estas trasladáronse á entrada do Concello de Vilagarcia , non obstante unha segunda entrada foi reconstruída e consérvase actualmente neste espazo a pesar de non estar no seu emprazamento orixinal.
|
|
|
|
|
|
|
O Convento - Pazo de Vista Alegre de noite O Pazo de Vista Alegre, declarado Monumento Histórico-Artístico é un claro expoñente da arquitectura civil galega. Construído no Século XVI polo abade de Teverga. A mediados do século XVII, fundouse o convento de monxas Agustinas contiguo ao palacio existente. Construído en sillería de granito, na súa fachada luce o escudo do primeiro Marques de Vilagarcía. Do seu tellado sobresaen dúas chemineas de pedra, unha circular e outra rectangular. Orixinalmente, contaba con dúas torres laterais, das que unha delas trasladadouse ao convento no S XVII. A igrexa do convento de planta rectangular dunha soa nave ten tres capelas laterais. O esplendor da nobreza que ocupou este pazo pódense ver nas coleccións de pinturas e tapices que garda no seu interior.
|
|
|
|
|
|
|
O Convento - Pazo de Vista Alegre |
|
|
Bamio . Pequenos fragmentos |
|
|
BAMIO PEQUENOS FRAGMENTOS DA SÚA HISTORIA
|
|
|
|
|
|
|
A antiga casa da finca de Louro |
|
|
Na entrada á Laxe atopamos a casa e a finca de Louro. Construída no século XIX era propiedade ata hai pouco tempo da familia Remirez de Esparza e Lopez Ballesteros. Un dos antepasados dos seus donos foi ministro no antigo reinado de Fernando VII. Entre as súas propiedades atopase o coñecido Pazo da Golpilleira ( A Torre ), lugar de residencia actual da familia en época estival. Esta casa solariega , arrendada durante anos, estaba adicada exclusivamente a labradío e á cría de gando . Hoxe , como moitas outras esta protexida por Patrimonio e atópase nun triste estado de abandono.
|
|
|
|
|
|
|
A antiga casa da finca de Louro |
|
|
A antiga Aduana de Vilagarcía |
|
|
A antiga Aduana de Vilagarcia |
|
|
O antigo edificio de Aduanas construíuse en Vilagarcia no ano 1902 a petición de D. José Salgado Rodriguez, avogado e industrial natural de Caldas de Reis. Na súa parte baixa atopábanse as oficinas onde se tramitaba todo o relacionado coa entrada e saída de mercadorías. As dúas plantas superiores estaban asignadas a vivendas, habitadas naqueles anos por coñecidas familias de Vilagarcia. Ata o ano 1952, no que existiron as cartillas de racionamento , neste edificio sellaban as famosas “Guias“ ou permisos para diversas empresas que surtían productos básicos alén da nosa ria , á Pobra, Riveira etc. Na súa entrada principal , á dereita atopábase a oficina de Aduanas cuio xefe era naquel entón Torres Pintos, ao seu lado esquerdo un almacén con todolos productos requisados. Coa construción da nova Aduana no peirao de Vilagarcia, o edificio foi adquirido polo Concello e actualmente está adicado a centro de día para persoas maiores
|
|
|
|
|
|
|
A Praza da Peixería . 1883 |
|
|
No ano 1880 realízase o primeiro estudo e proxecto de "Mercado cuberto" sendo alcalde D. Francisco Viqueira. Devandito proxecto é levado ao pleno do día 16 de outubro dese mesmo ano e estaba confeccionado polo arquitecto D. Justino Flores. En principio acéptase o estudo e documentación, pero o día 1 de xullo de 1881 é nomeado alcalde D. Francisco Ravella e Areas, que rexeita o proxecto por consideralo demasiado luxoso para unha vila das características de Vilagarcía, sendo substituído por outro: “Plaza de la Pescadería y Carnes Muertas” que inaugurase en novembro de 1883. Este proxecto realizouno o arquitecto D. Faustino Domínguez, e o custo total da obra efectuada polo contratista D. Manuel Pereiro ascendeu a 42.652 das antigas pesetas.
|
|
|
|
|
|
|
A Praza da Peixería . 1883 |
|
|
As antigas casetas das praias |
|
|
As antigas casetas nas praias de Vilagarcia As antigas casetas atopabanse ao longo de toda a varandilla da praia .Daban servizo a todalas persoas para que puidesen cambiarse de roupa.Cada unha delas estaban pintadas de distintos motivos e cores, o que daba un ambiente pintoresco ao parque. O artista que deixou a súa impronta nos debuxos que podemos ver nalgunha delas foi Eugenio Granell considerado como o derradeiro pintor surrealista español . Viviu en Vilagarcía entre os anos 1935/1936. Santiago de Compostela acolle dende fai anos unha fundación e museo co seu nome. As casetas, na parte interior tiñan un pequeno andel, uns colgadores para a roupa e no chan un pequeno enrexado de madeira.
|
|
|
|
|
|
|
As tallas de D. José Saavedra |
|
|
D. José Saavedra ( Pepito ), foi un dos grandes artistas descoñecidos de Vilagarcía. Emigrado a Cuba desempeñou o cargo de presidente do centro galego na Habana. Unha vez en España foi becado en París na escola de Bellas Artes e recibiu a medalla de ouro polas súas tallas en madeira. Esculpíu o antigo pulpito da Igrexa de Vilagarcía que hoxe se atopa dividido en tres partes e repartido pola mesma. Nesta casa, onde tivo o seu taller, podemos ver parte da súa obra desgraciadamente abandonada. Pepito Saavedra finou no ano 1954. Un artista Vilagarcián que merece ser lembrado.
|
|
|
|
|
|
|
As tallas de D. José Saavedra |
|
|
A desfeita urbanística de Vilagarcía |
|
|
A desfeita urbanística de Vilagarcía |
|
|
Vilagarcia, "Un antes e un despois"
|
|
|
|
|
|
|
A Praia Compostela nos anos 70 e 80 |
|
|
Así era a nosa Praia, así foi dende a sua inauguración. O 11 de Agosto de 1931 ás 11.30 entrou en agullas o tren, coa locomotora engalanada, no que viña a representación de Compostela, sendo recibido con salvas de bombas, ovacións e a interpretación do Himno de Riego. O alcalde deu a benvida á Corporación santiaguesa e representantes da Universidade e dirixíronse á praia, en cuio parque, engalanado con bandeiras, había unha tarima onde se situaron o alcalde Jesús Elpidio Villaverde Rei; o alcalde de Santiago, Raimundo López Pol, e o Xuíz de Instrucción, señor Bellver; o Secretario, señor Gómez Ricoy deu lectura á acta do acordo municipal polo que se daba á praia o nome de Compostela; a continuación pronunciaron os discursos de rigor os alcaldes de Villagarcía e de Santiago de Compostela. Despois do acto, houbo un banquete no parque de don Joaquín Martínez, servido polo conserxe do Casino, Tomás Gonzalo, en tanto que moita xente foise a comer á illa de Cortegada, onde houbo unha romaría. Ás 9 da noite houbo unha recepción no Concello e posteriormente unha verbena no parque e fogos de artificio.
|
|
|
|
|
|
|
A praia Compostela nos anos 70 e 80. |
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas, anos 70 |
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas |
|
|
VILAGARCÍA A VISTA DE PÁXARO ANOS 70
|
|
|
|
|
|
|
A fonte de Castroagudín pode considerarse coma unha obra de arte de cantería do século XVIII. Con posterioridade foi obxeto dun traslado e remodelación, primitivamente preto da Igrexa . Hoxe podemos contemplar a gran beleza a pesares da simplicidade da súa construcción. Unha peza intimamente ligada a historia de Castroagudín No seu frente dúas inscripcións fan referencia ao artista que esculpiu a obra e as persoas que fixeron a doación MAESTRO JACINTO LOPEZ D ALVERTO PEREZ Y Dª ANA MARIA VIDAL VECINOS DSTE LVGAR ICIERON ESTA OBRA A SV CONSTA
|
|
|
|
|
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas dos anos 50 |
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas dos anos 50 |
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas dos anos 50 Vilagarcía centro 1 Vilagarcía centro 2 Muelle comercial. 7 fotos Vilagarcía . Vista parcial Cortegada e Carril
|
|
|
|
|
|
|
As chemineas do Pazo de Vista Alegre |
|
|
O Pazo de Vista Alegre foi construido no Século XVI. Do seu tellado saen dúas vistosas chemineas , unha circular e outra rectangular. Nos extermos dúas gárgolas de pedra rematan a cuberta centenaria.
|
|
|
|
|
|
|
As chemineas do Pazo de Vista Alegre |
|
|
A restauración do cubo de Vista Alegre |
|
|
A restauración do Cubo de Vista Alegre |
|
|
As veces no e facil conxugar unha restauración co seu entorno. Neste caso, e evidente que foi unha obra acertada e respetuosa coa nosa historia misturandose con gran acerto.
|
|
|
|
|
|
|
XLVIII Concurso-Exposición da Camelia. Vilagarcía 2012 Despois de innumerables edicións a Exposición-Concurso da Camelia toma este ano un novo rumbo. Non podemos mostrarnos alleos á beleza e variedade que se cultiva e nace na nosa terra..A Exposición forma parte das nosas tradicións e obrigatoriamente pasa a ser parte do noso patrimonio cultural. Esta corresponde á última edición, ano 2012.
|
|
|
|
|
|
|
XLVIII Concurso-Exposición |
|
|
As esculturas da Igrexa de Cea |
|
|
As esculturas da Igrexa de Cea |
|
|
CEA LEMBRA A INVASIÓN FRANCESA Na igrexa de Cea varias esculturas dun enorme valor patrimonial lembran os feitos acontecidos naqueles anos. A principios do século XIX Vilagarcía respiraba un ambiente de tranquilidade, Todo cambiaría ao chegar os primeiros días de Maio de 1808. Entón, segundo dicía un cronista da época, "Vilagarcía rompe o silenzo e a inacción que ten Galicia.". O Concello púxose de acordo coas principais persoas da vila e convocou aos curas párrocos das parroquias e pobos veciños cos seus feligreses, para o día 12 de Maio dese ano .Os Vilagarciáns proclamaron repetidas veces por Rei de España e das Indias a Fernando VII . O Capitán de Navío da Real Armada D. José Brandariz, Comandante de Mariña autorizou a proclamación quen, coa bandeira española na man e con repetidas salvas de saúdas dun cañón que mandou traer con este motivo, do porto de Carril , fixo vitorear a todos .Viva Fernando VII! Morra Napoleón Bonaparte proclamando así a "independencia da tiranía francesa".
|
|
|
|
|
|
|
Cortegada por Xoan Arco da Vella |
|
|
Xoan Arco dá vella é unha persoa peculiar, amante da nosa Galicia, coñece cada recuncho , cada paraxe, cada pobo. Anos e quilómetros de andaina polos lugares mais recónditos fan del unha persoa profundamente coñecedora de Galicia , os seus costumes , o seu patrimonio e a súa historia. Xoán é un sabio co que tivemos a gran sorte de compartir unha tarde en Cortegada. Non só a súa experiencia como fotógrafo senón o seu coñecemento sobre a fauna e flora da illa deixáronnos abraiados. Non queda atrás o seu equipo, todos comprometidos coa causa de preservar, coidar e dar a coñecer o bela que é a nosa terra. Un cualificativo común de todos eles cando lles preguntas por Galicia. Galicia é “ ÚNICA”. Grazas a todos por ofrecernos desinteresadamente a súa arte e a súa maxistral visión de Cortegada.
|
|
|
|
|
|
|
Cortegada por Xoan Arco da Vella |
|
|
O impresionante arte de Marcos Rey |
|
|
O impresionante arte de Marcos Rey |
|
|
Marcos Rey e o arte con maisculas, o xenio do realismo. Non, non son fotos ainda que costenos traballo creelo, son as súas mans, as mans dun artista autodidacta xa consagrado . Ninguen e profeta na súa terra pero Marcos ten que selo por xustiza. Marcos naceu en 1978 en Vilagarcía de Arousa. Xa desde moi pequeno sentiu unha especial atracción polos lapices, un interese que co transcurso dos anos pasaría de ser un simple xogo, a converterse dunha forma autodidacta nunha parte fundamental da súa vida. Aos 26 anos empezou realizando encargos, mentres ao mesmo tempo trataba de ir perfeccionando a súa técnica axudado por libros e pola súa propia intuición artística. Bebeu das fontes de grandes mestres como Dá Vinci, Dalí, Mondrian, Ingres , e de artistas contemporáneos. Actualmente continúa adquirindo coñecementos sobre a marcha, que lle servirán para desenvolver a súa evolución artística no futuro. Actualmente vive en Perú.
|
|
|
|
|
|
|
O Palomar centenario de Cea |
|
|
Os Palomares aparecen no patrimonio etnográfico galego en menor medida que o piorno. A razón era o escaso rendemento de explotación que ofrecía. A carne de pichón non estaba moi valorada fronte a outras aves de corral. De todolos xeitos as casas rurais modestas tiñan pequenos palomares que requirían un menor esforzo construtivo e de mantemento. Os grandes , como este de Cea, reservábanse para o señorio como símbolo de status social e fonte de carne para o consumo.
|
|
|
|
|
|
|
O Palomar centenario de Cea |
|
|
O Monte Lobeira e a antiga Fortaleza |
|
|
O Monte Lobeira e a antiga Fortaleza Medieval O Monte Lobeira atópase no limite dos Concellos de Vilagarcía e Vilanova. Restos da muralla e un alxibe testifican a existencia dunha antiga fortaleza medieval contruida case con total seguridade no século XI. A finais do ano 2008 levaronse a cabo traballos de conservación e excavación centrándose na fortaleza e nos muros defensivos .No século XV destruise e construise en duas ocasións e finalmente a pedra foi desmantelada a finais da época moderna para a construcción do Pazo Rial. Como seña importantísima cabe destacar os petroglifos que atopanse en tres dos seus grandes penedos, antigos taboleiros de xogos de fichas.
|
|
|
|
|
|
|
A desembocadura do Rio Ulla - Bamio |
|
|
O Preguntoiro ( Vilaxoán ) |
|
|
Os achádegos da Igrexa de Carril |
|
|
A maior parte da riqueza histórica e patrimonial atópase nas igrexas. Vilagarcía de Arousa non é unha excepción. Varios expoñentes avalan e constatan este feito. As Capelas de Fontecarmoa, Sobradelo, Cea, o Convento de Vista Alegre cuia igrexa, ( Igrexa de San Cristóbal ) ,foi construída no século XVII. A igrexa de San Martín de Sobrán en Vilaxoán catalogada coma un dos expoñen...tes mais representativos do Románico en Galicia ou a Igrexa de Carril construída no século XVI con alghúns elementos do século XVII. Nesta última, durante as obras realizadas na reforma do chán, acháronse varias pezas de gran valor. Entre elas esta do ano 1588 coa inscripción " Esta sepultura pertenece a los patronos de esta iglesia ", e que podemos ver no seu interior.
|
|
|
|
|
|
|
Os achádegos da Igrexa de Carril |
|
|
O paseo da Coca na Laxe ( Vilagarcía ) |
|
|
O paseo da Coca ( A Laxe ). Vilagarcía |
|
|
O paseo da Coca , na Laxe, foi recuperado fai uns anos seguendo o curso do rio. Unha paraxe histórica onde os veciños de tan fermoso lugar acudian dende tempos inmemoriables a recoller a excelente auga que brotaba do seu manantial. Dous muiños no mesmo enclave foron punto de reunión de moitas persoas que vivian no seu entorno. Hoxe e despois de desviar o curso do rio lamentablemente a auga xa non pasa por debaixo dos mesmos e atópanse nun penoso estado de abandono.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1 -- Os antigos cines de Vilagarcía 2 -- Pazo de Vista Alegre-Interiores 3 -- Ermita de Los Angeles.Carril 4 -- O " Carmen Barcia " 5 -- A Igrexa de Sobradelo 6 -- A fonte do Castro 7 -- O Monte dos Desamparados 8 -- Vista Alegre de noite 9 -- Bamio . Pequenos fragmentos 10 -- A casa da finca de Louro 11 - A antiga Aduana de Vilagarcía 12- A Praza da Peixería . 1883 13- As antigas casetas das praias 14- As tallas de D.José Saavedra 15- Vilagarcía antes e despois 16- A Praia Compostela anos 70 17 -Concurso Camelia - 2012 18- Vilagarcía, vistas aéreas 19 -A fonte de Castroagudín 20 -Vilagarcía, vistas aéreas 21 -O tellado do Pazo Vista Alegre 22 -Restauración en Vista Alegre 23-Concurso da Camelia 2012 24-As esculturas da Igrexa de Cea 25-Cortegada. Xoan Arco da Vella 26-O arte de Marcos Rey. 27-O Palomar centenario de Cea 28-O Monte Lobeira 29- A desembocadura do rio Ulla 30-O Preguntoiro ( Vilaxoán ) 31-Achádegos na Igrexa de Carril 32-O paseo da Coca ( A Laxe )
|
|
|
|
|
|
|
Vilagarcía. Vistas aéreas |
|
|
|