search_left
"Unha ventá para o recordo"
A Vilagarcía antiga
 

HISTORIA DAS BANDAS DE MÚSICA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

POR VÍCTOR VIANA

 

Neste novo apartado facemos un percorrido pola historia das Bandas de Música de Vilagarcía. Todos os avatares que se sucederon a través dos anos, as diversas formacións, os seus directores e mesmo as épocas nas que polos motivos que se detallan nos artigos Vilagarcía deixou de ter esta formación musical. Non podemos deixar de mostrar unha vez máis o noso sincero agradecemento ao seu autor Víctor Viana, quen realizou un excelente traballo de investigación e recopilación de datos e que nos cede con infinita amabilidade. Así mesmo quero agradecer á miña compañeira Mary Gallego Suárez a súa paciencia para realizar a transcrición de todo-los textos publicados

 
A PRIMEIRA BANDA DE MÚSICA
rss feed
O día 5 de xaneiro de 1.865, o daquela alcalde de Vilagarcía Don Juan Cobián, lé no pleno unha comunicación do gobernador da provincia pola que se nomeaba novo alcalde do Municipio a don Rodrigo Barrio de Mendoza, e como primeiro e segundo tenentes de alcalde a don José María Insua e don Miguel Galbán, i é precisamente neste ano cando as chamadas Milicias Nacionales de Villagarcia forman unha primeira agrupación musical, que sería como unha pequena banda militar. Esta primeira banda estaba formada por persoas amantes da música, algunhas delas moi coñecidas no municipio, ben por pertencer a familias moi representativas, ou ben por o cargo que ocupaban naquel momento, tales como Antonio Blanco, que era secretario xudicial, don José Antonio Isla, que desempeñaba o cargo de administrador de Correos, don Fernando Sánchez, que era perito, etc. así como por mozos afeccionados, entre os que estaban Justo Luis Varela, Urbano Carús, Manuel Carús, etc. Como tal banda de música das Milicias Nacionales, debéu ter una traxectoria paralela ó funcionamiento das mismas, xa que este corpo militar se formada o se desfacía según as circunstancias de perigo que as autoridades estimasen, sobre todo nos arredores, o que supoñía na práctica unha vida pouco regular para esta primeira banda de música de Vilagarcía. Haberá que esperar ó año 1.873 para que se constituia a primeira banda de música municipal sendo el alcalde Don José Bargés Carrós....Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
AS DISTINTAS ETAPAS DA BANDA DE MÚSICA CON JOAQUÍN RUBIANES
rss feed
PRIMEIRA ETAPA No mes de xullo de 1.890 hai novas eleccións municipais e resulta elixido alcalde don Cayetano Pumariño con 13 votos. As preocupacións da nova corporación eran sobre todo as derivadas do novo cemiterio e traída de augas, e en menor proporción, a anarquía que reinaba na banda de música, de tal xeito que na sesión plenaria do día 26 de xuño, o presidente explica ó resto con concelleiros que “disolta a banda de música deste concello, e sendo necesario á corporación disponer que outra preste os servicios que aquela tiña ó seu cargo, acordouse autorizar ó señor alcalde para que ó expresado fin, conveña coa que dirixe don Joaquín Rubianes as condicións nas ques han de prestarse os citados servicios, sendo una delas, facerse cargo do instrumental que tiña a disolta banda e que o importe deducirase, en prazos razoables, do prezo que se estipula para o pago dos referidos”. Joaquín Rubianes foi músico fundador da banda de música, e ademais o máis novo de todos eles, e organizara posteriormente a súa propia banda, que era a que agora, aínda que modesta, tiña que contrata-lo o concello para as procesións e festas que se avecinaban en Vilagarcía. Dende 1.890, e durante dous anos, a banda de música quedará baixo as ordes de Joaquín Rubianes , ben como banda contratada, ou ben como efectiva da cidade. Durante o primeiro...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
DOUS ANOS DE INCERTEZA
rss feed

Dous anos de incerteza

30/10/2014 12:16:42
A dependencia da Banda de Música con respecto ó seu director era tal que co pasamento de Joaquín Rubianes, prácticamente a banda queda desorganizada e o concello presenta en xaneiro de 1.922 “a necesidade de reorganiza-la banda municipal e como primeira medida para isto, e sen prexuizo de tomar logo tódalas que estime convenientes, acorda que á praza de director desa banda, que está vacante, se lle asigne un soldo mensual de dúas mil cincocentas pesetas e un dez por cento dos ingresos que teña a banda” O pleno decidiu, na seguinte sesión, outorgar a praza de director, e igualmente suscitouse a necesidade ou non de mante-lo actual regulamento ou ben reformalo, para que o novo director se sometese ó mesmo, e por iso suxeriuse que se vira a posibilidade de coñece-los regulamentos doutras bandas, por se fora conveniente a alteración do mesmo. Efectivamente, á semana seguinte, hai una solicitude para tomar posesión da praza de director. Tratábase de don Francisco García Rey, que procedía, como músico militar que era, da Banda do Rexemento de San Marcial, e aportaba como méritos, ademáis das súas excelentes notas, o feito de ter dirixida esta banda, nas ausencias ou enfermedades dos seus directores. Por outra parte, tiña certa experiencia na dirección de bandas, xa que tamén fora director das bandas de Betanzos e Ponteareas. Os seus certificados acreditaban “ a súa correcta conducta profesional e privada e notoria competencia”. Por outra banda, na súa solicitude dicía que tanto lle daba a praza en propiedade como interina, en tanto a...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A DIRECCIÓN DE JOSÉ CARRERAS
rss feed

A dirección de José Carreras

30/10/2014 12:20:18
En febreiro de 1.924, a comisión de festas, xa moi decidida a que á maior brevidade funcionase a banda de música, obtén do pleno a autorización para que o director da banda de Rexemento de Zaragoza, Sr. Rebollo, se acerque dende Santiago a Vilagarcia a fin de recoñece-lo instrumental que quedaba da extinguida banda, de tal xeito que os que estivesen estragados fosen enviados a reparación, e os que aínda estivesen en bo uso, foran destinados á Academia para que os alumnos aprendesen con máis instrumentos. Definitivamente, 1.924 sería o ano da posta en marcha da nova banda, de tal xeito que o 27 de febreiro, o concelleiro Estévez propón que, con carácter interino, se nomee director da banda a don Lutgardo López del Toro, mentres tanto se vaian preparando as oposicións, que sempre levarán máis tempo. A pesar da oposición de Brumbeck, a proposición é finalemte aprobada e, por fin, Vilagarcia tiña director da banda, aínda que por pouco tempo. En marzo, autorízase a compra de trinta portaatrís a 11,75 pesetas cada un a Eloy Lapido, de Vilagarcia, rexeitándose as ofertas Boutros dous talabarteiros de Santiago e Pontevedra, por seren máis caros. O 21 de abril, anú...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A BANDA POPULAR

A Banda Popular

30/10/2014 12:30:16
1.936 representou a desunión dos españois que se manifestaría na guerra civil. A Banda de Música de Vilagarcia disolveuse, pero non a causa da guerra, senón dos propios problemas internos.
A comezos do ano formouse  unha comisión especial que estudiara a problemática da banda e sobre todo dos músicos. Houbo moitas reunións coa representación dos músicos e ó final, como non houbo acordo, en maio do devandito ano, e tras un pleno ó que acuidiu a comisión especial, acordouse:
“1º.- Disolve-la banda municipal.
2º.- Que se reorganice como banda popular subvencionada polo concello, para o que haberá de redactarse por unha comisión integrada polos señores Brumbeck, Oubiña e Villaverde, as bases correspondentes.
3º.- Que se aboen ós músicos os seus haberes ata o momento en que se chegue á aprobación das indicadas bases, sen exceder nunca do mes maio e caso de non resolverse a aprobación das referidas bases dentro daquel, proverase oportunamente o procedente”
 
Ó pouco tempo a citada comisión xa tiña preparado o estudio para o pase da banda municipal á banda popular, coa relación dos músicos que a compoñerían, así como o custo dos mesmos, que asecendería a dúas mil cinco pesetas, sen conta-lo soldo do director. Todo isto comunicóuselle ó director, don José Carreras, para que, unha vez constituida a citada banda popular, se concertase con ela o convenio oportuno.
Á vez, comunicábaselle ó director, o día 5 de xuño, que pasaba dende ese momento á situación de “excedencia forzosa” a causa da disolución da banda municipal e a súa transformación en banda popular, co que pasaba a percibir un soldo que supoñía os dous tercios do seu haber, que alcanzaba a “tres mil trescentas trinta e seis pesetas con trinta céntimos”.
A finais do mes, o día 26, hai un acordo cos representantes da recente creada banda popular, os músicos Manuel López Otero, Ángel Lodeiro López e Ramón Tobío Caamaño, que aceptaban as normas que o concello elaborara para o funcionamento da nova banda. En principio o concello subvencionaba á mesma con 24.060 pesetas anuais, á vez que, reconsiderando a anterior decisión sobre o director, decidía levanta-la excedencia forzosa a don José Carreras o que volvía de novo á situación de director en exercicio.
O día 17 de xullo, todo funcionada normalmente no concello e na banda, e mentres no norte de África se iniciaban os primeiros movementos da guerra civil, en Vilagarcía o alcalde, don Valentín Briones Rey, ordenaba a subveción  á banda, segundo consta na acta municipal do Dito dia: “por telo interesado así a intervención municipal, o concello acorda que, dada a forma de pago directo ós músicos que constitúen a banda popular subvencionada, se liberen as cantidades conseguintes con cargo á consignación do presuposto vixente, sempre que iso sexa procedente en dereito, que o facer unha transferencia de pura formalización, a nada conduciría, retrasando, sen embargo, o cumplimento de dita atención”.
Tres músicos da banda non cegarían a cobra-la paga do mes de xullo, xa que ó iniciarse a guerra civil, hai unha reunión no concello o día 23 dese mes á que asisten o coronel don Salvador Múgica Buhigas, como comandante militar da praza, e o daquela alcalde don Valentín Briones, procedéndose á disolución da corporación municipal coa conseguinte  destitución do alcalde e o nomeamento dunha comisión encargada de dirixi-lo municipio formada por don Frutos Cerecedo Lapatza como presidente, e don Emiliano Porto Rial e don Wenceslao Oubiña Bello como xestores administrativos, emitindo unha comunicación  na que se indicaba o acordo de “que mentres tanto persistan as actuais circunstancias, se constitúa este organismo en sesión permanente a fin de resolver coa urgencia necesaria cantos asuntos poidan presentarse relacionados con ingresos, pagos, nomeamentos e separación de persoal que non se presente ó servicio, así como tamén canto afecte á recadación de arbitrios e en xeral todo o que se relacione coa administración municipal, sen prexuizo das extraordinarias que sexan precisas”.
Efectivamente, á semana seguinte, o día 30 de xullo, decidíase “dar de baixa na banda popular de música a José Leal César, Ramón Tobío Caamaño, e José Almeida Carreira, percibindo os seus haberes ata o día 18 do corrente en que abandonaron o servicio…” Curiosamente, hai o nomeamento dunha persoa relacionada coa música, aínda que non directamente coa banda; noméase como temporeiro para as oficiñas municipais a don Ricardo Urioste Mesana co xornal diario de seis pesetas a partir do 1 de agosto, con que saía gañando algún diñeiro xa que, meses atrás, en febreiro do mesmo ano, fixera unha reclamación de servicios de limpeza, xardíns e outros polo que viña percibindo un soldo de tres pesetas ostenta e cinco céntimos.
Aparentemente a chamada banda popular continuaba a súa vida con normalidade, pois o día 17 de setembro, o director da banda propoñía ó concello o aumento no haber do músico José García Bello á cantidade de sesenta pesetas, ó que respondería a presidencia municipal que aprobaba a proposición dado “que con Dito aumento non se rebasa a cifra fixada como subvención á indicada organización musical”, e en novembro producíase a petición do músico Jesús Otero Lois para a praza de fiscornio.
O día 28 de novembro de 1.936, constitúese o novo concello do que sae como alcalde don Frutos Cerecedo Lapatza, que actuara ata ese momento como “delegado civil”, e os xestores Emiliaro Porto Rial, Wenceslao Oubiña Bello, Juan Gil Sequeiros, Francisco Viqueira Cores, manuel García Castromán, Román Fernández Gil, Benito Acosta Vicente, Rafael Arízcum Moreno, Agustín Juareguizar Uribe, José Teijelo Rodríguez, José María Ramñirez de Esparza, Joaquín Caamaño Fuentes, Luciano Buhigas Abad, Manuel del Oro, Emilio Pérez Salgado e Eugenio Valladares. De todos eles, quedou designado pola presidencia como delegado da banda de música don Emiliano Porto Rial.
As actuacións populares da banda apenas sufriron problema ningún e incluso algún conxunto que actuaba no Bar Casablanca, tal como a Orquestra Sumatra, seguíu actuando despois do inicio da guerra civil. O que sí cambiou, por condicionamentos da situación  bélica, foi o tipo de obras que se interpretaban, e así pásase dun concerto normal o día 30 de xullo, con obras tales como “Cortegada”, “Arosa Bay”, “La alegría de la huerta”, etc, ó do día 7 de agosto en que, das cinco obras, catro son de carácter marcial, tales como “Legionarios y Regulares”, “La generala”, “Soldadito español”, e “Cádiz, marcha ¡Viva España!”
Incluso nalgún concerto, a banda chegou a interpretar tres himnos, tal como sucedeu o 23 de setembro: “Himno de la Academia de Infantería, Oriamendo”, “Himno de los Requetés”, e o “Himno de La Falange”. Mesmo a intervención italiana na guerra tivo a súa influencia nos concertos semanais, como o do día 6 de decembro en que interpretou “Himno italiano e Giobinezza, himno fascista”. Foi , sen dúbida ningunha, unha etapa de condicionamento bélico que penetrou na banda de música como calquera outro destacamento en ámbalas dúas partes da contenda.
En plena guerra civil, no ano 1.938, o pleno municipal axusta en maio o persoal que debía te-lo concello na categoría de funcionariado, e entre o mesmo acórdase o de director da banda popular, polo que se enviou a proposta correspondente ó director xeral da administración local para a súa aprobación.
Xa pasada a contenda civil. O día 11 de novermbro de 1.941, falece na nosa cidade o que fora notable director da banda , don José Carreras Grimaud, tal como consta no libro de difuntos da parroquia Santa Eulalia de Arealonga, no que o párroco, don Francisco Chantada Carro, anotaba que Carreras tiña sesenta e nove anos, era natural de Madrid, fillo de Miguel Carreras e Josefa Grimaud, e casado con Carmen Diz Arias.
A dirección interina da banda recaeu nun personaxe novo nos ambientes musicais de Vilagarcia, don Jerónimo Gargallo Hueso, que exercería a provisionalidade ata a adxudicación definitiva da praza no ano 1.944.
Namentres, o concello decidirá que no sucesivo  tódolos asuntos municipais relacionados coa banda de música, recaerán na persoa de Balbino Costa, que exerceu este posto dende a súa concellería durante moitos anos.
Don Jerónimo Gargallo chegara á banda de Vilagarcia antes do pasamento do mestre Carreras, xa que a consecuencia da enfermidade deste, en xaneiro de 1.940, ocupábase Gargallo da entidade musical. Posteriormente, en novembro de 1.941, adquiriía a dirección da banda con carácter temporal ata o ano 1.944 en que xa é director con carácter definitivo, ata a súa xubilación por enfermidade, o día 14 de abril de 1.952, co soldo de 6.240 pesetas como pensión.
Foi un dos directores máis extraordinarios que tivo a banda a pesar de ter que vivir e dirixila nunha etapa difícil para o municipio e para Galicia en xeral.
Volvendo de novo á marcha da banda como agrupación, o día 23 de marzo de 1.942, acordouse nun pleno municipal comunicar á Direccón Xeral da Administración Local a vacante ocorrida coa praza de director da banda do municipio, “para que proceda á provisión en propiedade e faculte para o resto das prazas vacantes á comisión municipal permanente, para que formule e publique a convocatoria correspondente, fixando os cupos, condicións e demáis circunstancias en harmonía ás citadas disposicións, así como designar ó segundo tenente de alcalde, ó secretario e ó interventor desta corporación para que como representantes deste concello, formen parte dos triobunais que xulgarán os exercicios destas oposicións.”
No ano 1.942 era alcalde don Frutos Cerecedo, e a principios de ano, tras case seis anos da disolución da banda municipal, hai por fin unha reunión no concello á que asisten , entre otutros, os xestores Miranda Lamas, García Reboredo, Rodríguez Esteban, Matellanes, Serantes, Penide López, Villar padín, Costa Candamo, etc. Nesta reunión o chamado Xestor Delegado da Banda de Música, algo así como o concelleiro delegado da banda de música, fai a seguinte exposición da situación musical da vila e das posibilidades de solución: “A antiga Banda Municipal de Música estaba sostida íntegramente polo municipio, e este sufragaba tódolos gastos de instrumental, e gastos da Academia de Música, uniformes de persoal, soldos e gratifiacións, etc. 
Ó ser disolta a banda municipal, en xuño de 1.936, e creada a banda popular de música, o concello formalizou ooportuno convenio.
Tralo discurso explicativo, fai a seguinteproposta ó resto dos xestores municipais:
1º.- Que se revise o convenio entre o concello e e banda popular de música, adquirindo para o sucesivo o concello a obriga de favorecer á banda en accesorios de instrumental, material de tódalas clases e uniformes, tanto novos como a reforma e conservación dos usados.
2º.- Que se acorde que os gastos que este ano se produzan por consecuencia do aciordo anterior, se satisfagan con cargo á partida de 7.900 pesteas, consignada no prosuposto de gastos do ano actual, para gastos xerais da banda popular de música.
3º.- Que pola permanente se acorde inmediatamente face-lo pedido de accesorios que se detallan na nota adxunta, gasto inicial indispensable para que a banda poida seguir cumprindo o seu compromiso”.
 
O responsable municipal  da banda, Balbino Costa Candamo, anotaría posteriormente que soamente se acordou aproba-lo referente os gastos de material.
Había no fondo, por parte do concello, un desexo de reorganizar definitivamente unha banda de música que, como tal organización cultural non podería cumprir coas súas obrigas por falta de financiación municipal, ó que se unía a interinidade do seu director. Por iso, cando o Ministerio da Gobernación enviou unha carta pola que autorizaba a oposición para cubrir en propiedade a praza de director, convocouse unha sesión plenaria extraordinaria o día 20 de maio de 1.944. “Sendo as dezaseis horas, reuníronse os señores xestores, que á marxe se espresan, baixo a presidencia do señor alcalde, don Juan Gil Sequeiros, con obxecto de celebrar sesión extraordinaria ó efecto convocada”
Aberta a sesión polo referido presidente da súa orde o infrascrito secretario deu lectura á acta da sesión precedente, que foi aprobada por unanimidade.
De seguido, polo señor alcalde ponse de manifesto que o obxecto desta sesión, como se expresaba nas cédulas de convocatoria, era proceder ó exame das documentacións presentadas por varios señores á praza vacante de director da banda popular de música deste municipio, “para que esta corporación, facendo uso do requisito de audiencia que lle confire a norma 3ª, do artigo 1º da Lei de 10 de novembro de 1.942, e o nº 4º da orde do Ministerio da Gobernación, do 29 de febreiro de 1.944, pode emiti-lo informe que ó seu xuizo lle merecen os méritos alegados polos concursantes, establecendo unha orde de prelación entre os mesmos, con crranxo ó criterio que se forme como consecuencia da estimación de méritos establecidos no número 5 da Orde de febreiro de 1.944, antes citada.
Lidas as disposicións antes citadas, así como un escrito da Dirección Xeral da Administración Local e outro do Goberno Civil da Provincia, adxuntando ás documentacións presentadas naquela Dirección Xeral e dando instruccións para a efectividade das disposicións lidas, despois dun detido exame da documentación de todos e cada un dos vinteún concursantes, á praza de director da banda popular de música deste municipio, por unanimidad, acordouse a formación dunha lista pola orde que preferiría e prefiren ós concursantes, tendo en conta os méritos de cada un deles en harmonía coas disposicións antes citadas, lista que queda relacionada do seguinte xeito:
Nº 1. don Jerónimo Gargallo Hueso
Nº 2. don Pedro González Martínez
Nº 3. don Marcelino Carvajal García
Nº 4. don Juan Pérez Ramírez
Nº 5. don Máximo Pérez Pulgarin
Nº 6. don Luis Aparicio Sancho
Nº 7. don José Simón González
Nº 8. don Joaquín Tojo Requilla
Nº 9. don Francisco Cerdeira Gil
Nº 10. don Artuto Canalejas Aranda
Nº 11. don Pedro Gil Lerin
Nº 12. don Matías Grau Aragó
Nº 13. don Rufino Vaquero del Campo
Nº 14. don José Albujer Cuenca
Nº 15. don Bernardo del Río Parada
Nº 16. don Faustino Temes Diéguez
Nº 17. con Isidoro Alonso Subiñas
Nº 18. don José Caballero García
Nº 19. don Alfredo Domínguez Corrales
Nº 20. don Eduardo Real Capitán
Nº 21.don Enrique Castillo Giménez
De conformidade co disposto no número 3º do escrito da Dirección Xeral da Administración Local, e tendo en conta que á parte dos méritos aportados polo concursante don Jerónimo Gargallo Hueso, este durante o tempo que leva no cargo de director interino desta banda, desenvolveu un traballo admirable que amosa a grande competencia e celo no desempeño do mesmo, aórdase, por unanimidade, propoñer ó referido don Jerónimo Gargallo  Hueso para que sexa nomeado en propiedade, director da banda popular de música deste municipio e de que pola presidencia se remita certificación literal desta acta ó Ilmo. Sr. Director Xeral de Administración Local por conducto do Sr. Gobernador Civil, con devolución da documentación recibida e examinada. Levantouse a sesión ás vintetrés horas e vinte minutos.”
Ó pouco tempo  a comisión municipal permanente efectuaba, con data 7 de outubro a acta de toma de posesión de Gargallo como director definitivo da banda, “nomeado pola Dirección Xeral de Administración Local, figurando no número 27 da relación de directores  de bandas de música no Boletín Oficial do estado, número 275, de primeiro de outubro do ano en curso. A comisión municipal permanente aproba dita toma de posesión con tódolos efectos legais que dela se deriven”. Pero á vez que se lle daba á praza carácter definitivo, o concello era consciente da lenta agonía da banda popular, dándose o paradoxo de convoca-la praza vacante de director a través da Dirección Xeral de Administración Local, de cubrirse ésta, e ter unha banda en franca descomposición. Por iso, noméase unha comisión formada polos concelleiros Lastra, Jaureguizar e Crussat “para que con todo detemento e co asesoramento do persoal técnico, estudien o proxecto de reorganización da banda de música.”
Sen embargo, o tempo í amáis rápido que as reunións municipais en torno á banda, e lentamente, os músicos agrúpanse en torno á Falanxe Local para ir constituindo unha nova agrupación musical, probablemente pola mellor resposta económica que esta organización politica lles podía dar, ou ben porque as circunstancias de todo tipo imperantes nesta etapa facían máis aconsellable que fora a Falanxe Local a que organizara esta nova agrupación musical.. O certo é que era xa unha realidade a desbandada dos músicos, e así o recoñeceu o propio alcalde en xuño de 1.945, ó ter que iniciar conversacións con que sería no futuro a Banda de Música da Falanxe, á que tería que aportar unha subvención e dotala incluso dun director, don Jerónimo Gargallo, para dirixila, tal como se desprende do seguinte acordo municipal: “Polo señor alcalde dáse conta de que, en virtude do acordo desta comisión municipal permanente do 17 de xaneiro último, relativo á reorganización da banda de música, realizaranse numerosas xestións coa colaboración de varias persoas, para o logro de tal obxecto. Como resultado das mesmas, tivo coñecemento que os atigos componentes da chamada banda popular atopábanse constituídos en agrupación coa organización de Falanxe. De inmediato púxose en contacto co xefe da mesma e xestor deste concello, señor Crusat, e como o tempo urxía, converse en facer un contrato entre o Concello e a Falanxe, e que mentres tanto se realizaba o mesmo, aboaríase polo Concello á Falanxe unha subvención mensual  que oscilaría entre 3.500 e 3.800 pesetas, segundo o número de músicos que acudisen ós ensaios, concertos e demáis actos. Inmediatamente, baixo a dirección da Banda do Concello, comenzarán os ensaios dende o primeiro día do mes actual, dando dende xa a citada banda varios concertos ó longo desde mes.
A comisión municipal permanente acorda facultar ó señor alcalde da maneira máis ampla, para realizar Dito contrato escrito, coas condicións que estime oportunas, e de que mentres tanto se faga o contrato, se aboe ó xefe da Falanxe desta Vilagarcía a cantidade en principio acordada verbalmente entre señor alcalde e dito xefe, en concepto de subvención á citada banda de música, comenzando a dita subvención a partir do día peimeiro do corrente mes de xuño, con cargo á partida que para tal concepto figura no vixente presuposto.”
Como a banda da Falanxe era xa un feito, a subvención destinada á antiga banda popular destinaríase no futuro á nova agrupación e, así, durante o ano 1.946 destináronse 45.600 pesetas “pagadoiras por doceavas partes”, á citada banda de música, e en anos vindeiros faríaanse novos contratos, con frecuencia verbais en vez de escritos, dada a estreita relación que por aquel entón existía entre a Falanxe e o concello, e prácticamente a antiga banda popular, agora convertida en banda da Falanxe, continuaba dando concertos e pasacalles  de forma normal, e incluso existían partidas municipais adicadas á adquisición de instrumental, por ejemplo, en 1.946, foi de 5.500 pesetas. Así como para a reparación do palco da música.
Os medios de comunicación, así como o pobo, ó falar dos concertos, referíanse sempre á Banda de Música de Vilagarcía, evitando así calquera dos nomes: Popular ou Falanxe. Así, o semanario “Aquí”, de data 2 de decembro, indicaba que ese día a Banda de Música tocaría: “Oviedo”, pasodobre de Marquina; “Los Claveles”, fantasía de Serrano; “Fantasía galelga”, de Vázquez; “Brisas de Málaga”, de Zambra de Ledesma; “Moriles Carbonell”, pasodobre de Teixidó, e unha fantasía do Mestre Oudrid. Curiosamente, no mesmo semanario anunciábase que o vindeiro sábado día 8, habería un baile no Recreo Liceo, a cargo da “nova Orquesta de Vilagarcia KU LYS KAN”
O verdadeiramente curioso desta época de práctica desaparición da banda popular e de desconcerto musical, é a notoria celebración da patroa dos músicos en 1.945. Polas festas que organizaron, daba a impresión de que a agrupación musical se atopaba nos mellares tempos. Así, líase na prensa o seguinte apartado sobre a conmemoración: “Con grande animación celebraron os músicos a festa da súa patrona, Santa Cecilia. O mércores deron comenzo estas festas con bailes populares na Alameda e Héroes del Alcazar, disparándose numerosos foguetes. O xoves, percorrendo polas rúas da cidade, bandas de música e gaitas do pais, tocando alegres alboradas. Ás 10,30 da mañá celebrouse unha solemne misa cantada na igrexa do Corazón de María, interpretándose pola capela da Residencia a misa de Ferrer, e disertando o R.P. Nebreda, unha emocionada loa á Santa. Ó mediodía a banda deu un ameno concerto na Alameda, disparándose durante todo o día gran profusión de foguetes. A continuación reuníronse nun banquete os músicos da localidade e algúns elementos afíns, galantemente invitados, brindándose en franca amizade, pola maior brillantez desta festa no vindeiro ano.”
En 1.950 continuaba a se-la Banda de Música da Falanxe a única da que dispoñía a vila, aparecendo varias notas municipais relativas ós acordos verbais subscritos polo alcalde, don Frutos Cerecedo, tanto no relativo os contratos anuais como para diversas actuacións.
Coa celebración da sesión plenaria do día 10 de febreiro deste ano á que asisten, ademáis do alcalde, os concelleiros Penide López, Álvarez Blanco, pereira Fernández, Llovo Pérez, Carregal Rodríguez, Rivera Méndez, Rivera Macías, García Senra, Noya Castro, Miranda Lamas e Galindo Martínez, hai un acordo trascendental para a música vilagarciana: o alcalde comunica ó resto dos concelleiros que se debe organizar unha banda municipal acorde coa importancia da vila. Era na práctica, o inicio dunha nova etapa despois de 14 anos sin unha banda propia. Como existía un verdadeiro desexo de formala cantos antes, o equipo municipal fixera xa un regulamento polo que debería rexerse a banda de música, que se crearía de inmediato e que foi aprobado íntegramente.
Este regulamento, que de momento non podería ter aplicación ó non existi-la banda municipal, constaba de 20 artigos, nos que se facía constar que a banda “depende do Excmo. Concello e estará sometida á inspección inmediata do señor alcalde e dun concelleiro delegado. Esta inspección comprenderá a dirección do todo, en canto a funcionamento, réxime e disciplina se refire”. A banda viña obrigada a fdar concertos tódolos domingos do ano, ademáis doutras datas tales como: tódolos xoves dende o 1º de xuño ata o 31 de xullo, e dende o 16 ó 30 de setembro; tódolos días na época que comprendía dende o 1º de agosto ó 15 de setembro inclusive, “deixando un día de descanso en cada semana que non poderá ser xoves ou festivo”. Debía, ademáis disto, actuar en tódalas festas organizadas polo concello e asistir ás procesións, recepcións e demáis actos que patrocinase o concello ou concorrese corporativamente, o que supoñía na práctica, a súa participación en tódolos actos patrióticos, culturais, deportivos, religiosos, etc. que se organizaban na vila.O director tiña a consideración de “persoal fixo con haber no prosuposto”, mentres que o resto dos músicos se consideraban como eventuais “percibindo pola súa contribución, en concepto de gratifiación,”. O artigo 11º determinaba o funcionamento da Academia de Música, que funcionaría dende o 1º de outubro ó 30 de xuño, e nela poderían entra-los mozos de 10 a 15 anos de idade que acreditasen boa conducta. O artigo 19º  previña que as faltas non xustificadas dos músicos suporían unha multa de 25 pesetas, que serían efectivas ó rebarxárllelas cada mes da gratifiación correspondente.
 
A finais do mes, o día 27, despois de ter feito un novo contrato verbal coa banda de música da Falanxe, o concelleiro señor Llovo advirte ó resto do pleno que, polo momento , a situación económica do concello non facía viable a inmediata creación da banda de música municipal, polo que se acordaba que os concelleiros Blanco, Rivera e Rivera “estudien as bases para casar a concurso o contrata-los servizos dunha banda de música”.
 
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios





 
A NOVA BANDA DE MÚSICA
rss feed

A nova Banda de Música

30/10/2014 12:34:05
Trala aprobación do novo regulamento para a banda de música, aínda pasarian dous anos máis para que poidera aplicarse, e iso suporía na práctica que as festas populares tiveran que ser animadas con bandas Boutros municipios. Así, durante as festas de San Roque do ano 1.951, as bandas que actuaron nas festas foron a de Silleda e a de Bragaña /Cuntis). Haberá de esperar pois ó ano 1.952 para que se lle dea impulso definitivo á creación da nova banda. Sendo alcalde don Jacobo Rey Daviña, e consciente da importancia dunha agrupación musical para o municipio, o día 5 de abril dese ano, explica ós concelleiros a necesidade dunha banda para Vilagarcía incluíndo na súa alegación unha dotación de uniformes para a mesma, sentando así as bases para a inmediata creación da nova banda, que estaría comoposta por 35 músicos. Acordouse que a entrega de uniformes se faría ó mes seguinte da data da adjudicación definitiva dos mesmos, e conseguiuse do pretixioso compositos e director de banda, don Bernardo del Río Parada, que aceptase a dirección da mesma. Por desgracia foron poucos os meses que estivo dirixindo a banda da súa vila, xa que finou o 5 de outubro de dito ano. No ano 1.952, cando don Bernardo del Río pasa a dirixi-la Banda de Música, esta está composta por: Floreal de la Torre Bendaña, oboe; Manuel Paz, frauta; Luis Caldas, requinto; Bernardo garcía del Río, subdirector e clarinete solicta; Luis Casas, clarinete; Man...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
A DIRECCIÓN DO MESTRE GONZÁLEZ (Don Marcelo Gónzalez García)
rss feed
Debeu renunciar ó cargo don Ángel López Fernández, xa que en 1.953 apareceu como director en propiedade don Marcelo González García, do que xa faláramos, con motivo do criterio de selección de comisión cualificadota. Durante a etapa do mestre González García, a banda seguíu preparándose eficazmente, iniciando unha seria de concertos no Treatro Cervantes, así como en diversas localidades da provincia, ata participar no Certame Musical en Vigo, co gallo das súas festas no verán de 1.955, e acadou o primeiro premio, o que a acreditou, definitivamente, entre as bandas de Galicia. Ós poucos días de acadar este primeiro premio coa obra “El Bateo” de Federico Chueca, o propio concello de Vigo ofrecía un concerto da Banda de Vilagarcía, con obras de Soutullo, Ketelbey, Borodín, Rosillo e Giménez, e no intermedio formouse un conxunto con tódolos músicos da banda Municipal de Vigo e de Vilagarcía, baixo a dirección de mestro don Mónico García de la Parra. Durante estes anos foi como sempre o concello o motor económico da banda. Así, no presuposto municipal do ano 1.953, aparece o seguinte extracto de contas, referito á banda: -15.000 pesetas por haber anual do director da banda. -108.000 pesetas como subvención ó patronato da banda -15.000 pesetas para adquisición de material novo -2.000 pesetas para a conservaci&oacu...Leer la continuación
Escrito por Victor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
VILAGARCIA SEN BANDA DE MÚSICA DENDE O ANO 1967
rss feed
Nos anos seguintes, e a falla dunha banda municipal, as diversas comisión de festas tiveron que buscar agrupacións musicais de diversos puntos de Galicia a fin de ameniza-las festas. Asi, nas festad de San Roque do ano 1.967, actuaron as seguintes agrupacións musicais: Banda de Música de la Base Militar de Torrejón de Ardoz, a municipal de Santiago de Compostela, a de Celanova e a dos Bombeiros Voluntarios de Espinho (Portugal) Nas patronais de 1.968, acudiron a celabra-las festas, a banda de Redondela, a de Cira, a da estrada e a de Castrelo. Nas correspondentes a Santa Rita de a.969, veu a banda de Padrón, e por San Roque, a de Padrón, a de Santa Cruz de Ribadulla e a de Alongos (Ourense). Ás festas de San Roque de 1.970, trouxeron as seguintes agrupacións musicais: Banda de Música de Vilamaior, Santa Cruz de Ribadulla, cornetas e tambores e gaitas da Academia de Música de Vilagarcia, A Estrada, Castrelo e Asados-Rianxo. En agosto de 1.971, púidose oír, ademáis da banda de cornetas e tambores da localidade, a prestixiosa banda municipal da Coruña e a Lira de Ribadavia. En San Roque de 1.974 púidose oír á banda municipal de San Roque da Coruña, ademáis da de Santa Cruz de Ribadulla e Bellas Artes de Cangas, e como novidade en Vilagarcia, a Orquestra de Cámara da Coruña. Durante as festas de 1.976, acudiron as bandas de Santa Cruz de Ribadulla, A Estrada e Silleda. Por certo, que o día 16 de ago...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
INICIO DUNHA NOVA BANDA
rss feed

Inicio dunha nova Banda

30/10/2014 12:50:48
O día 9 de febreiro de 1.981, e tras unha serie de reunións preparatorias, queda formada unha comisión xestora encargada de poñer de novo en marcha o patronato que á súa vez se encargaría de arupa-la antiga banda. Esta comisión estivo formada inicialmente por Celso Callón Recuna, Severino González Rollán, Jesús González Monedero, Juan Antonio Pérez Callón e Gonzalo Bouza Brey. Tras contactar con antigos músicos e co mestre da Academia de Música e antigo director da banda, don Luciano Abuín Guimarey, celébranse reunións con estes e finalmente chégase a un acordo de todos de poñer en marcha unha nova agrupación musical. Definitivamente, o día 1 de maio de 1.981, algo máis de20 músicos que aínda quedan da primitiva banda, fan un primeiro ensaio baixo a dirección de don Luciano Abuìn, contando para isto cos seus propios instrumentos, decidindo prosegui-los ensaios nos locais da Academia de Música, tódolos martes e xoves ás 8 da tarde. Namentres, a corporación promete axudar tando na adquisición de novos instrumentos como unha cooperación económica que faga posible a posta en marcha definitiva da banda, e a comisión xestora decide facer unha primeira proba da capacidade da nova banda tralos primeiros ensaios, xa que ademais conta cuns 200 socios de apoio, e por iso decide que o día 21 de maio, aproveitando a festividade de Santa Rita, se faga un primeiro concerto na Baldosa á unha da tarde, e un pasacalle. Celebrouse,efectivamente, este primeiro c...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
CURIOSIDADES MUSICAIS EN VILAGARCIA
rss feed
Dende que o día 29 de xaneiro de 1.924 fose elixido alcalde don Enrique Rodríguez Lafuente, a efectividade e rixidez na aplicación da lei, serían as súas dúas normas principais de conducta, e por iso non era de extrañar que as multas comezasen a chover pola mínima alteración das leis municipais. Na prensa da época aparecían os nomes dos multados, a causa e o importe, e non importaba que estes fosen personaxes importantes como Daniel Poyán, Luciano Buhigas ou Antonio García, que foron multados por ir co can sen bozo pola rúa. As causas agranguían dende sacar sacos de esterco á rúa, pasando por deixá-las galiñas soltas, escándalos, verquer auga á vía pública, berrar, por mala educación –o que supoñía 5 pesetas de multa- ou por vender leite ou carne en malas condicións, etc. Este ano de 1.924, foi, ademáis o do renacemento da banda de música, o inicio de unha serie de actividades musicais ó máis alto nivel, gracias sobre todo a Luis Villaverde Rey, delegado en Vilagarcía da Asociación de Cultura Musical, que trouxo ó público da nosa cidade o máis selecto que por aqueles anos había en España, nacional ou extranxeiro. O labor non soamente interpretativo, senón pedagóxico, que realizou en Vilagarcía Luis Villaverde Rey foi único na historia cultural da cidade, e por iso é digno de ser lembrado. Durante ese ano, trouxo o “Trío de Instrumentos Antiguos” de Mu...Leer la continuación
Escrito por Víctor Viana •   Agregar un comentario   0 comentarios
 
Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa - Imaxes
 
 

Historia das Bandas de Música de Vilagarcía de Arousa

 

DIRECTORES da BANDA DE MÚSICA de VILAGARCIA (dende 1.890 a 1.993)



JOAQUÍN RUBIANES OTERO 1.890 a 1.892; de 1.900 a  1.907, e de 1.910  a 1.921
Foi o músico fundador da Banda de Música de Vilagarcia e, ademáis, o máis novo de todos eles. Tocaba o flautín, e organizara  posteriormente a súa propia banda, que era a que en xuño do ano 1.890 tivera que contrata-lo concello para as procesións e festas que se aveciñaban en Vilagarcía, polo que durante dous anos, a banda de Joaquín Rubianes era a banda efectiva da cidade.
O día 14 de febreiro de 1892, o concello acorda romper definitivamente as relacións coa banda, rescindo definitivamente o contrato coa que dirixía Joaquin Rubianes.
En 1.900 volve a dirixi-la Banda de Música de Vilagarcia. 
En 1.907 renuncia de novo ó cargo de director, baseándoa en que as súas moitas ocupacións impedíanlle continuar prestándolle toda a atención que era necesaria”
Don Joaquín Rubianes finou o día 27 de agosto de 1.921.

D. MARTÍN VÁZQUEZ de 1.907 a 1.910
Profesor de música e persoa distinguida mundo musical. Pertenceu á banda do 2º Rexemento de Infantería de Mariña, dirixíndoa incluso. Cesou como director por motivo de disolución da banda de música.

D.FRANCISCO GARCIA REY de 1.922 a 1.924
Foi máis instructor que director mentres tanto convocábase a praza de director polo sistema de concurso oposición que, ó final, resultou nulo. 

LUTGARDO LÓPEZ DEL TORO de 1.924 a 1.924
Foi nomeado director interino da Banda de Música o día 27 de febreiro de 1.924 e faleceu o día 21 de abril do mesmo ano.

JOSÉ CARRERAS E GRIMAUD  de 1.924 a 1.941
Era natural de Madrid, fillo de Miguel Carreras e Josefa Grimaud, e casado con Carmen Diz Arias, e xa dirixira bandas de importancia como a de Pontevedra, ademáis de ser un bo violinista. 
Entre as súas obras, ata ese ano, as seguintes:
-Obras religiosas: dúas Misas, dúas Salves, un Ave maría e tres motetes.
- Obras para banda: “Armas y Ciencia”, “Ría de Arosa”, “Gotas de rocío”, “Aurelio”, “Mario”, “Porvenir”, “Belmonte”, “De frente, marcha”, “El once de línea” “Duamirg”, “Sacramento”, “Olé por mi tierra”, “Zalvaor”, “Tierra Castellana, e “El Miño”.
- Zarzuelas: “La Verbena de San Juan”, “Los festejos de Villacanto”, “El urco” y “El encubierto”.
Era tamén autor de varios himnos e cantos Galegos, así como de cuplés para as moi coñecidas artistas La Argentinita e Lola Montes.
O día 5 de xulo de 1.936, pasou a excedencia forzosa por disolución da banda. A finais dese mesmo mes, levantouse a situacón de excedencia e volveu a exercer como director.
Don Joaquín Rubianes, o que fora notable director da Banda de Música, faleceu en Vilagarcía o día 11 de novembro de 1.941.

JERÓNIMO GARGALLO HUESO 1.941 a 1.952 
Don Jerónimo Gargallo nacera nunha vila da provincia de Teruel. Estudiou harmonía, contrapunto, fuga, formas musicais e instrumentación co mestre don Manuel Soler, prestigioso músico de Madrid, que fora con anterioridade mestre da Capela da S.A. Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente quedou integrado nas bandas militares ata que en 1.930 pasa á vida civil e comeza a súa etapa de director de bandas.
Foi sucesivamente director das bandas: Armónica barcelonesa; Altura, de Castellón de la Plana; Abanilla, de Murcia; Cabanes e Lucena del Cid, ámbalas dúas tamén de Castellón;  Benidorm e, xa posteiormente, a de Vilagarcía.
Foi un notable escritor de temas e tratados musicais entre os que destacan os seguintes libros; Manual gía de directores de bandas de música, Tratado teórico práctico para cornetas de guerra del ejército español, Gran método teórico-práctico para tambor del ejército del ejército y caja viva de bandas de música, Método teórico-práctico de timbales.
Os seus estudios e tratados sobre instrumentos musicais, foron premiados na Exposición de Arte e Traballo, celebrada en Madrid no ano 1.928, e, posteriormente declarados de texto no Diario Oficial do Ministerio do Exército para as bandas de cornetas e tambores, e foron públicamente elogiadas na prensa especializada por catedráticos do conservatorio de Madrid, da talla de Benito G. de la Parra, Julio Gómez e M. Rebollo.
Foi tamén prolífico compositor, destacando entre as súas obras musicais: “Siglo XX” (poema sinfónico), “Los cuatro héroes del Plus Ultra”, pasodobre, “Garnier”, pasodobre, “Homenaje a Juan de Tuy”, así como numerosas polkas e valses.
Á vez que dirixiu a banda de Vilagarcia durante doce anos, tivio unha academia de música na que formou a centos de educandos. 
Finou o 11 de xullo de 1.957.

BERNARDO DEL RÍO PARADA de 1.952 a 1.952 Naceu o 5 de febreiro de 1.893. os 12 anos ingresou na Acedemia de Música de Vilagarcia e ó pouco tempo era xa educando da banda. O pouco tempo, co gallo de actuar na nosa cidade a banda municipal de Santiago nas festas do Sacramento, o seu director Francisco Martínez, propúxolle levalo a Compostela na súa banda como segundo bombardino, actuando no sucesivo como tal na prestigiosa Banda de Santiago. Ós dous anos, presentase a oposicións militares e obtén prada como bombardino na banda do Rexemento. Tamén se lle nomea director das tres masas corais que tiña a formación militar. Tras nova oposición, gaña a praza de primeiro bombardino da banda rexemental. Inicia estudios de harmonía e composición co mestre Farfán facéndose cargo da dita banda, continuándoos posteriormente como subdirector da mesma, e incluso chega a ser director interino, por ausencia do titular.
Posteriormente e por motivos de reorganización militar é destiñado ó rexemento nº 8 da Coruña, no que é nomeado subdirector da banda. Unha vez licenciado do exército, reorganiza o Orfeón da Unión Artística Compostela e oposita á praza de bombardino da banda municipal de Santiago, ingresando como tal na mesma.
Trala guerra civil, reorganizou a banda Municipal de Compostela, así como a súa dirección, na que estivo varios anos con notorio éxito.
Foi tamén director das bandas de ordes e A Estrada.
Do seu paso por Compostela é de subliña-lo concerto co que iniciou as súas andaduras no citado orfeón, en homenaxe  ós mestres de música Ladislao Suárez Berbeira e Manuel Valverde, en 1.942, coas obras “Ave María” de Vitoria, e o “Miserere” do homenajeado Valverde. Igualmente interesante resultou o concerto que a cargo da dita banda se efectuou o día 4 de xaneiro de1.942 na Rúa do Villar, en homenaxe ó mestre Pablo Luna.
Foi autor de numerosas composicións, sendo a zarzuela “ A lenda de Montelongo” a máis coñecida de todas. Composta por Manuel Rey e Juan Buhigas, con música do maestro Bernardo del Río, a sús estrea en Vilagarcia foi un importante acontecemento cultural por se-los tres autores persoas moi coñecidas na localidade.
Foi autor ademáis de obras tan diversas como: cantigas, foliadas, muiñeiras, pandeiradas, pasodobles, xotas, obras para coro, e un excelente arranxador de obras xa consagradas, como “Unha noite na eira do trigo”, “Negra Sombra”, “La Rianxeira”, obra esta  da que  os músicos de Rianxo dicían que: “Bernardo del Río aquelouna baseada en aires populares”.

BERNARDO GARCÍA DEL RÍO   de 1.952 a 1.952
Sobriño de don Bernardo del Río Parada. Abandona a banda ó facerse cargo da mesma don Marcelo González.
Despois de deixa-la dirección da banda de Vilagarcía, o mestre García del Río, estivo ó mando doutras agrupacións musicais, tales como a de Cira, na que se lle recorda durante os 10 anos que a dirixiu como un grande director, “a quen nunca se lle veu dirixir con partitura, por difícil que fora a obra”. Tamén dirixíu as bandas de Camanzo, Cruces e Rivadulla. Do paso por esta última, comenta o historiador Iglesias Alvarellos o seguinte: “Este veterano e simpático director leva coa banda máis de 15 anos. Tivémo-la ocasión de velo dirixir –sempre sen atril- o domingo 11 de xullo de 1.952 nas festas de Catoira. A banda e él vense completamente compenetrados”.
A súa derradeira dirección, dedicouna á banda de Ledesma. 

D. ANGEL LÓPEZ FERNANDEZ 1.952 a 1.953
Resultou gañador do concurso oposición para elixi-lo novo director, pero debeu renuncia ó cargo, porque en 1.953 aparece como director en propiedade don Marcelo González García. 

D. MARCELO GONZÁLEZ GARCÍA de 1.953 a 1.966 
Don Marcelo nacera en Palencia en 1.912. Foi seu pai quen o inicio una música, seguindo posteriormente estudios co mestre Guzmán Ricis, director da banda municipal de Palencia, onde comenzou a súa actividade profesional. En 1.941 ingresa no escalafón de Directores de Bandas de Música Civís, e en 1.943 xa é nomeado subdirector da Banda Municipal de Santander e director do coro montañés “El sabor de la tierruca”. Posteriormente, e antes de cegar a Vilagarcúia, dirixíu a banda municipal de Castro Urdiales. Foi tamén autos das seguintes composicións:
-Pasodobres: “Los Taribeles” (estreada pola Banda de Música de Palencia; “Feliche Bar” (tamén estreada pola mesma banda); “El cuarto de artillería”; “Chuchi”; ”Sin nombre”; “Manolo González”; “Galván, torero de Castilla”; “Modesto Rodríguez”; “Fraternidad” e “Arriba la Feria” (dedicada a FEXDEGA).
-Pasarrúas: “Juventud rodando”, “Presentación e Cabalgata”.
-Cancións: “Ronda de luna llena”; “La flor del agua”; “Blanca imagen”; “Arriba la flor” (editado en discos pola casa Columbia; “A la entradita del pueblo”; “Una palomita blanca” e “Cuatro canciones escolares”.
-Marchas: “Marchas fúnebres nº 1 e 2”; “Patria Chica” e “San Roquiño”
-Outras composicións: “Tío Cuti”, “Chotis•, “Fernandito”, “Tango”, “Recetando”, “Amos solitario”, “¡Uy la nena”, “Gavota”, “Arija”, “Marcha nupcial”, “Semblanzas mendelssshonianas nº 1 y 2”, “A Perla de Arousa”, “Fiesta charra”, “Himno al hermano beato Benildo”, “La montaña de las piedras negras” e “Fantasía gallega”.
Don Marcelo González non se limitou á formación musical dos membros da banda de música e á dirección dos mesmos, senón que foi tamén compositor. Algunhas das súas obras teñen como inspiración e tema a propia Vilagarcía, tal como o seu “Himno a Villagarcia”, do que José Luis Sánchez Agostino  comporía a letra e que foi presentado en Vilagarcía durante as festas de San Roque do ano 1.963, co gallo dos Primeiros Xogos Florais García Lago, a cargo da Masa Coral Villajuanesa, Schola Cantorum de los Padres del Corazón de María e Acción Católica, nun acto no que, sendo raíña das Festas María Jesús García Díez, contou coa presencia de Álvaro Cunqueiro como rexedor do acto e con José María Álvarez Blázquez como pregoeiro.
Outra obra do director da banda foi a marcha para cornetas e gaitas titulada “Presentación”, composta en novembro de 1.968 e adicada ó alcalde Victoriano Piñeiro.
Don Marcelo González García finou o día 8 de maio de 1.973


D. LUCIANO ABUÍN GUIMAREY de 1.973  1.986
D. FERMÍN FEIJOO TRABAZO  de 1.986 a 1.993
 
Vilagarcía, Patrimonio e historia