search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

A PÁXINA DE TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
HISTORIA E PERSONAXES DE VILAXOÁN

 

Hoxe abrimos un novo apartado na web "A Páxina de Teo Cardalda". Para nós é un motivo de ledicia poder expoñer o gran traballo de investigación e recopilación de Teo sobre o seu pobo.
Un pobo con moita historia, unha interesante historia que o autor nos irá debullando a través dos seus escritos. Os avatares que xurdiron a través dos anos,  sobre todo antes e na fusión dos tres Concellos en 1913, son dignos de mención e coñecemento. Vilaxoán ten a día de hoxe moitos dos monumentos mais importantes da Bisbarra de Arousa. O Pazo Rial, O Pazo Pardiñas, a Igrexa Románica de San Martín de Sobrán, un expoñente case único, ou o Pazo de Sobrán. En definitiva Vilaxoán ten unha apaixoante historia e uns rasgos inequívocos de identidade propia.
  Hoxe queremos mostrarlle a Teo Cardalda o noso mais sincero agradecemento por esta valiosa achega.

 
Vign_Pagina_teo_

 

 

VILAXOÁN DE AROUSA

RETALLOS HISTÓRICOS

Por Teo Cardalda

 
Os estaleiros de Vilaxoán antes da anexión do pobo ao Concello de Vilagarcía
rss feed
Antes de anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcía en 1913 existían dous estaleiros en Vilaxoán, o máis importante en número de traballadores e carpinteiros de ribeira era o “Estaleiro Arosa”, eran os seus donos os señores Martínez e Goicoechea, atopábase na praia das Saiñas ao carón do Esteiro. Os xornais daquela época xa escribían del o seguinte: “este astillero puede considerarse como un gran éxito para la industria naval de Galicia”. O barco que reproducimos na fotografía no mesmo estaleiro a piques de ser botado ao mar, onde se observa unha morea de xente que veu á botadura. Outra foto onde xa está flotando no mar. O buque era un Pailebot matriculado VILLAJUAN- I - e tiña as seguintes características: Eslora, 31,50 metros; puntal, 3,30; capacidade de carga 300 tn.. Arbora de pailebot de tres paus. O barco vai provisto dun motor auxiliar de aceites pesados de 60 cabalos, tipo C.O semi-diesel da casa Fairbanks de Morse de EEUU. O motor principal non se puido instalar por dificultades de transporte e permisos de exportación e atópase nos peiraos de New York, o barco botouse ao mar sen o motor, aínda que xa estaba preparado para colocalo en canto chegara do porto americano. Porén, no estaleiro xa estaban colocando a quilla para un buque dunhas 1000 Tn. De carga, sendo as súa características: Eslora, 51 metros; manga, 9,50; puntal, 5,80 e arborará de bergantín.goleta de tres paus. Tamén estaban a construír un vapor pesqueiro de 16 metros de quilla e outras embarcacións menores. Como observamos a carga de traballo era im...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
Vilaxoán, notas históricas da Vila
rss feed
Vilaxoán de Arousa atópase na marxe su da ría de Arousa. Este núcleo e o máis importante tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobran. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcía de Arousa.
Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulida e cobre pertencentes a razas aborixes, podese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior a neolítica, e polo tanto, prehistórica, ainda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.
Na nave da Igrexa de...Leer la continuación
Escrito por Revista Avante •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Centenario (2017) da fermosa talla escultórica da Virxe do Carme de Vilaxoán
rss feed
Cada ano, o 16 de xullo celébrase en Vilaxoán a festa da Virxe do Carme. Estas festas sempre tiveron unha forte raizame que ven dende moi lonxe nos tempos, onde a primeiros do século pasado os mariñeiros desta vila tiñan moitos problemas de natureza social e económica, malia destes atrancos xamais se esqueceron de festexar este evento relixioso e social; sendo como dato máis que curioso que tamén é festexada polos non crentes. Esta fermosa talla escultórica da imaxe da Virxe do Carme que neste ano de 2017 cumpre cen anos. No ano 1917 foi encargada a súa construción a un escultor de Santiago de Compostela; a iniciativa nace dos mariñeiros Xoaquín Bouzas e Xosé Serantes que eran os encargados de face-las festas o devandito ano. A imaxe pagouse por subscrición popular contribuíndo tódolos mariñeiros con cantidades de 10 céntimos ata un anónimo que dou 75 pts.. O custo desta obra chegou a 1600 pts incluíndo os vestidos que foron deseñados polos monxas do asilo de oblatas do Santísimo Redentor de Santiago. A obra foi encargada ao obradoiro do artista Xosé Rivas Rodríguez que se atopaba na Rúa do Villar. Deste obradoiro saíron uns bos tallistas e escultores como: Manuel Miranda, Manuel César Conde, Xosé Puente Otero. Pintores como: Xosé Otero Gorrita, Xosé Pasín Romero que tamén era tallista e o alumno pintor Anxo Rodríguez....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - 1898 - Fotos inglesas
 
Sensaciones y recuerdos de mi niñez en Vilaxoán
rss feed
La playa de las Sinas, el Chocolate, el Bar Serío, el horizonte, el protagonismo del mar, siempre el mar, la luz, las sombras y la insoportable humedad de los atardeceres, siempre llevaderos gracias a la grata compañía de mi Padre, Teodomiro Cardalda Santos, todo un personaje en la comarca.... estos y algunos otros, que no se pueden contar, son el gran caudal de recuerdos y de sensaciones que llevan encerradas dentro de mí una gran parte de mi vida y que, curiosamente, se instalaron en mi alma hace ya unos cuantos años, siempre sin darme cuenta. Sensaciones soterradas y que cuando menos lo esperas afloran y te dan algunas claves y respuestas que, tú sin saberlo, hacía ya tiempo buscabas. Es imposible no sentir un vuelco en las tripas cuando navegas por la Ría de Arousa, cuando profundizas en sus gentes o cuando caminas de noche cerca del puerto, es imposible no sentir la presencia de un gigante siempre detrás de ti, que te vigila, te mima o te maltrata según le dé...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Exportacións de sardiña desde Vilaxoán nos séculos XVIII e XIX
rss feed
Recollendo unha morea de notas de Antonio Meijide Pardo, historiador da salgadura en Galicia e contrastando con outros documentos do Arquivo Xeral de Simancas, e Arquivo Provincial de Pontevedra, imos coñecer un pouquiño máis do que era a vila de Vilaxoán fai máis de trescentos anos. Partindo destas informacións, imos a comentar a importancia que tiña Vilaxoán nas exportacións de sardiña salgada e outros productos da salgadura a mediados do século XVIII e primeiros do XIX. Durante os anos de 1.795 a 1.814 as fábricas arousáns de salgadura foi época de maior productividade e de exportación pola vía marítima para o mercado nacional, sendo os anos de maior lucro daqueles negociantes, fomentadores cataláns. Nestes anos, o 90 por cento dos cargamentos de sardiña eran embarcados en Vilaxoán. Os rexistros aduaneiros deste período nos fan ver ata que punto foi Vilaxoán (con moito) a principal base exportadora de toda a Ría de Arousa. Xustifícase esta destacada primacía de Vilaxoán por unha parte, por atoparse nesta vila a maior concentración de fábricas, e por outra, o vir case toda a mercancía das veciñas poboacións tamén con fábrica de salgadura, coma Vilanova, Vilagarcía e a Illa de Arousa, cuxos donos abonaban os dereitos de embarque na alfándega de Vilaxoán, onde case medio cento de cataláns aparecían cunha re...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
1891. Un ano un pouco revolto nos Concellos de Vilaxoán e Vilagarcía
rss feed
O 21 de xaneiro de 1891, fondean ao carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou, non sen sorpresa, un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía. A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, fronte a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descoi...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O VENCELLO DOS VALLE E OS INCLÁN COA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN.
rss feed
Neste Capítulos quero plasmar unha biografía dun persoeiro do século XVIII de Vilaxoán: D. Francisco del Valle-Inclán Santos, tío bisavó do grande e universal literato D. Ramón del Valle-Inclán. Porén, comezo cos antepasados e principalmente cos que están vencellados a Freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán), onde por estas datas pertencía á Xurisdición de Sobrán incluída a Freguesía de San Lorenzo de András. Por iso para entender ben a biografía de D. Francisco, tiven que facer en capítulos o traballo para ter unha visión máis completa da historia. A pescuda levoume aos arquivos de Mondoñedo, Santiago de Compostela, Universidade da citada cidade, e visitando os lugares da familia Valle e Inclán: Bares (Coruña) e Castrogalbón (León). Foi feita a pescuda paseniño entre o traballo e o tempo de vagar, facendo quilómetros a moreas e preto de tres anos, sen esquecer a axuda dos bibliotecarios de distintos arquivos que simplificaron moito o traballo en tempo e material. Tamén quero darlle as grazas a Juan Carlos Porto por ter a amabilidade de recoller este traballo para a súa páxina Web de Patrimonio Vilagarcía. De cando en vez percorro as corredoiras que levan dende a Rúanova, o lugar onde naceu Dº Francisco, até Vilaxo&a...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. Francisco del Valle-Inclán Santos - CASA PAZO DE RUANOVA - Capítulo II
rss feed
A casa pazo da Ruanova fica na corredoira que, dende a igrexa de San Martiño de Sobran, leva a Faxilde e a Renza; dende este lugar vaise polo antigo Camiño Real até Aralde; ao carón desta aldea fica o lugar da Ruanova. Ao camiñar por estes lugares, síntese o pracer do vento norteiro da Ría de Arousa que vén mesturado co recendo dos piñeiros e carballos dos montes de Eiviño e Renza. Percorrendo o Camiño Real, como escribiu Rosalía de castro, contémplase “un mar de ondulante verdura”, un manto de parras enchidas de uva albariña. Ao chegar ao pazo, atoparemos un fermoso cruceiro con escadas onde antigamente as vendedoras de hortalizas pousaban a mercadoría para descansar e logo segui-lo camiño ate o mercado de Vilaxoán que estaba diante do Pazo de Pardiñas. Ao carón da Capela, dúas placas pétreas fixaban as lindes entre a freguesía de San Martiño de Sobrán e a de San Lourenzo de András, cando Vilaxoán era xurisdición. Unha reza así: “Jurisdicción de Villajuán, feligresía de Sobrán”. Na outra placa: “Villanueva, feligresía de András”. A Ruanova ten unha fachad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO III
rss feed
Nacemento na Freguesía de San Martiño de Sobrán ( Vilaxoán )
Francisco Antonio del Valle-Inclán Santos naceu na casa da Ruanova o 29 de febreiro de 1736, e foi bautizado o mesmo día na igrexa de San Martiño de Sobrán. En 1747, con doce anos comezou a súa vida académica en Santiago, quizais influído polos cregos da freguesía, Gaspar de Señoráns e de Francisco Padín. En Santiago estudou dous anos de Artes na escola escotista, e logo Cánones e Leis en 1750, trasladándose a Ávila para recibir o título de Bacharel en Cánones o 29 de xullo de 1753. Regresa a Santiago para graduarse como Bacharel en Leis e axiña sae para Madrid onde reside entre 1753 e 1757, exercendo como pasante no estudo do Fiscal do Consello de Facenda, D. Diego Ibar Navarro, que tamén era Presidente do Colexio Imperial de Pasantes de Avogados de Madrid e do Consello da S. M. A existencia de dúas certificacións, unha de Diego Ibar Navarro, facendo constar que Valle asistiu ao estudio e Pasantía e outra outorgada polo Presidente e o Secretario da insigne Xunta de Pasantes e Avogados do Colexio Imperial da Real Villa e Corte de Madrid con diversas informacións sobre D. Francisco. Foi recibido e aprobado para avogado o 3 de agosto de 1757, coa facultad...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - CAPÍTULO IV

D. FRANCISCO DEL VALLE-INCLÁN SANTOS - A EXPULSIÓN DO COLEXIO DE SAN CLEMENTE. CAPÍTULO IV

07/05/2014 22:20:21
A explicación da expulsión de D. Francisco e mais dos seus irmáns requiere que comezemos no momento en que o Secretario de Capelas e Presbítero de San Clemente, Benito Bernardo de Porto, que era a persoa encargada das constitucións que rexian o colexio, fixo o escrito sobre a farra e a troula acontecida no cuarto do colexio que nesas datas compartían os irmáns Miguel e José del Valle-Inclán e o sobriño Francisco Rubianes.
O día 19 de novembro de 1774, D. Benito xura ante o Reitor Pertierra que veu como entraba unha muller despois do toque de oracións no cuarto de D. Miguel sen que puidera recoñocela. Un día bateu con ela na Porta da Adega e preguntoulle qué facía alí e, porén ela non soltaba prenda ao principio, acabou recoñecendo que agardaba a D. Miguel del Valle, confesando tamén que era natural do porto de Vilaxoán. Para sorpresa de D. Benito comentou tamén que estaba preñada de D. Miguel, que durmira con él unha morea de noites no Colexio e que o seu amante lle prometera contraer matrimonio con ela unha vez abandoada a carreira de clérigo e o Colexio.
Segue declarando D. Benito ante o Reitor Pertierra que tamén veu no cuarto a soldados bebendo, fumando e trouleando con D. Miguel como se estivesen nun cuartel. Unha noite chamounos á orde sen recoñecer aos devanditos soldados, pero oíu como a un deles chamábanlle polo apelido Ferrín. Todos estaban na compaña de prostitutas, cantando e bailando dentro do dormitorio. Na noite seguinte ao día de Santiago Apóstolo de 1774, veu como D. Miguel meteu dentro do Colexio a unha moza de Padrón, ao parecer de mala reputación. D. Miguel e outros amigos estaban con moita frecuencia no cuarto, e varias veces os ten visto xogando ao naipe, con especial predileción polo trinta e un. Sobre a mesa había garrafas de viño a todas horas e o seu comportamento era propio de achispados, facendo troulada continua, axitando á comunidade, dando berros e corricando polos corredores como tolos. Outras noites saían ás doce fóra do Colexio usando unha chave que tiñan da Porta Falsa portando espadas. En fin, que aquela situación asemellábase máis ás que se producen nas tabernas e bodegóns, ás que acontecían en casas de latrocinio ca as propias dunha casa de estudios.
Hai que aclarar que cando sucedían estes feitos, D. Francisco atopábase en Madrid e en nada era responsable do comportamento do seus familiares. Mais no Claustro do día 26 de agosto de 1774 produciuse un escándalo provocado polo Sr. Pertierra e outros claustrais que estaban polo labor de boicotear o establecemento da biblioteca que, lembremos, era o encargo de tiña D. Francisco e a razón poloa que estaba en Madridi. Sabedor este último do que aconteceu no Claustro, cursa un escrito ao Gobernador do Consello onde dá conta das repercusións persois que supoñían as afirmacións verquidas no devandito Claustro.
No libro realizado polo Marqués del Saltillo, este autor transcrebe literalmente o escrito, que pola súa importancia vai a continuación:
“ILUSTRÍSIMO SEÑOR GOBERNADOR”
Don Francisco del Valle-Inclán, Colegial de San Clemente de Santiago, diputado de su Universidad, con el mayor rendimiento dice: que habiéndose expedido por el Consejo a instancia de el suplicante varias órdenes relativas al mejor establecimiento de ella. Los Colegiales de Fonseca unidos con los de el dicho Colegio de San Clemente se opusieron a dichas órdenes alborotaron el Claustro, ajaron al rector y golpearon al Secretario, de modo que enterado de todo el Consejo multó, y privó de voto a los dos Colegios y dio comisión a Dº Pedro Andrés Burriel, Alcalde Mayor de la Coruña, para que fuese a darlas cumplimiento y hiciese averiguación de todo acaecido por cuenta de los culpados. Y sin embargo de hallarse actualmente entendiendo en ella, dichos sus Colegiales, atribuyendo al suplicante las justas providencias de el Consejo se fueron el día veinte y dos de el que corre al cuarto de habitación que tiene en dicho Colegio el suplicante, expelieron de el a su hermano Dº Miguel del Valle-Inclán, profesor en la misma Universidad recogieron las llaves del cuarto, desarajaron las llaves, desarajaron un baúl y escritorio en que tenía su manto y beca, papeles y alhajas estrageron todos los muebles ocuparon el cuarto y se le asegura resolvieron por Capilla privarle de Beca, con otras providencias afrentosas propias de apuel inconsiderado impulso; que hace presente a V.S.R. y rendidamente.
SUPLICA: que respecto se halla en dicha ciudad el expresado comisionadose sirva darle orden (a uno) sea por cuenta de el suplicante para que inmediatamente pase al Colegio San Clemente y cuarto de la habitación del contenido, expela de él al Colegial que actualmente le ocupe haga restituir a él todos los muebles y alhajas en la conformidad que las tenía y exponga dicho cuarto y baúl, y escritorio y por ahora las deposite en poder del rector de la Universidad a disposición de el suplicante; junte en Capilla a dichos Colegiales recoja y reconozca el Libro de ellas, compulse las actas y acuerdos curiosos que hubiesen hecho contra el honor de el suplicante haga averiguación de todo acaecido desde dicho día 22 y lo remita a V.S.I. para que en vista de todo se sirva tomar la providencia mas suave y menos ruidosa que halle por conveniente”.
Ao remate asina D. Francisco del Valle-Inclán, datandoo en Madrid o día 30 de novembro de 1774.
A condición crapulesca de D. Miguel estaba archidemostrada (lembremos que, pese a todo, acabou ordeado sacerdote) pois había abondas testemuñas e o interfeto tampouco se cortaba un pelo, pero convén deixar claro que os inimigos de D. Francisco utilizaron o caso coa intención de desprestialo e abortar o estabelecemento da biblioteca. Para complicalo todo un pouco máis, apareceu en escena o subdiácono de San Clemente, Pablo Paz Leima, facendo unhas declaracións baixo xuramento. Pablo Paz fora servidor de D. Francisco en calidade de paxe e cando éste viaxou a Madrid entregáralle as chaves do seu cuarto ao devandito D. Pablo para que as fixera chegar aos seus irmáns.
Nas súas declaracións, acusaba a D. Miguel de graves trouladas no Colexio, de facer un mal uso do cuarto guindando colchóns polo chan para que durmiran os estudantes que viñan con él despois das doce da noite a continuar a festa rachada. As veces, D. Miguel viña tan bébedo que ameazaba ao seu irmán José cun sabre e todo porque o reprendía por non vir máis cedo e en mellor estado.
Unha noite, continúa a declaración, meteu no cuarto a unha moza coa que durmiu; outra vez fechouse dentro do cuarto do gabinete con outra muller coa que botou unha tarde; tamén xogaba con outros estudantes ao trinta e un, e tamén á malilla, poñendo en xogo cartos e viño; en ocasións viñan soldados que comían e bebían metendo barullo.
Ao declarante parecíalle moi mal o que facía D. Miguel, motivo polo que abandonou o seu traballo de paxe e foise vivir a unha pousada. Transcurridos uns días, D. Miguel chamouno para que regresara, cousa que fixo, atopando ao futuro clérigo bastante mellorado, pero no momento que realiza a súa declaración estaba pensando en deixalo outravolta.
No escrito que Dº Francisco remitira ao Gobernador do Consello, facía referencia a Pedro Andrés Burrie,l Alcalde Maior da Coruña, para que fixera as pescudas pertinentes sobre o acontecido co seu irmán. D. Pedro deu providencia absolutoria e mandou restituír os mobles e todo o que se sacaran do cuarto , o que obrigou ao Reitor Pertierra, de moi mala gana, iso sí, a ditar auto para que deixaran dito cuarto sen ocupar. Nembargantes, non deixaron de seguir maquinando o Sr. Pertierra e colaboradores contra D. Miguel.
O Reitor da Universidade, Sr. Montes Piñeiro, remitiulle un escrito a D. Francisco comentando a situación e aproveitando para lle comunicar que as chaves do cuarto, cos seus mobles, estaban en poder do Sr. Sarmiento. Non rematou aí a misiva. O Reitor da Universidade tamén lle comenta que o seu irmán D. Miguel presentouselle dicindo que o Secretario do Arcebispo lle comunicara que estaba na lista de admitidos para a ordenación sacerdotal e que se abstivera de acudir a reunión na que se darían a coñecer os nomes.
O reitor Sr. Montes, foise xunto o Secretario do Arcebispo para coñecelas razóns sen lograr averigualas. Entón decidiu manter unha entrevista co Alcalde Maior da Coruña, Pedro Burriel, quen deu cumprida información do que se cocía embaixo deste preito a varias bandas que, segundo a súa versión, residía na inquina que os Sres. Pertierra e Gaioso sentían polos irmáns Valle, en especial por Francisco.
Ao final do escrito, o Sr. Montes comunícalle a D. Francisco que non puido facer máis para axudar ao seu irmán, que non foi quen de amañar o problema, dicindo literalmente: 
“Los que saben de todo esto lo asquean, hasta el Arcediano Sr. Coronado dijo que merecían un pistoletazo y poniéndolos como gente ruín y villana”.
O Sr. Reitor solicitaba a D. Francisco que tivera un pouco de paciencia, asegurándolle que Miguel sería ordeado sacerdote.
Miguel escribiulle unha carta ao seu irmán Francisco que pola súa importancia copio de seguido:
“Hermano mío:
El correo pasado te escribí como había salido aprobado y que marchaba a Arbón a ejercicios de los que vine para esta el trece del que rige, en donde hallé la novedad de haberse devuelto los trastos de tu cuarto y expelido por el Sr. Burriel a Pertierra de la pieza. Como también un recado al Sr. Rector de la Universidad para que estuviese con él. Lo que sin perder tiempo ejecuté. Y mandó que al día siguiente me presentase al Sr. Burriel, e informado venía de ejercicios y necesitaba para la información de órdenes, el título de tonsura que había dejado en el cuarto, pasó con toda brevedad a usar de las facultades de su comisión pero antes de ejecutarlo me advirtió, que cuando me hiciese la pregunta si quería quedarme en el cuarto, hallaba por conveniente respondiese (supuesto tenía intención de retirarme a casa luego me ordenasen) necesitaba por la presente la llave, por lo que hizo el cargo de la llave y lo mas contenido en el rector del Colegio.
Los Colegiales exasperados con esta acción maquinaron el atentado de impedirme las Órdenes, para cuyo fin el día viernes a las once Pertierra y Gayoso estuvieron con el Ilustrísimo, y aunque saber la materia de la susurración por más que los Sres. Lectoral y Burriel procuraron indagar en el poco tiempo que quedaba para deshacer estos chismes, pudieron lograra después de haber presentado las informaciones y reconocidas por la Señoría sin la mas leve nota) que el Prelado llamase al Secretario a las doce del mismo día mandándole me borrase de la matrícula por la que fui llamado en el registro de los elegidos experimentando el aje de retirarme por la tarde con vela y pelliz, cuyo lance dejó sorprendidos no solo al Sr. Lectoral y al Sr. Burriel sino a la mayor parte de palacio como a toda la ciudad. Para manifestar el Sr. Lectoral el disgusto que le causó este procedimiento me instó a presentar una petición al Juez Comisionado en instancia de la necesidad que tengo de estarme aquí hasta otras Ordenes, o esperar su resolución de marcharme para que se me hiciese la entrega de la llave, aunque mi ánimo no es habitar el cuarto en las presentes circunstancias por mirarme solo entre enemigos. La llave queda en mi poder y no tengo mas que decirte de Pascuas con las que contaré como no ignoras. Besa tu mano tu humilde hermano.
Miguel Josef del Valle-Inclán”
O expedente sobre D. Miguel rematara o 14 de febreiro de 1775 cun ditamen que censuraba a conduta de colexial, vulneradora de case a totalidade das constitucións que rexían a vida interna de San Clemente. Finalmente, o fiscal negaba o dereito dos irmáns Valle-Inclán a beneficiarse do cuarto, toda un vitoria para os rivais, para Pertierra e os seus colegas, mais non estaba todo decidido. A resolución ditada polo fiscal necesitaba da sanción final do Consello e este organismo non fixo tal até o 12 de xaneiro de 1779, catro anos despois de producidos os feitos.
D. Miguel del Valle, ao remate, foi ordeado sacerdote a pesar das manobras dos Pertierra, Gayoso e outros colexiais de San Clemente en común acordo con outros do Colexio de Fonseca, e como proba besta decir que existe unha partida de bautismo no que actúa como sacerdote o bo de D. Miguel, cristianizando a un sobriño o 9 de febreiro de 1783 na igrexa de San Martiño de Sobrán.
A BIBLIOTECA
O 30 de agosto de 1772, Francisco del Valle-Inclán foi comisionado pola Universidade para establecer unha Biblioteca Pública e con este motivo viaxa a Madrid para adquirir os libros necesarios (1). Antes de emprende-la viaxe elabora o primeiro catálogo, sinalando en cada unha das seccións as obras que se posuen mailo número de tomos e indicando qué obras importantes faltan para completa-las coleccións. “Es considerable la escasez que experimenta de libros, especialmente en materias de Historia y Concilios, Matemáticas, Anatomía y otras Facultades nuevamente entabladas por el plan de estudios, de tal modo que si se necesita buscar una ley del reino, una bula o disposición conciliar, apenas hay en Santiago bulario o colección en que hallarla”, escrebe don Francisco(2).
Con esta encomienda botou algúns anos en Madrid deixándose aconsellar polos libreiros Bernardo Alverá e Antonio de Sancha (3), que cifraron en 120.742 reais de vellón a cantidade necesaria para adquirir o material bibliográfico preciso e axeitado ás necesidades da Universidade(4).
 O número de volumes era de 1.357 repartidos entre materias seguientes: Liturxia, Dereito Canónigo, Dereito Civil, Filosofía, Botánica, Cirurxía, Medicina, Matemáticas, Xeografía, Historia Eclesiástica, Historia Profana, Lingua , Oratoria, Bibliografías, Dicionarios, Expósitos, Escritura e varios. Os volumes máis caros eran os de Dereito Canónico, concretamente as obras completas de Dupín en 64 volumes, cun prezo de 15.000 reais de vellón, e os 50 volumes da Historia Eclesiástica Acta Sanctorum, de Bolando, editado en Antuerpia (Amberes) no ano 1643, cun prezo de 10.000 reais. 
Como complemento dos libros, e para unha mellor organización da Biblioteca, Valle elaborou un regulamento de instrución que remitiu desde Madrid o 30 de xuño de 1774 e que comezaba así: “Instrucción para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago”. Constaba de 19 instrucións que establecían as obrigas do responsable da Biblioteca(5) . 
Noutra exposición, Valle comentaba que era unha urxente necesidade o traslado dos colexiais de San Xerome para establecer alí a Biblioteca o que deu orixe aos graves enfrontamentos entre os colexiais de Fonseca Xosé Bazán, Malchor Vasadre, Ramón Herce, Ignacio Cervera e Pedro Sánchez, sumándose o Reitor do Colexio de San Clemente Sebastián Pertierra e os colexiais Manuel Gaioso e Anxo Patiño, todos eles en conspiración contra Valle-Inclán e o Reitor da Universidade, Miguel A. Montes Piñeiro.
A mediados de 1774, Valle-Inclán comunicaba desde Madrid que xa tiña preparados en caixas e dispostos a viaxar até Compostela, da man dos arrieiros maragatos. Solicitaba tamén ao Consello de Castela, unha vez aprobada a súa xestión, que o nomearan director da Biblioteca, considerándose con méritos dabondo para ese mester. A lista de tódolos libros axustados polos libreiros Sancha e Alverá foi aprobada o 7 de maio de 1774 e mereceu a aprobación do fiscal do Consello, que tamén amosou o seu parecer favorable á proposta de traslado dos colexiais de San Xerome ao seu local antigo, aprobando tamén o nomeamento de Valle como director da biblioteca a Valle nunha Real Célula de 17 de agosto de 1774.
Un dos capítulos da referida orde establecía o nomeamento de cinco graduados universitarios, un por cada facultade, Teoloxía, Cánones, Leis, Medicina e Artes.
O reitor convoca claustro para o 26 de agosto de 1774, así llo notifica ao bedel Frutuoso Rendo Lovato, que cita aos seguintes mebros do claustro: Francisco Xavier Valdivieso, Coengo de Lectoral de Decreto; Xacobo Moreiras, Cóengo do Colexio de Sancti Spiritus; os Padres Mestres frei Domingo Martínez, da Orde da Merced Calzada, que era catedrático de Teoloxía; frei Ramón Moas, da mesma Orde, e frei Benito Lemus, da Orde de San Francisco; Francisco Núñez Andrade avogado; os colexiais de Fonseca e San Clemente Xosé Bazán, Melchor Vasadre, Ramón Herce, Ignacio Cervera e Pedro Sánchez; o Reitor de San Clemente Sebastián García Pertierra e os colexiais Manoel Gaioso e Anxo Xosé Patiño; o avogado Mateo Fandiño; Francisco Valderrama; Xoán Fernández Varela, Cóengo maxistral da Colexiata da vila de Padrón; Xosé Carlos Pando, un dos rexentes do Colexio de San Xerome; Francisco del Río Maldonado e Pedro San Martín, médicos ambos.
Na xuntanza do Claustro procedeuse á letura da resolución do Consello de Castela coas instrucións de Valle-Inclán, despois de que o Vicerreitor, Sr. Montes, mandara sair aos colexiais de Fonseca, por tratarse dun asunto no que eran parte interesada. O doutor Vasadre negouse, apoiado polo cóengo Sr. Valdivieso. Postos en pé tódolos colexiais insultaron ao Vicerreitor, berrando facendo algueiradas, chegando mesmo á agresión persoal contra o secretario para apañar o libro de Acordos. O Reitor Sr. Montes adoptou unha xeira de decisións que foron recurridas polos axitadores e interveu o Arcebispo e a autoridade civil, abrindo expedente do acontecido que se rmitiu ao Consello.
O Sr. Reitor insistiu unha morea de veces por escrito ante o Consello narrando a actitude dos axitadores; nun oficio de 3 de setembro de 1774 fala do atentado que cometeran os doutores Sánchez, Basadre, Bazán, Herce, Cervela, todos do Colexio de Fonseca, aliados cos colexiais de San Clemente Sres. Pertierra, Gaioso Patiño e Domingo Mouronte, coa intención de boicotear o traslado dos colexiais de San Xerome ao seu primitivo Colexio e todo aquilo que expuxera Valle-Inclán para o establecemento da Biblioteca.
Noutra escrita, o Reitor da conta da suspensión provisional dos citados señores como representantes no Claustro privando así de voz aos Sres. Pertierra, Patiño e Gaioso especialmente. Intentou por tódolos medios posibles que se serenansen os ánimos e asegurou estar en disposición de convocar todos os Claustros que foran necesarios, pese a que estaba exposto a un motín de funestas consecuencias. Decatouse cedo o Sr. Montes da que se lle viña enrriba e mandou pechar as portas da Universidade e suspender toda actividade até que o Consello emitira unha resolución.
Os colexiais remitiron varios escritos ao Consello coa finalidade de expor os seus criterios. Pasou o Consello a estudar o tema para decidir o máis correcto e resolveu o 9 de xuño de 1775 de xeito terminante: “No ha lugar”, ou sexa, ditaminando en contra dos alborotadores.
Entre tanto lío, todo o concernente ao arranxo da Biblioteca caeu no esquecemento, o que significou un trunfo dos colexiais nomeados anteriormente, que querían facerlle a puñeta a Valle-Inclán. Pasaría unha morea de anos até que se retomase o proceso para establecer a biblioteca.
Volveu Valle-Inclán a Santiago en 1779, e o 11 de xullo de 1791 continuábase co tema, asistindo o Reitor, Valle e os directores a varias xuntanzas realizadas os días 15 de xullo, 2 de agosto e 29 de outubro de 1791. En 1792 reuníronse o 13 de febreiro, e convocaron a derradeira o 15 de marzo para plasmar por escrito os acordos tomados anteriormente, entre eles o de redatar novos estatutos. Valle-Inclán,a todo isto, comezara a arranxar a estancia, a colocar estanterías e a ordear os volumes por autores e Facultades, e sen axuda ningunha rematou o índice das obras procedentes dos xesuítas (6) , do Patriarca de Indias Manuel Buenaventura de Figueroa (7) , de Felipe de Castro (8) e do Reitor compostelán Xosé Vicente Piñeiro e Cancio (9).
O 6 de agosto de 1792 remataron as obras do gran andel e, unha vez acondicionados os libros, Dº Francisco pediu permiso para imprimi-lo índice “a ejemplo de las otras naciones, a fin de que andando por mano de todos vea cada uno en su casa los libros que necesita leer y lleve sabido los que ha de pedir y reconocer sin pérdida de tiempo, lo que no se consigue en la Bibliotecas de España por defecto de no estar impresas ni formadas por materias, sino por índices alfabéticos”.
O Claustro non accedeu a esta suxerencia nin ao nomeamento de dous bibliotecarios menores. Entre os claustrais, Valle-Inclán tiña unha morea de inimigos que se propuxeron non concederlle o cargo de Bibliotecario Maior e lograron paralizar o seu nomeamento; o frustrado bibliotecario, molesto recorreu cun razoado escrito que presentou ao Consello no que se queixábase de que o Claustro non cumpría un dos mandatos da Ordenanza, xa que fora nomeado Director da Biblioteca polo Consello de Castela o 17 de agosto de 1774. Ademáis, tiña disposto todo para apertura da biblioteca, a sala de letura, os libros preparados, os índices..., mais a Universidade non se tomou a celeridade debida e o 15 de xaneiro de 1793 Valle-Inclán fixo unha nova exposición para aclarar que unha biblioteca non é un montón de libros colocados ben ou malamante para que os que saben ónde fican os libros vaian e collan áquel do seu interese, senón que unha biblioteca precisa da existencia dun catálogo dividido en artigos e materias para dar a coñecer o fondo bibliográfico a todos os interesados. Namentres non existiran catálogos impresos dos fondos documentais que se posuen nos arquivos e bibliotecas dunha nación, así como tamén das bibliotecas particulares, non habería progreso científico. Coas salvedades necesarias, o proxecto de Valle era realmente moderno e significaba abrir un mundo novo nas bibliotecas que ollaría cara unha compenetración entre as novas ciencias e os textos impresos modernos, algúns ben lonxe xa dos recortes teolóxicos aplicados ao pensamento humán.
Con data do 7 de outubro de 1793, Dº Tomás Antonio Sánchez(10), membro das Academias de Lingua e Historia, bibliotecario da Biblioteca Real, emitiu un ditame moi favorable á xestión Valle-Inclán, en especial no referente ao índice; este ditame seica lle produzo unha grande satisfacción porque na elaboración do catálogo ou índice depositara Valle grandes esperanzas de cara a dispor dun instrumento bibliográfico de primeira orde. Estaba dividido en dúas partes, na primeira constaba un índice alfabético de materias coas obras en cuestión e na segunda os autores ordeados alfabéticamente xunto á sinatura que indicaba o lugar onde se atopaban.
Dº Tomás afirmaba que o Sr. Valle-Inclán desempeñara intelixentemente a súa laboura, comentando que para facer un índice máis completo había que agardar a un posterior crecemento dos fondos (11).
De pouco valeron os recoñecementos pois Dº Francisco non logrou ser nomeado director da biblioteca pois a proposta do Claustro ocupou o cargo o Dr. Pedrosa (12) e como segundos os DD. Bedoia e Nogueira.
Xa non había volta atrás. Estaba decidido e Valle perdera a batalla. Así que o 12 de febreiro de 1795 pediu que se lle concedese a xubilación despois de servir en máis de vinte anos na Cátedra de Prima de Leis que, por Dereito Natural Civil e Leis de Partida, éralle debida a xubilación como se facía na Universidade de Salamanca, solicitando dispor de todas as vantaxes de que gozaban os catedráticos salmantinos.
O ditame do Consello foi favorable á petición de Valle-Inclán porque “es muy justo que se le premien sus trabajos, y que se le conceda un descanso en sus tareas”.
O 6 de Agosto de 1795 o Consello nomeouno Alcalde Maior de Galicia da Real Audiencia de A Coruña e le concedeu a xubilación, sendo o primeiro catedrático compostelán que se retiraba percebindo un salario. Mais non perdeu completamente o vencello coa institución compostelá pois xubilado e con residencia en Santiago, presidiu as xuntas do Claustro como doutor máis antigo na ausencia do Reitor.
(1)—Madrid centralizaba a industria editorial e o comercio libreiro naquel momento pois Salamanca, tradicional praza proveedora da Universidade compostelá estaba inmersa nunha etapa de decadencia.
(2)—D.Francisco fixo o inventario da biblioteca existente, formada maioritariamente por libros procedentes dos cinco colexios galegos dos xesuítas. Tamén mercara dous globos celestes terráqueos “una esfera armilar, un telescopio de graduación montado, una máquina neumática y otros instrumentos de astronomía,optica y física”. Tamén logrou a cesión por El-Rei Carlos III dalgúns libros que non se atopaban en venda.
(3)—Antonio de Sancha Viejo naceu en Torija (Guadalajara) en 1720 e foi un importante e famoso libreiro, impresor e editor durante o século XVIII.
Editou a Lope de Vega, Miguel de Cervantes, Francisco Cervantes de Salazar, Esteban Manuel de Villegas, etc., e a moitos dos eruditos e literatos do seu tempo (Pablo.Florez, Capmany, Vicente García de la Huerta, etc.).
Tamén foi o máis notable encadernador cos seus orixinais tipos de orlas florais e de mosaicos de cintas e introduciu o estilo barroco en especial a decoración de encaixes e mosaicos punteados de ouro.
O retrato que reproduzo nestas páxinas é un debuxo en tinta china realizado polo pintor e ilustrador Luís Paret, que era moi amigo de Sancha. Paret era considerado, despois de Francisco de Goya, o mellor pintor e actualmente podemos deleitarnos con varias obras da súa autoría pendurados no Museo del Prado. Antonio de Sancha finou na cidade de Cádiz no ano 1790.
(4)—Nas páxinas 23 a 29 da obra do Marqués del Saltillo, Don Francisco del Valle-Inclán, Bibliotecario de la Universidad de Santiago ( 1772-1795 ), aparece a relación de libros axustados en Madrid entre Francisco del Valle-Inclán e o libreiro Antonio de Sancha ordeada por materias, títulos, anos de edición, volumes, autores e custo en reais de cada libro e tomo. Case todos foran editados no século XVII e comezos do XVIII, agás 29 tomos de Dereito Civil de 1584.
(5)—As instrucións poñían especial atención en evita-los roubos de libros, de ahí que se mostraran contrarias ao préstamo domiciliario. Tamán subliñaban a necesidade de elaborar catálogos completos e impresos e de dotarse de persoal especializado.
(6)—Hai que lembrar que durante o reinado de Carlos III foi expulsada a orde dos Xexuitas. En Galicia foron recollidos e expulsados dende o porto da Coruña.
Ante este acontecemento, o Consello Real comunicaba o seguinte: “ donde quiera que haya una universidad, se poderá agregar los libros que hubiera en todas las casas de la Compañía de Jesús “. Así foi e os libros de tódolos colexios galegos dos xesuítas,de Coruña, Pontevedra, Ourense, Monterrei e Monforte, foron depositados na Universidade de Santiago, agás uns poucos que foron para o Colexio de San Clemente; os libros que se dicían “perniciosos” serían levados á Universidade, pero ao “cuarto de los prohibidos”.
(7)—Manuel Buenaventura Figueroa Barreiro, naceu no Hospital Real de Santiago, onde o seu pai era un humilde empregado, o 21 de decembro de 1708. Aos 19 anos graduouse de bacharel en Leis na Universidade de Santiago. En 1737 foi designado provisor da Igrexa de Ourense e en 1746 abade da Freguesía da Santísima Trinidad.
Durante o reinado de Fernando VI, foi un persoeiro indiscutible, onde tivo o maior prestixio, influencia e autoridade. Ningún outro desempeñou tantos cargos. Dende abade da Trinidad de Ourense até patriarca das indias, pasando por xuíz supremo das Dehesas Reais, protector do mosteiro do Escorial, gran canciller da Orde de Carlos III, colector xeral dos arcebispados e bispados do reino, auditor da Rota, comisario apostólico da Santa Cruzada, embaixador en Roma, gobernador do Real Consello, ministro da Cámara de Castela, arcediago de Nendos, arcebispo de Laodicea, etc. Creou o Banco de San Carlos e interveu nas obras do Hospital Provincial. Co diñeiro que recollía dos teatros e outras diversións públicas construíu estradas para mellorar as comunicacións con Castela.
Oito días antes da súa morte (finou en Madrid o 3 de abril de 1783), fixo testamento no que expresa a intención de deixar a súa biblioteca e manuscritos á Universidade de Santiago, nomeando patrono universal e administrador da Fundación a Xoan Bautista de Valverde. Moitos foron os beneficiados con esta Fundación (coñecidos en Santiago como os “figueroistas”) e como mostra de gratitude mandaron fundir unha estatua en bronce, obra do escultor Francisco Vidal e Castro, para erguer en Compostela.
(8)-Felipe de Castro, escultor, investigador e crítico de arte, naceu en Castro Lampreiro (Noia) o 10 de xullo de 1704. Comezou a súa aprendizaxe artística en Santiago no obradoiro de Diego de Sande con Miguel de Romai. En Sevilla traballou no obradoiro do escultor Pedro Cornejo e fixo a estatuas de San Isidoro e San Leandro. En 1739 foi galardoado co primeiro premio de escultura da Academia de San Lucas de Roma.
A sona acadada motivou que Felipe V o chamara para que realizara os traballos escultóricos do novo Palacio Real e Fernando VI nomeouno o seu escultor persoal.
Cando se fundou a Academia de Belas Artes, aceta o cargo de Director de Escultura e dende 1763 ata 1766 foi o Director Xeral.
En Galicia temos algunha das súas obras como a Virxe da Asunción de Santa María de Isorna e dous anxos para San Martiño Pinario.
Esta doazón de Felipe de Castro foi reclamada pola Real Academia de San Fernando, aducindo que os libros foran doados con anterioridade, moito antes de que fixera testamento no que se podía ler esta cláusula: “que mandaba toda la librería con que al presente hallaba a la Universidad de Santiago para que disponga de ella como le parezca y pueda servir de utilidad al público; cuya librería se le entregue al tiempo inmediato de su fallecimiento, haciendo el correpondiente inventario de ella, para que en todo tiempo conste el número de libros de que se compone con encargo particular que hace a la misma Universidad y persona que represente sus poderes, de que el ánimo del señor otorgante es dirigido a que el público se utilice de ella”.
A Universidade preiteou contra a Academia de San Fernando sendo comisionado D. Francisco del Valle-Inclán para arranxar o litixio que atopou finalmente unha soclución satisfactoria para ambas partes.
Felipe de Castro finou en Madrid en 1775.
(9)-José Vicente Piñeiro e Cancio naceu en Mondoñedo o 13 de abril de 1725. Era fillo de Andrés Piñeiro e María Cipriana de Cancio.
Fixo os seus estudios en Santiago, graduándose nesta Universidade de Bacharel e Cánones. En abril de 1775 opositou á cátedra de Prima de Cánones, que se lle concedeu ao colexial de Fonseca Juan A.Losada. Pero o 6 de agosto do mesmo ano tomou posesión de Vésperas de Cánones.
Como catedrático pediu a substitución por ter que se apresentar á oposición de prebendas das igrexas de Tui e A Coruña, designando ao seu colega Juan Agustín Valdivieso como substituto.
A finais do ano 1761 toma posesión da Doctoralía de Lugo. Nesta cidade traballou intensamente nos arquivos, foi un gran colaborador de Flores, un famoso agostiño e escribiu un manuscrito co título Colección Diplomática y memorias para la Historia de la ciudad e Iglesia de Lugo.
A coenxía levouno ao Reitorado da Universidade, nomeado por R. O. de 2 de xuño de 1786. Pedíuselle o 5 de outubro de 1789 que seguira durante o siguiente trienio ao fronte do Reitorado, pero aduciu unha xeira de doenzas para rexeitar a proposición. escusándose polas moitas doenzas que padecía. Cando sentiu a chegada da morte, quixo salvaa a súa biblioteca enviando unha morea de libros á recente biblioteca fundada por Valle-Inclán.
(10)-Tomás A. Sánchez naceu no ano 1723 en Ruiseñada (Santander) e foi bibliotecario da Real Biblioteca e membro das academias de Lingua e Historia. Colaborou na edición da Biblioteca Hispánica Nova. Débeselle a publicación da primeira edición de El Cantar del Mio Cid.
Editou tamén obras de Gonzalo de Berceo, Juan Ruiz eo Arcipreste de Hita. Publicará entre 1779 e 1790 unha colección de poesías castelás anteriores ao século XV publicadas entre. Polemista entusiasta, a súa presenza animou a vida cultural madrileña e formou parte das máis importantes corporacións literarias da súa época. Foi o primeiro que editou en Europa unha canción de xesta. Finou en Madrid o 12 de marzo de 1802. 
(11) A biblioteca universitaria abriu as súas portas o 29 de marzo de 1794 e tan só estaban autorizados para ler libros prohibidos o bibliotecario maior e aos catedráticos de Prima.
(12)- En 1795, Francisco Pedrosa Montenegro y Aguiar foi nomeado Bibliotecario Maior en detrimento de Francisco del Valle-Inclán, deixando a praza o 10 de maio de 1798 cando opositou á Cátedra de Concilios.

O CATON COMPOSTELANO
O 1 de maio de 1800, seguindo a Pérez Constanti, aparece en Santiago unha publicación periódica semanal titulada EL CATON COMPOSTELANO, porén Javier del Valle-Inclán Alsina opine nun artigo publicado no Boletín de la ANABAD que non se pode asegurar que fora precisamente nesa data, seguindo a Masdeu na súa obra Historia Crítica de España.
Carré Aldao cré que o fundador e único director foi Francisco del Valle-Inclán e Manuel Murguía era tamén da mesma opinión.
El Catón Compostelano estaba formado por fascículos denominados “Discursos” numerados á romana.
O primeiro, titulado “Discurso Preliminar”, compoñíase de 13 páxinas en 8º e imprentouse no obradoiro de Heredera de Frayz. 
“Mi ocupación, pues, ha de ser desde este día escribir para reprehender los errores introducidos bajo el nombre de costumbre, e instruir en todas las materias políticas y literarias... Se me ofrece, pues, decir a mis compatriotas: Voy a Exponer la verdad sin velo alguno y en todo su explendor, y ¿Podreis sufrir sus brillos? ¿La oiréis y aceptaréis sin disgusto? ¿Abolireis en consecuencia los abusos que yo corrija, y demuestre por tales?”, decía.
Son moitos e variados os temas que trata: desde a defensa do estado eclesíastico até a descripción dunha máquina voadora nun artigo que asina “Marinero del Ayre”, pasando pola polémica desatada con Masdeu sobre a orixe das linguas europeas e hispanas, un remedio para curar a rabia ou a defensa do aceso da muller ao ensino e a necesidade de aprender a escreber.
Unha carta ao editor asinada “J.V.V.C.Y.V.” trata sobre a educación dos nenos e da tarefa dos mestres e pais. Outra publicada no “Discurso XIV” coa sinatura “T.J.R. de M.” destaca a importancia de dispor dunha Historia Natural Galega que describa as plantas medicinais e sirva de guía das aguas termais de Galicia.
O “Discurso XVI” leva por título “Del recíproco desprecio de las naciones” onde se amosa como “el castellano mira al Gallego como embrutecido y tosco, y hecho solo para servirle, quando el, Gallego tiene al Castellano por un ente superficial que en nada profundiza, ni aun la maña con que le lleva el dinero y se va riendo”.
Pablo Pérez Constanti comenta a existencia dun folleto anónimo que quixo rebatir as teses defendidas en El Catón Compostelano sobre se os sacerdotes debían ou non afeitarse. Titulábase Desagravios del clero latino, insultado en sus propias barbas, por el Catón Compostelano.
Francisco del Valle-Inclán deixou escrito un manscrito en 4º, composto por cinco follas e 430 páxinas, dividido en nove capítulos con algunhas ilustracións e mapas, titulado “PRENOCIONES/ ALA INTELIGENCIA DELAS SANTAS ESCRITURAS/ POR MEDIO DE LOS CONOCIMIENTOS DELAS LENGUAS/ ORIGINALES/ DECADENCIA DELA LITERATURA ORIENTAL/ EN ESPAÑA Y NECESIDAD DE RECOBRARLA/, asinado en Madrid en 1779 e que hoxe se atopa na biblioteca da Real Academia Galega.
O manscrito comeza cun índice de 16 páxinas máis unha introducción dende a páxina 17 á 32. Está escrito en latín e castelán, non ten ornamentación e soamente maiúsculas, palabras gregas, hebreas, arameas e doutras linguas, están escritas en tinta vermella e o resto en tinta negra. O manuscrito está un pouco danado polo caruncho.
No arquivo da familia Valle-Inclán gárdase un segundo manscrito de D. Francisco titulado “DISCURSO PRELIMINAR / ALA / CLAVE HISTORIAL DELOS PRINCIPALES SUCESOS / DEL MUNDO DESDE ADÁN HASTA EL MESIAS,/ DISPUESTA POR EL ORDEN Y MÉTODO CON QUE EL R.P. / M.F.HENRIQUE FLORES ESCRIBIO LA SUIA DESDE / JESUCHRISTO HASTA EL SIGLO PRES. / EN EL CUAL SE FIXA LA VERDADERA CRONOLOGÍA / DE MUNDO POR EL TEXTO DE BENXAMÍN KEN / NICOOT / Y SE DA UNA BREVE Y EXAPTA HISTORIA / DELA SANTA BIBLIA Y SUS VERSIONES./ CON EL FIN DE QUE LA JUBENTUD ESPAÑOLA QUE SE / DEDICA AL ESTUDIO DE LA HISTORIA Y CONOCIMIENTO / DELAS SANTAS ESCRITURAS, PUEDA POSEER POR MEDIO / DE ESTAS DOS CLAVES LAS PRENOCIONES SUFICIENTES / PARA SU INSTRUCCIÓN. / POR EL ABATE DN. FRANCISCO VALDECAÑAS,DOCTOR / EN AMBOS DERECHOS. “
Está datado en Madrid en 1779, consta de 25 folios escritos polas dúas caras e carece de mapas e ilustracións e cada folio conten entre 48 e 50 liñas. 
O texto, que asina un tal Francisco Valdecañas, intenta demostrar que a cronoloxía do mundo estaba errada e iamos retrasados catro anos. Para apoio da súa tese, bota man das Sagradas Escrituras e da Vulgata
¿Porqué identificamos a Francisco del Valle-Inclán con Francisco Valdecañas?. Filguiera Valverde ten asegurado que ambos nomes correspondían á mesma persoa e a comprobación da similitude das sinaturas á vista dos diversos documentos conservados no Arquivo Xeral de Simancas, no Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela e no Arquivo Diocesano. 
Retirouse ao pazo da Rúanova e un incendio acabou coa biblioteca e os manuscritos doutras obras. Fixo testamento o 1 de abril de 1804 no que dispón que a derradeira libranza da xubilación se reparta entre a Universidade e o Colexio de San Clemente, deixando a esta última institución unha Biblia Políglota en oito tomos.
Sobre o carácter deste Valle-Inclán comenta Pérez Constanti que “era de tan fuerte y raro genio que llegó a cortarse el mismo el dedo gordo del pié, ya que tenía en el una ligera deformidad”. Por Pontevedra espallouse unha versión máis forte: anoxado porque lle apretaba un zapato, entrou no portelo dun mestre zapateiro para que llo arranxase, rematando por coller un coitelo e rebanarse él mesmo o dedo doente.
Finou o 31 de outubro de 1804 na casa da Rúanova e foi soterrado ao día siguiente a carón da Portatraviesa do camposanto de San Martiño de Sobrán. 
Por iniciativa da Asociación de Veciños de Vilaxoán, o 10 de maio de 2003 fíxoselle unha homenaxe a D. Francisco na vila onde naceu e finou, descubriuse unha placa “ in memoriam” no adro da Igrexa de San Martiño de Sobrán. Este acto foi arroupado polo Sr. Alcalde Javier Gago o crego da freguesía D. Lino Salgado e o descendente de D. Francisco, Xabier del Valle-Inclán Alsina, concelleiros e persoas da vila.
Se fixo unha conferencia no Fogar do Pescador resaltando a figura do homenaxeado. Acudiron a este evento o Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xosé María García Palmeiro. Xosé Ramón Bouza Estévez, Catedrático da Facultade de Ciencias. Xoán Guitián Rivera, Bibliotecario da Facultade de Químicas e Xerente da Fundación “Ramón del Valle-Inclán”. Presentando o acto o presidente da AA.VV. “Vilaxoán” Teo Cardalda Fernández
 
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
A INDIGNACIÓN DE RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN MÉXICO,1921
rss feed
Teño lido hai tempo, en diferentes autores, sobre a andaina de don Ramón por México e a miña inquedanza era ter as copias dos xornais e así dispor de información de primeira man. Un amigo vivía na cidade de Puebla. Un home especial, culto, amigo dos amigos e moi boa persoa: estou a falar do vilaxoanés Rogelio Díz, que finou a primeiros de 2011. Rogelio brindouse a remexer na Hemeroteca de México D. F. Así foi, mandoume fotocopiado todo o referente á estancia de Valle en 1921. Este traballo vai dedicado “in memoriam” con moito agarimo a este amigo e camarada que tanto loitou como comentarista e escritor contra as inxustizas. Teño a ousadía e o atrevemento de realizar un xuízo de valor e afirmar que D. Ramón del Valle-Inclán sería hoxe un “indignado” do 15 M, malia os insultos e descualificacións no seu día de moitos políticos que hoxe nos gobernan.
O escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín ten escrito: “Valle-Inclán foi un xenio individual e único, polo seu estilo de vida absolutamente libre e independente, o seu xenio rebelde e talante crítico sen concesións acomodadizas”... “Don Ramón foi ese home tan eximio escritor como extravagante cidadán”. Sempre independente, á marxe dos favores oficiais, porque criticaba as inxustizas dos poderes do seu tempo....Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
Monumentos desaparecidos na Freguesía de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán
rss feed
CAPELA DE SANTA MARIÑA Esta capela estaba ao carón do lugar nomeado Riolois ao pé do monte coñecido como Monte de Pedra Corbal, á beira de Lobeira, nun aberto, arrodeada de piñeiros e construída en pedra de perpiaño. Capela pertecente á freguesía de San Martiño de Sobrán (Vilaxoán) As obras comezaron no ano 1654 baixo o mando de D.Alonso primeiro Conde de Maceda. Continuouna seu fillo primoxénito, D. Bernardino de Lanzós Novoa e Andrade, Cabaleiro da Orde de Santiago e segundo conde de Maceda, nado en Madrid o 23 de outubro de 1636, e entre as súas posesións estaban os pazos de Sobrán e de Trabanca. Casara na freguesía de San Bartolomé de Pontevedra con Dona Baltasara Montenegro, filla de Paio Sorrez de Montenegro, e de Dona María de Soutomaior, herdeira do pazo de Sobrán. A construción da capela rematou no ano 1683. O escudo nobiliario estaba na fachada, sobre a porta principal, representando as armas correspondentes dos apelidos dos segundos condes de Maceda, D. Bernardino e súa dona Baltasara. O historiador Fermín Bouza-Brey fixo unha visita ao lugar o 23 de setembro de 1924, deixando este comentario: ”... é unha capela gra...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PÓSITO PESCADOR DE VILAXOÁN DE AROUSA
 
Voume espallar un anaco e afondar na historia dunha institución moi antiga de Vilaxoán como é o Pósito Pescador que foi o embrión da actual Confraría. O domingo 28 de setembro de 1919, foi a data da fundación do Pósito Pescador de Vilaxoán por uns homes emprendedores desta vila. Homes que naquelas datas de penuria tiñan unhas inquedanzas e gañas de organizarse para acada-lo mellor para Vilaxoán, sendo tempos non moi doados para enfrontamentos co poder polo caciquismo que estaba imperando na nosa sociedade galega.Pero o desexo de loita deste homes foi que decontado Vilaxoán tivera unha representación dos mariñeiros con carácter oficial, sendo este Pósito o que facía o número 15 en toda a xeografía española, cando neste devandito día se constituíu xa tiñan 160 socios mariñeiros. Foron estes homes fundadores as seguintes persoas: Presidente, Xesús Somoza Villaronga; Secretario-Contador, Francisco Santos Crespo; Vicepresidente, Xoaquín Bouzas Názara; Vice-secretario, Antonio Vázquez Jueguen; Tesoureiro, Xoán Fernández Patiño; Vocais, Xoaquín Valle Torres; Xoaquín Chaves Alejandre; Manuel Vidal Orozco e Antonio Soto Brocos. Xa coa mesma , solicitaron o 18 de novembro de 1919 ao deputado D. Pedro Seoane, a construción dun peirao, solicitude que cito literalmente: “....El vecino puerto de Villajuan que por su importancia como centro...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Castelao en Vilaxoán no ano 1933
rss feed
Por estes anos, andábase a preparar o Estatuto de Autonomía de Galicia e o Partido Galeguista celebrou en Vilagarcía o 11 de xaneiro de 1933 unha Xunta Xeral na que saíu elexida por unanimidade a directiva composta por Germán Quintela, presidente. Vicepresidente, Dámaso Carrasco. Secretario xeral, Jesús Garrido. Secretario de actas, Francisco Fernández. Tesoreiro, Leopoldo Sampedro e como vocais, Antonio Oubiña, Xoaquín M. Posse e Xoán Parada. A primeira iniciativa da directiva foi tratar de impulsar con grande actividade a propaganda galeguista con especial fincapé no espallamento do Estatuto de Galicia en toda a bisbarra organizando conferencias en tódalas freguesías do concello e do distrito. A primeira conferencia foi en Bamio o día 15 de xaneiro á que asistiron Xosé Giráldez, Quintela Novoa, Oubiña, Núñez Búa e Francisco Fernández del Riego A sociedade Agraria “La Honradez” de Vilaxoán, convocou o día 22 de xaneiro deste mesmo ano de 1933, unha conferencia sobre a Autonomía e a Cooperación Agraria pronunciada por Xosé Núñez Búa. Explicou o Sr. Búa o fundamento das cooperativas labregas nunha futura Galicia autónoma, que foi claramente exposto con dados e estatísticas tomadas dos organismos oficiais. A conferencia foi seguida por moreas de labregos que deron de aprobación. O sábado día 4 de febreiro, celebrase no “Villajuán Cinema” o agardado mitin de Alfonso Daniel Rodr&iac...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
A ASOCIACIÓN DE LABREGOS E MARIÑEIROS “LA HONRADEZ” 1915
rss feed
Ao anexionarse o Concello de Vilaxoán ao de Vilagarcia en 1913, non había unha representación real na vila que ollara polos intereses dos labregos e mariñeiros, e catro anos antes da fundación do Pósito de Pescadores nacera esta asociación concretamente o 5 de xaneiro de 1915 e o 7 do mesmo mes elixen a Xunta Directiva coas seguintes persoas: Presidente Honorario, (*) Manuel Fernández Álvarez; Presidente, Bernardino Riveiro; Vicepresidente, Xosé María González; Secretario, Salvador Vidal; Vicesecretario, Braulio López; Contador, Silverio Bouzas; Tesoureiro, Emilio Dasilva; Vocais, Antonio Díaz, Xosé María Rey, Antonio Díz, Santiago Manuel Otero, Francisco Navazas e MarcelinoUrcera. Estes eran uns homes emprendedores de Vilaxoán que trataron de facer o posible acadando melloras sociais para o pobo. Como dixen anteriormente, naceu esta asociación por mor da falla do Concello de Vilaxoán e aínda non chegara a lei dos pósitos en España. Nesa primeira xuntanza comentaban que, a representación por Vilaxoán que neses intres tiñan no Concello de Vilagarcia non era do máis axeitado para os intereses dos labregos e mariñeiros, sendo o representante nese intre o derradeiro Alcalde de Vilaxoán Sr. Ameijeiras, concelleiro pola vila no Concello de Vilagarcia. Aprimeiros do mes de febreiro de 1915, esta asociación “La Honradez” fixo un xesto moi humanitario ao mandar u...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
PAZO DE PARDIÑAS E OS SEUS MORADORES
 
O Pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa Torre dos Pardiñas Villardefrancos, é de finais do século XVI. Este pazo serviu de morada, non como outras construcións pacegas que eran de morada e agropecuarios, e fica ao carón do mar e no mesmo centro da vila. Está moi ben conservado, ten unha erguida torre, ousadas as súas gárgolas e grandeiros os balcóns. Hai anos tiven a oportunidade de percorrer o seu interior e tiven a sensación de me atopar no século XVIII, entre as súas paredes mantense viva a historia. O pazo seica foi construído por Xoán da Val e a súa dona María Pérez Leiro Romero, ambos vencellados a esta construción desde o ano 1591. Ademais, fundaron tamén o convento de San Francisco de Cambados. O vencello do pazo coa familia Pardiñas comezou un século despois, ao casar Francisca Romero de Lis Bermúdez con Ignacio Pardiñas Villardefrancos. Dona Francisca herdara tódolos bens e dereitos dos seus pais, Plácido Romero de Lis e Xoana Bermúdez, descendentes do devandito Xoán Da Val. Un fillo de Ignacio e Francisca, Francisco Antonio Pardiñas Ayala Villardefrancos, nado en Vilaxoán, fora reitor do Colexio de Fonseca a mediados do século XVIII. Dos Pardiñas vencellados a Vilaxoán, temos a Ramón Pardiñas Ayala e Feixóo sobri...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalada •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A FOLGA XERAL DE VILAGARCÍA EN AGOSTO DE 1920
rss feed
Esta folga xeral comezara o 11 de agosto de 1920 por desavinzas entre a Sociedade Huevera que era rexentada por Agustín Pereira e os empaquetadores de ovos. Estas desavinzas consistían na admisión de uns obreiros despedidos uns días antes. Ante estes acontecementos interven a “Federación Obrera” esixindo a admisión destes obreiros. A empresa non atendeu a reivindicación da “Federación Obrera” despois de celebradas varias xuntanzas co xerente da sociedade. Nese intre a Federación plantexa a folga xeral, comunicándolle este acordo por medio dun oficio ao Alcalde Sr. Viqueira. O Alcalde plantexa unha xuntanza entre a “Federación Obrera” o xerente da Sociedade Huevera Sr. Pereira, o presidente da Asociación Comercial Sr. Pérez e o Capitán da garda Civil Sr. Malo. Nesta xuntanza presentáronse unha morea de fórmulas para arranxar o problema, pero ninguna delas foi aceptada pola Federación que non pasaban pola non admisión dos despedidos. Dende o Concello saíron os obreiros dispostos a plantexar a Folga Xeral en Vilagarcia. Dende as primeiras horas do día 12 os folguistas distribuíronse por tódalas rúas para falar coa xente, coas mulleres que viñan das aldeas coas mercadurías para o mercado de abastos. Algunhas mulleres que non facían caso ao requerimentos dos folguistas, lles facian tirar as cestas dos ovos, das legumbres e frutas, este mesmo día non traballaron...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
O Concello de Vilaxoán. 1836-1913
rss feed
Os Concellos, na forma en que hoxe os coñecemos, teñen a súa orixe na Constitución de Cádiz de 1812, e un dos seus artigos dicía: “Para el gobierno interior de los pueblos habrá Ayuntamientos compuestos del alcalde o alcaldes, los regidores y el procurador síndico, y presididos por el Jefe político, donde lo hubiere, y en su defecto, por el alcalde o el primer nombrado entre éstos, si hubiere dos”. Se pondrá Ayuntamiento en los pueblos que no lo tengan, y en que convenga le haya, no pudiendo dejar de haberle en los que por si ó con su comarca, lleguen a mil almas, y también se les señalará termino correspondiente”. A primeiros do século XIX, concretamente en marzo de 1813, constituíase en Santiago a Deputación de Galicia para impulsar os “concellos institucionais”. Paralelamente, creábase o concello de Sobran tomando o nome da antiga xurisdicción. As circunstancias políticas non favoreceron o desenvolvemento constitucional que ía supor unha nova andaina para os gobernos locais, aínda que axiña comezouse a por en marcha a nova organización, unha vez constituídas as primeiras deputacións provinciais ao Aveiro do artigo 335, punto tres, da Constitución, que di:“Cuidar que se establezcan Ayuntamientos donde corresponda los haya conforme a lo prevenido en el articulo 310”. Pero os novos concellos case non tiveron tempo de funcionar como tales, xa que a volta do desterro do nefasto Fernando VII e a súa proclamación como Rei absoluto tiveron consecuencias negativas para España e, de feito, supuxo o retorno aos usos e costumes do antigo réxime nos que xogaban un papel estelar os nobres, abortando desde o comezo unha etapa de modernidade constitucional que se consagra cun Real Decreto de 4 de maio de 181...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Notas históricas de Vilaxoán
rss feed

Notas históricas de Vilaxoán

04/11/2013 19:46:56
REFERENCIA: algúns artigos do libro “Á beira do mar de Arousa. VILAXOÁN” e outros inéditos recollidos de documentos históricos de distintas fontes e arquivos.Publicado en decembro de 2010 na revista “AVANTE”, da Asocación de Veciños de Vilaxoán

Vilaxoán de Arousa atópase na marxe sur da ría de Arousa na posición de latitude 42° 35` 4N. e lonxitude 08° 47´ 3W. Esta vilae porto, é núcleo de mais importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía abrangue unha superficie de 5,9 km² con 83 hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004. Foi concello de seu desde 1836 ata 1913, e desde esta data pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa. Non hai moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración e a toponimia, danos pé para xulgar que a vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a finais do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxetos de pedra pulida e cobre, pertencentes a razas aborixes, pódese dicir, sen dúbida, que a vila debeus estar habitada nunha época, cando menos, anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia. Na nave da igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e mais no cemiterio, apareceron “sartegos” antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que deberon ser descubertos cando se...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Dª Avelina Nogueira Martiñán
rss feed
Naceu Avelina Nogueira Martiñan en Vilaxoán de Arousa no ano 1900. Dende que era nena, traballou como pescantina na Praza de Abastos de Vilagarcía. Cando tiña vinte anos comenzou a exercer de comadroa, práctica que aprendeu da súa nai cando ía de pequena con ela para atender os partos. A Sra. Avelina exerceu esta profesión sen pedir nada a cambio, con bastante frecuencia cando cadraba e podía , atendía económicamente á familia que asistía no parto naqueles anos da guerra civil e na posguerra, anos de carencias e necesidades. Exerceu ata o ano 1980 esta profesión de comadroa moi dignamente e dedicación altruísta. Case tódolos vilaxoaneses que hoxe teñen más de 30 anos, coido que nun 80%, foron as mans da señora Avelina quen os recolleu do seo das súas nais. A señora Avelina merece unha especial e agarimosa lembranza por aquela labor completamente desinteresada a un pobo que traballou case toda a súa vida. Era unha muller con carácter e de bo corazón. Non só atendía aos partos, senón que, nos días posteriores encargábase de controlar ao recén nacido e artender á nai. Moitas veces era ela a encargada de levar ao neno cando era bautizado, e por mor deste detalle chamábaselle “ a Madriña”. Esta gran muller foi un exemplo de entrega para cos demais, exemplo de humildade e humanidade. Toda a labor extraordinaria da “comadroa de Vilaxoán”, veuse reconpensada por unha homenaxe popular que se lle fixo ao longo dos meses de maio e xuño de 1985, homenaxe que aínda se recorda en Vilaxoán polo importante da súa programación: conferencias, recitais, exposicións de pintura, concertos, teatro, etc. Alí estiveron, entre moitos, Manuel Portas, catedrático; Xoán García, doctor en Historia; artí...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAXOÁN - IMAXES
 
 
 
A PÁXINA DE TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
 
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
BIOGRAFÍA
PUBLICACIÓN : GALEGOS
Vign_teo
 

VENTORACHADO 2

O BLOG DE TEO CARDALDA

Vign_ventorachado_teo
 
Vign_Dibujo

GALICIA DIXITAL
Acceso directo artigos
de Teo Cardalda

 
Vign_ESCUDO_DE_VILAXOAN_BOA
 
Vign_Dibujo
 

1891. UN ANO UN POUCO REVOLTO NOS CONCELLOS DE VILAXOÁN E VILAGARCIA

 
O 21 de xaneiro de 1891, fondean a carón de Vilaxoán varios buques da escuadra inglesa que pertencían á flota do Canal. Eran o cruceiro Camperdown, de 10.600 Tn., mandado por Mr. B. Simpson; Aurora, de 12 canóns e 3870. Cruceiro Curlew de 950 Tn. ao mando de Mr.P. Harlunw. Os buques de apoio Speedw, Bodne e Ausor. 
Dez días despois de arribaren, falecerá un membro da tripulación do buque Aurora e o almirante da escuadra solicitou permiso ao Comandante Militar de Vilagarcía para que durante o enterro no camposanto inglés das Carolinas, se lle puideran facer as honras de ordenanza. O permiso foi concedido, e o domingo día 1 de febreiro é desembarcado o cadáver do mariñeiro en cuestión pero, de contado, o administrador da alfándega non permite que os músicos ingleses porten os seus instrumentos de xeito e maneira que o enterro realizouse a tambor batente dende o peirao ata o cemiterio. Se ben é certo que non houbo outros incidentes en terra, si que os houbo no mar porque como consecuencia das manobras que realizou a mariña da Súa Maxestade Británica unha lancha de Vilaxoán atopou non sen sorpresa un torpedo de catro metros de longo por setenta centímetros de ancho, que ficou depositado na Comandancia de Mariña de Vilagarcía.
A escuadra inglesa retornou a finais de ano, o 2 de novembro e fondeou no mesmo lugar, frente a Vilaxoán, sen que saibamos se o novo torpedo que apareceu o 14 de novembro na praia de Canelas foi outro “descuido” ou ben xa lles caera meses antes. Como ben sendo habitual desde entón, non se pediron responsabilidades 
 
Tamén en novembro estivo fondeada a escuadra española. O día 16 naufragou un bote do acoirazado Pelayo, perecendo afogados un maquinista, dous fogoneiros, un cabo de mar e un mariñeiro, todos eles procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra. O naufraxio aconteceu contra as 12 da noite cando volvían do porto de Vilagarcia tras levar ao Comandante de Mariña desta cidade, Hipólito Piedras, e ao fillo do cónsul inglés. Seica o afundimento do bote foi a consecuencia da explosión da caldeira.
Houbo tamén outros sucesos. Meses antes, o 18 de agosto, durante as festas de San Roque, celebráronse corridas de touros e viñeran forasteiros a moreas desde Pontevedra, Marín e Vigo. Os touros eran da gandeiría de Patilla, de Colmenar Viejo e a cuadrilla estaba formada por “El Arnilla”, “Paco Frescuelo”, “El Sobresaliente”, “Grané”, e o “Morenito. A carne foi vendida a un real a libra galega, e seica houbo liortas para mercala.
Tamén subliñar que no mes de outubro fai unha aportación de 431,60 pts. o concello de Vilaxoán para as víctimas das grandes inundacións que houbera en Consuegra e Almería.
 
 
Vign_ferron
MARTÍN SANTOS FERRÓN
   
   
Martín Santos Ferrón, naceu na freguesía de Sobrán (Vilaxoán) na rúa Marqués de Pardiñas o 9 do III de 1899.      Martín deu as súas primeiras patadas, non precisamente  a un balón de coiro,senón a pelotas feitas de trapo e cunchas de mariscos por dentro. Martín cando era neno xa poñía coraxe e comezaba a despuntar coma un gran xogador,como xogaban no peirao de Vilaxoán, moitas veces ao
darlle o balón caían ao mar .  
 Naquelas datas en Galicia había catro equipos de fútbol moi bos: Real Club Alfonso XIII de Vilagarcia, Real Vigo, Atlético de Pontevedra e o Real Coruña,dos catro o que máis destacaba era o Real Vigo.  M. Santos de xogar no peirao de Vilaxoán, con 17 anos fichaba polo Alfonso XIII, tendo por compañeiros a grandes xogadores coma: Xoán de Hoz, Leona, Pepe Rei e outros.     
Naquel ano de 1918 o presidente do club era Xosé Quintáns e o de honra Pedro Seoane, onde ese mesmo ano concretamente o 6 de marzo o Rei Alfonso XIII concedíalle ao club o título de Real.     Debutaba Santos o Domingo 26 de maio de 1918 con un encontro co Vilagarcia S.C. onde gañou o Alfonso XIII por dous a cero, a prensa comentaba o destacado que foi Santos recoñecendo como un gran defensa esquerdo.Os seus compañeiros de equipo neste encontro foron os seguintes: Silva de porteiro, Ramos,  Pedrido,González, Blanco, Rei, García, Bravo, Da-Silva e Rubianes.   
M. Santos tanto na súa vida privada como no terreo de xogo, era digno de eloxio,como exemplo, os mesmos xornais comentaban o comportamento que tiña escribindo  desta maneira: “Siempre elegante en la entrada, caballero en el juego y en su vida particular, noble con la nobleza que nace del dominio de si mismo supo imponerse de tal manera, que moi pronto fue el ídolo de los públicos, que le dieron el sobrenombre del Zaguero de la Elegancia”. 
O 19 de agosto de 1919 o Real Alfonso XIII enfrontouse o Real Stadium de Oviedo empatando a un gol, cos xogadores seguintes: Bernardo Silva, Martín Santos, Pepe Rei, Serxio González, Xosé Baladía, Manuel Vega, Federico Bouza, Teodoro Rei, Anxo Silva, Vicente Carregal e Roque Rei. No tempo en que estivo neste equipo, tería de compañeiros a Ramón Bravo,Francisco Tobio, Xosé Troncoso, Domingo Dasilva, Anxo Mariño, Faustino Vázquez e Xoán de Haz.    
    Despois de xogar uns anos no Alfonso XIII, M. Santos tivo que coller o uniforme militar obrigatorio e face-lo servizo militar en África, e cando volveu coa licenza na man a Vilaxoán, comezaban os clubs a disputalo para podelo fichar, pero naqueles intres daba a casualidade que chegou unha comisión de directivos do Club Hispanoamerica de Cuba, faláronlle de Martín, e  amosaron interese en facerlle unha proba, ao rematar, deseguido o quixeron contratar, así foi, o contrato era de viaxes pagados ida e volta a Cuba e 160 dólares ao mes.     
    Xa en Cuba, decontado comezou a xogar no Hispanoamerica ao carón de grandes xogadores coma: Cosme, Gonzalito, Conrado e outros; o pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo Nacional Cubano.   Nunha crónica no xornal “El Heraldo” comentaba de M.Santos sobre un partido disputado contra o Fortuna Sport Club deste xeito: “El as entre los ases del balompié, M.Santos es un verdadero maestro del fútbol, una estrella que ilumina con luz propia nuestro firmamento balompédico, un diamante pulido, jugador maestro que sin emplear esas acometidas brutales que hacen pensar al espectador que algo grave ha de ocurrir, ora avanta la cabeza, la hace describir un círculo en el aire y despide de sus dominios el balón, es valiente y decidido, esos saltos que él dá para rechazar de cabeza el balón, saltos que no fallan, pues siempre se le vé sobresalir de los demás con seguridad inigualable. El Heraldo de Cuba se honra publicando en sus planas la fotografía de este estupendo jugador, que en el corto tiempo que lleva en Cuba, cuenta con una grande legión de simpatizantes producto esto, de su juego vistoso e efectivo y de su caballerosidad, tanto en el campo de juego y fuera de él, jugadores como este dan prestigio al fútbol”


 
Vign_vilaxoan_foto_web_3
 
Vign_Copia_4_de_escanear0009
Vilagarcía, Patrimonio e historia