|
|
A PÁXINA DE CARLOS REI CEBRAL
|
|
|
|
|
|
|
O meu mais sinceiro agradecemento a Carlos polas súas valiosas aportacións. J.C.Porto
|
|
|
|
|
|
|
Esta non pretende ser unha historia pequena ou paralela á verdadeira historia de Vilagarcía. Só quero presentar un feixe de contos e "acontecidos" tal e como os lembran os nosos maiores, que son os que máis saben disto. Pido, nesta mesma páxina, perdón por non saber transmitilo coa viveza e emoción coa que o fan os nosos vellos. Como castigo e como pena, botareille cincuenta pesetas no cepillo de Santa Rita e ....unhas setecentas pesetiñas no San Xosé do Asilo (que os velliños comen máis que Santa Rita) Ou non? .Pois a ver se seguides o exemplo, que os vellos non viven do aire .... Fóra bromas, ali, no asilo, atopei aos meus mellores informantes .Sempre gustosos de falar, de contar cousas e de dar e recibir cariño. Para eles e as súas coidadoras, ás monxiñas que dirixen a institución, (incluido Carlos de Marajota), a miña meirande aperta. As pequenas cousas son as que nos diferenzan dos demais pobos, para meñor ou para peor. As que nos fan sentirmonos orgullosos de ser VILAGARCIÁNS: Ingleses, Peixeiros ou Afogacristos. É o mesmo, todos somos da familia e sempre teremos os nosos máis e os nosos menos .Pero nos xungue a historia, a terra e o mar
Grazas a todos
Carlos Rei Cebral
|
|
|
|
|
|
|
A menciña popular en Galicia |
|
|
O testamento do Burro de Faxilde - Tradicións |
|
|
A festa dos Maios no Concello de Vilagarcía - Parte II - Tradicións |
|
|
San Roque e o famoso pasodoble "Triunfo" |
|
|
A festa dos Maios no Concello de Vilagarcía - Parte I - Tradicións |
|
|
As Palilleiras de Vilagarcía, tradicións |
|
|
A Farsa de Carril (Tradicións) |
|
|
A lenda de Sta. Plácida (Rubiáns) |
|
|
A Romaría dos "Josefinos" |
|
|
San Cibrán, abogado do reuma |
|
|
|
|
FESTAS, LENDAS E TRADICIÓNS
|
|
|
|
|
|
|
|
UN ANTROIDO EN CARRIL NOS ANOS 30
Dende os primeiros anos do século XX e até a chegada da Guerra Civil, as sociedades recreativas de Vilagarcía destacaban pola celebración dos carnavais, e en especial a Sociedade Recreativa Liceo, que tivo, durante moitos anos unha grande sona polos bailes, representacións teatrais e "apropósitos", animados polos autores Ricardo Llrioste, Manuel Rey Posse e Xoán Buhigas. Pero no municipio había outra sociedade que rivalizaba co Liceo nestas lides: O Gato Negro de Carril.
O Gato Negro preparaba todos os anos un “apropósito" carnavalesco que tiña como tema os acontecementos locais e no que os actores afeccionados da sociedade daban vida aos tipos máis representativos, pintorescos ou estrafalarios da sociedade carrilexa. Por desgraza os arquivos do "Gato", polo menos no concernente a este tema, perdéronse, pero nós logramos rescatar, oralmente, unha escena dun "apropósito" cantado nos anos trinta. As nosas informantes foron a mestra Dona Concha, viúva de don Jesús Garrido, quen fora director do León XIII, e unha veciña súa chamada Maruxa. A gravación realizámola no ano 1983.
Nesta canción dramatizada interveñen tres personaxes disfrazados de peixes: a lorcha, a faneca e o congro. Tanto os nomes propios, como os alcumes que se mencionan, coma os nomes dos barcos, eran reais.
LORCHA- Soy de las lorchas la más castiza que el mar creó.
FANEGA- De las fanecas soy la más chula que el mar pisó.
CONGRIO- Yo soy el congrio, fuerte y valiente cual tiburón.
LORCHA- Pero te pescan...
FANEGA- Y descuartizan...
CONGRIO- !Teneis razón!
LORCHA- Cuando me pesca señor Santiago iPobre de mi!
FANEGA- !Ay! No hableis de eso, que siento un peso atróz aquí.
CONGRIO- Yo sólo temo a Feliciano con el ladrón.
LORCHA- !Ay! No lo nombres...
FANEGA- Ni a mi me asombres...
CONGRIO- !Tenéis razón!
LORCHA- El Feliciano, tiene una mano...!Válgame Dios!
FANEGA- De las miñocas, la de su anzuelo es la mejor.
CONGRIO- El nos engaña y nos apaña como un traidor.
LORCHA- !Quien a él pescara!...
FANEGA- !En las mismas aguas!...
CONGRIO- !Tenéis razón!
LORCHA- Yo cuando veo que La Giralda se hace al mar
FANEGA- Con el Arete y el Roleiro para pescar...
CONGRIO- Mucho me río cuando el Arete vira el timón
LORCHA-, Y entusiasmado
FANEGA- El Roleiro al lado...
CONGRIO- !Tenéis razón!
LORCHA- Una mañana a nuestras piedras los vi venir...
FANEGA- Y huyeron todos los compatriotas que había allí...
CONGRIO- Menos un bello y un peíxe sapo, que era un guasón...
LORCHA- Y los cazaron...
FANEGA- Y los paparon...
CONGRIO- iTenéis razón!
LORCHA- Al Dios Neptuno hoy le pedimos su protección...
FANEGA- Contra piratas y pescadores de esta región...
CONGRIO- Si no hacen caso, que los castiguen sin compasión...
TODOS- !Y que los maten, aunque ello sea con un cañón!
|
|
|
|
|
|
|
|
AS PAMPÓNIGAS DE VILAGARCÍA
En Vilagarcía cidade, que se recorde (pois non existe documentación escrita sobre a súa compra, encarga, construtores, etc.), houbo unha comparsa de sete xigantes: unha parella de xitanos, outra de etíopes, outra de mouros e un "guardia". Tanto a parella de etíopes como o garda desapareceron antes da Guerra Civil e nada podemos dicir deles, por non se conservar material fotográfico. As parellas de mouros e xitanos seguiron saíndo ata principios dos oitenta, nos que un incendio acabou con eles. A parella de Mouros non tiña grande interese, por ser de fabricación en serie, seguramente procedentes de Zaragoza ou Cataluña. Non así a parella de xitanos, que semellaba de fabricación artesanal. Eran estes os que máis medo metían aos rapaces, especialmente o xitano, con longas patillas e unha enorme navalla na man que, cando o portador o facía danzar e dar voltas, a faca voaba por riba das cabezas dos espectadores. Estas dúas parellas foran restauradas, en certa ocasión, polo artista Rivas Briones. A comparsa saía o día 16 de agosto, festa do patrón da vila, San Roque, e ía acompañada dun grupo numeroso duns vinte cabezudos comprados nos anos 60. O acompañamento musical estaba composto por tres gaiteiros (gaita, caixa e bombo), os cales interpretaban para o pasarrúas un pasodobre chamado "A Diana", que os cabezudos bailaban colléndose das mans, por parellas, e dando uns pasos para diante e outros para atrás e facendo varios cruces e intercambios, collidos polo cóbado. Os xigantes bailaban calquera xota ou muiñeira, con pasos acordados de antemán entre os portadores.Despois de percorreren toda a vila, ás doce menos cuarto do mediodía tiñan que estar fronte ao adro da parroquial de Santa Baia, expostos para que os puidesen ver e tocar os rapaces, e preparados para acompañar a singular procesión que trasladaba ao santo dende a parroquial ata a capela situada no barrio de San Roque, na saída da cidade. E digo o de "procesión singular" porque se facía a paso lixeiro, ao compás do pasodobre "Triunfo", que era bailado polo santo e que, a cada pouco, os portadores facían andar cara atrás, por non se sabe que motivo.
Dato moi significativo (xunto co número de músicos), que delata o antigo desta comparsa, é que os gaiteiros levaban unha especie de chaqueta de pano escuro, moi ampla, por riba do traxe tradicional. Estas chaquetas eran propiedade do concello e entregábanselle aos gaiteiros momentos antes de comezar a tocar. Levaban bardado o escudo da cidade.
!Ah, e unha última curiosidade! Os burros adoitaban ser de Carril e aos xigantes chamábanlles "os ananos grandes", mentres que os cabezudos eran "os ananos pequenos".
Nos anos noventa xa non quedaba ningunha figura da antiga comparsa, en vista do cal o concello encargoulle ao artista César Lombera a fabricación de seis cabezudos e unha parella de xigantes, de nova feitura, que son os que saen algún que outro ano polas festas. A causa desta intermitencia é fundamentalmente económica e de falta de interese por parte das comisións de festas correspondentes.
|
|
|
|
|
|
|
|
A COROA DE DONA URRACA
Dona Urraca foi raíña de Galicia a principios do século XII. Sobre ela e o seu contemporáneo o Arcebispo Xelmírez hai moitas lendas espalladas por toda Galicia. Mesmo aquí, nas comarcas de Arousa e Salnés, aínda se conservan a través da oralidade varias delas. Non é de estrañar, pois a raíña tiña por aquí propiedades, como a torre de Caldas, onde naceu o seu fillo Afonso Vll, ou o castelo de Lobeira. Tamén o Arcebispo tiña terras e intereses na nosa comarca, de aí (entre outras cousas) que entre eles xurdiran fortes rivalidades que mesmo chegaron ao extremo de ter a raíña prisioneiro a Xelmírez unha curta tempada no castelo de Lobeira.
Unha destas lendas que chegaron ata hoxe é a da coroa da raíña, que aínda que non está demostrado que o feito realmente sucedera, si existe certa base histórica. A lenda conta o seguinte:
Dona Urraca estaba en guerra co bispo. Ela atopábase no castelo de Lobeira e, como viu que as cousas ían mal, mandou cargar todo o ouro que había no castelo en varios mulos e enviounos a Caldas, para que o agacharan. Ao final o bispo conquistou o castelo e díxolle a Urraca que, ou entregaba a coroa ou sacáballe os ollos. A raíña dixo que a coroa non lla entregaba, colléndoa e tirándoa nunha mina moi profunda que había no castelo, ao tempo que dicía: ti sacarasme os ollos, pero eu son a raíña e ninguén máis pode levar esta coroa. O bispo, en vinganza, mandou derrubar o castelo. Xa no pasado século, unha muller que estaba cavando nunha toxeira, alí en Lobeira, coa aixada levantou un garfo e unha culler de ouro. Eran restos do tesouro que había no castelo.
|
|
|
|
|
|
|
|
A FONTE DE CARMOA
Fontecarmoa é unha das parroquias máis antigas de toda a comarca. De feito a súa sé é unha pequena igrexa románica que alberga, no cabeceiro, unhas vellas pinturas restauradas hai non moitos anos. O nome de Carmoa é de procedencia latina, e viría en dar, na súa tradución á nosa lingua, en fonte do sortilexio ou fonte do feitizo. E isto entronca, perfectamente, co que conta a tradición que chegou ata nós. A fonte que lle dá nome ao lugar está situada un pouquiño máis abaixo de onde se atopa na actualidade o "Fogón da Ría", polo camiño que leva ao regato de Santa Mariña, preto da pista que lle chaman o Agro Longo. Até hai uns vinte anos, ou algo máis, por enriba de onde saía a auga había unha figura de pedra que representaba a un militar, armado cunha espada. Xusto aos pés del, brotaba a auga. A xente de por alí dicía que a estatua a fixeran os romanos, por aquilo de atribuírlle moita antigüidade. E poida que fose certo.Pero esta fonte, a parte de abastecer do necesario líquido aos habitantes da zona, tiña outra función, a curativa: Cando a alguén lle saía unha espulla (ou varias, pois acostuman vir acompañadas), acudía á fonte ao pór do sol, e entón, ao tempo que se ía lavando con esa auga, recitaba :
"Catro espullas teño no corpo, catro espullas e non me conforto. Tomando estas aguas vivas tornaranse confortativas. Augas vivas por todas, augas vivas por todas (lavando as espullas unha a unha) Lévete Satanás, que con esta agua morrerás. Con el poder de Dios y de la Virgen María, Un Padre Nuestro y un Ave María".
Para que as espullas curaran había que ir lavalas na fonte durante sete días seguidos, e ao final, parece que curaban, segundo din. E se non, tamén quedaba o médico. Pero era máis caro. |
|
|
|
|
|
|
|