search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

SE QUERES VER AS FOTOGRAFIAS AMPLIADAS PICA NA ASPA DE CADA ALBUM

 
Casa " O Bacelo " Rubians-Godos
Casa " O Bacelo " Rubians-Godos

No ano 1926 poucas persoas pensaban que aquel xove piloto, Joaquín Loriga, natural de Prado ( Lalín ) conseguiría a gran azaña de percorrer Madrid-Manila nun biplaza Breguet. Non obstante e ante a incredulidade dos atentos observadores o 18.900 Km foron cubertos en trinta e tres días. Loriga pertencía a unha familia de tradición militar, cuya casa solariega era o Pazo de Liñares.
No límite de Rubians con Godos atopamos unha casa do século XVII " Casa o Bacelo "que despois de ser un pequeno convento relixioso pertenceu ao famoso piloto e nela pasaba tempadas coa súa familia. Nos anos 20 o matrimonio Joaquin Vertolo e Rosa Campos , de Silleda ,adquiriron esta propiedade. Hoxe aínda se conservan notables resquicios de épocas pasadas.
Case desde o seu principio a casa dispuña dunha pequena capela a que chamaban " San Benito de Bacelo" hoxe desaparecida pero que aínda permanece no recordo dos descendentes de Joaquín e Rosa.

 
A Igrexa de Carril


Do século XVII, é de traza plateresca con abundancia de gótico.A súa fachada é do século XVII e conserva, no muro sur, unha porta oxival que é o resto dunha edificación anterior. Foi construída en diversas estapas e a ábside é de recente construcción. Diante do pórtico hai un cruceiro, actualmente en período de restauración , do S XVII, descrito por Castelao na súa obra 'As cruces de pedra na Galiza'

 
A Igrexa de Carril
 
O Pazo de Rúa Nova
 
O Pazo de Rúa Nova

No límite fronteirizo entre Vilagarcia e Vilanova atopamos o Pazo de Rúa Nova , construído no século XVI. Mantén catro corpos diferenciados unidos entre si. Dentro do conxunto destaca o portón, a torre e unha capela do século XVIII adicada a San Miguel. A talla de San Miguel atópase nunha hornacina e conserva restos de policromía.
O edificio está moi vinculado coa vida e a obra de Valle-Inclán. Foi levantado sobre os restos dunha antiga fortaleza medieval. Don Miguel Inclán e dona Rosa Malvido mandaron construír a capela de estilo barroco. Este pazo serviu de inspiración a Valle-Inclán para varias das súas obras. Na chaira do pazo atópase un cruceiro con basamento cadrado. O capitel presenta motivos vexetais e volutas, feito da mesma peza que a vara.

 
A casa dos Martinez ( Cornazo )


Casa matriz da Familia Martinez ( Cornazo )
En Cornazo atopamos a antiga casa da familia Martinez ( Cesar Martinez )
Unha casa restaurada donde repetouse ata o mais mínimo detalle.
Nos seus xardíns podesen ollar unha vexetación centenaria así como 
moitos detalles do seu orixe.
No seu interior unha minuciosa e respetada restauración fannos recordar espazos que
denotan cunha gran claridade como discurria a vida no ano 1900. 

A Casa dos Martinez
A antiga casa da familia Cordal-Carús
 
A Antiga casa da familia Cordal-Carús



No Castro ainda quedan os retazos da antiga casa de Dña. Restina Carús.
Esta era a casa familiar dos Carús nesta zona .Cando a súa dona finou os seu fillos trasladaron
 o seu lugar de residencia.Hoxe podemos ver as suas pedras numeradas, imaxinamos, a espera da súa restauración e esperamos que non sexa a espera, unha vez mais ,da súa desaparición.

Igrexa de San Pedro de Fontecarmoa

A Igrexa de San Pedro de Fontecarmoa 

A Igrexa de San Pedro de Fontecarmoa conserva a ábside semicilíndrica románica da primitiva igrexa do século XII. Na capela maior consérvanse restos de pinturas murais do século XVI, nos que se representa unha Anunciación, a Santa Faz e as figuras dos apóstolos Pedro e Pablo.

 
Igrexa de San Pedro de Fontecarmoa
 
Pazo de Vista Alegre ( fragmentos )
 
Pazo de Vista Alegre ( fragmentos )

O Pazo de Vista Alegre foi construído no S. XVI polo abade de Teverga.Na segunda metade do século XVII, fundouse o convento de monxas Agustinas que se atopa contiguo ao palacio, Estas edificacións comunícanse por un gran arco. Construído unicamente en granito e con gran sinxeleza decorativa propia da época renacentista. Na súa fachada luce o escudo do Marques de Vilagarcía. Do seu tellado saen dúas vistosas chemineas de pedra, unha circular e outra rectangular. Orixinalmente, contaba con dúas torres laterais, unha delas trasladouse ao convento no S XVII. A igrexa do convento (igrexa de San Cristóbal) foi construída no S XVII . Con planta rectangular dunha soa nave, posúe tres capelas laterais e unha cripta. Nas súas fachadas atópanse os escudos arzobispales de D. Fernando de Andrade, que naceu no pazo  e que promoveu a construción deste convento.

 

A pequena casa do "Guardaagujas". Rubians

Cando a famosa locomotora "SARITA" foi retirada da circulación, a súa función era unicamente de axuda nas maniobras da estación de Vilagarcia. Non entanto tiña atribuída outra función mais, axudar ao famoso tren de "VARELA" cando chegaba a este punto de Rubians no que pola costa pronunciada non podía continuar o seu camiño. Entón a Sarita saía a dar o empuxe necesario para salvar este obstáculo.
Neste lugar, aparte do pequeno apeadeiro, tamén se atopa a que foi casa do " Guardaagujas" naqueles anos. Xusto enfronte atopábase unha pequena caseta construída con traveseiros das vías onde se resgardaban os traballadores de Renfe. Hoxe esta caseta xa non existe, pero si os restos da antiga via e daquela pequena casa envoltos nun desafortunado abandono. Un pequeno detalle que nos apena.


A pequena casa do "Guadaagujas"
 
San Martín de Sobrán. Parte II
 
San Martín de Sobrán . Parte II

Situada en Vilaxoán, está considerada como un dos máis valiosos exemplares da arquitectura románica en Galicia. A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro, citado en documentos do século X. Sobre as ruínas deste mosteiro construiuse no século XII o actual templo formado por unha nave e unha ábsida semicircular.
No interior da igrexa consérvase o sepulcro de estatua yacente de don Juan Mariño Sotomayor.
Na fachada destaca a orixinal xanela de dobre par de columnas con dobre arquivolta, que se situa intercalada entre o roseton e a portada inferior.
A súa restauración estaba prevista acométela en tres fases, ata hoxe soio produciuse unha, as dúas restantes caeron no olvido.

 
Os Bustos do Xardín Fleming

Esta semana homenaxéase ao gran escultor Francisco Asorey cunha exposición no pazo de Torrado de Cambados. En Vilagarcia, nos Xardíns Fleming , temos unha escultura deste gran mestre considerado entre os mellores escultores de Galicia . Adicada a Calvo Sotelo ,atopase nun total e absoluto abandono. Esta obra e a única que temos do gran artista en Vilagarcia. Recentemente as queixas da Asociación Asorey facíanse publicas polo estado no que se atopa este busto. A nosa proposta ao Concello foi sacala, gardala ou donala a Asociación Asorey.
No mesmo xardín atopamos tamén nun estado lamentable outro busto adicado a D. Alejandro Cerecedo e un pouco mellor conservado o busto que no seu día donou Ricucho Campos do Dr. Fleming.
Obras de arte nas que os anos van facendo mella e ignórase o seu deterioro.

 
Os Bustos do Xardín Fleming
O Museo do Ferrocarril
 
O Museo do Ferrocarril

Ferrocarril compostelán da Infanta Dña. Isabel.
Así chamabase ao pequeno camiño de ferro (42 Km.) construído para unir Santiago de Compostela con, naquel entón, moi importante porto de Carril .Obtense a concesión do Estado, mediante unha Lei de 7 de Abril de 1861, que asina como Ministro de Fomento, o marqués de la Vega de Armijo e unha Real Orde do 3 de Xaneiro de 1862 confírmaa. A tan ansiada inauguración ten lugar o día 15 de setembro de 1873. Era presidente da Cía D. Eugenio Montero Ríos e como xerente actuaba D. Inocencio Vilardebó. Ese día na estación de Cornes (Santiago), ás doce menos cuarto, o penitenciario da Catedral Sr. Palacios, nun altar situado ao efecto, bendíce as catro locomotoras que se compraron en Inglaterra, mentres no aire resoan gran cantidade de foguetes. Así mesmo, á mesma hora na estación de Carril sóltase un globo aerostático, en cuia barquilla suxeitáronse uns panos de seda artisticamente bordados e que ao queimarse os fíos que os suxeitaban, foron caendo, sendo recollidos polos asistentes ao acto.

O Pazo da Laxe

Unha restauración para unha boa causa
 
O Pazo da Laxe pertencía a coñecida familia Poyán, nel pasaban as tempadas estivais.
Dentro da temporalidade histórica é un Pazo de recente construcción pero que conserva todalas súas características practicamente inalterables. Antigamente a capela pertencía ao Pazo . Na actualidade os veciños encárganse do seu mantemento.
En Decembro do ano 2000 foi inaugurado como sede da fundación " Lar " , centro pro saúde mental. Unha parte da historia da Laxe recuperada para unha causa merecedora de recoñecemento e agradecemento pola laboura realizada.

 
O Pazo da Laxe
 
A Ermita e o Cruceiro de " San Roque " ( Carril )
 

A Ermita e o Cruceiro de San Roque ( Carril )

No monte da Tomada, atópase á Ermita de San Roque .O día 16 de Agosto, celébrase a romaría anual en honra do Santo, á que acoden numerosas persoas, que realizan unha comida campestre e gozan toda a xornada coa marabillosa visión da illa de Cortegada .Un pouco máis abaixo desta ermita, nunha encrucillada do camiño que vai da Igrexa Parroquial a esta capela existe un cruceiro do que falan Xoán Ramón Marín Martínez e Clodio González Pérez autores de ( Cruceiros antigos de Vilagarcia ).No que historia e tradicións refírese, pensan que é de mediados do século XVII, gardando certas semellanzas estilísticas cos cruceiros de Fontecarmoa e Soutelo, o primeiro deles labrado en 1659.


 
Entre as pedras cae a noite

DE VILAGARCIA A CARRIL 
Camiñan descalzas polas rochas,
fantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con sargazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.

ANA ROMANÍ

 
Entre o cheiro a mar cae a noite
Bamio, a ruta Xacobea mar de Arousa
 

Bamio , a ruta Xacobea no mar de Arousa

Este camiño histórico, tamén coñecido como Ruta Xacobea Marítima ou Ruta Xacobea do Río Ulla debe o primeiro dos seus nomes a posuír unha peculiaridade que a diferenza do resto: un dos trazados pode facerse por vía marítimo-fluvial en lugar de terrestre.
A tradición conta que tras o seu martirio e morte en Xerusalén no ano 44, o corpo e a cabeza do Apóstolo Santiago foron transportados polos seus discípulos en barco desde Jaffa. Unha vez alcanzadas as costas galegas remontaron a Ría de Arousa e o Río Ulla e alcanzaron a cidade de Iria Flavia, actual Padrón. 

A antiga fonte da Praza do Mercado


A antiga fonte da Praza do Mercado ( Hoxe Independencia ).Esta praza foi nos anos 30 a zona con mais vida comercial de Vilagarcia . Con posterioridade , nos anos 50 , foi trasladada a Praza de Sta.Mª de Guillán. Hoxe as bellas pedras atopanse no centro da praza, pedras que foron testemuña da intensa vida comercial daqueles anos

A antiga fonte da Praza do Mercado
 
Dende Rey Daviña ó Obelisco
 
Dende Rey Daviña ó Obelisco


A CALLE DO RIO

A “Calle do Rio “ actualmente Rey Daviña foi nos seus tempos una das rúas mais concurridas de Vilagarcia. Hoxe ainda quedan retazos daquela época, alghuns edificios que fannos ollar ao noso pasado e recordannos a riqueza das antigas construccións que fixeron deste emprazamento una parte moi importante do centro neurálxico da nosa vila. Alghuns restaurados e outros nun penoso estado de abandono.

 
Os bancos e fontes de toda a vida


As fontes e os bancos de sempre , os de toda a vida, os de pedra e forxa,os de madeira, os nosos, os de Vilagarcia. Poucos quedan, alghuns abandonados ,apilados na oscuridade, son os que se levou a modernidade mal entendida, os que sucumbiron a frialdade do formigón.Son o que fan historia, os que sentimos como nosos e representan parte da nosa identidade. 

 
Os bancos e fontes de toda a vida
 
A Casa da familia Moreno ( Vilaxoán )
A Casa da familia Moreno ( Vilaxoán )

No ano 1919 D. Juan Moreno Tilve, amante das tradicións e costumes do país Galo comezou a construcción desta casa de estilo modernista francés. Cunha excelente e exuberante vexetación os seus xardíns están tamén inspirados nos deseños da época.
No seu interior , as portas , as manillas e a decoración fainos retroceder no tempo conservándose toda a contorna cun especial e meticuloso coidado. Posiblemente a única casa que existe en Vilagarcia con estas características.
Unha autentica belleza que nos fala de historia, gustos e costumes dos anos 20.

 
O Parque " Enrique Valdés Bermejo "

O parque “Enrique Valdés Bermejo” esta dedicado ao pretixioso farmacéutico e naturista Vilagarcián vinculado ao Real Xardín Botánico de Madrid. Con todo, a creación deste parque débese aos duques de Terranova, que nos anos 30 do século XX decidiron converter parte da súa propiedade nun xardín con gran variedade de especies exóticas que , como era natural , chegaban a través dos barcos que facían as rutas transoceánicas. Cunha extensión de 12.000 metros cadrados , é o de maior riqueza botánica de Vilagarcia. Nel podemos admirar exemplares de árbores rexistradas como únicas. Coñecido como O Castriño é a parte baixa do Castro Alobre, primeiro núcleo de poboación de Vilagarcia.

 
O Parque " Enrique Valdés Bermejo"
O Penedo de San Cristobo-O Montiño
 
O Penedo de San Cristobo ( O Montiño )


Contas as lendas que existía un tunel que unía o Montiño con Lobeira , relaciona O Castro Alobre e o Castelo medieval de Lobeira con Dona Urraca. Os Penedos de San Cristobo simbolizan o mundo máxico de Alobre. A cruz que en tempos coroaba o penedo lembraba o asasinato dun rapaz cando varios ladrons o perseguian polo misterioso tunel.
A gruta baixo os penedos garda relación co devandito túnel e zona de reunión e escape dos ladróns da Vila.

 
A antiga fábrica " A Atlantica "

A antiga fábrica da Atlantica ( Vilaxoán ) , data de finais do século XIX. Nos seus principios dedicábase á elaboración de productos químicos, alcois, lexías, etc. Neses anos a fábrica estaba provista dunhas pequenas vagonetas  que chegaban ata o mar por medio duns railes , método utilizado con frecuencia neses anos na maior parte das fábricas da zona para a carga e descarga de mercadorías. Posteriormente converteuse nunha fundición realizando primordialmente hélices de ferro fundido para barcos. Os traballadores desta fábrica fixeron o despezamento do famoso “ Cabo Razo “ .

A antiga fábrica " A Atlantica "
 
Placas que rememoran e homenaxean
Placas que rememoran e homenaxean

Estas son algunhas das placas e inscripcións que hai en Vilagarcia.
Rememoran e homenaxean a diversos persoaxes que deixaron unha huella indeleble no noso pobo, médicos , profesores , deportistas , persoas que fixeron da súa existencia unha vida de entrega e dedicación. Unha vida caracterizada pola lealdade ás súas paixóns, en moitos casos como no do Dr Moreira Casal, entregada mesmo en detrimento da súa propia saúde.
Todos , absolutamente todos , merecen o noso recoñecemento, o recoñecemento dun pobo que debe ser agradecido. A nosa homenaxe ao seu gran labor e traballo .

 
Os bustos en Vilagarcia

Os bustos non se consideran un fragmento parcial dunha obra, senón que son, en si mesmos, a obra completa . A arte de representar en busto vén da antigüidade, e aínda que existen exemplares do Antigo Exipto (realmente, eran cabezas funerarias ou modelos de taller), e da Antiga Grecia, foi durante o Imperio Romano cando se empezou a representar profusamente a persoaxes.
Representan persoas que destacaron con relevancia.
Estes son os que hai en Vilagarcia

Os bustos en Vilagarcia
 
Bamio , o Campanario das alertas
 
Bamio , o Campanario das alertas

Despois de multiples asaltos, os Normandos optaron por penetrarse en Galicia a través da nosa Ria por ser a menos perigosa , unha ria grande que se vai estreitando aos poucos entre praias numerosas e recollidas, de gran comodidade para os invasores, que as utilizaban como lugares de descanso ou bases para a repetición dos ataques. Ademais, ao fondo da ría Arousá atopábase Iria Flavia, que entón era centro de prelados e o porto máis próximo a Santiago de Compostela, de onde chegaba a fama do ouro de Galicia e das súas igrexas e catedrais. Naquela época da idade media os campanarios como este situado en Bamio, eran utilizados para alertar aos pobos lindeiros das invasións, Así desta forma dende o inicio da Ria ata o seu final, as campás das distintas comarcas ían soando sucesivamente.

 
Pequenos anacos da historia




Esos pequenos anacos que respiran historia

Pequenos anacos da historia
Nas entrañas do Convento de Vista Alegre
 

Nas entrañas do Convento de Vista Alegre

Poucas veces temos a oportunidade de adentrarnos na parte baixa do Convento de Vistalegre.Hoxe tivemos a gran sorte de poder fotografiar unha parte moi importante da nosa historia. Construido sobre a antiga Capela de San Cristobal ,  os arcos de pedra e as distintas estancias fannos retroceder no tempo.

As esculturas da antiga Comandancia


Neste edificio, situado á beira da praia Compostela , estivo antigamente a Comandancia de Mariña de Vilagarcia. Se hai algo que sempre nos chamou a atención son as esculturas que adornan o seu patio interior , lembrámolas aí sempre. No ano 1969 a propiedade era de Manuel Lopez. Actualmente os seus propietarios seguen conservando a casa nun excelente estado respetando cada rincón tal e como foi concebido dende a súa construcción.

 
As esculturas da antiga Comandancia
 
A Igrexa de Sta. Eulalia de Arealonga
 

A Igrexa de Sta. Eulalia de Arealonga ( Sta. Baia )

A pesar de ter obras do gran escultor Mateo do Prado ,a igrexa de Santa Eulalia de Arealonga non deixa de ser unha igrexa modesta, con fachada espida, que sobe ata o alto e que forma un só lenzo flanqueado por chatas torres. Pequena portada que encerra a porta adintelada dentro de pilastras de festón vertical rehundido, entablamento de casetones en resalto e frontón curvo partido que encerra unha hornacina de arco de medio punto, coroado por un frontón curvo. Sobre ela hai unha xanela rectangular cuxa misión é dar luz á nave, flanqueada por dous grandes escudos, con coroas caladas, en cuios cuarteis se representan as armas dos Andrade Sotomayor e Caamaño.
A planta é de cruz latina, cunha soa nave de catro tramos e Capela Maior e dúas capelas construídas nos tramos do cruceiro. No primeiro tramo da nave atópase o coro alto de bóveda vaida. Nos lenzos do interpilastrado do primeiro e segundo tramo hai dous nichos de arco de medio punto sobre impostas que serven de marco a senllos altares. Sobre eles así como no tramo seguinte ábrense xanelas laterais que dan luz á igrexa, cuberta de bóvedas de canón seguido con casetones de nervios en resalto, que lembran a nave principal da igrexa de San Martíño Pinario de Santiago de Compostela.

 
Carril . Imaxes que reviven a historia

Carril esta chea de historia , de recordos, de homes e mulleres que fixeron do seu pobo un lugar inseparable da historia de Vilagarcia. A primeira estación ferroviaria, a Aduana. Centro de unha vida comercial importante e de multiples acontecementos que fixeron historia. Hoxe as súas edificacions fannos lembrar os seus orixes, os orixes dun pobo mariñeiro ata a médula, dun pobo traballador e sacrificado, Carril é HISTORIA VIVA.

 

Carril . Imaxes que reviven a historia
 
Pazos e casas con historia
 



PAZOS , CASAS E CONSTRUCIÓNS DA NOSA HISTORIA

 
O Concello de Vilagarcia

No ano 1887 escomenzou a construción do Concello de Vilagarcia, tres anos despois no ano 1890 ,exactamente o 25 de Xaneiro inaugurouse o edificio baixo o proxecto redactado por Domingo Sesneros e como contructor Manuel Gonzalez Soto sendo Alcalde D. Daniel Albarran . O prezo total da obra ascendeu naqueles anos a 105.040 Pts. Actualmente e despois da restauración acometida hai uns anos tanto as estancias como o salón nobre consérvanse intactos . Chámanos a atención os cadros, os bustos e as tallas realizadas no pe das escaleiras de entrada . Obras de arte que xeralmente pasan inadvertidas

O Concello de Vilagarcia
 
A entrada da Casa Patiño
 

A entrada da antiga finca da família Patiño
 

Esta construción en Trabanca Badiña foi recuperada da antiga e grande finca da família Patiño. En realidade foi o único que quedou en pe co paso dos anos, Agora está recontruida moi preto do seu emprazamento orixinal e pertence ao principio do século pasado.

 
 
FOTOS III
GALERÍA DE IMAXES II

1 --- Casa " O Barcelo "
2 --- A Igrexa de Carril
3 --- Pazo de Rúa Nova 
4 --- A casa dos Martinez
5 --- A casa de Dña. Restina Carús
6 --- San Pedro de Fontecarmoa
7 --- O Pazo de Vista Alegre
8 --- A casa do "Guardaagujas"
8 --- San Martín de Sobrán II
9 --- Os bustos do Xardín Fleming
10 - O Museo do Ferrocarril
11 - O Pazo da Laxe
12 - Ermita de San Roque ( Carril )
13 - De Vilagarcia a Carril de noite
14 - Bamio , a Ruta Xacobea
15 - A antiga fonte do Mercado
16 - Dende Rey Daviña ó Obelisco
17 - Os bancos de toda a vida
18 - A casa da familia Moreno
19 - Parque Enrique Valdés
20 - O Penedo de San Cristobo
21 - A Atlantica ( Vilaxoán )
22 - As placas que homenaxean
23 - Os bustos en Vilagarcia
24 - O Campanario de Bamio
25 - Pequenos anacos da historia
26 - Nas entrañas de Vista Alegre
27 - A antiga Comandancia
28 - A Igrexa de Santa Eulalia
29 - Carril , imaxes
30 - Casas da nosa historia
31 - O Concello de Vilagarcia
32 - Entrada da casa de Patiño

 
Igrexa de Carril
Vign_carril_5
 
`Pazo de Rúa Nova
Vign_pazo_ua_nova_y_sobran_005
 
A Casa de Martinez
Vign_casa_candido_cornazo_005
 
A familia Cordal-Carús
Vign_o_castro_028
 
San Pedro de Fontecarmoa
Vign_inv_esp_frades_2
 
Casa " O Bacelo "
Vign_rubianes_y_loriga_052
 
Vign_rubianes_y_loriga_060
 
O Pazo de Vista Alegre
Vign_vistalegre_de_cerca_009
 
Vign_vistalegre_de_cerca_036
 
A casa do Guardaagujas
Vign_rubianes_y_loriga_077
 
San Martín de Sobrán
Vign_sobran_de_cerca_028
 
Xardín Fleming
Vign_bustos_xardins_fleming_017
 
Vign_bustos_xardins_fleming_028
 
Vign_bustos_xardins_fleming_057
 
O Museo do Ferrocarril
Vign_museo_ferrocarril_016
 
O Pazo da Laxe
Vign_pazo_da_laxe_091
 
Vign_pazo_da_laxe_004
 
Ermita de San Roque
Vign_capilla_041
 
De Vilagarcia a Carril
Vign_paseo_carril_de_noche_033
 
Vign_paseo_carril_de_noche_092
 
Bamio, a Ruta Xacobea
Vign_bamio_fotos_106
 
Vign_bamio_fotos_017
 
A fonte do Mercado
Vign_fonte_guillan_008
 
A Calle do Rio
Vign_calle
 
Os nosos bancos
Vign_paseo_carril_de_noche_016
 
Casa da familia Moreno
Vign_vilaxoan_020
 
Vign_vilaxoan_021
 
Parque Enrique Valdés
Vign_parque_bermejo_171
 
Penedo de San Cristobo
Vign_parque_bermejo_098
 
Vign_parque_bermejo_065
 
A ATLANTICA-Vilaxoán
Vign_vilaxoan_016
 
Placas que homenaxean
Vign_placas_007
 
Os bustos en Vilagarcia
Vign_placas_027
 
O Campanario de Bamio
Vign_bamio_fotos_057
 
Vign_bamio_fotos_035
 
Vign_011
 
Vista Alegre
Vign_convento_bajos_040
 
A antiga Comandancia
Vign_figuras_comandancia_2_001
 
Igrexa de Santa Eulalia
Vign_iglesia_villa_006
 
Vign_iglesia_villa_004
 
Carril
Vign_carril_imagenes_034
 
Pazos e casas
Vign_008
 
O Concello de Vilagarcia
Vign_fotos_concello_043
Vilagarcía, Patrimonio e historia