|
|
HISTORIA DAS BANDAS DE MÚSICA DE VILAGARCÍA DE AROUSA
POR VÍCTOR VIANA
|
|
|
|
|
|
|
Neste novo apartado facemos un percorrido pola historia das Bandas de Música de Vilagarcía. Todos os avatares que se sucederon a través dos anos, as diversas formacións, os seus directores e mesmo as épocas nas que polos motivos que se detallan nos artigos Vilagarcía deixou de ter esta formación musical. Non podemos deixar de mostrar unha vez máis o noso sincero agradecemento ao seu autor Víctor Viana, quen realizou un excelente traballo de investigación e recopilación de datos e que nos cede con infinita amabilidade. Así mesmo quero agradecer á miña compañeira Mary Gallego Suárez a súa paciencia para realizar a transcrición de todo-los textos publicados
|
|
|
|
|
|
|
A PRIMEIRA BANDA DE MÚSICA |
|
|
AS DISTINTAS ETAPAS DA BANDA DE MÚSICA CON JOAQUÍN RUBIANES |
|
|
A DIRECCIÓN DE JOSÉ CARRERAS |
|
|
A DIRECCIÓN DO MESTRE GONZÁLEZ (Don Marcelo Gónzalez García) |
|
|
VILAGARCIA SEN BANDA DE MÚSICA DENDE O ANO 1967 |
|
|
CURIOSIDADES MUSICAIS EN VILAGARCIA |
|
|
Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa - Imaxes |
|
|
|
|
Historia das Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa
|
|
|
|
|
|
|
DIRECTORES da BANDA DE MÚSICA de VILAGARCIA (dende 1.890 a 1.993)
JOAQUÍN RUBIANES OTERO 1.890 a 1.892; de 1.900 a 1.907, e de 1.910 a 1.921
Foi o músico fundador da Banda de Música de Vilagarcia e, ademáis, o máis novo de todos eles. Tocaba o flautín, e organizara posteriormente a súa propia banda, que era a que en xuño do ano 1.890 tivera que contrata-lo concello para as procesións e festas que se aveciñaban en Vilagarcía, polo que durante dous anos, a banda de Joaquín Rubianes era a banda efectiva da cidade.
O día 14 de febreiro de 1892, o concello acorda romper definitivamente as relacións coa banda, rescindo definitivamente o contrato coa que dirixía Joaquin Rubianes.
En 1.900 volve a dirixi-la Banda de Música de Vilagarcia.
En 1.907 renuncia de novo ó cargo de director, baseándoa en que as súas moitas ocupacións impedíanlle continuar prestándolle toda a atención que era necesaria”
Don Joaquín Rubianes finou o día 27 de agosto de 1.921.
D. MARTÍN VÁZQUEZ de 1.907 a 1.910
Profesor de música e persoa distinguida mundo musical. Pertenceu á banda do 2º Rexemento de Infantería de Mariña, dirixíndoa incluso. Cesou como director por motivo de disolución da banda de música.
D.FRANCISCO GARCIA REY de 1.922 a 1.924
Foi máis instructor que director mentres tanto convocábase a praza de director polo sistema de concurso oposición que, ó final, resultou nulo.
LUTGARDO LÓPEZ DEL TORO de 1.924 a 1.924
Foi nomeado director interino da Banda de Música o día 27 de febreiro de 1.924 e faleceu o día 21 de abril do mesmo ano.
JOSÉ CARRERAS E GRIMAUD de 1.924 a 1.941
Era natural de Madrid, fillo de Miguel Carreras e Josefa Grimaud, e casado con Carmen Diz Arias, e xa dirixira bandas de importancia como a de Pontevedra, ademáis de ser un bo violinista.
Entre as súas obras, ata ese ano, as seguintes:
-Obras religiosas: dúas Misas, dúas Salves, un Ave maría e tres motetes.
- Obras para banda: “Armas y Ciencia”, “Ría de Arosa”, “Gotas de rocío”, “Aurelio”, “Mario”, “Porvenir”, “Belmonte”, “De frente, marcha”, “El once de línea” “Duamirg”, “Sacramento”, “Olé por mi tierra”, “Zalvaor”, “Tierra Castellana, e “El Miño”.
- Zarzuelas: “La Verbena de San Juan”, “Los festejos de Villacanto”, “El urco” y “El encubierto”.
Era tamén autor de varios himnos e cantos Galegos, así como de cuplés para as moi coñecidas artistas La Argentinita e Lola Montes.
O día 5 de xulo de 1.936, pasou a excedencia forzosa por disolución da banda. A finais dese mesmo mes, levantouse a situacón de excedencia e volveu a exercer como director.
Don Joaquín Rubianes, o que fora notable director da Banda de Música, faleceu en Vilagarcía o día 11 de novembro de 1.941.
JERÓNIMO GARGALLO HUESO 1.941 a 1.952
Don Jerónimo Gargallo nacera nunha vila da provincia de Teruel. Estudiou harmonía, contrapunto, fuga, formas musicais e instrumentación co mestre don Manuel Soler, prestigioso músico de Madrid, que fora con anterioridade mestre da Capela da S.A. Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente quedou integrado nas bandas militares ata que en 1.930 pasa á vida civil e comeza a súa etapa de director de bandas.
Foi sucesivamente director das bandas: Armónica barcelonesa; Altura, de Castellón de la Plana; Abanilla, de Murcia; Cabanes e Lucena del Cid, ámbalas dúas tamén de Castellón; Benidorm e, xa posteiormente, a de Vilagarcía.
Foi un notable escritor de temas e tratados musicais entre os que destacan os seguintes libros; Manual gía de directores de bandas de música, Tratado teórico práctico para cornetas de guerra del ejército español, Gran método teórico-práctico para tambor del ejército del ejército y caja viva de bandas de música, Método teórico-práctico de timbales.
Os seus estudios e tratados sobre instrumentos musicais, foron premiados na Exposición de Arte e Traballo, celebrada en Madrid no ano 1.928, e, posteriormente declarados de texto no Diario Oficial do Ministerio do Exército para as bandas de cornetas e tambores, e foron públicamente elogiadas na prensa especializada por catedráticos do conservatorio de Madrid, da talla de Benito G. de la Parra, Julio Gómez e M. Rebollo.
Foi tamén prolífico compositor, destacando entre as súas obras musicais: “Siglo XX” (poema sinfónico), “Los cuatro héroes del Plus Ultra”, pasodobre, “Garnier”, pasodobre, “Homenaje a Juan de Tuy”, así como numerosas polkas e valses.
Á vez que dirixiu a banda de Vilagarcia durante doce anos, tivio unha academia de música na que formou a centos de educandos.
Finou o 11 de xullo de 1.957.
BERNARDO DEL RÍO PARADA de 1.952 a 1.952 Naceu o 5 de febreiro de 1.893. os 12 anos ingresou na Acedemia de Música de Vilagarcia e ó pouco tempo era xa educando da banda. O pouco tempo, co gallo de actuar na nosa cidade a banda municipal de Santiago nas festas do Sacramento, o seu director Francisco Martínez, propúxolle levalo a Compostela na súa banda como segundo bombardino, actuando no sucesivo como tal na prestigiosa Banda de Santiago. Ós dous anos, presentase a oposicións militares e obtén prada como bombardino na banda do Rexemento. Tamén se lle nomea director das tres masas corais que tiña a formación militar. Tras nova oposición, gaña a praza de primeiro bombardino da banda rexemental. Inicia estudios de harmonía e composición co mestre Farfán facéndose cargo da dita banda, continuándoos posteriormente como subdirector da mesma, e incluso chega a ser director interino, por ausencia do titular.
Posteriormente e por motivos de reorganización militar é destiñado ó rexemento nº 8 da Coruña, no que é nomeado subdirector da banda. Unha vez licenciado do exército, reorganiza o Orfeón da Unión Artística Compostela e oposita á praza de bombardino da banda municipal de Santiago, ingresando como tal na mesma.
Trala guerra civil, reorganizou a banda Municipal de Compostela, así como a súa dirección, na que estivo varios anos con notorio éxito.
Foi tamén director das bandas de ordes e A Estrada.
Do seu paso por Compostela é de subliña-lo concerto co que iniciou as súas andaduras no citado orfeón, en homenaxe ós mestres de música Ladislao Suárez Berbeira e Manuel Valverde, en 1.942, coas obras “Ave María” de Vitoria, e o “Miserere” do homenajeado Valverde. Igualmente interesante resultou o concerto que a cargo da dita banda se efectuou o día 4 de xaneiro de1.942 na Rúa do Villar, en homenaxe ó mestre Pablo Luna.
Foi autor de numerosas composicións, sendo a zarzuela “ A lenda de Montelongo” a máis coñecida de todas. Composta por Manuel Rey e Juan Buhigas, con música do maestro Bernardo del Río, a sús estrea en Vilagarcia foi un importante acontecemento cultural por se-los tres autores persoas moi coñecidas na localidade.
Foi autor ademáis de obras tan diversas como: cantigas, foliadas, muiñeiras, pandeiradas, pasodobles, xotas, obras para coro, e un excelente arranxador de obras xa consagradas, como “Unha noite na eira do trigo”, “Negra Sombra”, “La Rianxeira”, obra esta da que os músicos de Rianxo dicían que: “Bernardo del Río aquelouna baseada en aires populares”.
BERNARDO GARCÍA DEL RÍO de 1.952 a 1.952
Sobriño de don Bernardo del Río Parada. Abandona a banda ó facerse cargo da mesma don Marcelo González.
Despois de deixa-la dirección da banda de Vilagarcía, o mestre García del Río, estivo ó mando doutras agrupacións musicais, tales como a de Cira, na que se lle recorda durante os 10 anos que a dirixiu como un grande director, “a quen nunca se lle veu dirixir con partitura, por difícil que fora a obra”. Tamén dirixíu as bandas de Camanzo, Cruces e Rivadulla. Do paso por esta última, comenta o historiador Iglesias Alvarellos o seguinte: “Este veterano e simpático director leva coa banda máis de 15 anos. Tivémo-la ocasión de velo dirixir –sempre sen atril- o domingo 11 de xullo de 1.952 nas festas de Catoira. A banda e él vense completamente compenetrados”.
A súa derradeira dirección, dedicouna á banda de Ledesma.
D. ANGEL LÓPEZ FERNANDEZ 1.952 a 1.953
Resultou gañador do concurso oposición para elixi-lo novo director, pero debeu renuncia ó cargo, porque en 1.953 aparece como director en propiedade don Marcelo González García.
D. MARCELO GONZÁLEZ GARCÍA de 1.953 a 1.966
Don Marcelo nacera en Palencia en 1.912. Foi seu pai quen o inicio una música, seguindo posteriormente estudios co mestre Guzmán Ricis, director da banda municipal de Palencia, onde comenzou a súa actividade profesional. En 1.941 ingresa no escalafón de Directores de Bandas de Música Civís, e en 1.943 xa é nomeado subdirector da Banda Municipal de Santander e director do coro montañés “El sabor de la tierruca”. Posteriormente, e antes de cegar a Vilagarcúia, dirixíu a banda municipal de Castro Urdiales. Foi tamén autos das seguintes composicións:
-Pasodobres: “Los Taribeles” (estreada pola Banda de Música de Palencia; “Feliche Bar” (tamén estreada pola mesma banda); “El cuarto de artillería”; “Chuchi”; ”Sin nombre”; “Manolo González”; “Galván, torero de Castilla”; “Modesto Rodríguez”; “Fraternidad” e “Arriba la Feria” (dedicada a FEXDEGA).
-Pasarrúas: “Juventud rodando”, “Presentación e Cabalgata”.
-Cancións: “Ronda de luna llena”; “La flor del agua”; “Blanca imagen”; “Arriba la flor” (editado en discos pola casa Columbia; “A la entradita del pueblo”; “Una palomita blanca” e “Cuatro canciones escolares”.
-Marchas: “Marchas fúnebres nº 1 e 2”; “Patria Chica” e “San Roquiño”
-Outras composicións: “Tío Cuti”, “Chotis•, “Fernandito”, “Tango”, “Recetando”, “Amos solitario”, “¡Uy la nena”, “Gavota”, “Arija”, “Marcha nupcial”, “Semblanzas mendelssshonianas nº 1 y 2”, “A Perla de Arousa”, “Fiesta charra”, “Himno al hermano beato Benildo”, “La montaña de las piedras negras” e “Fantasía gallega”.
Don Marcelo González non se limitou á formación musical dos membros da banda de música e á dirección dos mesmos, senón que foi tamén compositor. Algunhas das súas obras teñen como inspiración e tema a propia Vilagarcía, tal como o seu “Himno a Villagarcia”, do que José Luis Sánchez Agostino comporía a letra e que foi presentado en Vilagarcía durante as festas de San Roque do ano 1.963, co gallo dos Primeiros Xogos Florais García Lago, a cargo da Masa Coral Villajuanesa, Schola Cantorum de los Padres del Corazón de María e Acción Católica, nun acto no que, sendo raíña das Festas María Jesús García Díez, contou coa presencia de Álvaro Cunqueiro como rexedor do acto e con José María Álvarez Blázquez como pregoeiro.
Outra obra do director da banda foi a marcha para cornetas e gaitas titulada “Presentación”, composta en novembro de 1.968 e adicada ó alcalde Victoriano Piñeiro.
Don Marcelo González García finou o día 8 de maio de 1.973
D. LUCIANO ABUÍN GUIMAREY de 1.973 1.986
D. FERMÍN FEIJOO TRABAZO de 1.986 a 1.993
|
|
|
|
|
|
|
|