search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

HISTORIA DAS BANDAS DE MÚSICA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

POR VÍCTOR VIANA

 

Neste novo apartado facemos un percorrido pola historia das Bandas de Música de Vilagarcía. Todos os avatares que se sucederon a través dos anos, as diversas formacións, os seus directores e mesmo as épocas nas que polos motivos que se detallan nos artigos Vilagarcía deixou de ter esta formación musical. Non podemos deixar de mostrar unha vez máis o noso sincero agradecemento ao seu autor Víctor Viana, quen realizou un excelente traballo de investigación e recopilación de datos e que nos cede con infinita amabilidade. Así mesmo quero agradecer á miña compañeira Mary Gallego Suárez a súa paciencia para realizar a transcrición de todo-los textos publicados

 
A PRIMEIRA BANDA DE MÚSICA
rss feed
O día 5 de xaneiro de 1.865, o daquela alcalde de Vilagarcía Don Juan Cobián, lé no pleno unha comunicación do gobernador da provincia pola que se nomeaba novo alcalde do Municipio a don Rodrigo Barrio de Mendoza, e como primeiro e segundo tenentes de alcalde a don José María Insua e don Miguel Galbán, i é precisamente neste ano cando as chamadas Milicias Nacionales de Villagarcia forman unha primeira agrupación musical, que sería como unha pequena banda militar. Esta primeira banda estaba formada por persoas amantes da música, algunhas delas moi coñecidas no municipio, ben por pertencer a familias moi representativas, ou ben por o cargo que ocupaban naquel momento, tales como Antonio Blanco, que era secretario xudicial, don José Antonio Isla, que desempeñaba o cargo de administrador de Correos, don Fernando Sánchez, que era perito, etc. así como por mozos afeccionados, entre os que estaban Justo Luis Varela, Urbano Carús, Manuel Carús, etc. Como tal banda de música das Milicias Nacionales, debéu ter una traxectoria paralela ó funcionamiento das mismas, xa que este corpo militar se formada o se desfacía según as circunstancias de perigo que as autoridades estimasen, sobre todo nos arredores, o que supoñía na práctica unha vida pouco regular para esta primeira banda de música de Vilagarcía. Haberá que esperar ó año 1.873 para que se constituia a primeira banda de música municipal sendo el alcalde Don José Bargés Carrós....Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
AS DISTINTAS ETAPAS DA BANDA DE MÚSICA CON JOAQUÍN RUBIANES
rss feed
PRIMEIRA ETAPA No mes de xullo de 1.890 hai novas eleccións municipais e resulta elixido alcalde don Cayetano Pumariño con 13 votos. As preocupacións da nova corporación eran sobre todo as derivadas do novo cemiterio e traída de augas, e en menor proporción, a anarquía que reinaba na banda de música, de tal xeito que na sesión plenaria do día 26 de xuño, o presidente explica ó resto con concelleiros que “disolta a banda de música deste concello, e sendo necesario á corporación disponer que outra preste os servicios que aquela tiña ó seu cargo, acordouse autorizar ó señor alcalde para que ó expresado fin, conveña coa que dirixe don Joaquín Rubianes as condicións nas ques han de prestarse os citados servicios, sendo una delas, facerse cargo do instrumental que tiña a disolta banda e que o importe deducirase, en prazos razoables, do prezo que se estipula para o pago dos referidos”. Joaquín Rubianes foi músico fundador da banda de música, e ademais o máis novo de todos eles, e organizara posteriormente a súa propia banda, que era a que agora, aínda que modesta, tiña que contrata-lo o concello para as procesións e festas que se avecinaban en Vilagarcía. Dende 1.890, e durante dous anos, a banda de música quedará baixo as ordes de Joaquín Rubianes , ben como banda contratada, ou ben como efectiva da cidade. Durante o primeiro...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
DOUS ANOS DE INCERTEZA
rss feed

Dous anos de incerteza

30/10/2014 12:16:42
A dependencia da Banda de Música con respecto ó seu director era tal que co pasamento de Joaquín Rubianes, prácticamente a banda queda desorganizada e o concello presenta en xaneiro de 1.922 “a necesidade de reorganiza-la banda municipal e como primeira medida para isto, e sen prexuizo de tomar logo tódalas que estime convenientes, acorda que á praza de director desa banda, que está vacante, se lle asigne un soldo mensual de dúas mil cincocentas pesetas e un dez por cento dos ingresos que teña a banda” O pleno decidiu, na seguinte sesión, outorgar a praza de director, e igualmente suscitouse a necesidade ou non de mante-lo actual regulamento ou ben reformalo, para que o novo director se sometese ó mesmo, e por iso suxeriuse que se vira a posibilidade de coñece-los regulamentos doutras bandas, por se fora conveniente a alteración do mesmo. Efectivamente, á semana seguinte, hai una solicitude para tomar posesión da praza de director. Tratábase de don Francisco García Rey, que procedía, como músico militar que era, da Banda do Rexemento de San Marcial, e aportaba como méritos, ademáis das súas excelentes notas, o feito de ter dirixida esta banda, nas ausencias ou enfermedades dos seus directores. Por outra parte, tiña certa experiencia na dirección de bandas, xa que tamén fora director das bandas de Betanzos e Ponteareas. Os seus certificados acreditaban “ a súa correcta conducta profesional e privada e notoria competencia”. Por outra banda, na súa solicitude dicía que tanto lle daba a praza en propiedade como interina, en tanto a...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A DIRECCIÓN DE JOSÉ CARRERAS
rss feed

A dirección de José Carreras

30/10/2014 12:20:18
En febreiro de 1.924, a comisión de festas, xa moi decidida a que á maior brevidade funcionase a banda de música, obtén do pleno a autorización para que o director da banda de Rexemento de Zaragoza, Sr. Rebollo, se acerque dende Santiago a Vilagarcia a fin de recoñece-lo instrumental que quedaba da extinguida banda, de tal xeito que os que estivesen estragados fosen enviados a reparación, e os que aínda estivesen en bo uso, foran destinados á Academia para que os alumnos aprendesen con máis instrumentos. Definitivamente, 1.924 sería o ano da posta en marcha da nova banda, de tal xeito que o 27 de febreiro, o concelleiro Estévez propón que, con carácter interino, se nomee director da banda a don Lutgardo López del Toro, mentres tanto se vaian preparando as oposicións, que sempre levarán máis tempo. A pesar da oposición de Brumbeck, a proposición é finalemte aprobada e, por fin, Vilagarcia tiña director da banda, aínda que por pouco tempo. En marzo, autorízase a compra de trinta portaatrís a 11,75 pesetas cada un a Eloy Lapido, de Vilagarcia, rexeitándose as ofertas Boutros dous talabarteiros de Santiago e Pontevedra, por seren máis caros. O 21 de abril, anú...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A BANDA POPULAR
rss feed

A Banda Popular

30/10/2014 12:30:16
1.936 representou a desunión dos españois que se manifestaría na guerra civil. A Banda de Música de Vilagarcia disolveuse, pero non a causa da guerra, senón dos propios problemas internos. A comezos do ano formouse unha comisión especial que estudiara a problemática da banda e sobre todo dos músicos. Houbo moitas reunións coa representación dos músicos e ó final, como non houbo acordo, en maio do devandito ano, e tras un pleno ó que acuidiu a comisión especial, acordouse: “1º.- Disolve-la banda municipal. 2º.- Que se reorganice como banda popular subvencionada polo concello, para o que haberá de redactarse por unha comisión integrada polos señores Brumbeck, Oubiña e Villaverde, as bases correspondentes. 3º.- Que se aboen ós músicos os seus haberes ata o momento en que se chegue á aprobación das indicadas bases, sen exceder nunca do mes maio e caso de non resolverse a aprobación das referidas bases dentro daquel, proverase oportunamente o procedente” Ó pouco tempo a citada comisión xa tiña preparado o estudio para o pase da banda municipal á banda popular, coa relación dos músicos que a compoñerían, así como o custo dos mesmos, que asecendería a dúas mil cinco pesetas, sen conta-lo soldo do director. Todo isto comunicóuselle ó director, don José Carreras, para que, unha vez constituida a citada banda popul...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A NOVA BANDA DE MÚSICA
rss feed

A nova Banda de Música

30/10/2014 12:34:05
Trala aprobación do novo regulamento para a banda de música, aínda pasarian dous anos máis para que poidera aplicarse, e iso suporía na práctica que as festas populares tiveran que ser animadas con bandas Boutros municipios. Así, durante as festas de San Roque do ano 1.951, as bandas que actuaron nas festas foron a de Silleda e a de Bragaña /Cuntis). Haberá de esperar pois ó ano 1.952 para que se lle dea impulso definitivo á creación da nova banda. Sendo alcalde don Jacobo Rey Daviña, e consciente da importancia dunha agrupación musical para o municipio, o día 5 de abril dese ano, explica ós concelleiros a necesidade dunha banda para Vilagarcía incluíndo na súa alegación unha dotación de uniformes para a mesma, sentando así as bases para a inmediata creación da nova banda, que estaría comoposta por 35 músicos. Acordouse que a entrega de uniformes se faría ó mes seguinte da data da adjudicación definitiva dos mesmos, e conseguiuse do pretixioso compositos e director de banda, don Bernardo del Río Parada, que aceptase a dirección da mesma. Por desgracia foron poucos os meses que estivo dirixindo a banda da súa vila, xa que finou o 5 de outubro de dito ano. No ano 1.952, cando don Bernardo del Río pasa a dirixi-la Banda de Música, esta está composta por: Floreal de la Torre Bendaña, oboe; Manuel Paz, frauta; Luis Caldas, requinto; Bernardo garcía del Río, subdirector e clarinete solicta; Luis Casas, clarinete; Man...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A DIRECCIÓN DO MESTRE GONZÁLEZ (Don Marcelo Gónzalez García)

A dirección do Mestre González (Don Marcelo Gónzalez García)

30/10/2014 12:40:32
Debeu renunciar ó cargo don Ángel López Fernández, xa que en 1.953 apareceu como director en propiedade don Marcelo González García, do que xa faláramos, con motivo do criterio de selección de comisión cualificadota.
Durante a etapa do mestre González García, a banda seguíu preparándose eficazmente, iniciando unha seria de concertos no Treatro Cervantes, así como en diversas localidades da provincia, ata participar no Certame Musical en Vigo, co gallo das súas festas no verán de 1.955, e acadou o primeiro premio, o que a acreditou, definitivamente, entre as bandas de Galicia.
Ós poucos días de acadar este primeiro premio coa obra “El Bateo” de Federico Chueca, o propio concello de Vigo ofrecía un concerto da Banda de Vilagarcía, con obras de Soutullo, Ketelbey, Borodín, Rosillo e Giménez, e no intermedio formouse un conxunto con tódolos músicos da banda Municipal de Vigo e de Vilagarcía, baixo a dirección de mestro don Mónico García de la Parra.
Durante estes anos foi como sempre o concello o motor económico da banda. Así, no presuposto municipal do ano 1.953, aparece o seguinte extracto de contas, referito á banda:
-15.000 pesetas  por haber anual do director da banda.
-108.000 pesetas como subvención ó patronato da banda
-15.000 pesetas para adquisición de material novo
-2.000 pesetas para a conservación de instrumental, accesorios, partituras, e tódolos demais gastos da banda.
-3.000 pesetas para gastos de uniformes.
-3.000 pesetas para reparación, instalación e traslados do palco da mesma.
 
No ano 1.954, ingresa por oposición á praza de subdirector da banda, don Luciano Abuín Guimarey, procedente da Coruña.
O gaña-la oposición de subdirector levaba implícito o cargo de profesor da Academia de Música de Vilagarcía, polo que tan axiña como iniciou as súas actividades na banda, comezou tamén as clases da citada academia, con horario de 11 a 1. Gracias a don Luciano Abuín, coñecémo-los nomes de grande parte dos músicos que compoñían a banda ó chegar él a Vilagarcía:
Director: Marcelo González García
Subdirector: Luciano Abuín Guimarey
Músicos: Amador Oubiña, bombo; José Leal, saxo tenor; Manuel César, clarinete; Conde, trompeta; Manuel García, baixo; José Brun, saxo barítono; Avelino Cores, pratillos; Luis Caldas, requinto; José Benito Romero, baixo; Jesús Huertas, caixa; Doval, bombardino; Tucho, fiscornio; Moncho, clarinete; Jesús Meis, (Rivadas), clarinete; Bernardino Cascallar, saxo tenor; José Antonio Rey, saxo barítono; José Sanmarco, trombón; Luis Fresco, trompeta: Juan Abalo, trombón; Francisco Barcala, caixa, Jaime Leal.
Nos anos posteriores, os gastos que o concello adica á banda son bastante semellantes ós de 1.953, con lixeiros incrementos anuais. Así, en 1.955, a subvención ó patronato pasa a ser de 120.000 pesetas, e o soldo do director era de 18.000 pesetas, ó serlle incrementado o mesmo en 3.000 pesetas, en concepto de quinquenios, mentres que o resto do persoal da banda continúa igual que antes.
Como cifra total de gastos, pódese dicir que co concello gastou dende o ano 1.952 a 1.957 un total de 641.257 pesetas na banda.
No ano 1.956, baixo a dirección de don Marcelo González, a banda compoñíase cos seguintes músicos:
Don Marcelo González García, director; Bernardo García del Río, subdirector e clarinete solista; Manuel Fernández Paz, frauta; Luis Caldas Blancom requinto; Floreal de la Torre Bendaña, oboe; Luis Casás Antelo, clarinete; Manuel César Baamonde, clarinete; Manuel Rodríguez Eiras, clarinete; Ramón Miguéns, clarinete; Manuel González Rubianes, clarinete; Miguel Eiras Somoza, clarinete;  Antonio Sayáns Muñíz, clarinete; Andrés Barcala, clarinete; Jesús Meis Moreira, clarinete; Manuel P´´erez Reguera, saxo alto; Carlos Fungueiriño, saxo alto; Enrique Abalo, saxo tenor; José Leal, saxo tenor; Javier Domínguez, fiscornio; José Rodriguez (Sisán), fiscornio; Antonio Pérez Reguera, trompeta; Ramón Conde, trompeta; Francisco Pérez Barcala, trompa; Vicente Lodeiro (hijo), trompa; Avelino Cores, pratillos: José Brun, saxo barítono; Amador Oubiña Padín, bombo; Juan Abalo, trombón; Martín Millán, trombón; Jesús Rey, caixa e timbales; Francisco Leiro, baixo; José García, baixo; e José Benito Romero, baixo.
Durante o ano 1.959, e a petición de petición da Dirección Xeral de Administración Local, a praza de director da banda de Vilagarcía pasou a pertencer á categoría primeira, clase terceira.
Don Luciano Abuín, ó lembrar esta etapa, relataba algunhas anécdotas da mesma que lembra o xenio do seu director don Marcelo, home dotado de extraordinario amor á banda e á exactitude, tanto nos concertos como nos ensaios e saídas fora de Vilagarcía.
En certa ocasión, nun dos ensaios, alguén tirou unha moeda de cinco céntimos ó chan, tralo que o director ordenou ó músico José Luis Caldas, que á vez era funcionario municipal,  que a recollera. Como Caldas contestara que non fora él quen a arroxara ó chan, de novo repetiulle, de forma imperativa, que recollera sen mais a moeda, co que Caldas e darlla na man a don Marcelo.
Relata tamén don Luciano Abuín que extrañamente deixaba pasa-lo director mais de 2 ou 3 minutos da hora para iniciar , ou ben o ensaio ou a actuación, e nunha  ocasión tiña que ir a Carril a actuar. Pasados 2 minutos, ordenou ó chofer do autobús que os tiña que trasladar, que saíra sen máis, cando aínda faltaba por cegar o músico Doval. Ó pouco de saír, apareceu correndo Doval co seu bombardino baixo o brazo pola actual rúa da Baldosa. Ó velo Luciano Abuín, díxolle ó conductor que parara uns segundos para recoller ó músico, e como se dispoñía a parar, o director deu contraorden, indicándolle que continuara sen máis, xa que pasaran os minutos de rigor, co que Doval tivo que ir pola súa conta a Carril para poder actuar cos seus compañeiros.
Noutra ocasión, a banda tivo que ir a Tomiño, contratada polo municipio para actuar nas festas. Ó chegarer a Tomiño o presidente da comisión de festas díxolles que os ía a levar onde terían que durmir durante os festexos. Ante o pasmo de todos, chegaron a unha escola onde, espallados polo chan, se atopaban uns xergóns para durmió-los músicos. A resposta de don Marcelo foi rápida: ¡Alí non durmían os seus músicos!, polo que lles ordenou que regresaran ó autobús para voltar a Vilagarcía. O presidente das festas tratou de arrancar como ouido o problema, pero ante a nogativa do director, tivo que traballar todo o día para conseguir en diversas casas da población, “camas individuais”, como era o desexo de don marcelo.
Como dato curioso desta época, cita-lo concerto que a banda ofrece una illa de Cortegada o día 23 de xullo de 1.954, como homenaxe ó Consello do Banco de Crédito Local de España, e que se compuxo dunha primeira parte con obras de Webwr, Beethoven e Luna; e unha segunda parte a base de composicións de músicos Galegos: Bernardo del Río, Freire, Brage o do propio director da manda, don Marcelo González, do que interpretou a súa rapsodia “A Perla de Arousa”.
Coa chegada do ano 1.965, a banda debía estar en plena decadencia, razón pola que o presidente do patronato solicitou do directos, don Marcelo, a confección dun informe sobre a situación exacta da mesma. Este informe elaborouse a principios de xullo e foi enviado o día 5 do dito mes ó presidente, co seguinte organigrama:
1.- Enrique Melio Rey, frauta
2.- Luciano Abuín Guimarey, clarinete principal e subdirector.
3.- Manuel González Rubianes, clarinete 1º.
4.- Manuel César Bahamonde, clarinete 1º.
5.- Jesús Meis (Rivadas), clarinete 2º.
6.- Bernardino Cascallar, clarinete 3º.
7.- Luis Casás Antelo, saxofón alto 1º.
8.- José A. Rey Meis, saxofon alto 2º.
9.- José Leal César, saxofón tenor 1º.
10.- Luis Fresco Igesias, trompeta 1º (actualmente fiscornio).
11.- José Sanmarco, trombón 1º (garda municipal).
12.- Juan Abalo Martínez, trombón 2º.
13.- Francisco P. Barcala, bombardino 1º.
14.- José Benito Romero, baixo 1º.
15.- Jesús Rey Huertas, timbais.
16.- Jaime Leal de la Torre, caixa (actualmente bombo).
17.- Avelino Cores Robado, platillos (conserxe).
Vacantes que se precisan cubrir: Reuinto, saxofón tenor 2º, trompeta 2º, fiscornio 2º, trompa, trombón 3º, bombardino 2º, bombo (en sustitución do caixa Jaime Leal que actualemte tócao, pero sen praza de caixa), baixo 2º (ou no seu lohar saxofón barítono.
Todo isto facía que foran, canto menos, dez ou doce o número de músicos para facer que a banda funcionara, pero ademais no informe solicitábanse as seguintes medidas: adquisición de novo instrumental (un saxofón tenor, un trombón, unha caixa, un par de castañolas e unha pandeireta), reparación de instrumental (tres clarinetes, unha trompeta, un fiscornio e unha trompa).
Remataba ó final cunha nota na que se indicaba que tamén farían falla algún uniforme,
 
Pouco despois informábase dos seguintes probables ingresos na banda: José Días Bello, como bombista: Antonio Loureiro Dasilva, como baixo 2º; Nicolás Rodríguez Abeijón, como trompeta; Marcelino Padín Freire, como barítono, e Caldas (empregado do Concello), como requinto. Anotábase ademais a posibilidade de que, ou ben dúas trompetas ou dos fiscornios, poderían tamén ingresar na plantilla, co que habería 25 números, que poderían soluciona-las actividades das festas que se aveciñaban, contando coa colaboración dalgúns músicos da Orquesta Novedades, que non opoñía nungún reparo a esta axuda.
 Ó pouco tempo, o director fixo a lista definitiva dos músicos que aprobaran para a nova banda, que só cubría 21 dos 25 números previstos, xa que dous músicos do primitivo cadro, Manuel César e Jaime Leal, non deran a súa aprobación, e polo contrario, ingresaban como novos os seguintes: Antonio Mondragón, Luis Caldas, Marcelino Padín, Francisco Caldas e Antonio Loureiro.
A esta lista engadíase a posibilidade de que Jaime Leal podería toca-los platillos e non os timbais, como acontecía antes, e que Manuel César podería tamén reingresar como clarinete 1º, que era o posto que tiña na antiga banda.
Dicía o director que para cubrir polo momento as vacantes que existen poderían colaborar Oubiña, como bombardino 2º e Erundino, como fiscornio, e pasar a Mondragón a 2º.
Do que sí tiña certeza era do prosuposto que supoñían os 25, aínda teóricos, músicos: 14.300 pesetas mensuais sen conta-lo soldo do director. 
O día 26 de xullo de 1.965, hai un troque na xunta directiva do Patronato da Banda de Música, quedando agora como novo presidente don Victoriano Sobrido e como vicepresidente don Elías Penide, acordándose igualmente a posibilidade de ser convocados como asesores da xunta direrctiva, os seguintes músicos: don Juan Abalo Martínez, don José Leal César, don Luis Casás Antelo, don José Benito Romero e don Avelino Cores.
A elección da nova xunta directiva tiña  como claro propósito acadar que a banda municipal continuara funcionando, e por iso ós dous días o alcalde, señor Piñeiro, convoca á xunta directiva  para expresarlles que se adopten as medidas urxentes que sexan necesarias para a continuación da banda, “aportando canto estea á man do concello”, pero tamén lles indica  que “a súa decisión tamén é firme en disolve-la banda se non se cumpre coas súas obrigas mínimas”.
O director da banda opina que tal como está a situación lle parece moi difícil que puidera continuar funcionando e, pola súa parte, o novo presidente autorízao “para que tome as medidas oportunas ó obxecto de que a banda comece a da-los seus concertos semanais”.
Dalgunha forma deberon actuar durante as festas de verán, xa que en setembro a banda,coa súa sección de cortenas e tambores, asistiu a un concerto en Lalín, onde se celebrara o día 19 de setembro, o día de Vilagarcía.
En decembro de 1.965 envíanse ó Goberno Civil de Pontevedra os 43 artigos que conforman o Regulamento do patronato da Banda de Música, baixo a presidencia de don Victoriano Sobrido, que foron aprobados o día 30 de abril de 1.966.
Segundo o regulamento, os fins do patronato eran a educación musical e a formación profesional “desta clase de manifestacións artísticas, creando academias de ensinanza, e sendo un dos primordiais o da organización dunha banda de música que, pola súa categoría, estea desvinculada directamente do concello, para depender no futuro legalmente deste patronato, aínda que económicamente a súa dependencia seguía sendo igual que antes da formación desta asociación. Dito patronato sería rexido no futuro por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e fundador, e tres vocais, “baixo o patrocinio do concello”, sendo o presidente “designado sempre pola alcaldía, e desempeñando o seu mandato mentres tanto disfrute da confianza da mesma, podendo ser removido cando así o considere conveniente”.
Segundo o artigo 34 do citado regulamento, o patrimonio do patronato era naquela data de 111.529 pesetas, e no artigo 36 dicíase textualmente que “de acordo coa actual situación do patronato, o límite do presuposto ven determinado polos ingresos mencionados no artigo anterior(a subvención do concello), poidendo cifrarse dunha forma aproximada en 172.620 pesetas”, que era, en definitiva, a aportación para a banda da que dependería económicamente o seu funcionamento.
Durante o ano 1.966 a banda seguiría actuando, pero coa axuda dos músicos da Orquesta Novedades; o seu director, Barcala, non tiña inconveniente ningún en eso, con tal de que se chegase a un acordo persoal cos mesmos.
En marzo dese ano hai un aumento das gratificacións dos músicos, quedando establecidas da seguinte forma: para os músicos de 1ª, 800 pesetas mensuais; para os de 2ª categoría, 700 pesetas, e para os de terceira categoría, 600 pesetas.
A situación da banda tanto económica como de funcionamento non debía ser moi boa a pesar do aumento da subveción mensual no ano 1.966, xa que, en setembro, o presidente do patronato da banda diríxese ó alcalde para expresarlle que tal como se atopaba a banda, esta non podía garantir un normal funcionamento, tal como estaba pactado. Di na súa carta o seguinte: “Cómpreme informarlle que a pesar do ímprobo labor desenvolto e facer uso de tódolos medios técnico-administrativos ó noso alcande, este patronato chegou á conclusión de que as actuais circunstancias que motivan o mal funcionamento da banda de música, non permiten dar un cumplimento satisfactorio ó compromiso que teñen adquirido co concello, segundo o contratado de data 9 de xaneiro de 1.957. E suxire á Excma. Corporación que no acordo que se tome sobre o particular, deixe a porta aberta a esta arte, que é un prestixio para a cidade que a patrocina”.
Despois da lectura de informe, abríuse un amplo debate entre tódolos concelleiros, Prego Carregal, Rodríguez García, Rivera Méndez, Martínez Taboada, redondo Folgar, Penide López, Garrido Rodríguez, Antón Bedarona, Santamaría de Cabo, Santos Prieto, Paz Amor, e Gómez Lustres. O debate centrábase na seguinte cuestión: ¿cómo é posible que a pesar de poñer a disposicióndo patronato un director da plantilla do concello, dar unha subvención, correr cos gastos de instrumental, vestiario, partituras, etc. non funcione como debe a banda de música?.
Despois do amplo debate, acordouse o seguinte:
a) Retira-la aportación ou subvención que o concello viña concedendo ó Patronato Local da Banda de Música para tódolos gastos de funcionamento a partir da data do acordo.
b) Retirar ó director da plantilla deste concello, como director da Banda de Música de patronato Local.
c) Facultar ó señor alcalde para tódolos actos pertinentes con relación ó inventario de vestiario, instrumental, partituras e demais efectos pertencentes a este concello que utilizaban os componentes da citada banda de música.
d) Lamenta ter que tomar esta decisión obrigada polas causas especificadas no oficio do señor presidente do Patronato Local da Banda de Música, á que tanto prestixio deu en épocas moi lonxanas a Vilagarcía.
e) Agradecer o mencionado patronato local o esforzo e os traballos que gratuitamente realizaron para manter esta agrupación musical, e manifestarlle que este concello, desposto sempre a impulsa-lo cultivo da arte musical, así como tódalas que elevan a cultura do pobo, non pechará as portas a todas aquelas asociacións musicais que, co seu esforzo e entusiasmo, estean necesitadas dun apoio municipal”.
 
En abril de 1.967, un novo informe do director da banda, anunciaba as dificultades de continuar funcionando a mesma, a non ser que se aumentasen as gratificacións ós músicos, e proba do baixa que estaba a moral, era que á reunión previa cos músicos, só asistiran 12 dos 17 que compoñían a plantilla. Con todo, dicía o informe, “debe sublimarse o comportamento dos músicos na referida reunión, a pesar de que aínda se lles adebedaba o que lles poidera corresponder do mes de setembro. Manifestaron o seu desexo de seguir colaborando co patronato, e que esta manifestación se fixese cegar ó coñecemento do señor alcalde e da corporación municipal”.
Neste informe falábase da posibilidade dun aumento na plantilla da banda debido a que dúas das orquestras que por aquel entón tiña o municipio disolvéranse, e iso suporía que algúns dos seus componentes puideran entrar como músicos da banda. Ademáis, no organigrama técnico da banda, para o seu normal funcionamento, o director estimaba en alomenos 27 músicos que deberían percibir mensualmente un total de 46.800 pesetas, ademáis dunha paga extraordinaria anual, o que, unido ás 450 pesetas mensuais para o ordenanza-conserxe e as 600 pesetas mensuais, en concepto de gratificación que percibía o subdirector por dar clases na academia de música, suporía na práctica, un prosuposto anual mínimo de 621.000 pesetas, ademáis do correspondente a uniformes, arranxos, instrumental, etc.
No verán de 1.967 hai un tibio intento para parte dalgunhas persoas e concelleiros para revita-la banda e por iso o aínda existente Patronato da banda fai una proposta ó concello en xuño dese ano, indicando as “condicións de reorganización”. O pleno, de primeiras respondeu que “quedaba sobre a mesa”, e é un pouco antes das festas patronais, en agosto do mesmo ano, cando se debate a posibilidade de subsistencia da banda tal como o patronato apuntara dous meses antes. A proposta e solución que aportaba  o informe do patronato, era que a banda podería continuar se o concello daba una subvención de 625.000 pesetas.
A resposta que o pleno anotou no libro de sesión é a seguinte: “Despois dun animado debate e no que se comenta o pesar da corporación por ve-la imposibilidade económica de poder acceder á subvención  antes especificada, co voto en contra do concelleiro señor Granja, acórdase non poder acceder ó solicitado, e, co fin de evitar prexuizos de material musical, propiedade do concello, acórdase o nomeamento dunha comisión da que sería presidente o da comisión de facenda; vicepresidente, o da comisión de gobernación; e vocais, os membros das citadas comisións, autorizados dos señores secretario da corporación e director da banda de música para que formulen informe sobre o estado actual de material musical propiedade do concello, e se concrete cal dese material, formulando taxación do resto do material para o seu alleamento polo sistema legal correspondente”.
A situación suporía de feito a existencia dun director de banda, que o concello cualificaba como director técnico municipal do concello, pero non existía una banda para ser dirixida, co que os informes que o citado director podía ofrecer ó concello eras os do inventario de material da banda, tal como se desprende dunha nota facilitada polo citado directorm informando ó consistorio en setembro de 1.967 dos instrumentos, partituras, etc, propiedade do concello.
A actividade musical do director, don Marcelo González García, prácticamente, limitábase dende 1.966 á de director da Academia de Música que, con sorte, non desapareceu, labor no que exerceu un notable esforzó, xa que supuxo na práctica que a educación entre a xuventude non desaparecerá coa banda, ademáis de facilitar co tempo a incorporación de novos músicos á actividade musical de diversas bandas ou orquestras.
Como axudante e subdirector seguíu moitos anos don Luciano Abuín Guimarey, que foi básico igualmente para o desenvolvemento da citada Academia de Música.
 
Escrito por Victor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
VILAGARCIA SEN BANDA DE MÚSICA DENDE O ANO 1967
rss feed
Nos anos seguintes, e a falla dunha banda municipal, as diversas comisión de festas tiveron que buscar agrupacións musicais de diversos puntos de Galicia a fin de ameniza-las festas. Asi, nas festad de San Roque do ano 1.967, actuaron as seguintes agrupacións musicais: Banda de Música de la Base Militar de Torrejón de Ardoz, a municipal de Santiago de Compostela, a de Celanova e a dos Bombeiros Voluntarios de Espinho (Portugal) Nas patronais de 1.968, acudiron a celabra-las festas, a banda de Redondela, a de Cira, a da estrada e a de Castrelo. Nas correspondentes a Santa Rita de a.969, veu a banda de Padrón, e por San Roque, a de Padrón, a de Santa Cruz de Ribadulla e a de Alongos (Ourense). Ás festas de San Roque de 1.970, trouxeron as seguintes agrupacións musicais: Banda de Música de Vilamaior, Santa Cruz de Ribadulla, cornetas e tambores e gaitas da Academia de Música de Vilagarcia, A Estrada, Castrelo e Asados-Rianxo. En agosto de 1.971, púidose oír, ademáis da banda de cornetas e tambores da localidade, a prestixiosa banda municipal da Coruña e a Lira de Ribadavia. En San Roque de 1.974 púidose oír á banda municipal de San Roque da Coruña, ademáis da de Santa Cruz de Ribadulla e Bellas Artes de Cangas, e como novidade en Vilagarcia, a Orquestra de Cámara da Coruña. Durante as festas de 1.976, acudiron as bandas de Santa Cruz de Ribadulla, A Estrada e Silleda. Por certo, que o día 16 de ago...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
INICIO DUNHA NOVA BANDA
rss feed

Inicio dunha nova Banda

30/10/2014 12:50:48
O día 9 de febreiro de 1.981, e tras unha serie de reunións preparatorias, queda formada unha comisión xestora encargada de poñer de novo en marcha o patronato que á súa vez se encargaría de arupa-la antiga banda. Esta comisión estivo formada inicialmente por Celso Callón Recuna, Severino González Rollán, Jesús González Monedero, Juan Antonio Pérez Callón e Gonzalo Bouza Brey. Tras contactar con antigos músicos e co mestre da Academia de Música e antigo director da banda, don Luciano Abuín Guimarey, celébranse reunións con estes e finalmente chégase a un acordo de todos de poñer en marcha unha nova agrupación musical. Definitivamente, o día 1 de maio de 1.981, algo máis de20 músicos que aínda quedan da primitiva banda, fan un primeiro ensaio baixo a dirección de don Luciano Abuìn, contando para isto cos seus propios instrumentos, decidindo prosegui-los ensaios nos locais da Academia de Música, tódolos martes e xoves ás 8 da tarde. Namentres, a corporación promete axudar tando na adquisición de novos instrumentos como unha cooperación económica que faga posible a posta en marcha definitiva da banda, e a comisión xestora decide facer unha primeira proba da capacidade da nova banda tralos primeiros ensaios, xa que ademais conta cuns 200 socios de apoio, e por iso decide que o día 21 de maio, aproveitando a festividade de Santa Rita, se faga un primeiro concerto na Baldosa á unha da tarde, e un pasacalle. Celebrouse,efectivamente, este primeiro c...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
CURIOSIDADES MUSICAIS EN VILAGARCIA
rss feed
Dende que o día 29 de xaneiro de 1.924 fose elixido alcalde don Enrique Rodríguez Lafuente, a efectividade e rixidez na aplicación da lei, serían as súas dúas normas principais de conducta, e por iso non era de extrañar que as multas comezasen a chover pola mínima alteración das leis municipais. Na prensa da época aparecían os nomes dos multados, a causa e o importe, e non importaba que estes fosen personaxes importantes como Daniel Poyán, Luciano Buhigas ou Antonio García, que foron multados por ir co can sen bozo pola rúa. As causas agranguían dende sacar sacos de esterco á rúa, pasando por deixá-las galiñas soltas, escándalos, verquer auga á vía pública, berrar, por mala educación –o que supoñía 5 pesetas de multa- ou por vender leite ou carne en malas condicións, etc. Este ano de 1.924, foi, ademáis o do renacemento da banda de música, o inicio de unha serie de actividades musicais ó máis alto nivel, gracias sobre todo a Luis Villaverde Rey, delegado en Vilagarcía da Asociación de Cultura Musical, que trouxo ó público da nosa cidade o máis selecto que por aqueles anos había en España, nacional ou extranxeiro. O labor non soamente interpretativo, senón pedagóxico, que realizou en Vilagarcía Luis Villaverde Rey foi único na historia cultural da cidade, e por iso é digno de ser lembrado. Durante ese ano, trouxo o “Trío de Instrumentos Antiguos” de Mu...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa - Imaxes
 
 

Historia das Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa

 

DIRECTORES da BANDA DE MÚSICA de VILAGARCIA (dende 1.890 a 1.993)



JOAQUÍN RUBIANES OTERO 1.890 a 1.892; de 1.900 a  1.907, e de 1.910  a 1.921
Foi o músico fundador da Banda de Música de Vilagarcia e, ademáis, o máis novo de todos eles. Tocaba o flautín, e organizara  posteriormente a súa propia banda, que era a que en xuño do ano 1.890 tivera que contrata-lo concello para as procesións e festas que se aveciñaban en Vilagarcía, polo que durante dous anos, a banda de Joaquín Rubianes era a banda efectiva da cidade.
O día 14 de febreiro de 1892, o concello acorda romper definitivamente as relacións coa banda, rescindo definitivamente o contrato coa que dirixía Joaquin Rubianes.
En 1.900 volve a dirixi-la Banda de Música de Vilagarcia. 
En 1.907 renuncia de novo ó cargo de director, baseándoa en que as súas moitas ocupacións impedíanlle continuar prestándolle toda a atención que era necesaria”
Don Joaquín Rubianes finou o día 27 de agosto de 1.921.

D. MARTÍN VÁZQUEZ de 1.907 a 1.910
Profesor de música e persoa distinguida mundo musical. Pertenceu á banda do 2º Rexemento de Infantería de Mariña, dirixíndoa incluso. Cesou como director por motivo de disolución da banda de música.

D.FRANCISCO GARCIA REY de 1.922 a 1.924
Foi máis instructor que director mentres tanto convocábase a praza de director polo sistema de concurso oposición que, ó final, resultou nulo. 

LUTGARDO LÓPEZ DEL TORO de 1.924 a 1.924
Foi nomeado director interino da Banda de Música o día 27 de febreiro de 1.924 e faleceu o día 21 de abril do mesmo ano.

JOSÉ CARRERAS E GRIMAUD  de 1.924 a 1.941
Era natural de Madrid, fillo de Miguel Carreras e Josefa Grimaud, e casado con Carmen Diz Arias, e xa dirixira bandas de importancia como a de Pontevedra, ademáis de ser un bo violinista. 
Entre as súas obras, ata ese ano, as seguintes:
-Obras religiosas: dúas Misas, dúas Salves, un Ave maría e tres motetes.
- Obras para banda: “Armas y Ciencia”, “Ría de Arosa”, “Gotas de rocío”, “Aurelio”, “Mario”, “Porvenir”, “Belmonte”, “De frente, marcha”, “El once de línea” “Duamirg”, “Sacramento”, “Olé por mi tierra”, “Zalvaor”, “Tierra Castellana, e “El Miño”.
- Zarzuelas: “La Verbena de San Juan”, “Los festejos de Villacanto”, “El urco” y “El encubierto”.
Era tamén autor de varios himnos e cantos Galegos, así como de cuplés para as moi coñecidas artistas La Argentinita e Lola Montes.
O día 5 de xulo de 1.936, pasou a excedencia forzosa por disolución da banda. A finais dese mesmo mes, levantouse a situacón de excedencia e volveu a exercer como director.
Don Joaquín Rubianes, o que fora notable director da Banda de Música, faleceu en Vilagarcía o día 11 de novembro de 1.941.

JERÓNIMO GARGALLO HUESO 1.941 a 1.952 
Don Jerónimo Gargallo nacera nunha vila da provincia de Teruel. Estudiou harmonía, contrapunto, fuga, formas musicais e instrumentación co mestre don Manuel Soler, prestigioso músico de Madrid, que fora con anterioridade mestre da Capela da S.A. Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente quedou integrado nas bandas militares ata que en 1.930 pasa á vida civil e comeza a súa etapa de director de bandas.
Foi sucesivamente director das bandas: Armónica barcelonesa; Altura, de Castellón de la Plana; Abanilla, de Murcia; Cabanes e Lucena del Cid, ámbalas dúas tamén de Castellón;  Benidorm e, xa posteiormente, a de Vilagarcía.
Foi un notable escritor de temas e tratados musicais entre os que destacan os seguintes libros; Manual gía de directores de bandas de música, Tratado teórico práctico para cornetas de guerra del ejército español, Gran método teórico-práctico para tambor del ejército del ejército y caja viva de bandas de música, Método teórico-práctico de timbales.
Os seus estudios e tratados sobre instrumentos musicais, foron premiados na Exposición de Arte e Traballo, celebrada en Madrid no ano 1.928, e, posteriormente declarados de texto no Diario Oficial do Ministerio do Exército para as bandas de cornetas e tambores, e foron públicamente elogiadas na prensa especializada por catedráticos do conservatorio de Madrid, da talla de Benito G. de la Parra, Julio Gómez e M. Rebollo.
Foi tamén prolífico compositor, destacando entre as súas obras musicais: “Siglo XX” (poema sinfónico), “Los cuatro héroes del Plus Ultra”, pasodobre, “Garnier”, pasodobre, “Homenaje a Juan de Tuy”, así como numerosas polkas e valses.
Á vez que dirixiu a banda de Vilagarcia durante doce anos, tivio unha academia de música na que formou a centos de educandos. 
Finou o 11 de xullo de 1.957.

BERNARDO DEL RÍO PARADA de 1.952 a 1.952 Naceu o 5 de febreiro de 1.893. os 12 anos ingresou na Acedemia de Música de Vilagarcia e ó pouco tempo era xa educando da banda. O pouco tempo, co gallo de actuar na nosa cidade a banda municipal de Santiago nas festas do Sacramento, o seu director Francisco Martínez, propúxolle levalo a Compostela na súa banda como segundo bombardino, actuando no sucesivo como tal na prestigiosa Banda de Santiago. Ós dous anos, presentase a oposicións militares e obtén prada como bombardino na banda do Rexemento. Tamén se lle nomea director das tres masas corais que tiña a formación militar. Tras nova oposición, gaña a praza de primeiro bombardino da banda rexemental. Inicia estudios de harmonía e composición co mestre Farfán facéndose cargo da dita banda, continuándoos posteriormente como subdirector da mesma, e incluso chega a ser director interino, por ausencia do titular.
Posteriormente e por motivos de reorganización militar é destiñado ó rexemento nº 8 da Coruña, no que é nomeado subdirector da banda. Unha vez licenciado do exército, reorganiza o Orfeón da Unión Artística Compostela e oposita á praza de bombardino da banda municipal de Santiago, ingresando como tal na mesma.
Trala guerra civil, reorganizou a banda Municipal de Compostela, así como a súa dirección, na que estivo varios anos con notorio éxito.
Foi tamén director das bandas de ordes e A Estrada.
Do seu paso por Compostela é de subliña-lo concerto co que iniciou as súas andaduras no citado orfeón, en homenaxe  ós mestres de música Ladislao Suárez Berbeira e Manuel Valverde, en 1.942, coas obras “Ave María” de Vitoria, e o “Miserere” do homenajeado Valverde. Igualmente interesante resultou o concerto que a cargo da dita banda se efectuou o día 4 de xaneiro de1.942 na Rúa do Villar, en homenaxe ó mestre Pablo Luna.
Foi autor de numerosas composicións, sendo a zarzuela “ A lenda de Montelongo” a máis coñecida de todas. Composta por Manuel Rey e Juan Buhigas, con música do maestro Bernardo del Río, a sús estrea en Vilagarcia foi un importante acontecemento cultural por se-los tres autores persoas moi coñecidas na localidade.
Foi autor ademáis de obras tan diversas como: cantigas, foliadas, muiñeiras, pandeiradas, pasodobles, xotas, obras para coro, e un excelente arranxador de obras xa consagradas, como “Unha noite na eira do trigo”, “Negra Sombra”, “La Rianxeira”, obra esta  da que  os músicos de Rianxo dicían que: “Bernardo del Río aquelouna baseada en aires populares”.

BERNARDO GARCÍA DEL RÍO   de 1.952 a 1.952
Sobriño de don Bernardo del Río Parada. Abandona a banda ó facerse cargo da mesma don Marcelo González.
Despois de deixa-la dirección da banda de Vilagarcía, o mestre García del Río, estivo ó mando doutras agrupacións musicais, tales como a de Cira, na que se lle recorda durante os 10 anos que a dirixiu como un grande director, “a quen nunca se lle veu dirixir con partitura, por difícil que fora a obra”. Tamén dirixíu as bandas de Camanzo, Cruces e Rivadulla. Do paso por esta última, comenta o historiador Iglesias Alvarellos o seguinte: “Este veterano e simpático director leva coa banda máis de 15 anos. Tivémo-la ocasión de velo dirixir –sempre sen atril- o domingo 11 de xullo de 1.952 nas festas de Catoira. A banda e él vense completamente compenetrados”.
A súa derradeira dirección, dedicouna á banda de Ledesma. 

D. ANGEL LÓPEZ FERNANDEZ 1.952 a 1.953
Resultou gañador do concurso oposición para elixi-lo novo director, pero debeu renuncia ó cargo, porque en 1.953 aparece como director en propiedade don Marcelo González García. 

D. MARCELO GONZÁLEZ GARCÍA de 1.953 a 1.966 
Don Marcelo nacera en Palencia en 1.912. Foi seu pai quen o inicio una música, seguindo posteriormente estudios co mestre Guzmán Ricis, director da banda municipal de Palencia, onde comenzou a súa actividade profesional. En 1.941 ingresa no escalafón de Directores de Bandas de Música Civís, e en 1.943 xa é nomeado subdirector da Banda Municipal de Santander e director do coro montañés “El sabor de la tierruca”. Posteriormente, e antes de cegar a Vilagarcúia, dirixíu a banda municipal de Castro Urdiales. Foi tamén autos das seguintes composicións:
-Pasodobres: “Los Taribeles” (estreada pola Banda de Música de Palencia; “Feliche Bar” (tamén estreada pola mesma banda); “El cuarto de artillería”; “Chuchi”; ”Sin nombre”; “Manolo González”; “Galván, torero de Castilla”; “Modesto Rodríguez”; “Fraternidad” e “Arriba la Feria” (dedicada a FEXDEGA).
-Pasarrúas: “Juventud rodando”, “Presentación e Cabalgata”.
-Cancións: “Ronda de luna llena”; “La flor del agua”; “Blanca imagen”; “Arriba la flor” (editado en discos pola casa Columbia; “A la entradita del pueblo”; “Una palomita blanca” e “Cuatro canciones escolares”.
-Marchas: “Marchas fúnebres nº 1 e 2”; “Patria Chica” e “San Roquiño”
-Outras composicións: “Tío Cuti”, “Chotis•, “Fernandito”, “Tango”, “Recetando”, “Amos solitario”, “¡Uy la nena”, “Gavota”, “Arija”, “Marcha nupcial”, “Semblanzas mendelssshonianas nº 1 y 2”, “A Perla de Arousa”, “Fiesta charra”, “Himno al hermano beato Benildo”, “La montaña de las piedras negras” e “Fantasía gallega”.
Don Marcelo González non se limitou á formación musical dos membros da banda de música e á dirección dos mesmos, senón que foi tamén compositor. Algunhas das súas obras teñen como inspiración e tema a propia Vilagarcía, tal como o seu “Himno a Villagarcia”, do que José Luis Sánchez Agostino  comporía a letra e que foi presentado en Vilagarcía durante as festas de San Roque do ano 1.963, co gallo dos Primeiros Xogos Florais García Lago, a cargo da Masa Coral Villajuanesa, Schola Cantorum de los Padres del Corazón de María e Acción Católica, nun acto no que, sendo raíña das Festas María Jesús García Díez, contou coa presencia de Álvaro Cunqueiro como rexedor do acto e con José María Álvarez Blázquez como pregoeiro.
Outra obra do director da banda foi a marcha para cornetas e gaitas titulada “Presentación”, composta en novembro de 1.968 e adicada ó alcalde Victoriano Piñeiro.
Don Marcelo González García finou o día 8 de maio de 1.973


D. LUCIANO ABUÍN GUIMAREY de 1.973  1.986
D. FERMÍN FEIJOO TRABAZO  de 1.986 a 1.993
 
Vilagarcía, Patrimonio e historia