search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 
Os últimos resquicios da nosa historia
 

SE QUERES VER AS FOTOGRAFÍAS AMPLIADAS PICA NA ASPA DE CADA ÁLBUM

 
PAZO DE SOBRÁN (VILAXOÁN) - INTERIORES - Fotos : J.C.Porto
 
O Pazo de Vista Alegre - Interiores

O Pazo de Vista Alegre foi construído no S. XVI. D. Álvaro de Mendoza e Sotomayor, fillo terceiro de García de Caamaño "El Alto", fíxose cargo en herdanza do mesmo así como do Señorío de Vilagarcía herdando do seu irmán Rodrigo de Mendoza, Abad de Teverga (Asturias) e Confesor do Emperador Carlos V, tamén o Castro de Vista Alegre concedído en censo perpetuo o 5 de Marzo de 1522 os monxes do Mosteiro de San Martín Pinario de Santiago. Actualmente é unha propiedade privada non visitable e no seu interior garda interesantes e valiosos documentos así como obxectos da época.

O meu mais sinceiro agradecemento a Revista "eS más" pola oportunidade que me brinda de publicar estas imáxes inéditas de gran valor por tratarse  dun dos expoñentes mais sobresaintes do  patrimonio vilagarcián.

 
O Pazo de Vista Alegre - Interiores - Imaxes : 31 - Cesión Revista "eS más"
 
O PAZO DA GOLPELLEIRA - (A Torre)
Grazas á amabilidade das persoas que actualmente rexentan o “Pazo da Golpelleira” , tivemos a oportunidade de fotografiar un espazo tan ligado á historia de Vilagarcía. Da fortaleza orixinal apenas quedan vestixios como resultado das alteracións a que foi sometido no pasado século. A capela, á que se accede por un pasadizo que discorre por enriba dun magnífico arco que se integra no portalón, é sumamente interesante polo seu retablo, presidido pola Virxe de Guadalupe. Santificado por un cruceiro. O xardín, magnificamente restaurado, de traza xeométrica francesa, posúe unha variedade de especies, dende as tradicionalmente galegas, ata as exóticas palmeiras, cedros, magnolios, camelios e árbores propias de rexións tropicais. Actualmente realízanse eventos nunha paraxe dunha beleza espectacular.
 
O Pazo da Golpelleira na Torre (Vilagarcía) - Fotos : J.C.Porto - Total : 50
 
A antiga casa dos Duques de Terranova
 
A antiga casa dos Duques de Terranova
A principios do século XX, os Duques de Terranova levantaron este singular pazo onde durante moitos anos veranearon na compaña tan relevante como os Reis de Bélxica, Balduino e Fabiola. Decidiron naquel entón crear nesta finca un bosque cheo de árbores exóticas que chegaron dende distintos recunchos do mundo. Naquela época, a fisionomía desta parte da cidade era ben distinta á actual, o mar chegaba ata as mansións da  Comboa, grandes casas ocupadas polas familias adiñeiradas da época e que posuían o seu propio embarcadoiro. Desta forma, e traídos por mar, os Duques de Terranova crearon a súa particular colección arbórea. Desde entón, O Castriño non deixou indiferente a quen tivo a oportunidade de pasearse polo seu bosque e belos xardíns. Hoxe, máis de vinte anos despois desde que un fatal incendio levase con él o esplendor do interior dos seus muros, a súa contorna volve brillar como nunca, a recuperación e o coidado do bosque, fan da finca a contorna ideal para todo tipo de celebracións. Texto : www.pazogalicia.com
 
 

O ANTIGO CONDUTO DE AUGA ACHADO EN VISTA ALEGRE.


Acábase de descubrir durante o inicio das obras da nova pavimentación da Rúa Vista Alegre. Hoxe os medios de comunicación fanse eco da nova. Fomos a fotografialo antes de que o taparan. Segundo os técnicos de Patrimonio podería pertencer mesmo ao século XVIII e contemplan a posibilidade de poñelo en valor deixándoo á vista o cal sería unha boa nova para a recuperación deste retazo da nosa historia. 20-11-2015

 
O antigo conduto - Vista Alegre
 
A demolición da casa do Dr. Moreira
 
A demolición da casa do Dr. Moreira
 
Era a casa dunha das persoas máis sobresaíntes e queridas de Vilagarcía. O Dr. Moreira Casal era coñecido como o “Médico dos pobres” pola súa inestimable entrega sempre altruista, sobre todo aos máis desfavorecidos. Nun admirable exercicio da súa profesión o Dr. Moreira desempeñábaa mesmo á conta da súa propia saúde. Sen días nin horarios, acudía a cabalo a calquera lugar onde era requirido. A casa estaba situada na Avda. que actualmente leva o seu nome, na subida á estación de Ferrocarril, e foi tristemente demolida en Xuño do ano 2002.

Imaxes cedidas por José Manuel Mariño

 
Sorolla obra " La Romeria " - 1915


Para pintar a Romaría galega Sorolla instalouse en Vilagarcía de Arousa no ano 1915, no castelo de Vista Alegre. Naqueles anos daba directamente á ría. Neste mural, Sorolla fai confluír unha romaría cunha feira de gando e nela entrelaza persoaxes como uns gaiteiros , tres mozas sentadas en primeiro plano cunha cesta cuberta cun mantel branco e o grupo central de cinco raparigas das que unha das dúas primeiras mira ao gaiteiro con curiosidade e a outra dirixe os seus ollos ao espectador, convidándolle a mirar a escea. Óleo sobre lienzo; 351 x 300 cm

 
Os bocetos de Sorolla II
A fonte do Castro restaurada
 
A fonte do Castro restaurada

 

No ano 1875 o Concello de Vilagarcia presidido por José Bargés Carrós inaugurou esta fonte, unha das primeiras que se construíron en Vilagarcia. Naquela época moitas familias do noso pobo acudían a ela coas famosas sellas , baldes de forma cónica aos que habitualmente lle introducían unha cortiza co fin de que ao recoller a auga non lles salpicara .Era naqueles anos unha das maiores comodidades para os habitantes do noso pobo xa que evitaba o ter que trasladarse aos manantiais mais próximos .Unha fonte sinxela pero dun gran valor histórico e patrimonial para Vilagarcia á que hoxe, por fin, dámoslle a importancia que se merece. 2014

Fotos : J.C.Porto

 
Unha casa con historia

A CASA ONDE VIVÍU XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO E AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

Nesta casa situada na Rúa Vicente Risco e ainda conservada viviron os destacados escritores Xosé María Díaz Castro e Aquilino Iglesia Alvariño durante a súa estancia en Vilagarcía de Arousa como profesores do colexio León XIII. No ano 1986 Aquilino Iglesia Albariño foi homenaxeado no día das Letras Galegas. Este ano, 2014, será homenaxeado Xosé María Díaz Castro

 
Unha casa con historia
Os Cruceiros en Vilagarcia
 
Os Cruceiros en Vilagarcia

Os cruceiros están considerados como unha das manifestacións máis xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remontase segundo algúns autores á época prehistórica en lugares nos que existían menhires, e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presencia nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.
Están situados nas encrucilladas de camiños, e en espacios vencellados con crenzas pagás posteriormente cristianizadas cos propios cruceiros como os lugares máxicos de curación, de reunión de ánimas, bruxas, etc. Deste xeito estes elementos adquiren un carácter simbólico sagrado, normalmente coa función de protección.Neste album iremos engadindo mais. 

Sorolla obra " La Romeria " - 1915


Para pintar a Romaría galega, Sorolla instalouse en Vilagarcía de Arousa, no castelo de Vista Alegre. Naqueles anos daba directamente á ría. Neste mural, Sorolla fai confluír unha romaría cunha feira de gando e nela entrelaza persoaxes como uns gaiteiros , tres mozas sentadas en primeiro plano cunha cesta cuberta cun mantel branco e o grupo central de cinco raparigas das que unha das dúas primeiras mira ao gaiteiro con curiosidade e a outra dirixe os seus ollos ao espectador, convidándolle a mirar a escea. Óleo sobre lienzo; 351 x 300 cm

 
Os bocetos de Sorolla I
 
A Familia Calderón

A familia Calderón , fascinados pola beleza da nosa ria, construiron esta casa onde pasaban os verans daqueles dourados anos vinte. En moitas fotos da época podese ver como o mar chegaba a sua porta. Hoxe tristemente só quedan as ruinas do que no seu tempo foi una casa chea de vida. É parte da historia, da historia do noso pobo.






A casa da familia Calderón
 
A casa de Foronda. Século XVIII
 
A casa da familia Foronda

As veces os anos fan mella nalguhns lugares que no seu tempo foron sinal ineludible na vida dos nosos antepasados. O silencio, a soedade e o abandono misturanse facendo que lugares coma este perdanse no tempo e vaian desaparecendo ata chegar a convertirse nunha triste imaxe plasmada sobre un esquencemento inxusto. No camiño de Cornazo a Zamar atopamos esta casa protexida nun paraxe idílico donde o abandono e a vexetación cruel ameaza os últimos vestixios da súa historia.Posiblemente unha das casas mais antigas de Cornazo propiedade da familia Foronda a finais do século XVIII.

Blanca de Igual

Blanca de Igual naceu en Madrid en 1880.Casada co Vizconde de Llanteno era gran afeccionada á política nunha época na que as mulleres tiñan tal área vedada.
Viúda desde 1923, o entón presidente do goberno promoveu a súa participación na xestión municipal de Madrid sendo unha das tres primeiras mulleres concelleiras. Casada en segundas nupcias con Dn.Jose Luís Albarran,vilagarcián,pasaba longas tempadas nesta casa da súa propiedade situada nos Martices. Na calle Dn. Ramón de la Cruz, en Madrid, unha placa lembra donde viviu e o seu paso pola política.

 
A casa de Blanca de Igual nos anos 30
 
O muiño da Laxe
 
O Muiño da Laxe


Ao final do paseo da Coca, na Laxe, atopamos este Muiño, testemuña de moitos acontecementos e unha xoia que debe ser restaurada, apesares de que o discurso do rio foi modificado e a auga xa no pasa por debaixo da estructura. Vilagarcia adoece deste tipo de construccións e a súa situación ,en pleno centro da cidade, fai que teña un valor engadido.






 
San Antoniño do Pousadoiro

O Pazo San Antoniño do Pousadoiro pertenceu a Don José Manuel Lorenzo y Gandara casado en 1775 con Maria de Araújo Prego e Romero (do Pazo de San Salvador de Sobradelo) os seus pais eran D. Manuel Lorenzo y Alfonsin e Dona Josefa de la Gandara y Lemos. Non existe moita documentación e ten pezas engadidas de nova arquitectura.
 No ano 1828 o seu propietario escribe no seu testamento:
"Idem legato y dejo todos los bienes libres que poseo en el lugar de la Viña del Pousadoiro... a beneficio de la capilla del Glorioso San Antonio, sita en dicho sitio del Pousadoiro, cuyos bienes mando se agreguen a los más de la Casa principal vincular, y que su producía se emplee enreparos de la Capilla cuando sea menester..."

 
San Antoniño do Pousadoiro
 
O Pazo de Sobran
O Pazo de Sobran (Vilaxoan)

O Pazo de Sobran foi levantado no século XV por Suero Gómez de Sotomayor, un dos fidalgos máis importantes da bisbarra. Na súa construción utilizáronse os restos do antigo mosteiro de Calogo (século XI), en Vilanova. Aínda que está formado por un corpo central flanqueado por dúas torres, ofrecendo polo tanto a imaxe típica dun pazo, a súa estrutura nada ten que ver coa do Rial, por exemplo, xa que en Sobrán advirtense claramente os engadidos e a súa orixe medieval. O seu carácter defensivo-militar o priba da exhuberancia ornamental típica dos pazos galegos. Ao seu lado atopase a igrexa parroquial de San Martín, do século XII.

 
O Pazo de Pardiñas

O Pazo de Pardiñas foi construído no século XVI por Xoán Daval e Maria Perez de Leiro, fundadores do Convento de Cambados. Logo, pertenceu aos Marquéses de Casa Pardiñas. Actualmente, o edificio foi absorbido pola cidade e os seus xardíns estan separados pola rua.
Na parte posterior queda un pequeño xardín rodeado por un muro almenado cun cruceiro e unha fonte.
A edificación consta de dúas plantas unida a unha torre de tres alturas.
Na actualidade ocupa unha manzana do casco urbano e esta rodeado por ruas en todo o seu contorno.
E de destacar a súa torre principal volada sobre canzorros de grandes dimensions.

O Pazo de Pardiñas (Vilaxoan)
 
Rubians Patrimonio ecolóxico
 
Rubians Patrimonio ecolóxico

Os camiños galegos teñen, desde época medieval, unha importancia vital para a circulación de bens, peregrinos, ingresos económicos procedentes de portádegos, etc. Sufriron diferente sorte a través dos tempos en canto á preocupación polo seu mantemento.
E necesario sensibilizarnos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un PATRIMONIO ÚNICO E IRREPETIBLE que temos a obriga de preservar para as futuras xeracións. Hoxe ollamos Rubians , o encanto dos seus camiños históricos e alguns enclaves onde a natureza recita co seu silencio.



A antiga fundición de Alemparte

A antiga fabrica de Alemparte foi no século XIX unha das fundicions mais sobresaintes de Galicia. A beira do mar de Carril podemos ollala no actual paseo da Praia Compostela. Esta fundición estaba adicada, nos seus tempos, básicamente a fabricación de pezas para navieras non obstante deixou tamen en Vilagarcia pezas emblemáticas como os antigos bancos de ferro forxado do xardín de Ravella ou os do parque da Praia Compostela. En Santiago concretamente na Rúa Nova podemos ver as baixadas de pluviales de varios edificios coa inscripción desta fábrica así como tapas da rede de sumidoiros. Hoxe parte da nosa historia pasa desapercibida nun silencio inxusto e nun estado lamentable de total abandono. Non deixa de ser un dos poucos vestixios que ainda se manteñen en pe. Unha construcción mais que debera ser restaurada e recuperada como edificio emblemático de Carril.

 
A antiga fundición de Alemparte-Carril
O Pazo da Golpelleira (A Torre)
 
O Pazo da Golpelleira (A Torre)

O pazo da Golpelleira foi a casa natal de Luis López Ballesteros no ano 1782. Dende o noso pobo fixo frente en primera liña os franceses na Guerra da Independencia instalando no mesmo Pazo o centro de operación das forzas aliadas. No reinado de Fernando VII desenrolou o cargo de Ministro de Facenda durante unha década. Dende as cortes de Cádiz abogou pola creación do noso Concello.  

Construído sobre unha antiga fortaleza da que só quedan vestixios. Destaca a construción actual da capela cun altar que contén a Virxe de Guadalupe ( México). O xardín, típico das casas de campo, combina os seus recantos románticos cun deseño xeométrico francés. Ten un ficheiro interesante do reinado de Felipe II.

 
O Xardín de Artime

No ano 1929 a Praia Compostela era de titularidade privada. O entón alcalde de Vilagarcia Dn.Enrique Rodriguez Lafuente mercou ao seu propietario Dn. Joaquin Martinez de Orense unha parte. O seu propietario foi naqueles tempos concelleiro en Santiago e presidente da comisión de festas do Apostolo. Ainda que a súa residencia estaba en Madrid pasaba en Vilagarcia longas tempadas neste barrio coñecido nos anos vinte como o “Barrio da Prosperidade”.
Naqueles tempos o edificio estaba adicado a unha fábrica de curtidos propiedade da misma familia .Hoxe estos son on vestixios vIvos daquel pasado .En él podemos ollar arbores centenarios,fontes, escudos e símbolos caracteristicos da súa historia. Na actualidade este lugar e coñecido como “os Xardins de Artime”.

 
O xardin de Artime
Casa Dn. Agustin Romero (Cornazo)
 
Casa de Dn.Agustin Romero

D, Agustin Romero, natural de Cornazo viviu a maior parte da súa vida emigrado en Uruguay.Despois de moitos anos no pais voltou a súa parroquia natal e cunha boa posición económica fixo donacions considerables.Esta é a casa donde viviu.
Na súas últimas vontades donou esta casa con fin de adicala a servicios sociais de calquer índole.Actualmente e propiedade do Arzobisbazgo de Santiago de Compostela e a pesares dos intentos fai uns anos de restaurala coa axuda de Patrimonio, o proxecto non chegou a bo fin.Unha casa que a parroquia de Cornazo identifica como parte fundamental da súa historia.

Os escudos en Vilagarcia

A Heráldica desenvolveuse durante a idade Media en Europa para facer unha fonte consistente de identificación de persoas. Gradualmente incorporaonse elementos da sociedade , da nobreza feudal e da Igrexa Católica para a identificación de liñaxes e membros da xerarquía, sendo igualmente adoptada por outros grupos humanos, sindicatos e asociacións, así como para a identificación de cidades e territorios.
O actual escudo de Vilagarcía foi deseñado por Juan Fernández-Gil e Casal, que naceu nesta cidade en 1863, e finou o 8 de xaneiro de 1946 . Foi cronista oficial da Vila e reflexa no seu deseño o resumo da nosa historia. Veu das mans do seu creador no primeiro terzo do século XX, despois da unión dos municipios de Carril , Vilaxoan e Vilagarcía, un feito que acontece o 01 de Marzo de 1913. Fixo varias versións e o actual é considerado como o oficial.
Hoxe podemos ollar diferentes escudos, verdadeiras obras de arte esculpidas por canteiros que deixaron a súa impronta no noso Concello. Estos son alguns deles.

 
Escudos en Vilagarcia
O Cemiterio Naval Británico (Rubiáns)
 
O Cemiterio Naval Británico (Rubiáns)



Como mostra máis palpable da presenza inglesa no noso pòbo, en Rubiáns atópase o Cemiterio Naval Británico. O Cemiterio Naval Británico, ou "Cemiterio dos Ingleses", está próximo ao cemiterio municipal. O soar que ocupa foi comprado en setembro de 1910. O portalón deste cemiterio foi deseñado polo vilagarcián Eduardo Viqueira Cores, e fíxose en Fundicións Alemparte de Carril. Contén na actualidade quince tumbas. Como excepción que non pertencen a militares temos a Mr. Alexander Linsay, cónsul británico en Vigo ata o ano 1971. Cumpríndose os seus últimos desexos, polo grande amor que profesaba a Galicia atópase eiquí enterrado.
 
 
FOTOS V
GALERÍA DE IMAXES
O Pazo da Golpelleira - Interiores 
O Pazo de Sobrán - Interiores
O Pazo de Vista Alegre - Interiores
A casa dos Duques de Terranova
O conduto de Vista Alegre
A casa do Dr. Moreira Casal
Os bocetos de Sorolla II 
A fonte do Castro restaurada
Unha casa con historia
Os Cruceiros en Vilagarcia
Os bocetos de Sorolla
A familia Calderón 
A casa da familia Foronda 
Blanca de Igual 
O Muiño da Laxe 
San Antoniño do Pousadoiro 
O Pazo de Sobrán 
O Pazo de Pardiñas 
Rubians
A Fundición de Alemparte 
O Pazo da Golpelleira 
O Xardín de Artime 
Casa de Dn. Agustin Romero 
Escudos en Vilagarcia
O Cemiterio Naval Británico
 
Vign_villagarcia_02
 
Vign_vilagarcia-de-arousa-monastery2
 
Xardin de Ravella
Vign_ravella
 
Cortegada
Vign_vilagarcia-cortegada
 
Pazo de Vista Alegre
Vign_vilagarcia-de-arousa-monastery
 
Casas nos anos vinte
Vign_untitled
 
O Xardín de Artime
Vign_dscf5423
 
O Castro Alobre
Vign_castro-de-alobre_2515121
 
Pazo Pardiñas (Vilaxoan)
Vign_dscf5259
 
Pazo da Golpilleira
Vign_dscf5142
 
O Pazo de Rubians
Vign_121355037942162
 
Fundición de Alemparte ( Carril )
Vign_123118851099114
 
Vista Alegre
Vign_117066518371014
 
Rúa do Comercio
Vign_104169912994008
 
Medina de las Torres
Vign_120165218061144
 
Medina de las Torres-1920
Vign_120172558060410
 
Reloxo do Obelisco
Vign_reloxo_do_obelisco
 
Fonte da Igrexia
Vign_fonte_pza_de_espa_a_123276857749980
 
Fonte da Igrexia
Vign_fonte_pza_de_espa_a
 
Escudo no Casino
Vign_escudo_na_fachada_do_casino
 
Pazo Rubians
Vign_121427587934907
 
Pazo Rubians ( Salón )
Vign_121427561268243
 
A antiga casa de Buhigas
Vign_103993603011639
Vilagarcía, Patrimonio e historia