search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 
A PÁXINA DE CARLOS REI CEBRAL
 

O meu mais sinceiro agradecemento a Carlos polas súas valiosas aportacións. J.C.Porto 

 
Esta non pretende ser unha historia pequena ou paralela á verdadeira historia de Vilagarcía. Só quero presentar un feixe de contos e "acontecidos" tal e como os lembran os nosos maiores, que son os que máis saben disto. Pido, nesta mesma páxina, perdón por non saber transmitilo coa viveza e emoción coa que o fan os nosos vellos. Como castigo e como pena, botareille cincuenta pesetas no cepillo de Santa Rita e ....unhas setecentas pesetiñas no San Xosé do Asilo (que os velliños comen máis que Santa Rita) Ou non? .Pois a ver se seguides o exemplo, que os vellos non viven do aire .... Fóra bromas, ali, no asilo, atopei aos meus mellores informantes .Sempre gustosos de falar, de contar cousas e de dar e recibir cariño. Para eles e as súas coidadoras, ás monxiñas que dirixen a institución, (incluido Carlos de Marajota), a miña meirande aperta. As pequenas cousas son as que nos diferenzan dos demais pobos, para meñor ou para peor. As que nos fan sentirmonos orgullosos de ser VILAGARCIÁNS: Ingleses, Peixeiros ou Afogacristos.  É o mesmo, todos somos da familia e sempre teremos os nosos máis e os nosos menos .Pero nos xungue a historia, a terra e o mar 
Grazas a todos 
Carlos Rei Cebral  
 
A festa dos Maios no Concello de Vilagarcía - Parte II - Tradicións
rss feed
A DANZA DE PAUS Cada un dos rapaces que acompañades o maio debedes levar un par de paus, duns 35 - 40 cms. de longo e, a ser posible, que sexan de madeiras ben secas, para que teñan boa sonoridade. Estes paus farédelos soar golpeándoos un contra o outro, de forma acompasada e marcando ben o ritmo cando se canta o ritornello; ou sexa, cando se repiten polo coro os dous últimos versos de cada copla. Todos os rapaces que acompañan ao maio cos paus teñen que ir andando en roda arredor do maio mentres dure toda a canción. Este costume non é ningunha moda nin capricho, senón que se trata dunha danza de paus que, aínqa que moi sinxela, é moi antiga, e non debemos deixar que se perda. Na nosa vila tamén é tradicional (e o único caso en Galicia) substituír os paus por un par de cunchas de vieira, co cal auméntase a sonoridade. Cada copliña do maio é cantada por un só rapaz ou rapaza, e logo todo o coro repite os dous últimos versos acompañados polos paus. Pero ante todo debemos ter en conta que a música coa que se cantan as coplas é invariable, marcada pola tradición desde moi antigo, aínda que se pode adaptar dependendo do número de sílabas que teñan os versos de cada copla. Aquí vos poñemos uns exemplos de adaptación da música á cantiga: A MÚSICA DOS MAIOS EN VlLAGARCÍ...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
San Roque e o famoso pasodoble "Triunfo"
rss feed
Xa é tradicional que o traslado que se fai da imaxe de San Roque, padroeiro de Vilagarcía, desde a igrexa parroquial de Santa Baia de Arealonga ata a súa capela, situada no barrio homónimo, se faga aos acordes do pasodoble Triunfo composto por F. Poppi, según nos comentou o actual director da banda de Vilagarcía. Pero ¿ De cando arrinca tal costume?. De novo imos a abusar da confianza do noso conveciño Pepe Prego Carregal e copiarlle textualmente o que él ten escrito ao respecto. “ Como resultado da acreditada devoción polo santo de Montpellier por parte dos traballadores do porto, moi especialmente polos tripulantes das gabarras, que eran unas embarcacións de moito porte e pouco calado sen outra propulsión que o remolque a remos que os consignatarios empregaban como feeders e nas que levaban e collían as mercadorías ao costado dos buques que por falta de peiraos fondeaban na bahía, acabaron os gabarreiros por ter a exclusiva que se foi polarizando de xeito que os levadores eran todos membros da familia Abuín. Para facer esta laboura ían vestidos con camisa e pantalón branco, cinguíndose o van cunha faixa bermella. Outro costume institucionalizado foi o de que a banda de música interpretase o pasodoble TRIUNFO nesa procesión cívica que se forma para levar ao santo desde a Igrexa Parroquial ata a capela de San Roque desde onde, pola tarde, vai saír a procesión relixiosa. Con ocasión de que acababa de facerse cargo da banda de música Don Marcelo no ano 1953, estaban os músicos diante da igrexa Parroquial a espera de que...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Os Galos Ingleses
rss feed

Os Galos Ingleses

16/02/2015 18:28:29
É moi corrente que os pobos da nosa rexión teñan alcume de seu. Nas zonas máis próximas a Vilagarcía podemos identificar pobos e aldeas polos seus brasóns. Exemplos: caliveras, afogacristos, viquingos, mecos, repoleiros, ceboleiros, os da terra das burras, peixeiros, etc.; e todo esto sen saír da nosa comarca. En Vilagarcía capital, a falla de un, temos catro sobrenomes: caganacuncha, famentos, pajilleros e ingleses. O de caganacuncha é unha maneira de chamarnos "señoritos". Cando nas casas a penas había cuartos de baño, o corrente era ter que ir á corte a facer as necesidades. Os da vila eramos tan finos e facíamos tan pouquiño que collía nunha cuncha. O alcume de famentos puxéronnolo as mulleres que dende Cuntis, Caldas, Lalín, A Estrada... viñan tomar os baños de mar durante unha tempada. Adoitaban parar nalgunha pensión do Castro ou A Mariña. Para non gastar moito durante a súa estadía na vila facíanse elas mesmas de xantar, polo que traían xamón "da casa", chourizos, patacas e demais compango, co cal, xa viñan mantidas, alcume que lle dabamos os da vila, e elas, pola contra, chamábannos famentos. "Pajilleros" era o alcume que nos daban aos do pobo a xente dos arredores, pois o sombreiro de "pajilla" foi prenda usada a cotío na vila dende finais do século XIX ata ben entrado o XX. Esta "pajilla" era complemento indispensable do traxe masculino da xente "ben"....Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A festa dos Maios no Concello de Vilagarcía - Parte I - Tradicións
rss feed
O que en etnografía se chama "ciclo de maio" son unha serie de ritos, cultos e cerimonias moi antigos e de diversa orixe (celta, grega, romana e medievais) que se celebraban por toda Europa arredor das datas próximas ao primeiro de maio.
Pero ¿Cales son os ritos que aínda se conservan ou se conservaron ata fai pouco no noso concello?. Deixando a un lado os "maios" que todos coñecemos e dos que falaremos amplamente un pouquiño máis adiante, en Vilagarcía tamén se facían ou fan as seguintes celebracións con motivo da chegada da primavera Estes cultos e cerimonias tiñan como motivo o celebrar a chegada do bo tempo, así como propiciar boas colleitas e espantar as pragas contra os animais e os maleficios contra a xente. ALUMEA-LO PAN
Aínda quedan na nosa comarca familias campesiñas que fan unha fogueiriña pequena naquelas leiras onde teñen plantado o centeo, o trigo ou o millo, ao tempo que recitan algunha fórmula como esta, para que as espigas crezan ben gordas:

Alumea pan,
alumea pan,
pola noite
e pola mañán;
cada espiguiña
o seu toledán. Válate María e válate San Xoán. BENDICIÓN DOS CAMPOS.
Antes en todas as casas había unha botella con auga bendita, que se collía na igrexa durante a Semana de Paixón, e tamén un ramo de loureiro ou de oliveira que se levara a bendicir o Domingo de Ramos. Con esta auga e co ramo, a xeito de hisopo, íanse bendicindo todas as leiras da casa para...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei Cebral •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
As Palilleiras de Vilagarcía, tradicións
rss feed
Desde a fundación da nosa vila e durante varios séculos a economía xirou arredor da pesca e da terra. Fóra destas actividades primarias, a industria que ocupaba á meirande parte da poboación activa era a do tecido e os seus derivados. Pola enquisa mandada facer polo Marqués de la Ensenada, no ano 1752, sabemos que en Vilagarcía había os seguintes veciños relacionados con esta actividade: "dez palilleiras, dez xastres, seis tecedores, dúas tecedeiras, cinco costureiras e unha calceteira". A actividade das palilleiras -mulleres que se dedican á manufactura de encaixes de palillos- está estendida por toda a franxa atlántica de Europa e tamén nalgúns puntos do Mediterráneo. En Galicia asociámola a Camariñas e arredores, por ser onde mellor se conservou esta arte e onde, tamén compre dicilo, mellor se promoveu, pero en todos os portos de mar da nosa comunidade practicouse, nun ou outro momento, esta actividade, ben como dedicación completa ben coma complemento da economía familiar. En Vilagarcía, como vimos, xa temos constancia da existencia de palilleiras dende o século XVIII, e aínda viven mulleres que, cando mozas, dedicáronse a esta arte. As mulleres palillaban, principalmente, á porta das casas, por grupos de veciñas, para así mellor pasar o tempo. Unha das zonas na que máis palilleiras se xuntaban era a que actualmente ocupa a Praza do Dr. Carús, nunha calella estreita que ía dende a Praza de...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei Cebral •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A Farsa de Carril (Tradicións)
rss feed
А farsa de Carril ou "Danza das espadas" e unha das manifestacións folclóricas mais vellas e vistosas que se conservan по concello е, xunto coa danza de Covas, as únicas que se conservan nas comarcas de Arousa е Salnés, pois as que outrora se bailaban en Cambados, Vilagarcía e Portas perdéronse, quedando delas tan só algunhas referencias literarias. Na actualidade а farsa báilase о día vintecatro de xullo, pola tarde, diante da casa dos confrades enfermos, е ао día seguinte na procesión na honra de Santiago Apóstolo. 0 número de danzantes e variable е, ate hai poucos anos, tan só podían bailar homes. А danza estrutúrase en tres filas dirixidas por cadanseu guia armado cunha espada. Estes, á súa vez, son dirixidos polo xefe ou punteiro, que vai indicando as diferentes mudanzas e figuras а realizar. O máis salientable e que а saida da procesión о cura que а preside ten que bailar uns pasos de muiñeira sobre as espadas dos guias tendidas по chan, simbolización do vencemento da Igrexa sobre as forzas do mal. Ao longo da procesión repítese varias veces а danza, perante а imaxe do Apostolo. O vestiario que levan os danzantes esta moi desvirtuado, е presenta unha marcada influencia da mariña de guerra, corpo по que tradicionalmente serviron moitos veciños desta vila. Antigamente debeu estar composto por un calzón branco, medias brancas suxeitas con ligas de cores, faixa, camisa branca de lenzo e un...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei Cebral •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Viva Palla Mallada
rss feed
Хоsé Carballa Pesqueira naceu en 1889, en Leiro, concello de Ribadumia. Tiña unha irmá menor e quedaron orfos de pai e nai sendo ainda rapaces. Foi о gaiteiro de máis sona na súa época, е ainda e moi recordado en toda а comarca. 0 seu поте de guerra era 0 palla mallada. Foi contra 1905 que comezou а tanxer а gaita polas festas dos arredores. Tocaba so, acompanado dun caixa. Dos seus primeiros anos сото músico pouco sabemos. 0 que si sabemos e que utilizaba unha gaita tumbal con ronqueta, característica común а case todos os gaiteiros solistas da zona. Casou con Rita Villar Fandino, tamen natural de Leiro, е tiveron sete fillos, cinco mulleres e dous homes (Celestino е Хоsé). Cando os varons tiveron idade para aguantar cos instrumentos ensinoulles а tocar а percusión. Dende ese momento Celestino е Xosé, соа caixa е о bombo respectivamente, acompañaron ao seu pai en todas as actuacións. 0 alcume de Palla Mallada non lle vina de familia (eran os Sabelos), senón que llo puxeron а el. Ignoramos о motivo da alcuña, pero а el gustáballe. De feito, na parte traseira do chaleco со que ia tocar podiase ler, en letras bordadas: "Viva palla mallada". Palla Mallada era un home moi alto e de constitución forte. Pasaba sobradamente dos cen quilos. Сото gaiteiro dicíase del que non tiña "moitos dedos", pero que para а afinación era un fenómeno, un autentico mestre. Como todos os gaiteiros daquela, facia el mesmo as palletas e os pallóns, así соmо о curado e preparación do fol, sempre de carneiro. Por certo,...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
A lenda de Sta. Plácida (Rubiáns)
rss feed
Na nosa comarca existen tres santos que gozan dunha grande veneración por conservarse "enteiros" ou incorruptos: o San Fidel de Carril, San Xusto de Bemil e Santa Plácida de Rubiáns. En realidade non se trata de corpos incorruptos ou momificados, aínda que así o parece. O feito obedece a unha moda que se estendeu por toda a cristiandade, cando se descubriron as catacumbas de Roma, de coller os ósos dos santos e cubrilos con pel ou cera para darlles realismo, e desta forma inspirar máis a piedade dos devotos. Na mesma Cidade Eterna había obradoiros especializados que se dedicaban a estes menesteres. Estes santos adoitaban ser regalados polos Papas á xente que lles fixera grandes favores ou coas que se sentíran en débeda, pois de sempre e ata a actualidade, as catacumbas son propiedade do Vaticano. Así pois, o novo propietario dos ósos acudía con eles a un destes obradoiros e alí o preparaban, con distintas técnicas, para darlles un aspecto humano, ao tempo que se lle engadían os atributos que lle viñan dados pola historia ou a tradición. Por exemplo, a San Fidel vestírono de guerreiro, San Xusto é un neno e Santa Plácida unha doncela que leva a palma do martirio. Estas figuras, para a súa mellor conservación exposición ao público, metíanse en furnas de cristal e logo eran depositadas en igrexas ou capelas privadas para a súa veneración. Deste xeito ata ben entrado o XIX repartíronse por toda Europa centos de santos. Os ósos de Santa Plácida exhúmanse nas catacumas romanas de Santa Inés, no ano 1804, e son acomodados nunha figura de pasta. De Ro...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
A Romaría dos "Josefinos"
rss feed
O pazo do Rial é un dos máis emblemáticos de toda Galicia. Está situado na estrada que vai de Vilagarcía a Vilanova. Aínda que as súas orixes parecen datar dun antigo mosteiro medieval, a construción actual é do século XVIII. Diante do pazo atópase unha pequena capela, baixo a advocación de San Xosé Obreiro. Dende a mesma fundación da capela celebrábase non seus contornos unha romaría para honrar ao pai adoptivo de Xesús e nela participaban, de maneira especial, todos os que na parroquia se chamaran Xosé, e máis aínda os carpinteiros, por ser o seu padroeiro. A capela pertencía, por demarcacións eclesiásticas, a San Martiño de Sobrán, é dicir, a Vilaxoán, e eran precisamente os Xosé desta vila, xunto cos de Corón e Galáns, os máis comprometidos nela. Aportaban carlos, sacaban ao santo en procesión, facían as poxas dos qalos, millo, patacas ou o que a xente lles ofrecera, pagaban a cera para alumear ao santo e tamén o aceite para ter acesa a lámpada do altar todo o ano. Pero a parte do que os Xosé aportaran, quen corría coa maioría dos gastos era o Marqués de Aranda e Señor de Rubiáns, propietario do pazo e, polo tanto, da capela. Para el e a súa familia era un día especial, no que convidaban a todos os seus amigos e veciños a participar na festa. E tiña sona en toda a comarca con nome propio: "A festa dos Josefinos". Anque en realidade, a auténtica festa dos "Josefinos" celebrábase en Sobrán, o domingo de Pascua....Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
San Cibrán, abogado do reuma
rss feed
Un dos santos que ten máis sona de milagreiro, no noso concello, é o San Cibrán de Sobradelo, ao cal se lle lai festa todos os anos a principios de xuño. A súa capela achéganse, dende a mañá ata a noite, centos de persoas de toda a comarca para que lles sexa imposto o santo. A xente vai ata o altar e alí Luís, o sancristán, cun pequeno San Cibrán de madeira, tócalles aos devotos na cabeza, peito, brazos e xeonllos, ao tempo que recita a seguinte oración: Santo San Cibrán que nos dea sanidá que nos cure a enfermedá pola virtú que ten o santo avogado na vida e na morte. Amén. Antigamente a festa duraba dous días, pois os devotos que se achegaban buscando remedio aos seus males eran moitos e xa viñan a véspera para poder ser atendidos e tocados polo santo. Co tempo a capela arruinouse e a piques estivo de desaparecer a festa. Foi grazas ao sancristán, e á comisión de festas, presidida por Emilio Jamardo, que a celebración se recuperou hai xa uns cantos anos e a capela foi restaurada. Pero irnos ao miolo ¿,De onde lle ven a San Cibrán isto de curar a reuma?. A historia contóunola, hai anos, a señora Sofía, veciña de Sobradelo, e di así: San Cibrán predicou moito...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A Moura da Coca
rss feed
A Laxe é un barrio vello e de antigas tradicións e, polo mesmo, gardián de moitas lendas. Unha das que temos alí recollidas é a do saco de ouro. Pero deixemos que, nesta ocasión, sexa a miña informante, Áurea, a que nos relate a historia. A fonte á que se refire é a Coca, situada entre A Laxe e A Florida. E conta Áurea: Nesa fonte pasaron moitas cousas, había moitas aparicións. Aquel día ía o tío do meu avó á Feira do Vintecinco, alí a Carril. E para chegar canto antes saíu cedo da casa. Inda era de noite. E ao chegar á Coca encontrouse encima da fonte a unha chavala rubia, de melena moi longa e que estaba gardando unhas galiñas. A chavala reguntoulle ao tío do meu avó, que se chamaba Pablo, que para onde ía, e el contestoulle que para a Feira do Vintecinco. E a chavala díxolle: pois si vas alá, tráeme un tarabelo de carballo, porque estas galiñas sempre están a escapar e, como non teño tarabelo no cortello, non dou conta delas. Pero tráemo escondido, que non lle dea o sol, senón non cho quero. E o fulano díxolle: Bueno, e que gano eu con iso?. Pois douche cen pezas de ouro. E o parente do meu avó foise para a feira, pero sen crer en nada. E ao estar no Vintecinco viu a un destes que facían zocos e pediulle un cachiño de madeira, que ben podía servir de tarabelo. E meteuno no bolso. E ao chegar á Coca xa de volta, topou coa fulana, que aínda estaba alí coas galiñas. E preguntoulle ela: ¿Trouxéchesme o tarabelo?. Trouxen. E doullo. E a fulana meteu...Leer la continuación
Escrito por Carlos Rei •   Agregar un comentario   1 comentarios
 
 

FESTAS, LENDAS E TRADICIÓNS

 
Vign_IMG_0002_copia
 UN ANTROIDO EN CARRIL NOS ANOS 30

 

Dende os primeiros anos do século XX e até a chegada da Guerra Civil, as sociedades recreativas de Vilagarcía destacaban pola celebración dos carnavais, e en especial a Sociedade Recreativa Liceo, que tivo, durante moitos anos unha grande sona polos bailes, representacións teatrais e "apropósitos", animados polos autores Ricardo Llrioste, Manuel Rey Posse e Xoán Buhigas. Pero no municipio había outra sociedade que rivalizaba co Liceo nestas lides: O Gato Negro de Carril.
O Gato Negro preparaba todos os anos un “apropósito" carnavalesco que tiña como tema os acontecementos locais e no que os actores afeccionados da sociedade daban vida aos tipos máis representativos, pintorescos ou estrafalarios da sociedade carrilexa. Por desgraza os arquivos do "Gato", polo menos no concernente a este tema, perdéronse, pero nós logramos rescatar, oralmente, unha escena dun "apropósito" cantado nos anos trinta. As nosas informantes foron a mestra Dona Concha, viúva de don Jesús Garrido, quen fora director do León XIII, e unha veciña súa chamada Maruxa. A gravación realizámola no ano 1983.
Nesta canción dramatizada interveñen tres personaxes disfrazados de peixes: a lorcha, a faneca e o congro. Tanto os nomes propios, como os alcumes que se mencionan, coma os nomes dos barcos, eran reais.
 
LORCHA-    Soy de las lorchas la más castiza que el mar creó. 
FANEGA-    De las fanecas soy la más chula que el mar pisó. 
CONGRIO-  Yo soy el congrio, fuerte y valiente cual tiburón. 
LORCHA-    Pero te pescan... 
FANEGA-    Y descuartizan... 
CONGRIO-  !Teneis razón! 
LORCHA-    Cuando me pesca señor Santiago iPobre de mi! 
FANEGA-    !Ay! No hableis de eso, que siento un peso atróz aquí. 
CONGRIO-  Yo sólo temo a Feliciano con el ladrón. 
LORCHA-    !Ay! No lo nombres... 
FANEGA-     Ni a mi me asombres... 
CONGRIO-  !Tenéis razón! 
LORCHA-    El Feliciano, tiene una mano...!Válgame Dios! 
FANEGA-    De las miñocas, la de su anzuelo es la mejor. 
CONGRIO- El nos engaña y nos apaña como un traidor. 
LORCHA-   !Quien a él pescara!... 
FANEGA-    !En las mismas aguas!... 
CONGRIO- !Tenéis razón! 
LORCHA-    Yo cuando veo que La Giralda se hace al mar 
FANEGA-    Con el Arete y el Roleiro para pescar... 
CONGRIO- Mucho me río cuando el Arete vira el timón 
LORCHA-,   Y entusiasmado 
FANEGA-    El Roleiro al lado... 
CONGRIO-  !Tenéis razón! 
LORCHA-    Una mañana a nuestras piedras los vi venir... 
FANEGA-    Y huyeron todos los compatriotas que había allí... 
CONGRIO- Menos un bello y un peíxe sapo, que era un guasón... 
LORCHA-    Y los cazaron... 
FANEGA-    Y los paparon... 
CONGRIO- iTenéis razón! 
LORCHA-   Al Dios Neptuno hoy le pedimos su protección... 
FANEGA-    Contra piratas y pescadores de esta región... 
CONGRIO- Si no hacen caso, que los castiguen sin compasión... 
TODOS-      !Y que los maten, aunque ello sea con un cañón!
 
 
Vign_Cabezudos_1975

AS PAMPÓNIGAS DE VILAGARCÍA

En Vilagarcía cidade, que se recorde (pois non existe documentación escrita sobre a súa compra, encarga, construtores, etc.), houbo unha comparsa de sete xigantes: unha parella de xitanos, outra de etíopes, outra de mouros e un "guardia". Tanto a parella de etíopes como o garda desapareceron antes da Guerra Civil e nada podemos dicir deles, por non se conservar material fotográfico. As parellas de mouros e xitanos seguiron saíndo ata principios dos oitenta, nos que un incendio acabou con eles. A parella de Mouros non tiña grande interese, por ser de fabricación en serie, seguramente procedentes de Zaragoza ou Cataluña. Non así a parella de xitanos, que semellaba de fabricación artesanal. Eran estes os que máis medo metían aos rapaces, especialmente o xitano, con longas patillas e unha enorme navalla na man que, cando o portador o facía danzar e dar voltas, a faca voaba por riba das cabezas dos espectadores. Estas dúas parellas foran restauradas, en certa ocasión, polo artista Rivas Briones. A comparsa saía o día 16 de agosto, festa do patrón da vila, San Roque, e ía acompañada dun grupo numeroso duns vinte cabezudos comprados nos anos 60. O acompañamento musical estaba composto por tres gaiteiros (gaita, caixa e bombo), os cales interpretaban para o pasarrúas un pasodobre chamado "A Diana", que os cabezudos bailaban colléndose das mans, por parellas, e dando uns pasos para diante e outros para atrás e facendo varios cruces e intercambios, collidos polo cóbado. Os xigantes bailaban calquera xota ou muiñeira, con pasos acordados de antemán entre os portadores.Despois de percorreren toda a vila, ás doce menos cuarto do mediodía tiñan que estar fronte ao adro da parroquial de Santa Baia, expostos para que os puidesen ver e tocar os rapaces, e preparados para acompañar a singular procesión que trasladaba ao santo dende a parroquial ata a capela situada no barrio de San Roque, na saída da cidade. E digo o de "procesión singular" porque se facía a paso lixeiro, ao compás do pasodobre "Triunfo", que era bailado polo santo e que, a cada pouco, os portadores facían andar cara atrás, por non se sabe que motivo.

Dato moi significativo (xunto co número de músicos), que delata o antigo desta comparsa, é que os gaiteiros levaban unha especie de chaqueta de pano escuro, moi ampla, por riba do traxe tradicional. Estas chaquetas eran propiedade do concello e entregábanselle aos gaiteiros momentos antes de comezar a tocar. Levaban bardado o escudo da cidade.

!Ah, e unha última curiosidade! Os burros adoitaban ser de Carril e aos xigantes chamábanlles "os ananos grandes", mentres que os cabezudos eran "os ananos pequenos".

Nos anos noventa xa non quedaba ningunha figura da antiga comparsa, en vista do cal o concello encargoulle ao artista César Lombera a fabricación de seis cabezudos e unha parella de xigantes, de nova feitura, que son os que saen algún que outro ano polas festas. A causa desta intermitencia é fundamentalmente económica e de falta de interese por parte das comisións de festas correspondentes.

 
 
Vign_torre_de_urraca

A COROA DE DONA URRACA

Dona Urraca foi raíña de Galicia a principios do século XII. Sobre ela e o seu contemporáneo o Arcebispo Xelmírez hai moitas lendas espalladas por toda Galicia. Mesmo aquí, nas comarcas de Arousa e Salnés, aínda se conservan a través da oralidade varias delas. Non é de estrañar, pois a raíña tiña por aquí propiedades, como a torre de Caldas, onde naceu o seu fillo Afonso Vll, ou o castelo de Lobeira. Tamén o Arcebispo tiña terras e intereses na nosa comarca, de aí (entre outras cousas) que entre eles xurdiran fortes rivalidades que mesmo chegaron ao extremo de ter a raíña prisioneiro a Xelmírez unha curta tempada no castelo de Lobeira. 

Unha destas lendas que chegaron ata hoxe é a da coroa da raíña, que aínda que non está demostrado que o feito realmente sucedera, si existe certa base histórica. A lenda conta o seguinte:

Dona Urraca estaba en guerra co bispo. Ela atopábase no castelo de Lobeira e, como viu que as cousas ían mal, mandou cargar todo o ouro que había no castelo en varios mulos e enviounos a Caldas, para que o agacharan. Ao final o bispo conquistou o castelo e díxolle a Urraca que, ou entregaba a coroa ou sacáballe os ollos. A raíña dixo que a coroa non lla entregaba, colléndoa e tirándoa nunha mina moi profunda que había no castelo, ao tempo que dicía: ti sacarasme os ollos, pero eu son a raíña e ninguén máis pode levar esta coroa. O bispo, en vinganza, mandou derrubar o castelo. Xa no pasado século, unha muller que estaba cavando nunha toxeira, alí en Lobeira, coa aixada levantou un garfo e unha culler de ouro. Eran restos do tesouro que había no castelo.

 
 
Vign_Fontecarmoa_G21

A FONTE DE CARMOA

Fontecarmoa é unha das parroquias máis antigas de toda a comarca. De feito a súa sé é unha pequena igrexa románica que alberga, no cabeceiro, unhas vellas pinturas restauradas hai non moitos anos. O nome de Carmoa é de procedencia latina, e viría en dar, na súa tradución á nosa lingua, en fonte do sortilexio ou fonte do feitizo. E isto entronca, perfectamente, co que conta a tradición que chegou ata nós. A fonte que lle dá nome ao lugar está situada un pouquiño máis abaixo de onde se atopa na actualidade o "Fogón da Ría", polo camiño que leva ao regato de Santa Mariña, preto da pista que lle chaman o Agro Longo. Até hai uns vinte anos, ou algo máis, por enriba de onde saía a auga había unha figura de pedra que representaba a un militar, armado cunha espada. Xusto aos pés del, brotaba a auga. A xente de por alí dicía que a estatua a fixeran os romanos, por aquilo de atribuírlle moita antigüidade. E poida que fose certo.Pero esta fonte, a parte de abastecer do necesario líquido aos habitantes da zona, tiña outra función, a curativa: Cando a alguén lle saía unha espulla (ou varias, pois acostuman vir acompañadas), acudía á fonte ao pór do sol, e entón, ao tempo que se ía lavando con esa auga, recitaba : 

"Catro espullas teño no corpo, catro espullas e non me conforto. Tomando estas aguas vivas tornaranse confortativas. Augas vivas por todas, augas vivas por todas (lavando as espullas unha a unha) Lévete Satanás, que con esta agua morrerás. Con el poder de Dios y de la Virgen María, Un Padre Nuestro y un Ave María". 

Para que as espullas curaran había que ir lavalas na fonte durante sete días seguidos, e ao final, parece que curaban, segundo din. E se non, tamén quedaba o médico. Pero era máis caro.

Vilagarcía, Patrimonio e historia