|
|
SE QUERES VER AS FOTOGRAFIAS AMPLIADAS PICA NA ASPA DE CADA ALBUM
|
|
|
|
|
|
|
Os últimos resquicios da nosa historia
|
|
|
|
|
|
|
Aínda se mostra como un tesouro por descubrir para moitos. O primeiro dos seus achados data do ano 1905, cando se descobren máis de 30 sepulturas nunha necrópole por Juan Fernández-Gil Casal. Este gran número de enterramentos fai pensar que o lugar era unha evidente gran urbe comecial, aínda non atopada ata a data; da cal se ten maior constancia por unha ara romana, dedicada a Neptuno, que a fai vinculable a un transporte marítimo de gran importancia. Dita ara foi descuberta en 1940, coa inscrición ofrecida por Quintus Cilenus. Falase da estreita relación entre os castrexos e un mar cargado de alimentos, e vía de intercambios mercantís con portos distantes. As lendas falan da existencia dun túnel baixo os penedos no alto do Castro; túnel que levaba directamente ao Castelo medieval de Lobeira, situando a Dona Urraca na Vila. A gruta baixo os penedos garda relación co devandito túnel e zona de reunión e escape dos ladróns da Vila.
|
|
|
|
|
|
|
Alguns detalles que pasan inadvertidos |
|
|
As veces, case sempre, caen no olvido pequenos detalles e pasan inadvertidos.Son pequenos simbolos que nos seus tempos foron seña de identidade de diferentes espazos da nosa cidade .Hoxe ainda que son pequenos, fan grande a nosa historia.
|
|
|
|
|
|
|
Casa Medina de las Torres |
|
|
Vilagarcia debería recuperar as casas emblematicas que formaron parte da súa historia. Loitaremos para que no seu día o Concello recuperere esta casa chea de recordos para o disfrute de todolos Vilagarcians.Forma parte dunha época dourada da nosa vila .Ten uns xardins centenarios e dignos de restauración.
|
|
|
|
|
|
|
Casa Medina de las Torres |
|
|
Na súa orixe, os lavadoiros eran de "terrones"; aproveitábase un lugar onde a auga era abundante, á beira dun manantial e se estancaba rodeando unha pequena zona por medio de terrones. Os veciños utilizaban pedras máis ou menos planas, chamadas lavadoiros, que apoiadas sobre os terrones servían de base onde fregar a roupa. Estes lavadoiros adoitaban estar á beira dunha zona de prados ou campo que lles servían para pór a roupa a clarear. Posteriormente faríanse os lavadoiros integramente de pedra. Adoitaban ser públicos e por iso existían xeralmente, algunha construción deste tipo en cada núcleo de poboación. Os lavadoiros en Vilagarcia foron numerosos , algúns aínda existen en boas condicións, outros como o do rio do Con desgraciadamente desapareceron.
|
|
|
|
|
|
|
O Petroglifo dos Ballotes (Bamio) |
|
|
As orixes de Vilagarcía remóntanse á segunda metade do século XV (1441), cando D. García de Caamaño dá unha franquícia aos "moradores et pobradores" do que define como "meu porto e lugar". Aquelas primeiras edificacións construíronse na zona denominada O Castro, parte inicial do que hoxe coñecemos como Vilagarcía de Arousa. Con todo, os asentamentos no municipio remóntanse moitos séculos atrás. Boa mostra témola nos gravados rupestres . Os petróglifos de os Ballotes , na parroquia de Bamio, están considerados os vestixios máis importantes (segundo milenio a. de C.) atopados na nosa zona. As figuras representadas neste achádego, inclúen tres cervos en movemento; outros que portan na sua parte de atrás un círculo, que se pode interpretar como unha alegoría ao círculo solar; e outra escena na que se representa un animal que leva no seu grupa a un antropomorfo.
|
|
|
|
|
|
|
Camiño por ese patio que tantas veces pisei, a miña nostalxia se desangra e o corazón en multitude pugna por saír do peito, baleira vólvoche a ver. O parque está abatido, cuberto de pasteiro as túas roseiras e magnolias choran ao verme pasar. As túas mudas xanelas cheiran a recordos e a piedade enrejadas de tristeza e enlutadas de horfandad. Os trasgos que hoxe che habitan acariñan as túas paredes e atesouran as miñas vivencias coas súas invisibles redes. Trinta anos acubillaches amor e felicidade mil proxectos concretados, fracasos e moito máis. Coñeces dos meus insomnios, vella casa que sumisa e mansamente abrigaches a miña pesar. as miñas bágoas saúdanche, vella casa familiar! Elisa Ponce
|
|
|
|
|
|
|
A vella casa famiiar (Fontecarmoa) |
|
|
O Pazo de Rubians é un do tres señoríos que hai en España recoñecidos oficialmente. Concorren alí un gran edificio palaciego, en perfecto estado de conservación, un proxecto xardinístico, un singular cinto arbolado e un viñedo de uva Albariño de 21 hectáreas. A orixe da casa de Rubiáns hai que buscalo na Idade Media, cando no século XII a familia Caamaño, titulares da Casa de Noya establécense na beira oposta da ría. En 1535 escíndense as Casas de Noya e de Rubiáns, sendo Felipe II quen concede á familia García Caamaño o título de Marqués de Rubiáns, cedéndolle os territorios de Santa Baya de Arealonga. Ao redor desta familia creouse nun principio un burgo mariñeiro que posteriormente deu lugar á Vila de García, as orixes da actual Villagarcía de Arousa, que adoptou como escudo o propio da familia, onde se observa o piñeiro con dez lanzas.
|
|
|
|
|
|
|
SAN MARTÍN DE SOBRÁN Situada en Vilaxoán, está considerada como un dos máis bellos exemplares da arquitectura románica en Galicia. A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro, citado en documentos do século X. Sobre as ruínas deste mosteiro construiuse no século XII o actual templo formado por unha nave e unha ábsida semicircular. No interior da igrexa consérvase o sepulcro de estatua yacente de don Juan Mariño Sotomayor. Na fachada destaca a orixinal xanela de dobre par de columnas con dobre arquivolta, que se situa intercalada entre o roseton e a portada inferior.
|
|
|
|
|
|
|
A casa da familia González Garra |
|
|
A casa da familia Gonzalez Garra |
|
|
A antiga casa da familia Gonzalez Garra é unha das que se conserva actualmente en mellor estado . Foi adquirida a principios do século pasado e reformada entre os anos 1919 e 1920 engadindolle as galerías que ten na actualidade. Como todalas casas situadas nesta zona, o mar chegaba ata a balaustrada que podemos observar nas fotos. Posteriormente, co trazado da estrada que une Vilagarcia con Vilaxoan , o espazo quedou dividido conservando un pequeno lago artificial que transcorre por unha canalización subterránea. Hoxe e coñecida como “ A Casa do Lago “ O noso agradecemento a Wenceslao Gonzalez-Garra pola cesión das imaxes
|
|
|
|
|
|
|
CORTEGADA, PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS A Illa de Cortegada pode considerarse como un gran Xardín Botánico da Comunidade Galega. A súa riqueza botánica é, sen ningunha dúbida, o seu maior atractivo e sobre todo o bosque de loureiro que ocupa 2'5 hectáreas de todo o territorio da illa considerado como o maior de Europa .Tamén se poden observar algúns fósiles , seguramente de corais, nos materiais graníticos que hai na zona sendo unha excepción dentro destes tipos de materiais. Pola súa situación privilexiada estívose a piques de construír nela unha urbanización de luxo , afortunadamente non se perdeu un dos sitios en Galicia máis bellos e interesantes que se conservan en estado salvaxe e natural. Nela apenas notase a influencia do home.
|
|
|
|
|
|
|
O Pazo Rial está situado no límite fronteirizo con Vilanova, este pazo, hoxe reconvertido en hotel, foi construído en 1696 por Juan Antonio Mariño coa pedra e sillería da fortaleza de Lobeira. De estilo barroco, chama a atención a súa capela, o seu cruceiro, o antigo hórreo e o seu bello palomar. Ten a estrutura clásica dos pazos que foron acondicionados como residencias señoriales sobre antigos castelos e fortalezas. Destaca nel a súa ornamentación barroca en portas e balconadas.
|
|
|
|
|
|
|
A escultura do Dr. Fleming. 1976 |
|
|
Busto sobre pedestal realizado en pedra e inaugurado o 16 de Agosto de 1976. Esta obra é do artista galego Alfonso Vilar Lamelas, autor dunha trintena de esculturas realizadas en granito e que se localizan por toda a xeografia galega. No Grove, destaca a súa obra á familia mariscadora (1972) e localizada no porto. En Sanxenxo é coñecida a emblemática "Madama de Silgar". En Vigo, o monumento ao Pescador localizado na praza do porto do Berbés, etc. Sobre o pedestal deste monumento lese "homenaxe ao benefactor da humanidade Dr. Fleming, doado por Enrique Campos Dopazo ( Ricucho )"
|
|
|
|
|
|
|
A escultura do Dr. Fleming. 1976 |
|
|
O Petroglifo de Fonte Loureiro. Xiabre |
|
|
O Petroglifo de Fonte Loureiro. Xiabre |
|
|
No pico da Xaiba sitúase un castro aparentemente ben conservado. En diversos "chans" ou zonas chairas, como a denominada Rosa de Parroibas, localizáronse diversos túmulos funerarios de probable cronoloxía neolítica. Un de estos túmulos, o máis grande, sitúase nun espolón denominado Fonte Loureiro. Os veciños de Castroagudín relatan diversas lendas que unen o castro dá Xaiba co pobo a través dunha gabia (de onde viría o nome). Tamén sinalan a existencia dun túnel ou gabia desde Fonte Loureiro.
|
|
|
|
|
|
|
Lobeira co tempo converteuse nunha fortaleza de grande importancia na Idade Media, onde se forxaron capítulos reseñables da historia do Reino de Galiza. Nos séculos XI e XII a fortaleza adquiriu unha nova relevancia, da cal son protagonistas Dona Urraca, o seu fillo Afonso VII a mais do Arcebispo Xelmírez.
|
|
|
|
|
|
|
O antigo colexio " San Agustin " |
|
|
O antigo colexio San Agustin ( O Castro ) No Castro podemos ver este edificio castigado polos anos nun estado lamentable de abandono. Fundado en 1886 co nome de “ Colexio San Agustín “ e anterior ao emblemático León XIII, podemos decir que foi senón o primeiro , un dos primeiros colexios de Vilagarcia. Estaba dirixido por Martín Gomez Abal gran profesor e pedagogo . Nel estudiaron persoaxes como o Dr Carús, Andres Muruais ou Agüero e Pardo. Naqueles anos este colexio estaba subvencionado polo Concello para persoas de escasos recursos económicos. Unha placa na súa fachada rememora ao seu fundador homenaxeado en vida en dúas ocasións ,1924 e 1926. Outro edificio mais da nosa historia que asiste, como outros moitos, á inxusta condena do abandono.
|
|
|
|
|
|
|
" O teatro Garcia " O primeiro teatro de Vilagarcia O teatro "Garcia " foi o primeiro salón de cine e teatro que existiu en Vilagarcia. Construído a finais do século XIX por Juan Garcia, neste espazo representáronse numerosas obras de teatro e proxeccións de cine mudo. Foi tamén lugar de diversas celebracións, bailes de entroidos, festas de fin de ano etc. Posteriormente utilizouse para a sociedade Circulo Mercantil. Actualmente está restaurado nunha parte da súa estrutura e segundo as últimas novas publicadas nos medios en breve rematarase por completo. Unha gran noticia para a recuperación da nosa historia e dun espazo testemuña de innumerables acontecementos.
|
|
|
|
|
|
|
Constuida a finais do século XIX, Villa Guimil e unha das casa mais antigas de Vilagarcia. A tremenda e feroz especulación urbanistica deixouna no medio de varias edificacions construidas na propia finca que rodeaba a casa. Hoxe so quedan os restos abandoados do que no seu tempo foi testemuña dos anos dourados no Barrio da Prosperidade.
|
|
|
|
|
|
|
Patrimonio - Casa Da Mona ( Renza ) |
|
|
Patrimonio - Casa Da Mona ( Renza ) En Renza atopamos unha casa cargada de historia ,o Pazo-Casa Da Mona. Contruida no século XVIII, exactamente no ano 1721 a súa dona Rosa Diz ante a imposibilidade de restaurala contempla con tristeza como a súa propiedade vai sufrindo o paso dos anos. Mercada polos seus país Manuel e Isolina no ano 1941, e unha autentica xoia que pese aos seus intentos por restaurala nunca atopou a maneira para que o seu desexo convirtase nunha realidade. Unha vez mais as pedras falan co seu silencio, unas pedras que no seu día foron símbolo do explendor en épocas pasadas.
|
|
|
|
|
|
|
Patrimonio - Casa Da Mona ( Renza ) |
|
|
A Casa da familia Rey-Stolle . Vilaxoán |
|
|
A casa da familia Rey-Stolle . Vilaxoán |
|
|
En Vilaxoán podemos ollar esta casa .Dende fai moitos anos propiedade da familia Rey-Stolle Oriundos de Santiago, como moitas familias daqueles anos , pasaban as tempadas estivais neste enclave situado a beira da rúa que une Vilagarcia con Vilaxoán. Antiguamente esta rúa estaba dentro da propia finca conformando un espazo de xardín de dimensions considerables. O seus arbores centenarios fan desta casa un paraxe idilico e cargado de historia.
|
|
|
|
|
|
|
Os últimos retazos do Castro |
|
|
Se temos que lembrar a historia das rúas de Vilagarcia é obrigado comezar por O Castro posto que nesta zona estaba situado o gran areal que era frecuentado, dende tempo inmemorial, por pescadores que sobre el construían as súas chozas e que deu pé a García de Caamaño, "O Vello", a ditar a súa "Carta Pobla" o 12 de maio de 1441, co cal quedaba fundado o burgo mariñeiro que hoxe coñecemos como Vilagarcía. O Castro debe o seu nome orixinariamente á súa situación un pouco elevada nun gran areal e que permitía a esta zona quedar emerxida e illada en certas mareas. Logo foi crecendo a medida que se foi construíndo de tal maneira que o construtor tiña que encher ao mar a mesma superficie que ocupase a súa construcción.
|
|
|
|
|
|
|
Os últimos retazos do Castro |
|
|
VILAGARCÍA DE AROUSA NOS ANOS 70-80 |
|
|
|
|
1 -- O Castro Alobre
2 -- Pequenos detalles
3 -- Casa Medina de las Torres
4 -- Os lavadoiros
5 -- O Petroglifo dos Ballotes
6 -- A vella casa familiar
7 -- O Pazo de Rubians
8 -- San Martin de Sobrán
9 -- A casa de Gonzalez Garra
10 -- Cortegada, Parque Natural
11 -- O Pazo Rial
12 -- O busto do Dr. Fleming
13 -- Os petroglifos de Xiabre
14 -- Lobeira
15 -- O colexio " San Agustin "
16 -- O antigo teatro " Garcia "
17 -- Villa Guimil
18 -- Patrimonio - Casa Da Mona
19 -- Casa da familia Rey-Stolle
20 -- Os últimos retazos do Castro 21 -- Vilagarcía nos anos 70-80
|
|
|
|
|
|
|
Fundición de Alemparte ( Carril ) |
|
|
Medina de las Torres-1920 |
|
|
San Antoniño do Pousadoiro |
|
|
A Pasarela de Vista Alegre |
|
|
|