search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

EXPOSICIÓN "SCENES AT AROSA BAY"

Vidas propias, miradas alleas

Fotos : Colección Juan Carlos Porto (A Vilagarcía Antiga) - Augatintas :  Miriam Villaronga -  Deseño : Rocío Lueiro

 
Vign_CartelExposicionScenesAtArosaBaySRA3_2
 

Exposición "Scenes at Arosa Bay" - "Todo comezou buscando ao señor da barba branca" - Por Juan Carlos Porto

18/09/2017 19:55:21
O meu pai gardábaos como ouro en pano. Aqueles amarelados manuscritos, deslucidos polo inexorable paso dos anos, tíñanme intrigado. A encadernación era rudimentaria: só dous gastados cordeis unían aquelas follas cheas de recordos. Ao seu lado, nun vello caixón, gran cantidade de vellas fotografías acompañábanos. Eu tiña 7 ou 8 anos, idade na que aínda me estaba permitido soñar, e observábaas detidamente con infantil curiosidade. Eran fotos dos nosos antepasados, naquela Vilagarcía, antiga e bela, que espertaba ao progreso e á modernidade. 
 
Entre aquelas fotos, recordo que me chamaba a atención a dun señor maior de gran porte e longa barba branca, sobre unha locomotora de vapor nunha antiga estación de ferrocarril. A miña curiosidade por saber de quen se trataba levoume a preguntar con desaforado entusiasmo. A resposta desbordou a miña capacidade de asombro, e fixo voar, aínda máis, se cabe, a miña imaxinación. Aquel señor de gran presenza era o meu bisavó, Francisco Porto, ao que a compañía “The West Galicia Railway Company Limited”, a través do seu xerente, Mr. John Trulock (avó do Nobel Camilo José Cela), enviárao a Inglaterra para formarse no proceso de fabricación e manexo do modelo de locomotora de inspección e manobra ao que pertencía a “Sar”, que, polo seu pequeno tamaño, era coñecida entre os ferroviarios co apelativo de “Sarita”. El foi o primeiro maquinista daquela emblemática locomotora.
 
Aquela historia acrecentou a miña curiosidade por coñecer moito máis sobre a miña familia e como era Vilagarcía naqueles anos de esplendor, nos que, sen dúbida, o ferrocarril desempeñou un papel relevante naquela época de prosperidade. E eu, a pesar da miña curta idade, fun consciente de que o meu bisavó contribuíra, en certa medida, ao acontecemento histórico da posta en marcha da primeira liña férrea construída en Galicia.
 
Recordo que as primeiras fotografías que espertaron o meu interese foron as da antiga estación de Carril, pola relación que tiña coa historia que o meu pai me tiña contado. Logo viñeron moitas máis: o antigo Balneario da Concha, o espectacular e emblemático Peirao de Ferro, a Alameda ou a praia Compostela nos anos 30.
 
O meu interese foi in crescendo, e levoume a realizar unha intensa procura por multitude de arquivos repartidos por medio mundo. Curiosamente, Inglaterra é o país onde existen máis fotografías antigas de Vilagarcía.  As longas estancias da Royal Navy fondeada na nosa ría ao longo de varios anos, propiciou que os mariños ingleses fotografasen intensamente, con inusitada curiosidade, aquela Vilagarcía e os seus arredores, deixando un legado de imaxes únicas e irrepetibles da nosa cidade, que antes foi vila.
 
Desde aquela inicial procura do señor de barba branca ata esta “Scenes at Arousa Bay” pasaron moitos anos. Sen dúbida, foi e segue sendo un pracer achar fotografías e documentos en lugares cada vez máis insospeitados, para logo, con amigos e familiares, pasar horas e horas catalogando imaxes e descubrindo as historias que hai detrás delas. Pero hai un pracer aínda maior, o de poder compartir este tesouro cos demais, con vostedes. Verán a cantidade de cousas que nos poden dicir as vidas propias vistas por miradas alleas.
 
Grazas, bisavó.
 
Escrito por Juan Carlos Porto •   Agregar un comentario   0 comentarios





CATÁLOGO (LIBRO) - Premer cadrado para ollar en pantalla completa
 

CATÁLOGO AMPLIADO EXPOSICIÓN "SCENES AT AROSA BAY"

Fotos exposición "SCENES AT AROSA BAY"
 

AUGATINTAS SOBRE IMAXES ANTIGAS : MIRIAM VILLARONGA

 
 
Fotos sala exposición "SCENES AT AROSA BAY" 11 Ago-6 Out.
MAPA - Premer na imaxe para ampliar
Vign_Mapa_Explicativo4_CON_LINEAS-iloveimg-resized
 
Vign_MontajeVidas_copia
 
 

"Scenes at Arosa Bay"

Vidas propias, miradas alleas

 11 Sep - 6 Out (2017)

Promove : Concello de Vilagarcía 

 
Vign_CartelExposicionScenesAtArosaBaySRA3
 
Vign_Foto_expo_web
 
Vign_IMG-20170710-WA0007
 

LA VOZ DE GALICIA

Rosa Estévez

Vign_Sin_titulo
 

UN VIAJE AL PASADO QUE NADIE SE QUIERE PERDER

Rosa Estévez - La Voz de Galicia

Vign_Sin_titulo
 

LA VOZ DE GALICIA

La apasionante historia de la Vilagarcía perdida

Rosa Estévez

Vign_Sin_titulo
 
Vign_Sin_titulo
 

FARO DE VIGO

Vign_IMG-20170810-WA0000
 
Vign_Sin_titulo_2
 
Vign_MontajeVilagarciaDEF_copia
 
Vign_MontajeVilagarciaDEF
 
Vign_ParedBlancaCarrilVilaxoan_copia_copia_copia
 
Vign_Cartel_Exposicion
 
Vign_BARATO
 
Vign_ParedNegraMuelleHierro
 

AUGATINTAS

Miriam Villaronga

 
Vign_01_blanco-y-negro-a-color_297mm-ancho
 
Vign_03_blanco-y-negro-a-color_297mm-ancho
 
Vign_08_blanco-y-negro-a-color_297mm-ancho
 
Vign_11_blanco-y-negro-a-color_297mm-ancho
 
Vign_32_blanco-y-negro-para-pintar_297mm-ancho
 
Vign_25_blanco-y-negro-a-color_297mm-ancho
 
Vign_Navy_Army_Ilustrated-22-04-1899-doble_pagina
 
Vign_MontajeVidas_copia_copia
 
Vign_ArosaBay
Vilagarcía, Patrimonio e historia