search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 
HISTORIA DE D. RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN EN AROUSA
POR XABIER DEL VALLE-INCLÁN ALSINA E TEODOMIRO CARDALDA FERNÁNDEZ
 
Nota dos autores:
Este traballo de pescuda sobre estes grandes persoeiros que estiveron a primeiros do século XX en Vilagarcía e Vilaxoán; foi feito para publicar no seu día no Diario de Arousa, comezando esa publicación o 21 de abril de 2013. Hoxe vai ser publicado por esta Web de Patrimonio Vilagarcía, grazas a o seu mantedor Juan Carlos Porto.
Nesta pescuda falamos do grande escritor guatemalteco Enrique Gómez Carrillo, que fora nomeado fillo adoptivo de Vilagarcía de Arousa. As tertulias que tiñan no Café Poyán, no Pazo de Sobrán e outros lugares emblemáticos de Arousa con Ramón del Valle-Inclán, Alfredo Vicente (un dos grandes xornalistas de Galicia e director do xornal El Liberal de Madrid), Ramón Fernández Mato e Francisco Padín Cardalda dono naquel entón do Pazo de Vilaxoán.

Javier del Valle-Inclán Alsina 
Teodomiro Cardalda Fernández.

28-outubro-2013
Santiago de Compostela, Vilaxoán de Arousa
 
Valle-Inclán, a milicia e a República.
 
O escritor arousán declarou en varias ocasións que a súa vocación frustrada era ser militar, porén non lle molaba tanto como para facer o servizo militar, pois a súa familia pagou cando él era mozo a redención en metálico para libralo de quintas. Nunha ocasión confesoulle ao seu amigo, o diplomático e escritor mexicano Alfonso Reyes: “Yo no soy escritor. Yo soy militar. Es decir, que, por una parte, contemplo las cosas panorámicamente, “a ojo de águila”, como contempla el guerrero su campo de combate; y por otra, acometo siempre las obras por rapto de audacia, a lo militar. Lo primero explica los asuntos; lo segundo, los procedimientos”. Na familia de Ramón del Valle-Inclán houbo quen elexiu a carreira das armas, como Antonio Florencio del Valle, virrei que foi de Catalunya e Valencia, ademáis de tenente xeneral, ou o mariscal Antonio Luis del Valle, ou Manuel Antonio Saco Bolaño, responsable das Milicias Urbanas Rurais da Pobra do Caramiñal, e, finalmente, Carlos Luis del Valle-Inclán Malvido, señor que foi do pazo de San Lourenzo de András, a “casa hidalga” próxima a Flavia-Longa en “Romance de lobos” que nós identificamos con Vilaxoán de Arousa.
Na súa biblioteca, Valle-Inclán posu...Leer la continuación
Escrito por Xabier e Teo •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Gómez Carrillo, Alfredo Vicenti e Valle-Inclán en Arousa - Capítulo I
rss feed
O escritor, xornalista e diplomático guatemalteco Enrique Gómez Carrillo (1873-1927), desenvolveu a súa carreira literaria en Europa, fundamentalmente en París.
O vencello que este escritor mantivo con Arousa permanece esquecido para o gran público e as instancias políticas, e só aparece, en ocasións, citado a pé de páxina ou en meritorios estudos de historia local.
Cómo soubo Gómez Carrillo de Galicia? Quén o trouxo á Ría de Arousa? Cándo aconteceu? Qué amizades fixo? Adicou algunha das súas crónicas a Galicia, a Vilagarcía, a Pontevedra... ?

A nosa intención é sitúalo no mapa de Galicia entre 1908 e 1916 e fiar unha historia a modo de “folletón” en Patrimonio Vilagarcía para dar resposta na medida do posible ás preguntas formuladas e a outras que quedan por emerxer.
En xeral, a obra de Gómez Carrillo ficou clasificada como “modernista”, un termo bastante embrollado que servía, cando remataba o século XIX e até ben entrado o século XX, para designar aos espíritus abertos ás correntes artísticas que rivalizaban en tirar abaixo unha idea da Arte que consideraban agostada.

Na banda modernista, aniñaban dúas tribos que interesan para o noso propósito: a que “pasaba” da política e a que procuraba unha mudanza da situación social na que a Arte tiña un papel que cumprir, algo así como unha “arte instrumental” que serviría para amosar o falseamento e as mentiras das clases dirixentes e, ao mesmo tempo, poñer diante dos ollos dos explotados os alicerces dunha nova ética mentres botaban un rato agradable gozando dunha pequena obra de teatro, escoitando un coro ou un recital de poesía.
Gómez Carrillo mexturou ambas posturas pero, en xeral, a súa produción literaria non pode tacharse de “comprometida”. Desenvolveu un relevante papel como introdutor no mundo hispánico...Leer la continuación
Escrito por Teo Cardalda - Xa...  Agregar un comentario   0 comentarios
 
Tres visitantes ilustres: Gómez Carrillo, Alfredo Vicenti e Valle-Inclán en Arousa.
rss feed
Poucos días máis tarde, o 27 de abril, Carrillo publicou en La Vida Literaria un artigo sobre o faladoiro que no Café Lyon d’Or mantiñan un Benavente de “sonrisa helada y hermética” e un Valle-Inclán que “gesticula, palpita, se mueve y se conmueve” lembrando as súas supostas “aventuras de coronel mejicano”: “En Oaxaca – dice- me llevaron a la prevención tomándome por loco y me hicieron pasar la noche en el patio. ¡Qué noche! Fue tan larga, que logré arreglar dos frases enteras para un cuento que preparaba entonces… Y tenía sueño… Tanto sueño tenía, que al amanecer, cuando los guardias llevaron a un asesinado en una camilla, lo primero que hice fue tirar al muerto por un pie y dormirme en su lugar, bajo el toldillo clemente… Luego hablamos de nuestras habitaciones. Más o menos, todos hemos vivido mal, en piezas húmedas y frías. -Nadie como yo – dice el autor de Femeninas, levantando los brazos con ademán principesco- nadie. Porque figúrense ustedes que al volver de América lo único que me quedaba era una torre en un pueblo de Galicia, una torre desmantelada, a mitad campanario y a mitad pozo artesiano. Pero era mi torre, y allá me fui a vivir. Para que las ratas no me comieran, colgué mi cama en el altísimo techo con cuatro cuerdas que sirvieron tres siglos ha a mi tío D. José, un noble de veras, para colgar a los lacayos que no sabían limpiarle las botas. Las primeras noches todo fue bien; pero al cabo de una semana, cuando recobré mis plebeyos hábitos de artista y comencé a querer dormir hasta las doce del día, los ratones entrometidos y las dulces palomas se propusieron darme pesadas bromas. Por la noche, los ratones subían por los muros y yo tení...Leer la continuación
Escrito por Xabier e Teo •   Agregar un comentario   2 comentarios
 
Tres visitantes ilustres: Gómez Carrillo, Alfredo Vicenti e Valle-Inclán en Arousa. Capítulo III
rss feed
Fillos Adoptivo de Vilagarcía de Arousa. Antes de que remate 1912, o Concello de Vilagarcía de Arousa celebrou dúas sesións. Na que tivo lugar o día 17 de decembro, o concelleiro José Pérez propuxo ao Pleno que, para agradecer a Gómez Carrillo as súas escritas que cantan as belezas da Ría de Arousa, orgaizara un banquete ao que asistirían só os membros da Corporación unha vez que o escritor guatemalteco xirara una nova visita á vila. Mais o concelleiro Francisco Padín estimou que non abondaba con celebrar ese acto: Vilagarcía de Arousa estaba en débeda con Ernesto Gómez Carrillo e sería de xustiza e por unanimidade nomealo “Hijo Adoptivo”. E así aconteceu na xuntanza do día 20. Tanto o Alcalde coma os concelleiros sabían que as crónicas sobre Galicia que Gómez Carrillo dera á luz en diferentes publicacións periódicas de alén mar, estaban xa recolleitas nun libro titulado “Romerías”: “Los árboles”, “La obsesión argentina”, “Gallegos y gallegas”, “La alegría gallega”, “Las mujeres de La Coruña”, “La casa de Rosalía”, “Las hadas”, “La casa de Carolina”, “Las hermanas enemigas”, “Pontevedra y Vigo”, “La grandeza de Vigo”, e un que interésanos de xeito especial, “Villagarcía”, que, de seguido, transcribimos para vostedes:
“Es la más linda villa del mundo. Suavemente recostada en las márgenes de la ría de Arosa, que es una taza de esmalte ante cuya...Leer la continuación
Escrito por Xabier e Teo •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Tres visitantes ilustres: Gómez Carrillo, Alfredo Vicenti e Valle-Inclán en Arousa. Capítuño IV
rss feed
Gómez Carrillo lembrará outra ocasión na que estivo de cháchara con Valle en Vilagarcía sen nos indicar o lugar, talvez “en los andenes de la calle de Calderón. En las mesas del Café Poyán”, como escribiu Ortiz Novo: “Recordé lo que muy a menudo decíame Valle Inclán durante nuestras sabrosas charlas en Villagarcía. En la época en que el autor de las Sonatas predicaba el evangelio de Jamblico, en efecto, las largas y rítmicas aspiraciones de aire tenían para él una importancia ritual, que entraba dentro de los misterios de la ogdoada y de la eneada, de que se servía el pitagório alejandrino para explicar las conjunciones de las emanaciones de la esencia. “Ante todo – murmuraba- hay que aprender a respirar”. Tamén en xaneiro atopamos as sinaturas de Valle e Vicenti ao pe do carta que foi dirixida ao Alcalde de Ávila para sumarse á iniciativa de Gómez Carrillo cara a bautizar unha rúa co nome do escritor e diplomático arxentino Enrique Rodríguez Larreta. Na escrita tamén batemos contra os nomes dos galegos Victoriano García Marti, Ramón Fernández Mato, Javier Valcarce e o doutor José Rodríguez Carracido. Como xa sabemos, as estadías de Carrillo e Vicenti en Galicia coincidían con diferentes viaxes e un xantar-homenaxe en Vilagarcía de Arousa. El Liberal anuncia o 31 de agosto a chegada dos nosos viaxeiros á estación dos camiños de ferro de Carril na compaña do avogado Gerardo Doval. No andén agardaban o Alcalde de Vilagarcía de Arousa, señor Deza, varios concelleiros e “nutridas representaciones de todas...Leer la continuación
Escrito por Xabier e Teo •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
 
TEO CARDALDA FERNÁNDEZ
  XABIER DEL VALLE-INCLÁN 
 
Vign_vilaxoan_foto_web_3
 
Vign_Dibujo
Vilagarcía, Patrimonio e historia